jueves, 29 de mayo de 2014

prórroga do concurso 'Waiting for the Streetcar'

A semana pasada vos propuxemos o concurso con 'Waiting for the Streetcar', parecía unha cousa fácil, pero aínda non houbo acertantes. Algún se aproximou bastante pero decidimos dar unha semana máis de prórroga, e o prazo xa vai rematando. Tedes ata o sábado!!

Lembrámosvos de que vai a cousa:
Collemos un tema dunha das nosas banda favoritas, o xermanos CAN, 'Waiting for the Streetcar', grabado en 1968 pero que non publicaron ata o 2012 cando lanzaron o box set "The Lost Tapes" (Spoon Recs).
Un temazo de 10 minutos marca da casa, e xa podedes ir dándolle moitas voltas, por que o concurso se trata de decirnos cantas veces repite Malcolm Mooney eso de "...waiting for the streetcar" nesta peza.
Para o que acerte un par de copas no Rif-Rock o sábado...


miércoles, 28 de mayo de 2014

descarga GZ Canibal!

E aquí tedes con un pouco de retraso uns cortes da sesión de hai dúas semanas (17 de maio) do GZ Canibal que fixemos polo Dia das Letras 2014. 
Son dúas partes por separado de pouco máis de media hora cada unha, na cara A tedes unha mistura de Marinocha, e na B a de Munstaphá. Veña...

Marinocha $ Munstaphà "GZ Canibal"
(sesión Rif-Rock 17 maio 2014)
faite coas dúas partes do GZ Canibal A:Marinocha | B:Munstphá



martes, 27 de mayo de 2014

King Buzzo "This machine Kills Artists"

Xa temos o adianto do álbum en solitario de Buzz Osborne, novamente convertido en King Buzzo. "This Machine Kills Artists" son 17 temas, que inclúe os seis dos anterior traballo, e coma nesa ocasión totalmente acústico. 
Publícase a próxima semana pero xa o podedes escoitar completo na conta de soundcloud de Ipecac recordings.

KING BUZZO "This Machine Kills Artists"
(Ipecac, 2014)



"Resonancia Siniestra" de David Toop

Outra marabilla que nos chega dende a editora arxentina Caja Negra: "Resonancia Siniestra (El Oyente como Médium)" de David Toop (ex-The Flying Lizards). Foi publicado orixinalmente no 2010 ("Sinister Resonance" en Continuum Books), é un tratado sobre o sonido, sobre como escotalo e sobre a subxectividade do oínte. Moi interesante!!.

David Toop "Resonancia Siniestra (El Oyente como Médium)"
(Caja Negra, 2014)


Así no-lo presentan na web de Caja Negra Editora:


Sobre la escucha siempre ha pesado un estigma: el de ser, de entre todos nuestros sentidos, el menos fiable. Mientras que aquello que vemos y tocamos se nos revela como una realidad “objetiva”, una certeza a partir de la cual establecemos nuestro lugar en el mundo, el sonido se parece más a un fantasma; su lugar en el espacio es ambiguo y su existencia en el tiempo, transitoria. Es por ello que el sonido ha actuado desde siempre como metáfora de la revelación mística, los deseos prohibidos, lo siniestro, lo informe, lo sobrenatural y lo desconocido.
Así como en Modos de ver John Berger establece el lugar preponderante de la mirada en nuestra experiencia del mundo, en Resonancia siniestra David Toop se propone reflexionar acerca de la naturaleza del sonido y de la escucha, asumiendo como punto de partida su carácter espectral e inaprensible. A partir de estas reflexiones –organizadas de manera musical, con ideas que vuelven una y otra vez como notas recurrentes–, Toop da los primeros pasos para trazar una historia de la escucha, basándose en el testimonio que de ella nos brindan los mitos, la literatura, la pintura y la escultura. Esos medios, que pese a ser silenciosos poseen la capacidad para representar el sonido y el acto de la escucha, funcionan como dispositivos de grabación anteriores al invento del fonógrafo, permitiéndonos imaginar cómo era la vida auditiva en otras épocas y revelándonos cuál es la verdadera esencia del sonido, el ruido y el silencio. Así, al descubrir un mundo sonoro al interior de la obra de escritores como Melville, Hoffmann, Poe, Joyce, Woolf, Faulkner o Beckett, y de artistas como Rembrandt, Vermeer, Duchamp, Rauschenberg, Munch, Malévich o Twombly, Resonancia siniestra nos abre las puertas de una nueva dimensión perceptiva.
David Toop (Londres, 1949) es músico, escritor, curador y artista sonoro. Fue miembro de The Flying Lizards y cofundador de The London Musicians' Collective, un colectivo de improvisación musical que contribuyó, a partir de los años setenta, a la constitución de la escena experimental inglesa. Pese a ser, con más de una veintena de discos en su haber –el primero de ellos publicado en el mítico sello de Brian Eno, Obscure–, uno de los más destacados exponentes de la música ambient experimental, se lo conoce mayormente por su labor como crítico e historiador musical. Además de haber sido editor adjunto y columnista de revistas como The Wire y The Face, Toop es autor de varios libros considerados fundamentales, entre ellos, Rap attack (1984), Ocean of sound (1995) y Haunted weather (2004).


