jueves, 18 de noviembre de 2010

Sáb 27: PENERETO PERONORETTO (en concerto) + DjCHOEU

E a próxima semana, estade preparados para o retorno do artista antes chamado Casiopeo, co seu teclado e a pedaleira de efectos para asombrarnos coas súas novas creacións!!! Nesta ocasión actuará coma PENERETO PERONORETTO, e por suposto coma sempre acompañado cunha sesión de DjCHOEU
Será o Sábado 27. Non vo-lo perdades!!!

Aquí tedes a etiqueta de Casiopeo con videos, fotos, carteis, e recortes de prensa das anteriores actuacións de Carlos & Tomás no Rif-Rock.

martes, 16 de noviembre de 2010

Sesión "Kraut Über Alles Vol.2"

Con un pouco de retraso, aquí tedes unha selección da sesión do pasado 22 de outubro adicada ó kraut-rock, á kosmische musik e moito máis do underground xermano:
KRAUT ÜBER ALLES
Vol. 2 (Rif-Rock 22-10-2010)


lunes, 15 de noviembre de 2010

The BellRays "Highway to Hell" na Sala NASA

Así se despediron The BellRays da Sala Nasa no seu concerto do 5 de nov...


e na web da Sala NASA tamén tedes un pouco do comezo:

Liga de Bocazas dos Venres no Rif. Xornada 7

Puntuación Xornada 7:
1º La Serna 90: 151,80
2º Xuventude Tragove: 149,80
3º magic p: 147,60
4º Katiuskas: 140,80
5º Casquetes polares: 128,60
6º san fransisco: 121,60
7º Atutichurrasco: 120,00
8º moules team: 117,40
9º esquivabalas team: 115,00
10º C.B. Chacarita: 112,80
11º Muñequita Linda: 105,20
12º Dende Rusia con amor: 97,60
13º C.B. San Tomé do Mar: 96,80
14º monhes: 96,00
15º Mamados United: 87,80
16º cambadinos: 85,00
17º juventu divino tesoro: 83,20
18º chejar e encher: 78,00
19º Smashing patakas: 73,80
20º defense: 67,40
21º xeitosos: 67,40
22º Aivaio2: 64,60
23º a ramallosa: 62,80

CLASIF XERAL:
1º Casquetes polares: 950,20
2º La Serna 90: 918,80
3º magic p: 892,80
4º Xuventude Tragove : 883,20
5º Atutichurrasco: 863,60
6º chejar e encher: 857,60
7º san fransisco: 843,80
8º Muñequita Linda: 770,80
9º C.B. Chacarita: 765,40
10º monhes: 762,00
11º Katiuskas: 728,40
12º Dende Rusia con amor: 710,60
13º cambadinos: 708,60
14º a ramallosa: 653,40
15º esquivabalas team: 638,60
16º C.B. San Tomé do Mar: 636,00
17º Mamados United: 630,40
18º Smashing patakas: 602,40
19º xeitosos: 592,00
20º Aivaio2: 573,20
21º moules team: 522,60
22º defense: 478,00
23º juventu divino tesoro: 167,00

domingo, 14 de noviembre de 2010

Berlanga: "El Sueño de la maestra"

Aquí está o último traballo do mestre Berlanga, que supostamente retoma unha escea que a censura nin lle deixou chegar a grabar para Bienvenido Mr Marshall... ala, a disfrutar con la canción de la pena de muerte una vez más...
El Sueño de la Maestra (L.G. Berlanga, 2002)

jueves, 11 de noviembre de 2010

Rick James Vs. MC Hammer

Hoxe volvemos á nosa infancia cos estrafalarios Rick James e MC Hammer:
'Superfreak' do quinto álbum de Rick James, "Street Songs" (1981).



MC Hammer empregou como sampler toda a rítmica de 'Superfreack' para o seu número 1 en todo o mundo, 'U Can't Touch This' do seu multimillonario "Please Hammer Don't Hurt'Em" de 1990.

martes, 9 de noviembre de 2010

LÜGER

Este é o fantástico debut de LÜGER, un quinteto madrileño que mestura a psycodelia de San Francisco dos 60 cos experimentos Kraut e de Kosmische Musik xermanos de comezos dos 70. Discazo!!!


