jueves, 15 de mayo de 2014

Curtis Knight "Down in the Village"

E depois de varias novidades discográficas xa ía tocando recomendar un clasicazo, que xa hai tempo que non o facemos.
A Curtis Knight seguro que o coñecedes de ler reseñas de Jimi Hendrix, foi o primeiro que lle deu unha oportunidade ó incorporalo á súa banda The Squires en 1964, e ademáis é autor da unha das primeiras biografías importantes de Hendrix, e despois xa en Europa tamén foi un dos mentores dos primeiros Motörhead... e aquí xa vos pica a curiosidade, pero seguro que nunca vos molestáchedes en rebuscar entre a discografía de Curtis Knight. Un precursor do son característico do seu pupilo con esa mestura de blues, soul, e rhyth'n'blues e que logo se retroalimentou coa psychodelia da Jimi Hendreix Experience. 
De tódo-los seus álbumes recoméndovos comezar por este "Down in the Village" de 1970. Outro xenio con maiúsculas que deberiades ter na vosa colección.

CURTIS KNIGHT "Down in the Village"
(Paramount Recs., 1970)



miércoles, 14 de mayo de 2014

7 xuño: KRATATZ (Rockabilly Night!!)

E xa vos podemos ir adiantando algo para o próximo mes de xuño: 
O sábado 7, Rockabilly Night!! cun mestre de cerimonias de luxo: KRATATZ!! que deixa por unha noite aparcado o contrabaixo dos Breakin' Bones para poñerse ó mandos da selección musical do Rif-Rock dende a nosa cabina. 
Rockabilly, Psychobilly & Raw Punk!! Non vo-lo perdades!!


*para o poster empregamos a imaxe dunha portada do mítico comic Tales from the Crypt, esta é do número #29 (abril-maio de 1952) de Jack Davis.

martes, 13 de mayo de 2014

Swans "To be Kind"

A maioría de vós seguro que nin coñeciades a Michael Gira e ós seus Swans antes do seu aclamado "The Seer" do 2012. E moitos seguro que disfrutáchedes do enxendro, seguramente influenciados polo abrumador respaldo da crítica. Agora tras varias filtracións, ó fin chega a versión oficial de "To be Kind", coas versións de definitivas de estudio dos temas que xa nos adiantaran no seu directo do ano pasado ("Not Here / Not Now", gravado case todo no último Primavera Sound) como a bestial 'Bring the Sun / Toussaint L'Overture' de máis de 30 minutos, 'Oxygen' a propia 'To be Kind' ou a impresionante 'She Loves Us'. 
Xa veremos se acada a unanimidade do anterior, pero de entrada ven cheo de crescendos, do etéreo ó puro músculo, intensidade e excentricidades, un álbum dobre cheo de excesos para escoitar ducias de veces e deixarse levar polos pesadelos tormentosos de Gira. Este sí que vai recomendado 100%.

SWANS "To be Kind"
(Young God / Mute, 2014)



The Black Keys "Turn Blue"

Xa hai moitos anos que The Black Keys deixaron de ser aquel dúo underground de blues suxo e garageiro que tanto nos gustaba. Logo nos gustaron de outra maneira, ampliaron as súas fronteiras cara o pop e remataron por dar o pelotazo comercial. Agora tras meses lendo e volvendo a ler sobre a chegada do seu novo álbum, temos este "Turn Blue" nas mans, e xa me diredes que vos parece a vós, por que non teño moi claro se vai a ser outro éxito comercial, que igual sí, pero eu creo que agás un par de temas salvables aquí non hai moito que sacar... 
Asi que en realidade non volo vou recomendar.

THE BLACK KEYS "Turn Blue"
(Nonesuch, 2014)



Ven.16: A Noite Galega da praza Alfredo Brañas

E se onte vos recomendabamos a entrega dos Premios Ramón Cabanillas para a véspera do Día das Letras Galegas, hoxe xa vos podemos anunciar o que vos temos preparado para esa mesma noite entre os locais da Praza Alfredo Brañas. Lembrade, Venres noite!!


lunes, 12 de mayo de 2014

entrega do XI premio Cabanillas a M.Núñez

Este venres (16 de maio), na véspera do día das Letras Galegas, os libreiros de Cambados (librarías Ramón Cabanillas e Contos) celebran a entrega do seu xa tradicional Premio Ramón Cabanillas, que xa vai pola XI edición. O galardoado neste 2014 será Manuel Núñez Pérez, nunha gala ben completa de actuacións e recoñecementos. No Auditorio de A Xuventude dende as 21:00h.


sábado, 10 de mayo de 2014

descarga sesión Psych.Ptooff!!

Aquí tedes algo máis de unha hora mesturada da sesión de onte mesmo, con moito underground do 60's. Metédelle ben de volume!!