lunes, 26 de mayo de 2014

7 xuño: Kratatz!! (Rockabilly Night!!)

O próxiimo Sábado (7 de xuño) Rockabilly Night!! cun mestre de cerimonias de luxo: KRATATZ!! que deixa por unha noite aparcado o contrabaixo dos Breakin' Bones para poñerse ó mandos da selección musical do Rif-Rock dende a nosa cabina. Rockabilly, Psychobilly & Raw Punk!! Non vo-lo perdades!!


sábado, 24 de mayo de 2014

descarga Black Grooves!

Xa non esperamos a comezar a semana, aquí tedes un pouco máis de unha hora da sesión de onte mesmo das Black Grooves!! 20 temas de Rhythm'n'Funk!!.

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!" (NSFSeries Vol.21)
(sesión Rif-Rock 23 maio2014)


jueves, 22 de mayo de 2014

The Impressions "The Young Mods' Forgotten Story"

E logo de dúas recomendacións actuais, para o clásico da semana escollemos un álbum para ir introducindo a sesión de mañán das Black Grooves.
Neste blog temos falado moito de Curtis Mayfield e en todos estes anos xa vos recomendamos algúns dos seus imprescindibles coma "Curtis", "Roots" ou "Superfly", pero nunca vos recomendamos nada da súa banda anterior The Impressions. Formánronse en 1957, e no 58 xa lanzaron o seu primeiro single editado coma Jerry Butler & The Impressions 'For your precious love', aínda orientados cara o gospel, pero co comezo da década dos 60s incorporan as orquestacións puramente soul, lanzaron o seu primeiro LP en 1963 e ano tras ano foron convertíndose nuns dos maiores expoñentes do Chicago Soul, ó ritmo que Curtis Mayfield destaca como principal compositor da banda, productor e demáis, incorporando nas súas letras o orgullo da raza negra e moitas das súas señas de identidade posteriores, ata o seu abandono da mesma en 1970 para lanzar a súa carreira en solitario. A banda continuou pero o seu éxito sen Mayfield decaeu rápidamente. 
Con Curtis Mayfield nas súas filas gravaron once álbumes entre o 63 e o 69, e precisamente ese último é o que vos recomendamos hoxe "The Young Mods' Forgotten Story" producido por Curtis Mayfield e o segundo lanzado co seu propio selo (Curtom Records), e no que a súa figura é omnipresente, dende as letras, música, rítmica e unha timida transición cara o funktan persoal que logo desenrolaría en solitario. Sen dúbida o seu álbum máis famoso da man de 'Choice of Color' e da fantástica 'Seven Years' que foron os seus temas de máis éxito.