A banda e o selo ofrécennolo de xeito gratuíto dende o seu bandcamp, pero tamén podes merca-la edición limitada en vinilo por 15€. Tamén tedes toda a info sobre a banda, concertos, videos, etc no seu myspace

"...Lüger, un fenómeno natural de difícil explicación, de descarnada y a la vez exuberada contundencia. Quinteto de anómala articulación kraut-rock y planeadora visión con doble cabeza rítmica y dado a los virajes tóxico-interestelares... Su idea madre era encontrar un espacio de expresión más libre. Lo han conseguido... son uno de los mejores combos de Madrid desde ya." RUTA 66 
"Si se atiende únicamente a su sonido, Lüger es una banda que parece sacada de una comuna hippy alemana de los años setenta. Uno de esos lugares de Hamburgo dónde una pandilla de melenudos bigotones se reunía para fumar porros, leer a Castaneda y convertir el rock progresivo y psicodélico de San Francisco en algo tan cósmico como marcial llamado Kraut-rock." EL PAÍS 
LÜGER
"Lüger"
(Giradiscos, 2010)

Para a descarga ide ó seu Bandcamp.

Los Chavales presentan o seu EP.

Mañán preséntase oficialmente o primeiro 7'' de LOS CHAVALES. 
Será na Sala NASA dende as 21:30h. Que tamén estén Los Salvajes casi é o de menos. En calqueira caso podedes escoita-los temas do EP "En mi Agenda" no seu myspace, e por suposto xa vos podedes facer con él por só 6€ en Discos Gong e A Reixa.


lunes, 8 de noviembre de 2010

"Rare Exports" de Jalmari Halander.

Por recomendación de Prol, aquí vos deixo as dúas curtas do vencedor do Festival de Sitges 2010, o finés Jalmari Helander, co seu filme Rare Exports: A Christmas Tale, pola que foi premiado como mellor director e mellor filme desta última edición. A peli é unha volta de torca máis sobre estas dúas curtas sobre a empresa Rare Exports Inc. de Laponia. Tremendas!!!


Rare Exports 1: Captura y adiestramiento.
(2003, Jalmari Halander)


Rare Exports 2: Normas de Seguridad.
(2005,  Jalmari Halander)


Rare Exports: A Christmas Tale. (Trailer)
(2010, Jalmari Halander - Mellor pelicula e mellor director en Sitges 2010)

Liga de Bocazas dos Venres no Rif. Xornada 6

Puntuación Xornada 6:
1º chejar e encher 168,00
2º Muñequita Linda 163,00
3º Atutichurrasco 150,60
4º Katiuskas 143,00
5º Mamados United 133,60
6º moules team 133,20
7º La Serna 90 131,40
8º san fransisco 131,40
9º Smashing patakas 120,40
10º Casquetes polares 119,20

11º magic p 117,20
12º esquivabalas team 113,40
13º a ramallosa 111,40
14º C.B. Chacarita 108,00
15º xeitosos 106,60
16º monhes 98,60
17º Dende Rusia con amor 98,40
18º cambadinos 98,20
19º Aivaio2 98,00
20º defense 89,60
21º Xuventude Tragove 89,00
22º juventu divino tesoro 83,80
23º C.B. San Tomé do Mar 68,00



CLASIFICACIÓN XERAL (Xª6):
1º Casquetes polares 821,60
2º chejar e encher 779,60
3º La Serna 90 767,00

4º magic p 745,20
5º Atutichurrasco 743,60
6º Xuventude Tragove 733,40
7º san fransisco 722,20
8º monhes 666,00
9º Muñequita Linda 665,60
10º C.B. Chacarita 652,60
11º cambadinos 623,60
12º Dende Rusia con amor 613,00
13º a ramallosa 590,60
14º Katiuskas Jatofe 587,60
15º Mamados United 542,60
16º C.B. San Tomé do Mar 539,20
17º Smashing patakas 528,60
18º xeitosos 524,60
19º esquivabalas team 523,60
20º Aivaio2 508,60
21º defense 410,60
22º moules team 405,20
23º juventu divino tesoro 83,80

jueves, 4 de noviembre de 2010

Burkina Faso Newz informa...

Shows dos Pixies.

