viernes, 25 de diciembre de 2020

[Revival] A despedida dos Sharknadoos no 2015

Un pouco de revival.

Desta vez imos cinco anos atrás, cara o 25 de decembro do 2015, para lembrar un dos concertos da segunda edición do Nadal Soul, que durante varios anos organizamos xunto co Continental. 

Naquela ocasión The Sharknadoos facían doblete, un concerto en cada local, o sábado 19 no Conti, e o venres 25 no Rif-Rock. Paraban por unha tempada, e querían deixalo ben arriba. Finalmente foi a súa despedida, ou alomenos ata o día de hoxe. Sen dúbida un dos concertos maís petados de cantos fixemos no local nos nosos 20 anos de vida. Así se despide unha banda. Como os botamos de menos...

Aquí tedes o concerto completo:




lunes, 30 de noviembre de 2020

Un ano da despedida

Hoxe hai un ano que pechamos o Rif-Rock.

Para a maioría de vós foi unha sorpresa, e só para algúns era un pequeno segredo a voces que tiña que difundirse o menos posible. Tratábase de festexar o noso 20 anviersario, que estaba pendente de meses atrás, e coa banda favorita das nosas vidas. Tiña que ser unha festa da boas, e así foi. O feito de xuntar de novo a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre xa foi todo un éxito, e comprobar a resposta da xente unha satisfacción enorme.

Se vos digo a verdade, para nós todo iso xa nos queda moi lonxe no tempo, aínda que case cada semana sempre hai quen nos escribe ou nos comenta pola rúa anécdotas ou recordos do local. 

Ao longo de todo este ano aínda non subimos nin a cuarta parte de todo o material que temos e que moitos nos fixéchedes chegar desa noite, pero o faremos pouco a pouco. Dende logo foi unha noite para non esquecer, e un final perfecto para 20 anos e 5 meses de facer sempre o que nos petou coa axuda dunha cantidade enorme de xente que sempre se prestou a colaborar connosco. Estar rodeado de tanto talento faino todo moito máis sinxelo.

Tampouco podemos esquecernos de tantas mostras de cariño naqueles días e nos meses seguintes, e que aínda seguen a chegarnos. Así que volvemos a darvos as grazas a todos. Pero para rematar a parrafada, gustaríanos perdirvos algo que dixen aquela noite. Apoiade aos que fan cousas distintas, sempre!!! E nestes tempos tan difíciles, a tódolos que poidades 

Volveremos a vernos nos bares!! Mentres tanto, coidádevos!



viernes, 27 de noviembre de 2020

Outono Codax Festival 2020

Poucas cousas, ou nada, se pode facer nestes tempos. Aínda así os valentes de Raiña Producións e A Reixa apostaron por unha nova edición do noso querido Outono Festival en Compostela. Coas restricións de movilidade non poderemos asistir tódolos que non nos perdimos ningunha das edicións, pero é o que hai.

Mañan comeza en Santiago, con actividades e concertos ata o 18 de decembro. En cabeza Josele Santiago acompañado polos Limboos, o fantástico Tito Ramírez, ou The Sey Sisters. Pero coma sempre hai moito máis, máis concertos, pinchadas e más actividades, entre as que destacan a presentación do disco perdido de Andrés do Barro, e libro sobre o mesmo a cargo de Fernando Fernández Rego.

Dende logo o noso aplauso e recoñecemento ao valor desta xente por sacar adiante un ano máis este festival con este cartelazo.

Toda a info e entradas na web do Outono.



sábado, 21 de noviembre de 2020

Quilma "Punto de partida"

Xa temos aquí o debut discográfico de Quilma.

"Primeiros Pasos" son nove temas propios da banda, gravados no KSF Studio coa produción de Victor Karallada. A edición en cd vai a cargo de Xonix Records.

Facédevos con el poñéndovos en contacto coa banda.



jueves, 17 de septiembre de 2020

Alerta Vermella!!

Volvemos das vacacións!

Xa vos contaremos máis de como seguiremos coa actividade do blog, pero para comezar queremos amosar o noso apoio a todo o sector da cultura, da noite, da música... artistas, programadores, técnicos, hostaleiros. Porque nós tamén fumos parte del, e dalgún xeito seguimos vinculados aínda que xa de outro modo. Precisamos eventos, e necesitamos que sigades a facelos, e que vos deixen...