THE IMPRESSIONS "The Young Mods' Forgotten Story"
(Curtom Recs., 1969)



Nobunny "First Blood"

Esta semana nos fixemos co último álbum de Nobunny ("Secret Songs" Goner Recs, 2013) e buscando no blog caímos na conta de que nunca compartíramos ningún dos seus traballos (só a súa aparición no "Party Fever" dos Okmoniks), así que tras darlle varias voltas e aínda que me parece moi divertido prefiro recomendarvos este "Fist Blood" do 2010, e xa lle daremos máis oportunidades ó novo noutra ocasión.
Nobunny é o álter ego de Justin Champlin, e supoño que vos soará de algo, aínda que só sexa por ter visto algún video e lembrar as pintas que se gasta, pero se non é así vos recomendo comezar por este "First Blood" que aínda que o título poida levar a engano, é o seu cuarto LP dos seis que leva publicados ata hoxe, ademáis de moitos 7'', demos en CD-R e sobre todo lanzamentos en cassette que son os seu formato preferido. 
Mínima fidelidade e diversión asegurada.

NOBUNNY "First Blood"
(Goner Records, 2010)



miércoles, 21 de mayo de 2014

The Brian Jonestown Massacre "Revelation"

E por fin esta semana saía á luz un dos álbumes que maís tempo levábamos agardando e con máis gañas logo de varios adiantos. 
O novo dos Brian Jonestown Massacre de Anton Newcombe, se chama "Revelation" e retoma o son de sempre logo de un par de entregas, digamos que, demasiado exóticas. Son 13 temas da súa liserxia habitual que non deixaredes de escoitar unha e outra vez. Do mellor do que vai de ano!!

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "Revelation"
(A Records, 2014)



"Django Desencadenado" a novela gráfica

Este non se axusta á liña habitual de comics que vos recomendamos, pero seguro que a moitos vos interesa. A novela gráfica que adapta o "Django Unchained" de Tarantino, que por fin este mes de maio foi presentado en España aproveitando o Salón Int. do Comic de Barcelona. 
Foi publicado orixinalmente en 7 entregas a finais do ano pasado, Tarantino escolleu a Guéra, Cowan e Latour para a ilustración, e presenta a versión completa e sen cortes que Tarantino escribiu para o filme con tóda-las escenas e algunha subtrama que foi eliminada do metraxe. 
Nesta edición Planeta DeAgostini nolo presenta todo xunto nun único volume.

 "Django Desencadenado"
Tarantino, Hudlin, Guéra, Cowan, Zazelj, Latour
(Planeta deAgostini, 2014)

martes, 20 de mayo de 2014

"The Smiths. Música, política y deseo"

Neste 2014 se conmemoran 30 anos da publicación do primeiro álbum dos Smiths. Morrisey, Marr e compañía lanzaban aquel "The smiths" da man de Rough Trade en febreiro de 1984, e durante catro anos de lanzamentos fantásticos estableceron o canon de como debía ser a música pop, non só no musical, senón tamén no compromiso social e político, e converténdose na mellor banda do xénero, pero isto xa é a nosa opinión. 
Para celebrar ese 30 aniversario a editora Errata Naturae publica este libro "The Smiths. Música, política y deso" que recopila textos de diversos autores, musicos e fans, dende gurús do punk como Jon Savage, ou o poeta Simon Armitage, a fans agradecidos máis cercanos coma Nacho Vegas e Antonio Luque. Todo o traballo compilado, traducido e editado polo asturiano Fruela Fernández.

Fruela Fernández (ed.) "The Smiths. Música, política y deseo"
(Errata Naturae, 2014)
Así o presentan na web de Errata Naturae:
Hace treinta años The Smiths publicaron su primer disco, uno de los mejores álbumes de la década de los ochenta y, por qué no decirlo, de todos los tiempos. Hace treinta años que pudimos escuchar por primera vez esas vocales extrañamente moduladas al final de las frases. Hace treinta años que pudimos entender (o no) esas letras ambiguas, inquietantes, frenéticas, liberadoras. Hace treinta años, sí. Ya no hacemos fanzines fotocopiados ni compramos cintas TDK, pero seguimos escuchando a The Smiths. Porque Morrissey es sin duda uno de los músicos más originales de todos los tiempos, además de un extraordinario poeta y escritor. Porque Johnny Marr fue y sigue siendo un guitarrista legendario, y mucho más. Porque la banda poseía un ingenio enigmático y un estilo que iba incluso más allá de su música y su puesta en escena. Porque las letras de The Smiths nos hablaban de aquello que de verdad nos importaba (y nos importa) y nos proponían nuevos modos de ser. Porque los temas de The Smiths no nos llevaron finalmente al suicidio y quizás alguno nos salvó la vida (o al menos eso pensamos por un instante).