The Pixies ofrecen dende a súa web concertos de tóda-las súas épocas por un módico precio, pero dende a web para fans rexistrados La La Pixies Love You, podedes descarga-los shows que suben periodicamente totalmente gratis, con só rexistrarvos, e puntualmente recibiredes o aviso de novas descargas. O que tedes actualmente é un concerto do 2004, da súa xira de retorno, en Indio, California: Pixies at Coachella.
Aquí tedes un pouco daquel concerto.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

The All Night Workers

The AllNight Workers xa están de volta de Berlín, donde grabaron o que será o seu debut discográfico. The AllNight Workers comezou coma un proxecto paralelo de Jorge Lopez e Roi Fontoira (membros de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e The Phantom Keys, respectivamente) que nun comezo contaban con Alex Penido á bateria (naquel momento en The Blows) e que pronto sería sustituído por Martín (a quen todos coñecemos coma Howlin' O'Lorre en Los Hijos Bastardos de Peter Lorre), e tras varias idas e saidas, rematan por icorporarse Nestor Pardo (dos Loveless Cousins) e Santi ó saxofón, para conformar a súa actual formación. Xa teñen case todo listo para presentar o próximo 6 de decembro no Purple Weekend de León, o seu traballo que sairá da man de Grabaciones de Impacto. Mentres tanto podemos escoitalas no seu myspace, donde tamén podedes atopar moita máis info da banda, e para fotos e demáis tamén tedes o seu facebook.




Pero sobre todo, dende a web de Grabaciones de Impacto, nos ofrecen eses catro temas dispoñibles para descarga directa e gratuíta no seu bandcamp
Facédevos con elas mentres agardamos polo vinilo!!!


martes, 2 de noviembre de 2010

She Demons (1958, R.E.Cunha)

Como é bastante dificil de conseguir, aquí tedes a peli completa en 4 partes. Xa me diredes que vos parece este terrorífico incunable da serie-B que é...
SHE DEMONS! 
(1958, Richard E. Cunha)


LikeTelevision Watch Movies and TV Shows

*[Nesta lista de reproducción tedes She Demons completa, en versión orixinal, en 4 cortes continuos, 
e logo 2 previews con contidos da mesma web Like Television]


Repasa o artigo sobre 'She Demons' nesta web no artigo de Mondo RifPOP!
Ficha do filme en IMDb.

"She Demons" Serie-B de culto en Mondo RifPOP!

Logo de varias curtas tiñamos q escoller unha longametraxe ben freak para comezar o mes... Así que imos cunha terrorífica cinta de 1958, tamén pretende ser de terror, pero realmente pasou á historia por sé-la ruína económica ou profesional de varios dos seus participantes, así como ser un ambiguo exemplo desa dubidosa liña que separa as obras de culto (q non obras mestras) do grupo das peores cintas da historia.
Hoxe, en Mondo RifPOP...
She Demons!
(1958, Richard E. Cunha)

En realidade é unha desas pelis que rivaliza con Plan 9 from the Outer Space de Ed Wood Jr (do mesmo ano 1958) como a peor pelicula da historia (un ranking q sabemos que é falso, posto que só entran aquí as cintas relevantes). Pero o certo é q era outra época, o momento dourado da ciencia ficción de baixo presuposto, do que podemos sacar auténticas xoias do xénero, e outras, realmente encantadoras pero terriblemente inquedantes.  
Terrible dende o seu cartel
de presentación...
Era unha época no que o terror estaba dominado polos seres que chegaban do espacio exterior, polas mutacións atómicas, e a inxeñería xenética de cando os homes xogaban a ser deuses, das expedicións ó descoñecido, sexa neste ou noutros mundos e os desastres naturais, pero tamén había espacio polo eterno temor ó sobrenatural, e pouco a pouco foise incluíndo no xénero a temática do inimigo común, fose soviético no marco da guerra fría, ou de malvados doutores nazis que escaparan ó proceso de Nuremberg, que ou ben camuflados como xente corrente, ou ben agochados en paraísos aillados, seguían a desenrola-los seus terroríficos experimentos. Son imaxes que identificamos directamente cunha época, que hoxe en día vemos como inxénua, e no que realmente valoramos as solucións técnicas coas que suplían a carencia de recursos, tanto económicos como tecnolóxicos. Sen embargo o que poucas veces resulta é o de mesturar todos eses campos nunha soa película. Cecais a única saga que o consegue con gran recoñecimento sexa a que Fritz Lang fixo sobre o Dr Mabuse [ver artigo nesta mesma sección], ese é o problema de She Demons, básicamente que Cunha non era Fritz Lang. Evidente. En She Demons mestúrase todo o anterior (bueno menos os soviéticos) con pretensións de filme total, no que ademáis hai música, danza, maquillaxe, e super-estrellas.