Para hoxe mesmo hai convocadas concentracións no serán en Vigo e Compostela. Toda a info na web de Alerta Roja Eventos.



sábado, 1 de agosto de 2020

Redd Kross "Red Cross EP"

Outros que están a conmemorar os 40 anos de traxectoria son Redd Kross. 
Aínda que non o pareza a súa carreira é lonxeva coma poucas en bandas da súa xeracións, e é que os irmáns McDonald comezaron con 12 e 14 anos, e con certo éxito dende moi cedo. En 1980 publicaban o seu primeiro ep, este "Red Cross" homónimo, cando a banda aínda escribía así o seu nome.
Era un EP de seis temas, editado por Posh Boy Records, nunha primeira edición que nen tan sequera tiña portadas.
Ahí estaban 'Cover Band', 'Annette's Got the Hits', a mítica 'I hate my School', e na cara b 'Clorox Girls" -debaixo, estes dous temas en directo no 2007-, 'S & M Party', e 'Standing in Front of Poseur'.
Nalgunhas reedicións en cd de outros álbumes incluíronse estes temas, ou algunha demo destas sesións de 1979. Agora no 40 aniversario do seu lanzamento, Merge Records recupera este traballo, remasterizado, e incluíndo 5 demos descartadas daquelas sesións.

REDD KROSS "Red Cross EP"
(Posh Boy, 1980 / Merge Records, 2020)



viernes, 31 de julio de 2020

Lamprea Explosiva "Gravacions 2014-2018"

Máis novidades dos Lamprea Explosiva.
Hai tempo que xa nos anunciaran o lanzamento deste "Gravacións 2014-2018", e dende esta semana xa o tedes dispoñible en cassette.
Trátase da compilación das súas gravacións completas nese período, 30 temas sen concesións nin pausa para respirar. 
A edición vai a cargo de Discos Peroquebien, e aínda que case toda a tirada estaba liquidada no período de reserva, seguro que aínda podedes facervos con algunha copia.
Senón xa sabedes, tirade do bandcamp, pero non é o mesmo.

LAMPREA EXPLOSIVA "Gravacións 2014-2018"
(Peroquebien, 2020)



jueves, 30 de julio de 2020

Lamprea Explosiva nas Sesións Excultura

A Asociación Cultural Excultura está a ofrecernos nas últimas semanas sesións ao vivo de bandas galegas en emprazamentos ao aire libre. 
O primeiro que subiron foi este concerto de Lamprea Explosiva na praia fluvial de Vilarello, en Valga. Como é habitual, unha intensa descarga de 15 temas en 13 minutos, para ver de tirón sen respirar.
A semana pasada foi o turno de Isla Canela, e hoxe mesmo subirán unha nova entrega. Seguídeos na rede: facebook / youtube.


martes, 28 de julio de 2020

Joy Division "Closer", edición 40 aniversario

Nestes meses estánse a cumprir 40 anos de moitas efemérides relacionadas con Joy Division, proba do efímero e intenso da súa carreira.
Seguramente os eventos pensados para conmemorar o 40 aniversario do lanzamento do seu álbum "Closer" eran moi diferentes aos que estan a celebrarse, sobre todo á vista de todo o organizado con "Unknown Pleasures", pero é o que hai. 
O lanzamento de "Closer" foi o punto final de Joy Division, lanzado dous meses despois do suicidio de Ian Curtis. O que seguíu xa é outra historia.
Moito temos escrito neste blog sobre este álbum, un imprescindible nas nosas vidas (ver entrada do 30 aniversario).
Aquí a edición especial do 40 aniversario.

JOY DIVISION "Closer"
(Factory Records, 1980 / Warner Music, 2020)



lunes, 27 de julio de 2020

Peter Green

Peter Green 
(1946 - 2020)
Fleetwood Mac / John Mayall & The Bluesbreakers / Peter Green Splinter Group



viernes, 24 de julio de 2020

Fuzz 'Returning'

Xa hai data para o novo álbum de Fuzz, o power trío de Ty Segall xunto con Charles Moothart e Chad Ubovich. Para esta ocasión contan coa produción de Steve Albini, e o álbum levará o título de "III". A saída está prevista para o 23 de outubro vía In the Red Records. Para o anuncio escolleron o tema 'Returning' como adianto, que será o que abra o álbum.


