lunes, 2 de marzo de 2015

Ven.27: Proxecto Djokovic


Sáb.21: Marinocha Über Alles


Sáb.14: Chis Pum!


Sáb.7: Samy Snake


marzo 2015: Où sont las Femmes?

Aquí tedes a programación para este mes de marzo. 
Vai a ser moi especial porque conseguimos xuntar a cinco das nosas mellores amigas para que sexan elas as que se fagan cargo da cabina do Rif-Rock durante todo o mes: 

Où Sont les Femmes???
· Sáb.7: SAMY SNAKE
· Sáb.14: CHIS PUM!
· Sáb.21: MARINOCHA ÜBER ALLES!!
· Ven.27: PROXECTO DJOKOVIC
· Sáb.28: PAU PAU A GO-GÓ!

Unha mágoa non poder amplialo cun para de sesións máis por problemas de datas, outra vez será, pero aquí tedes cinco noites con propostas e estilos ben distintos! 
Esperamos que vos guste! Non faltedes!!


viernes, 27 de febrero de 2015

Sáb.28: sesión Stoner


Nebula "Atomic Ritual"

Por suposto algo de stoner tiña que cair entre as recomendacións desta semana. Estou case seguro que Kurco tira máis polo clásico ortodoxo do xénero, mentres que a min sempre me tirou máis polos derivados máis psychodélicos que viñeron despois, sobre todo me quedos cos Nebula
Naceron como unha excisión dos Fu Manchu en 1997, e nos seus primeiros anos firmaron un puñado de álbumes e eps impecables, dende os máis monolíticos "To the Center" ou "Sun Creature", ata o "Charged" no que comezou o cambio cara o ácido, pero sobre todo me encanta o son dos anos nos que coincidiron na formación Eddie Glass, Simon Moon e Ruben Romano, así que hoxe recomendovos este "Atomic Ritual" do 2002, aínda que teña a peor portada de toda a asúa discografía...

NEBULA "Atomic Ritual"
(Sweet Nothing / Liquor and Poker, 2002)



jueves, 26 de febrero de 2015

Où sont les Femmes?

Xa temos todo listo do noso programa de marzo Où sont les femmes? 
A comezos de samana lanzamos todo. Atentos!!


miércoles, 25 de febrero de 2015

The Buttshakers "Night Shift"

Este álbum xa volo recomendamos, hai un mes máis ou menos, cando publicamos no blog a nosa lista cos 5 discos do Black Grooves 2014 en medio de todo o material de Singles2014 co mellor do ano pasado, pero o fin de semana pasado nos preguntaron unhas cantas veces por The Buttshakers, así que aquí vai outra vez por separado, coa breve intro que fixemos entón: 
Os franceses The Buttshakers foron uns dos grandes triunfadores do ano nas nosas sesións das Black Grooves. Despois do lonxano "Headaches and Heartaches" do 2010, e do ep do 2013 "Wicked Woman", a comezos do 2014 lanzaron o seu esperado segundo LP "Night Shift". 12 temazos de raw soul, rhythm'n'blues e funk de factura impecable, descaro groove e a potente voz de Ciara Thompson. Discazo!!.

THE BUTTSHAKERS "Night Shift"
(Copasetic Disques, 2014)



martes, 24 de febrero de 2015

descarga Black Grooves!!

Aqui tedes unha selección da sesión do venres das Black Grooves!! 
Un pouco máis longa do habitual con 26 temas dunha noite completa adicada as bandas máis actuais que de costume con funk, soul, rhythm'n'blues, acidjazz. e algún crossover máis que interesante. Metédelle volume!!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 20 febreiro 2015)



Back from the Grave Volume 10

O mes pasado vos comentábamos como Crypt Records retomaban a súa colección Back From the Grave co lanzamento do volumen 9 máis de 20 anos despois do anterior, e que prometían continuar. Pois ben, aquí está o volumen 10: "Sharling Snotty mid 60's Teenage Garage Punk Hoot!!", con The Orphans, The Expressions, It's Them, e James Bond & The Agents entre outros. A por el!!