O director Richard E. Cunha foi un deses clásicos do cinema de serie b de finais dos 50 e comezos dos 60, do que xa dixemos que tamén rivalizou con Ed Wood Jr coma peor director da historia do cimena, pero isto, nos dous casos débese a unha falta de complexos que os fixeron únicos. Cunha pasou de ser director de fotografía en numerosos proxectos do xénero a converterse en directo, atreveuse incluso con catro filmes nese mesmo ano: She demonsA Filla de Frankenstein Giant from the Unknown, e Misil a la Luna. Esta última cecais a máis a coñecida da súa filmografía e considerada por moitos como a perfecta peli mala.

Irish McCalla nunha imaxe publicitaria
da serie Sheena en 1955.
Pero para a que nos ocupa contou ademáis cunha superestrela do momento. Irish McCallan, era unha famosa modelo, pin-up estrela de centos de publicacións dos USA, e que a mediados dos 50 se fixera en estrela popular ó sé-la protagonista da exitosa serie de TV Sheena, The Queen of the Jungle (serie de 26 episodios emitidos entre 1955 e 1956, baseada nos comics de Will Eisner e  Jerry Iger que se publicaron sen interrupción entre 19367 e 1953), pero sen embargo, She Demons sentenciou para sempre a súa carreira no cinema!!! Participou en media ducia de películas, incluso en catro despois deste desastre, sen embargo, protafonizar este filme no seu maior momento de popularidade lastrou para sempre as súas posibilidades interpretativas.
Os outros protagonistas eran fixos do xénero, coma Tod Griffin, Victor Sen Yung, Rudolph Anders e as efímeras Leni Tana e Grace Matthews, entre outros moitos. Ademáis de contar coa espectacular aparición das The Diane Nellis Dancers.

O argumento da película é de escándalo: Un comando de asalto das tropas nazis chega a unha illa do Caribe para instalar o laboratorio do Dr Karl Osler, un científico tipo Dr Mengele apodado O Carniceiro, que ten a obsesión de cambiarlle o rostro á súa fermosa muller, que quedara desfigurada nun accidente no propio laboratorio. Pero na illa habitan unha tribu de mulleres, demos, que son ailladas do reducto civilidado por unha empalizada de bambú, que só é traspada para recoller mulleres salvaxes, que encerran en gaiolas de bambú, para experimentar con elas inxertándolle células animais, mentres que á súa muller lle inxerta células das mulleres máis fermosas.
No seu aillamento, os nazis descoñecen que en 1945 rematara a IIªGM e que o Reich caira. Pero ademáis descoñecen que o volcán que coroa a illa está activo e a piques de estoupar. Para enredar máis a historia, a armada estadounidense manexa unha ampliación da súa área de prácticas de tiro con novos misiles atómicos, e curiosamente esa illa, que creen deserta, resulta se-lo punto idóneo para os exercícios. Xusto nese momento, un pequeno barco de pasaxeiros naufraga a causa dun furacán, e os pucos supervivintes chegan como náufragos á illa. Nadamáis chegar á praia son atacadas polas mulleres-demo, así que comprenderedes que ó coñecer a existencia de europeos civilizados na illa, por moi nazis que sexan, aceptan a súa acollida.
Tranquilos que o resto da película non o vo-lo vou desvelar, pero xa vos podedes imaxinar que todo se complica, con tódo-los absurdos plantexados. Os nazis deixan de ser tan bós con eles, o Dr Osler comeza a muda-los seus plans, e coñecemos que controla un misterioso mecanismo para  mudala posición xeográfica da illa, os naufragos comezan a axudar ás nativas, que resultan non ser tan víctimas como eles pensaban, cando a armada comeza as súas práctica balísticas o volcán entra en erupción. E todo isto se desata en medio de carreiras pola selva, de monstruosas mulleres desfiguradas polos experimentos de Osler (que ten un axudante que se chama Igor), e de fermosas mulleres cazadoras que cantan e bailan todo o día case desnudas ó ritmo dos seus tambores mentres agardan polas súas seguintes presas. 

Así que nun só filme de 1958 tedes todo un compendio de cine bélico, de peli de náufragos, de científicos tolos, de aventuras, de monstros, a Illa do Dr Moureu, el Jovecito Frankenstein (Fronkonstin?), fermosas mulleres bailando coma go-gós, tóda-las tempadas de Perdidos resumidas en hora e media e moito máis entretidas, e por suoposto aínda máis marciana que Plan 9 from the Outer Space!!!.