jueves, 23 de julio de 2020

The Homens "Verán sen fin"

Parece que The Homens vanlle collendo gusto a esto de ir voltando ás táboas pouco a pouco. O pasado fin de semana compartían un novo tema, estreado en Vinte
Trátase de 'Verán sen fin', novo material que chega once anos despois do seu último álbum. O clip está realizado por Sr Pause.
Agora a esperar por máis...
 

miércoles, 22 de julio de 2020

Kings of the Beach & Youcanthide

Moitas novas que nos chegan dos vigueses Kings of The Beach.
A comezos de xuño presentabannos 'Satellite', o primeiro single do seu esperado segundo álbum que sairá da man de Ciudad Oasis, e a semana pasada lanzaron o clip do mesmo tema.



Por outra banda, outro dos proxectos nos que están metidos é Youcanthide, no que unen forzas co vocalista Kaixo dos Banana Bahia. A comezos de semana lanzaron tamén o clip do tema 'Alone', un novo adianto do seu primeiro álbum que lanzarán en setembro. Que boa pinta ten todo isto.



martes, 21 de julio de 2020

Los Wavy Gravies "Rufus is back in town"

A comezos de maio saía o segundo álbum de Los Wavy Gravies. Unha vez que imos volvendo á normalidade xa temos unhas cantas copias do lp "Rufus is back in town", editado por Family Spree Recordings. A maioría xa están reservados, así que, si queredes algún avisade canto antes.

>> "Rufus is back in Town" no bandcamp de Family Spree Recs.


lunes, 20 de julio de 2020

Sun Ra Arkestra "Swirling"

Novo álbum da Sun Ra Arkestra anunciado para outubro.
Tralo pasamento do mítico Sun Ra no ano 93 o colectivo seguiu en activo baixo a dirección de Marshall Allen. Continuaron cos shows en directo, e sobre todo cunha coidada selección dos lanzamentos, con material inédito, directos e reedición dos seus incontables traballos discográficos e audiovisuais. Os lanzamentos de novas gravacións foron moi limitados, o último de hai 20 anos.
Agora anuncian este "Swirling" con saída para outubro. Trátase da reinterpretación de 13 temas escollidos por Allen da súa extensa discografía. Polo momento tedes dous temas de adianto no bandcamp, 'Seductive Fantasy' do 79, e 'Angels and demons at play' orixinal dos anos 50s. No álbum tamén se inclúen pezas coma 'Rocket nº 9', 'Unmask the Batman' ou 'Astro Black'.
Coma detalle, cabe destacar que foron as últimas gravacións de Danny Ray Thompson ao saxo, falecido no mes de marzo, e membro da banda dende finais dos anos 60s. 

>> "Swirling" na web de Strut Records.

SUN RA ARKESTRA "Swirling"
(Strut Records, 2020)



miércoles, 15 de julio de 2020

The King Kongs, no 2017

Outra de revival. Aquí tedes a un grupo de fans de Los King Kongs!!
Foi o 8 de xullo do 2017, no noso 18º aniversario.

Hai uns meses nos comentaban sorprendidos que Los Wavy Gravies xamais tocaron como tal no Rif-Rock. En realidade sempre estiveron ahí. Apareceron coa formación orixinal nos seus inicios pero sempre con outros nomes, trala disolución de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre. Anos despois, mentres se configuraba a súa actual formación tamén estiveron en directo no local, pero sempre de forma provisional e con outros nomes, coma nesta ocasión Los King Kongs. Co paso dos anos xa foi algo decidido, nunca tocarían aquí con ese nome, era máis divertido facelo así. 

A foto de Dobrinka, que estes días recuperaba Bimba.