Un libro sobre The Smiths, es decir, sobre la música, la política y el deseo; un libro sobre el rock, el pop y el punk (e incluso sobre el origen del indie), sobre identidades ganadas y perdidas, sobre sexo y laberintos, sobre industrialismo y poesía, sobre amores no correspondidos y acosos amorosos; un libro sobre el nihilismo y otros vicios, sobre Margaret Thatcher y otras damas infames, sobre disturbios olvidados y singles turbadores, sobre acordes con mayor contenido político que muchos mítines, sobre pasiones preinternautas que siguen regalándonos escalofríos.

Un libro sobre lo que fuimos y lo que somos. Dicen por ahí que eres lo que escuchas. En ese caso, no nos parece nada mal ser The Smiths.

lunes, 19 de mayo de 2014

Concurso para esta semana: "Waiting for the Streetcar"

Veña, un concurso fácil para esta semana:
Xa había tempo que non facíamos unha parida de estas, pero xa toca.
Collemos un tema dunha das nosas banda favoritas, o xermanos CAN, 'Waiting for the Streetcar', grabado en 1968 pero que non publicaron ata o 2012 cando lanzaron o box set "The Lost Tapes" (Spoon Recs). 
Un temazo de 10 minutos marca da casa, e xa podedes ir dándolle moitas voltas, por que o concurso se trata de decirnos cantas veces repite Malcolm Mooney eso de <<waiting for the streetcar>>??? 
Para o que acerte un par de copas no Rif-Rock o sábado...


viernes, 16 de mayo de 2014

dominio .gal




sobre o poster do GZ Canibal...

Un par de cousas para aclarar a moitos que nos preguntaron sobre o poster que fixemos para a sesión deste sábado do GZ Canibal de Marinocha e Munstaphá. Algúns nos preguntaban onde atopar a tipografía e a maioría coacuriosidade da ilustración, que todos coñecían pero moitos non identificaban.

Primeiro, sobre a tipografía, empregamos a "Rita", creada por Ipanema Gráfica do noso amigo Zé (ver fontes de Ipanema Gráfica en DaFont e xa sabedes, son de descarga libre, pero se podedes donar algo moito mellor).

E sobre a ilustración, que a todos se sona pero moitos non son quenes de situala, pertence ó "Cousas" de Castelao, acompañando a cousa Na Cova dos Carcamáns. Este pequeno relato (tamén coñecido como A Dona encantada, segundo as edicións) foi publicado orixinalmente no xornal Galicia, diario de Vigo en setembro de 1924. Aquí o tedes:

Na “cova dos carcarmáns” vive —según contan— unha dona encantada que vén a peitearse de mañán cedo nas pedras da beiramar, i eu gustaba de ir mata-lo tempo naquela medoñenta soedade, agardando que calquera día aparecese diante dos meus ollos a fremosura que tantos mariñeiros ollaran. I en axexo da dona encantada pasei días e días sentado no curuto da mesma pedra. 
Fun esquecéndome do encanto e afíxenme á soedade medoñenta e ó bruído das ondas do mar. Aínda levo nos ouvidos o son das ondas que escachaban nas pedras e a resposta que facían no fondo da “cova dos carcarnáns”. 
Os meus ollos poucas veces esculcaban nas lonxanías: pousábanse mellor no fondo das augas, onde eu podía avista-lo mundo que criou mitos no maxín popular.
Non sei por qué, mais eu sempre detiña o meu ollar nunha pedra redonda como un cráneo, toda cuberta de argazo verde. E as miñas visitas xa non tiñan outro ouxeto que olla-la pedra redonda.