V.A. "Back from the Grave. Volume 10"
(Crypt Records, 2015)



lunes, 23 de febrero de 2015

cambios na sesión Stoner do sábado

Sábado 28 febreiro 2015
SESIÓN STONER

Cousas de última hora: 
Comomepós non poderá vir ata Cambados este sábado, así que a sesión de Stoner na que iba a compartir cabina con Kurco a convertimos nun Kurco Vs Munstphá e listo, pero o cartel xa nin lle tocamos.

De todos xeitos como seguro que tiña moito material preparado a ver se nos manda indicacións para que poñamos algo no seu nome.
Unha mágoa, pero seguro que así para a próxima ven con máis ganas.
Boa viaxe amigo!!

sábado, 21 de febrero de 2015

en marzo: Où sont les femmes?

Xa temos case todo listo para marzo, cunha programacion moi especial. 
Aquí vai unha promo xa con moitas pistas...


miércoles, 18 de febrero de 2015

"813" Truffaut por Paula Bonet

Hoxe recomendámosvos un libro de ilustración e cine.
Seguramente coñeceredes a Paula Bonet, polos seus numerosos traballos dos últimos anos en publicidade, cartelería, ou polo recoñecible estilo das súas ilustracións. Agora está a presentar o seu novo libro.
Logo do seu debut editorial do ano pasado con "Que ocurre cuando en la pantalla aparece The End" (Lundwerg, 2014), a comezos de mes lanzouse este "813" (La Galera Editorial, 2015) unha revisión persoal do universo Truffaut a través das súas ilustracións. 
Está dividido en catro capítulos. O primeiro trata sobre a biografía do director, e os restantes sobre tres das súas películas máis importantes: Jules et Jim (de 1961), La Peau Douce (La piel dulce, de 1964), e La Femme d'à côté (La mujer de al Lado, de 1981). O título "813" ven do número que Truffaut empregaba recurrentemente nos seus filmes como homenaxe a dúas das novelas de Arséne Lupin, de Maurice Leblanc (son dúas partes de 1910 e 1917). 
Un libro precioso, sobre un dos nosos directores favoritos. 
A ver se nos facemos rápido con el.

PAULA BONET "813. Truffaut por Paula Bonet"
(La Galera Editorial, 2015)



split de Travesti Afgano & Monstruo

Outro lanzamento que vos recomendamos do GZ Canibal. Unha nova entrega da serie de splits que estan lanzando dende o selo ourensán Discos Porno. 
Este que vos deixamos hoxe é o que comparten os Travesti Afgano e Monstruo que lanzaron a finais do decembro pasado. Son catro temas: 'Sexo débil' e 'Electrotravesti' dos Travesti Afgano, e 'Nervios' e 'Doma, Cría' dos Monstruo
Metédelle unha escoita no bandcamp de Discos Porno.

TRAVESTI AFGANO / MONSTRUO "Split"
(Discos Porno, 2014)



martes, 17 de febrero de 2015

Jaill "That's how we burn"

Ás veces sen querelo, atopas discos que noutro momento te deixaron alucinados pero que nunca volves saber deles, e onte nos atopamos con un deles. Esta é a banda que vos recomendamos hoxe: Jaill, son de Milwaukee, xenéricamente clasificados como banda indie, pero aportan moito máis. Tras varios anos de maquetas debutaron no 2009 co álbum "There's no sky" (anos despois reeditado por Burger Records), e para o seu segundo traballo ficharon por Sub Pop, lanzando no 2010 este "That's How we Burn" que vos recomendamos hoxe. Logo seguiron con "Traps" pero o seu efecto xa non foi o mesmo. 
En "That's How we Burn" lembran ó indie máis urxente dos 90s, polas súas melodías e guitarras, pero adiantándose ó lo-fi que volveu despois. 12 temas de pop psychodélico cheo de guitarras e rítmica potente. Toda unha alegría atoparnos con el!! Discazo.

JAILL "That's How We Burn"
(Sub Pop, 2010)