A Festa do Bigote, para 2021

Unha das cousas que tiñamos claras cando pechamos o Rif-Rock, e de acordo coa xente de CTK, era que a Festa do Bigote tiña que continuar.
Para este ano xa tiñamos bastantes cousas decididas, pero os condicionantes desta nova normalidade impiden que a poidamos celebrar como a todos nos gustaría, así que, coma outras cousas bastante máis importantes, teremos que deixalo para o 2021. Pero tranquilos, que xa queda menos...


martes, 14 de julio de 2020

The Rolling Stones 'Criss Cross'

Os Rolling Stones seguen promocionando o seu retorno.
Tralo lanzamento de Living In A Ghost Town a finais de abril como adianto do seu novo álbum, agora chega o turno de revisar vello material. Trátase do tema 'Criss Cross', gravado durante as sesións do "Goat's Heads Soup" de 1973, nos estudos Dynamic Sound de Kingston, Xamaica, a finais de 1972, e serve como anuncio da reedición do álbum con numerosos extras, nun box de 4LPs.


lunes, 13 de julio de 2020

Judy Dyble

Judith Aileen Dyble a.k.a. Judy Dyble
(1943 - 2020) 
Fairport Convention / Trader Horne / Giles, Giles and Fripp




viernes, 10 de julio de 2020

Liz Phair "Historias de Terror"

A semana pasada sai o libro "Historias de Terror", as memorias de Liz Phair. Unha artista que me tivo cautivado durante unha boa tempada da miña adolescencia, e da que logo perdín a pista por completo.
Vai a ser unha das miñas lecturas deste verán seguro...


Así o presentan na web da Editorial Contra:
Cuando Liz Phair irrumpió en la escena musical independiente a principios de los noventa con su controvertido doble álbum Exile in Guyville —su particular respuesta, tema a tema, al célebre Exile on Main St. de los Rolling Stones—, su sinceridad descarnada, sexualidad sin tapujos y talento como escritora de canciones lo convirtieron en un disco fundamental del rock alternativo y en manifiesto generacional. Siguiendo la estela de otros iconos del rock como Patti Smith o Kim Gordon, Phair compone una original autobiografía a partir de diecisiete momentos clave de su vida a modo de cuentos morales que transpiran miedo, dolor, rabia, humor, sentimiento de culpa o patetismo a partes iguales. Sin hacer concesiones y dejando de lado la habitual autocomplacencia de las estrellas del rock, Phair hurga en las cicatrices que ha dejado una vida consagrada a la creación para concluir que son las traiciones —padecidas o infligidas— las que nos conforman como seres humanos.


jueves, 9 de julio de 2020

King Gizzard and The Lizard Wizard: "RATTY", o making of do "Infest the Rat's Nest"

En agosto do ano pasado, os australianos King Gizzard and The Lizard Wizard publicaban o que ata o de agora é o seu último álbum de estudio, o "Infest the Rats' Nest" (Flightless, 2019). Tras anos endurecendo o seu son, este álbum chegaba ao trash e ao doom.
O álbum interésame pouco, pero hai varias semanas que lanzaron o documental RATTY. The Making of King Gizzard's "Infest the Rats' Nest", no que amosan o proceso de producion do disco e cómo as composicións foron crecendo en varias jam sessions en medio das viaxes da banda, case en xira continua. Unha peza audiovisual moito máis interesante que o propio álbum.


O documental foi dirixido realizado John Angus Stewart coa produción de PHC Films, e inicialmente foi lanzado baixo demanda na súa canle de vimeo. Os beneficios destináronse a organizacións benéficas de apoio ás comunidades aboríxes australianas.
Dende esta semana xa está dispoñible de balde na rede.



miércoles, 8 de julio de 2020

"Fun House" The Stooges

The Stooges publicaban o "Fun House" un 7 de xullo de 1970, era o seu segundo álbum, que non ten ningún dos seus grandes hits, pero é a súa obra mestra fundamental. Un imprescindible das nosas vidas que cumpre 50 anos. 

THE STOOGES "Fun House"
(Elektra, 1970)



martes, 7 de julio de 2020

The Muddy Beers, no 2013

Imos con algo de revival...
Sabedes que no mes de xullo sempre preparabamos unha pequena programación especial para celebrar o aniversario do local, así que esta tempada temos moitos concertos para lembrar.
Desta vez imos ao 6 de xullo do 2013, no programa do 14º Aniversario do Rif-Rock ahí se plantaron os Muddy Beers no seu único concerto. Un breve proxecto que serviu de ponte entre Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e o que logo se foi configurando na formación de Dead Wood entre os múltiples proxectos dos irmáns Lorre e compañía. 
Sete anos atrás, foi unha das noites máis calorosas que lembramos das nosas vidas, e ben que sudaron estes catro fenómenos.
>> resumo do concerto aquí.


sábado, 20 de junio de 2020

Thee Blind Crows "I don´t care about your name"

Máis novas dos Thee Blind Crows.
En xaneiro chegaron os temas cos que de paso presentaban a súa nova formación ("Muy oscuro / Cuarto do pánico"), e en febreiro lanzaron outros dous ("Hold it on / Out of Control"), e esta semana foi o turno do clip dun novo tema: 'I don´t care about your name'. 
Ahí o tedes pura enerxía:


viernes, 19 de junio de 2020

Record Store Day 2020: RSD Drops!