Ata aquí podería resulta-lo mellor filme da historia, de non ser pola mala elección dos actores. Irish McCalla fai de unha nena rica consentida cun servinte chinés, pero ó longo de todo o filme semella estar posando para unha sesión fotográfica na vez de actuar, pero xa dixemos que este papel puxo fin ás súas aspiracións como actriz seria. Rudolph Anders (o Dr Osler) semella totalmente borracho na maior parte das escenas, Tod Griffin (un habitual da serie Alfred Hitchcock presenta... pretende darlle ó seu papel un aire tan serio en plan personaxe de Shakespeare que resulta repulsivo, ademáis dos seus pantalóns subidos ata os sobacos e a súa sonrisa profidén... o único que se salva é o chinés Sen Yung, que borda o seu papel de servinte mentres recibe todo tipo de comentarios racistas, igual que as as tribu nativa, e Leni Tana, que interpreta á deformada muller do Dr Osler, co rostro vendado, ou con capas e capas de maquillaxe toda a película ata o final en que o descubre...

Pero que dicir das The Diane Nellis Dancers...

Todo fai supoñer que The Diane Nellis Dancers  se trataba dunha compañía de bailarinas, ou un grupo de go-gós, e pode ser, pero non atoparedes máis información sobre este suposto grupo agás a súa participación nesta pelicula, que por suposto nos ofrecen algunhas das escenas máis surrealistas e lembradas do filme, pero que sen dúbida é unha das partes que realmente pasou á historia:

Pero ademáis ten máis semellanzas coas pelis de Ed Wood Jr., posto que a falta de presuposto para determinados efectos cúbrese cun sinxelo corta e pega. Por exemplo para recrea-lo furacán toman imaxes dun furacán do ano anterior, directamente roubadas dos informativos de TV, e para ambientar a xungla tropical colle tomas descartadas de outros filmes. 
En definitiva aquí tedes unha desas obras cumio do cinema sci-fi dos anos 50. Unha peli con grandes pretensións de saída, de cine total, en plan western, no todo tiña cabida, con algunhas imaxes realmente duras para a época, e con certas aspiracións de éxito... Pero sen embargo rematou por ser un tratado de como facer unha enorme producción con catro pesos, aínda que tamén de que aínda así algunhas ideas poden sair mal. Todo un universo paralelo o deste Richard E. Cunha, un dos expoñentes deste xénero na súa vertente flamíxera (mais sobrecargado imposible), seguro que voltaremos con algunha máis das súas terribles peliculas, pero mentres tanto aquí tedes unha desas xoias que nunca deberon esquecerse. 
Tan mala que é unha obra mestra. 
[Poderedes comprobalo na seguinte entrada: She Demons!]
x RifPOPerZ.

lunes, 1 de noviembre de 2010

25 anos de Ruta 66

Este mes non podedes deixar pasar o número 276 da revista RUTA 66 que celebra os seus 25 anos de existencia dende 1985, con boas entrevistas, un repaso a todos eses anos e unha curiosa recopilación de 'artigos vintage' no se se recollen algúns dos máis curiosos q teñen publicado.



Liga de Bocazas dos Venres no Rif - Xornada 5

Puntuación Xornada 5:

1º Casquetes 169,00
La Serna 90 157,00
3º Atutichurrasco 135,80
4º Xuventude 126,80
5º defense 125,20
6º chejar e encher 124,60
7º cambadinos 116,40
8º monhes 116,00
9º moules team 115,00
10º magic p 108,80
11º san fransisco 106,60
12º a ramallosa 106,20
13º Muñequita Linda 104,40
14º C.B. Chacarita 102,60
15º Dende Rusia con amor97,00
16º Katiuskas 94,40
17º C.B. San Tomé do Mar 92,40
18º Mamados United 90,60
19º Smashing patakas 82,80
20º Aivaio2 76,40
21º xeitosos 73,20
22º esquivabalas team 62,80

CLASIFICACIÓN XERAL (Xª5):
1º Casquetes polares 702,40
2º Xuventude Tragove 644,40
3º La Serna 90 635,60
4º magic p 628,00
5º chejar e encher 611,60
6º Atutichurrasco 593,00
7º san fransisco 590,80
8º monhes 567,40
9º C.B. Chacarita 544,60
10º cambadinos 525,40
11º Dende Rusia con amor 514,60
12º Muñequita Linda 502,60
13º a ramallosa 479,20
14º C.B. San Tomé do Mar 471,20
15º Katiuskas 444,60
16º xeitosos 418,00
17º Aivaio2 410,60
18º esquivabalas team 410,20
19º Mamados United 409,00
20º Smashing patakas 408,20
21º defense 321,00
22º moules team 272,00