Un día de mareas vivas tanto devalou o mar que a pedra botou fóra das augas o seu curupete e nunca tanto se asemellou a un cráneo cuberto de cabelos verdes. Cando unha onda solagaba a pedra, o pelo desfiañábase debaixo do mar, abolando como o cabelo dunha muller afogada. No recuar das ondas a pedra saía das augas e o cabelo aplacábase i entón aparecía peiteada con raia ó médeo, talmente como unha cabeza de muller.
Moitas veces ollei como as ondas do mar xogaban co cabelo verde e os meus ollos encantados non se fartaban endexamais.
Nun serán de brétema déronme tentacións de colle-la pedra e desfacerlle os cabelos para dar acougo ó meu espírito.
Arriscándome moito puden chegar pertiño da pedra redonda e, alongando o brazo, apañei os cabelos e turrei por eles para riba.
A pedra era levián i erguina no aire como un verdugo que amostra unha cabeza cortada.
Cando me lembro, aínda sinto un arrufío nas costas. O que eu tiña pendurado polos cabelos non era unha pedra, non: era… ¡unha caveira humán!
Cicais a caveira da dona encantada, que debeu rnorrer, porque xa fai moito tempo que non vén peitearse de mañán cedo nas pedras da beiramar.

recomendacións para hoxe...


jueves, 15 de mayo de 2014

'Wave Form' adianto de The New Christs


Os que me coñecedes xa sabedes da miña devoción polos australianos Radio Birdman, a mellor banda da década dos 70 sen dúbida, e de tódo-las bandas que surxiron sucesivamente das súas cinzas The New Christs foron a máis consistente, a pesar da súa intermitencia souberon adaptar a fórmula da banda orixinaria ós novos tempos en cada década. Agora Rob Younger e compañía anuncian xira e álbum que sairá o próximo mes, chámase "Incantations" e xa podemos escoitar un adianto no seu bandcamp, o tema 'Waves Form'.



Curtis Knight "Down in the Village"

E depois de varias novidades discográficas xa ía tocando recomendar un clasicazo, que xa hai tempo que non o facemos.
A Curtis Knight seguro que o coñecedes de ler reseñas de Jimi Hendrix, foi o primeiro que lle deu unha oportunidade ó incorporalo á súa banda The Squires en 1964, e ademáis é autor da unha das primeiras biografías importantes de Hendrix, e despois xa en Europa tamén foi un dos mentores dos primeiros Motörhead... e aquí xa vos pica a curiosidade, pero seguro que nunca vos molestáchedes en rebuscar entre a discografía de Curtis Knight. Un precursor do son característico do seu pupilo con esa mestura de blues, soul, e rhyth'n'blues e que logo se retroalimentou coa psychodelia da Jimi Hendreix Experience. 
De tódo-los seus álbumes recoméndovos comezar por este "Down in the Village" de 1970. Outro xenio con maiúsculas que deberiades ter na vosa colección.

CURTIS KNIGHT "Down in the Village"
(Paramount Recs., 1970)



miércoles, 14 de mayo de 2014

7 xuño: KRATATZ (Rockabilly Night!!)

E xa vos podemos ir adiantando algo para o próximo mes de xuño: 
O sábado 7, Rockabilly Night!! cun mestre de cerimonias de luxo: KRATATZ!! que deixa por unha noite aparcado o contrabaixo dos Breakin' Bones para poñerse ó mandos da selección musical do Rif-Rock dende a nosa cabina. 
Rockabilly, Psychobilly & Raw Punk!! Non vo-lo perdades!!


*para o poster empregamos a imaxe dunha portada do mítico comic Tales from the Crypt, esta é do número #29 (abril-maio de 1952) de Jack Davis.

martes, 13 de mayo de 2014

Swans "To be Kind"

A maioría de vós seguro que nin coñeciades a Michael Gira e ós seus Swans antes do seu aclamado "The Seer" do 2012. E moitos seguro que disfrutáchedes do enxendro, seguramente influenciados polo abrumador respaldo da crítica. Agora tras varias filtracións, ó fin chega a versión oficial de "To be Kind", coas versións de definitivas de estudio dos temas que xa nos adiantaran no seu directo do ano pasado ("Not Here / Not Now", gravado case todo no último Primavera Sound) como a bestial 'Bring the Sun / Toussaint L'Overture' de máis de 30 minutos, 'Oxygen' a propia 'To be Kind' ou a impresionante 'She Loves Us'. 
Xa veremos se acada a unanimidade do anterior, pero de entrada ven cheo de crescendos, do etéreo ó puro músculo, intensidade e excentricidades, un álbum dobre cheo de excesos para escoitar ducias de veces e deixarse levar polos pesadelos tormentosos de Gira. Este sí que vai recomendado 100%.