No mes de abril debía celebrarse o Record Store Day. Debido ao confinamento adiouse para este 20 de xuño, pero ante as medidas de distanciamento social e limitación de aforos, tomáronse novas solucións.
A proposta será moi diferente este ano. Finalmente non haberá RSD tal e coma o coñecíamos, agora reconvertido no RSD Drops 2020, con tres datas no horizonte: 29 de agosto, 26 de setembro e 24 de outubro. As datas correspóndense cos novos prazos de lanzamento das edicións especiais realizadas para a ocasión, e tamén para dar un pouco de aire ao sector tras meses de parón, aínda que moitos selos manteñen a data deste sábado para lanzar moitas das edicións que xa estaban listas. 
Podedes ver o comunicado oficial na web do Record Store Day Spain aquí
E xa que temos máis tempo que outros anos, mellor que lle metades un bo repaso á lista de lanzamentos especiais para cada unha das datas previstas.
Salvemos as tendas de discos!!

jueves, 18 de junio de 2020

Melvins & Mudhoney "White Lazy Boy" EP

Imos con novos lanzamentos. Hoxe traémosvos a colaboración entre os Melvins e Mudhoney, neste pequeno EP que leva por título "White Lazy Boy". 
Non se trata dun split, senón da unión das bandas, e con moitas novas. Pola banda dos Melvins temos a Buzz Osborne e o baterista Dale Crover, aos que se lle uneu recentemente Steven McDonald ao baixo, sí o de Redd Kross; e pola parte dos Mudhoney participan Mark Arm e Steve Turner, dando forma a un quinteto de primeira liña.
"White Lazy Boy" son catro temas, dous novos compostos para a ocasión -'Walking Crazy' e 'Ten Minute Visitation'- ademáis de dúas versións: o 'My War' dos Black Flag, e 'Drive Back' de Neil Young.
Xa veremos se o proxecto ten novas entregas.

MELVINS / MUDHONEY "White Lazy Boy"
(Amphetamine Reptile Records, 2020)



miércoles, 17 de junio de 2020

Jarv Is 'Save the whale'

Jarvis Cocker está de volta.
O seu novo proxecto chámase sinxelamente Jarv Is, e leva meses promocionando material do seu álbum, que tivo que ser retrasado dende comezos de ano coma outros moitos.
Esta semana lanzou o clip de 'Save the Whale', como adianto do álbum "Beyond the Pale", e a súa data de saída, o 17 de xullo. Ganazas de escoitar máis!


martes, 16 de junio de 2020

The Manueles "The Manueles"

Máis novidades que chegan dende Ulomanía Coop.
Aquí está o lp de debut de The Manueles (ULO-010). 
The Manueles son un trío de surf formado polo amigo Virxilio da Silva, Chus Pazos e Juansi Santomé.
O álbum foi gravado, mesturado e masterizado por Jorge Explosión nos estudos Circo Perrotti de Xixón, e os deseños van a cargo de Irene Doce e Vixilio da Silva.
"The Manueles" está dispoñible en formato Lp 12'', nunha edición limitada de 300 copias numeradas a man, coa participación de Fonosaurios, Sweet Grooves Records e Ulomanía Coop.
Un auténtico cañonazo de surf. Apurade que voan...