Psych.Munstaphà "Psych.M_Ptooff!"
(sesión Rif-Rock 9 maio2014)
faite con PsychPtooff! aquí.


jueves, 8 de mayo de 2014

"Fela Kuti, Espiritu Indómito"

Aínda que vos pareza incríble, esta é a primeira biografía sobre Fela Kuti en castelán que se publica. Sempre tiñamos que tirar polas grandes obras centradas no xigante africano publicadas en inglés, e agora ó fin se publica o traballo da xornalista Sagrario Luna da man de Editorial Milenio. "Fela Kuti, Espíritu Indómito" fai ó longo das súas case 600 páxinas un amplo repaso polo seu contexto, a súa orixe, o seus inicios dende o highlife, as estancias en Londres e nos USA, o contacto cos Black Panther, a formación dos Koola Lobitos, ata a súa explosión como referente musical, social e político panafricanista, e tamén un bó repaso final a todo o seu legado. Tedes un avance das primeiras páxinas aquí.

Sagrario Luna "Fela Kuti, Espíritu Indómito"
(Editorial Milenio, 2014)


Así o presentan na web da Editorial Milenio:

Fela Anikulapo-Kuti murió en 1997 por una complicación derivada del SIDA. Más de un millón de personas acudieron a rendirle el último adiós, incluidos algunos de los policías y militares que hicieron de su vida un infierno. Estimulado por las ideas de liberación del hombre negro de Malcolm X y los Black Panthers, y el Panafricanismo de Kwame Nkrumah, Fela creó un estilo musical, el Afrobeat; concibió la contracultura africana; fundó una comuna, Kalakuta Republic; un club, The Shrine; un periódico, el YAP News, y un partido político, el MOP, plataformas de propaganda de sus ideas y su lucha contra los males endémicos que azotan África: La corrupción, el colo y neocolonialismo, el Islam y el Cristianismo. Razones suficientes para que fuese considerado el Enemigo Público nº Uno y fuera perseguido, torturado, encarcelado y brutalizados amigos, mujeres y la propia madre. Fela fue un cáncer para sus detractores. Para sus seguidores, sin embargo, es un icono musical, un revolucionario, un héroe, un inagotable amante.

miércoles, 7 de mayo de 2014

Sebadoh "Soul and Fire EP

Hoxe vos recomendamos unha desas xoias que marcou a nosa adolescencia. Naqueles primeiros 90s entre outros moitos discos e cassettes, un par de eps de Sebadoh estaban todo o día sonando na nosa casa. Eran este "Soul and Fire EP" de 1993, pero tamén o "4 Song CD" do 94. 
Hoxe centrámonos no priemiro, que correspondía ó álbum"Bubble and Scrape" do mesmo ano, o noso favorito dos Sebadoh. A edición orixinal norteamericana era un 7'' que incluía só 4 temas con dúas versións diferentes ás do álbum, pero logo publicaron para UK e Europa unha nova versión en 12'' e CD, con 6 temas que incluían por suposto o 'Soul and Fire', unha mestura diferente de 'Fantastic Disaster', o cover de Necros do 'Reject' e dúas versións do 'Emma Get Wild' e de 'Flood' das que se incluían no álbum, reproducindo parte das pistas ó reves, etc, e ademáis o fantástico desvarío de 11 minutos do 'Showtape '91'. 
Que recordos... todo o día por ahí berrando SEBADOOOOOH!!

SEBADOH "Soul and Fire EP"
(Sub Pop/Domino, 1993)





martes, 6 de mayo de 2014

Guided by Voices "Cool Planet"

novo álbum dos Guided By Voices, segundo que nos traen no que vai de 2014. "Cool Planet" son 18 novos temas, e de tanto que falamos da banda de Robert Pollard neste blog, xa nin precisan de presentación. Facédevos con el e escoitádeo de tirón tantas veces como poidades. Outro discazo para a colección!!.

GUIDED BY VOICES "Cool Planet"
(GbV/Fire Recs, 2014)



Guided by Voices, singles 2014

Aquí tedes tódo-los 7'' dos Guided by Voices que fomos recollendo ó longo do que vai de 2014, os 6 primeiros pertencen ó anterior "Motivational Jumpsuit" e últimos catro ó recente "Cool Planet"!!


Curtinaitis!!

Regalazo que nos envían unhas das nosas bandas favoritas!! Xa temos na casa o novo EP dos Curtiniaitis!! Gracias cracks!! agora imos comprobar cantas horas seguidas aguanta... 


lunes, 5 de mayo de 2014

Sáb.17: GZ Canibal!!

E outra das historias que vos temos preparadas para este mes... 
Coma sempre, polo 17 de maio, a nosa particular celebración do Dia das Letras Galegas, neste 2014 con outra sesión GZ Canibal, con Marinocha e Munstaphá na cabina. E no poster nada mellor para a ocasión que lembrarnos de Castelao coa súa ilustración para o microrelato de "Cousas" sobre a Dona da Cova dos CarcamansNon vo-lo perdades!!


domingo, 4 de mayo de 2014

Artefacto Salnés 2014

4ª edición de Artefacto Salnés, desta vez co título Son de Cambados.
Inaugurouse o venres 2 no Pazo de Torrado, e tedes ata o 25 de maio para visitala. Non a deixedes pasar.

[para velo ampliado pica aquí].

viernes, 2 de mayo de 2014

Ven.9: Ptooff!

Imos adiantándo algunhas das cousas para este mes de maio, e seguramente a próxima semana algunha máis que xa temos para xuño. 
Empezamos pola semana que ven: o próximo venres 9 de maio unha de psych 60's do máis underground. O "Ptooff" dos Deviants xa vos pode dar unha pista...


proximamente en concerto... (???)