SWANS "To be Kind"
(Young God / Mute, 2014)



The Black Keys "Turn Blue"

Xa hai moitos anos que The Black Keys deixaron de ser aquel dúo underground de blues suxo e garageiro que tanto nos gustaba. Logo nos gustaron de outra maneira, ampliaron as súas fronteiras cara o pop e remataron por dar o pelotazo comercial. Agora tras meses lendo e volvendo a ler sobre a chegada do seu novo álbum, temos este "Turn Blue" nas mans, e xa me diredes que vos parece a vós, por que non teño moi claro se vai a ser outro éxito comercial, que igual sí, pero eu creo que agás un par de temas salvables aquí non hai moito que sacar... 
Asi que en realidade non volo vou recomendar.

THE BLACK KEYS "Turn Blue"
(Nonesuch, 2014)



Ven.16: A Noite Galega da praza Alfredo Brañas

E se onte vos recomendabamos a entrega dos Premios Ramón Cabanillas para a véspera do Día das Letras Galegas, hoxe xa vos podemos anunciar o que vos temos preparado para esa mesma noite entre os locais da Praza Alfredo Brañas. Lembrade, Venres noite!!


lunes, 12 de mayo de 2014

entrega do XI premio Cabanillas a M.Núñez

Este venres (16 de maio), na véspera do día das Letras Galegas, os libreiros de Cambados (librarías Ramón Cabanillas e Contos) celebran a entrega do seu xa tradicional Premio Ramón Cabanillas, que xa vai pola XI edición. O galardoado neste 2014 será Manuel Núñez Pérez, nunha gala ben completa de actuacións e recoñecementos. No Auditorio de A Xuventude dende as 21:00h.


sábado, 10 de mayo de 2014

descarga sesión Psych.Ptooff!!

Aquí tedes algo máis de unha hora mesturada da sesión de onte mesmo, con moito underground do 60's. Metédelle ben de volume!!

Psych.Munstaphà "Psych.M_Ptooff!"
(sesión Rif-Rock 9 maio2014)
faite con PsychPtooff! aquí.


jueves, 8 de mayo de 2014

"Fela Kuti, Espiritu Indómito"

Aínda que vos pareza incríble, esta é a primeira biografía sobre Fela Kuti en castelán que se publica. Sempre tiñamos que tirar polas grandes obras centradas no xigante africano publicadas en inglés, e agora ó fin se publica o traballo da xornalista Sagrario Luna da man de Editorial Milenio. "Fela Kuti, Espíritu Indómito" fai ó longo das súas case 600 páxinas un amplo repaso polo seu contexto, a súa orixe, o seus inicios dende o highlife, as estancias en Londres e nos USA, o contacto cos Black Panther, a formación dos Koola Lobitos, ata a súa explosión como referente musical, social e político panafricanista, e tamén un bó repaso final a todo o seu legado. Tedes un avance das primeiras páxinas aquí.

Sagrario Luna "Fela Kuti, Espíritu Indómito"
(Editorial Milenio, 2014)


Así o presentan na web da Editorial Milenio:

Fela Anikulapo-Kuti murió en 1997 por una complicación derivada del SIDA. Más de un millón de personas acudieron a rendirle el último adiós, incluidos algunos de los policías y militares que hicieron de su vida un infierno. Estimulado por las ideas de liberación del hombre negro de Malcolm X y los Black Panthers, y el Panafricanismo de Kwame Nkrumah, Fela creó un estilo musical, el Afrobeat; concibió la contracultura africana; fundó una comuna, Kalakuta Republic; un club, The Shrine; un periódico, el YAP News, y un partido político, el MOP, plataformas de propaganda de sus ideas y su lucha contra los males endémicos que azotan África: La corrupción, el colo y neocolonialismo, el Islam y el Cristianismo. Razones suficientes para que fuese considerado el Enemigo Público nº Uno y fuera perseguido, torturado, encarcelado y brutalizados amigos, mujeres y la propia madre. Fela fue un cáncer para sus detractores. Para sus seguidores, sin embargo, es un icono musical, un revolucionario, un héroe, un inagotable amante.

miércoles, 7 de mayo de 2014

Sebadoh "Soul and Fire EP

Hoxe vos recomendamos unha desas xoias que marcou a nosa adolescencia. Naqueles primeiros 90s entre outros moitos discos e cassettes, un par de eps de Sebadoh estaban todo o día sonando na nosa casa. Eran este "Soul and Fire EP" de 1993, pero tamén o "4 Song CD" do 94. 
Hoxe centrámonos no priemiro, que correspondía ó álbum"Bubble and Scrape" do mesmo ano, o noso favorito dos Sebadoh. A edición orixinal norteamericana era un 7'' que incluía só 4 temas con dúas versións diferentes ás do álbum, pero logo publicaron para UK e Europa unha nova versión en 12'' e CD, con 6 temas que incluían por suposto o 'Soul and Fire', unha mestura diferente de 'Fantastic Disaster', o cover de Necros do 'Reject' e dúas versións do 'Emma Get Wild' e de 'Flood' das que se incluían no álbum, reproducindo parte das pistas ó reves, etc, e ademáis o fantástico desvarío de 11 minutos do 'Showtape '91'. 
Que recordos... todo o día por ahí berrando SEBADOOOOOH!!

SEBADOH "Soul and Fire EP"
(Sub Pop/Domino, 1993)





martes, 6 de mayo de 2014

Guided by Voices "Cool Planet"

novo álbum dos Guided By Voices, segundo que nos traen no que vai de 2014. "Cool Planet" son 18 novos temas, e de tanto que falamos da banda de Robert Pollard neste blog, xa nin precisan de presentación. Facédevos con el e escoitádeo de tirón tantas veces como poidades. Outro discazo para a colección!!.

GUIDED BY VOICES "Cool Planet"
(GbV/Fire Recs, 2014)



Guided by Voices, singles 2014

Aquí tedes tódo-los 7'' dos Guided by Voices que fomos recollendo ó longo do que vai de 2014, os 6 primeiros pertencen ó anterior "Motivational Jumpsuit" e últimos catro ó recente "Cool Planet"!!


Curtinaitis!!

Regalazo que nos envían unhas das nosas bandas favoritas!! Xa temos na casa o novo EP dos Curtiniaitis!! Gracias cracks!! agora imos comprobar cantas horas seguidas aguanta... 


lunes, 5 de mayo de 2014

Sáb.17: GZ Canibal!!

E outra das historias que vos temos preparadas para este mes... 
Coma sempre, polo 17 de maio, a nosa particular celebración do Dia das Letras Galegas, neste 2014 con outra sesión GZ Canibal, con Marinocha e Munstaphá na cabina. E no poster nada mellor para a ocasión que lembrarnos de Castelao coa súa ilustración para o microrelato de "Cousas" sobre a Dona da Cova dos CarcamansNon vo-lo perdades!!


domingo, 4 de mayo de 2014

Artefacto Salnés 2014

4ª edición de Artefacto Salnés, desta vez co título Son de Cambados.
Inaugurouse o venres 2 no Pazo de Torrado, e tedes ata o 25 de maio para visitala. Non a deixedes pasar.

[para velo ampliado pica aquí].

viernes, 2 de mayo de 2014

Ven.9: Ptooff!

Imos adiantándo algunhas das cousas para este mes de maio, e seguramente a próxima semana algunha máis que xa temos para xuño. 
Empezamos pola semana que ven: o próximo venres 9 de maio unha de psych 60's do máis underground. O "Ptooff" dos Deviants xa vos pode dar unha pista...


proximamente en concerto... (???)