THE MANUELES "The Manueles"
(Ulomanía Coop. / Fonosaurios / Sweet Grooves, 2020)



viernes, 12 de junio de 2020

Isi Vaamonde "ON"

ULO-013.
Xa tedes dispoñible o single "ON" de Isi Vaamonde no seu bandcamp, para escoitar, compartir e mercar, tanto en edición dixital e vinilo de 7''.
ON está editado por Fonosaurios e Ulomanía Coop.




jueves, 11 de junio de 2020

Pearl Jam, video de 'Jeremy'



'Jeremy' foi un dos grandes hits inlcuídos no álbum de debut de Pearl Jam.
Daquel "Ten" de 1991 saíron catro singles inesquecibles, un deles foi 'Jeremy', lanzado en setembro de 1992, seguramente o que tivo máis éxito, tanto o single en vinilo como as súas numerosas reedicións en cd ou maxi, e o seu videoclip.
Daquela difundiuse unha versión censurada, aínda que hai tempo que circula pola rede a versión íntegra.
Nestes días foi a propia banda a que promocionou a peza sen censura e restaurada, para conmemorar o Gun Violence Awareness Day, que conciencia sobre o perigo das armas de fogo en USA.



miércoles, 10 de junio de 2020

"Novo Feixismo Libertario" Lamprea Explosiva, Giusseppe e Bloque

A nova proposta do colectivo Caracol Negro é esta colleita de temas de tres bandas da casa. "Novo feixismo libertario" recolle dous temas dos Lamprea Explosiva, e a modo de split comparten con Giusseppe e Bloque. 
Xa sabedes, punk e faino ti mesmo.
Dende o 31 de maio xa o tedes dispoñible no bandcamp, xunto co clip de 'Flores', e próximamente sairá en vinilo 7''. Atentos!!

>> Novo Feixismo Libertario no bandcamp de Caracol Negro.


martes, 9 de junio de 2020

Corentena, a Expo

Volvemos á actividade tras varias semanas de descanso.
E comezamos cunha recomendación local, a expo Corentena.
Está pensada coma un reencontro dos artistas que residen na vila, mostrando a súa visión persoal desta situación.
No Pazo de Torrado de Cambados, ata o 5 de xullo.




domingo, 24 de mayo de 2020

Los Wavy Gravies en directo... Aloha from Simes!

Co mono que temos de concertos nestes meses, seguro que estades a aproveitar moitas das posibilidades que se nos están a ofrecer en streaming.
Para esta tarde promoñémosvos un planazo: Aloha from Simes!, con Los Wavy Gravies, en directo dende o seu local de ensaio, presentándonos en exclusiva o seu novo álbum "Rufus is back in Town".
Domingo 24 de maio 21:00h. en directo dende o facebook de Los Wavy Gravies.




sábado, 23 de mayo de 2020

Futuro Terror 'Komsomol'

Onte chegou outro adianto do novo álbum de Futuro Terror. 
O mes pasado lanzaban os temas 'Territorio Devastado' e 'Mañana', ao mesmo tempo que anunciaban o lanzamento do álbum "Sangre" e o seu retorno ao selo Humo Internacional (antes Discos Humeantes).
Este novo tema leva por título 'Komsomol', pola organización xuvenil do PCUS.
Lanzamento de "Sangre" previsto para o 22 de xuño. Reservas aquí.


viernes, 22 de mayo de 2020

"Unknown Pleasures: Reimagined" a serie completa


Máis de Joy Division. 
En xuño do 2019 cumpríanse 40 anos do seu primeiro lp, o alucinante "Unknown Pleasures". Un dos principais proxectos desta conmemoración foi o Unknown Pleasures: Reimagined, un proxecto audiovisual que reinterpreta en clave de videoclip cada un dos temas que compoñían o álbum. 10 temas, 10 videoclips, e 10 creadores con diferentes estilos e linguaxes creativas, todos representativos da nosa época. A serie completa conta coa producción executiva de Warren Jackson. 
Os lanzamentos comezaron en maio do ano pasado e aquí fumos compartindo cada unha das pezas que ían saíndo. Tras un parón, a pasada semana chegou a última entrega, antes de que todo se solape coas efemérides que se sucederan nestes meses con todo o relacionado coa banda.
Aquí tedes a serie completa:

- 'I Remember Nothing', por Helgi & Hörður.
- 'Insight', dirixido por Makoto Nagahisa.
- 'Day of the Lords', de Feargal Ward e Adrian Duncan.
- 'Interzone', por James Dimmock.
- 'Candidate', según Amos Poe.
- 'Shadowplay', por Vincent Moon.
- 'Disorder', segun Sean Evans.
- 'She's Lost Control', de Lorraine Nicholson.
- 'New Dawn Fades', de Warren Jackson e Orian Williams.
- 'Wilderness', de Lynne Ramsay.  

miércoles, 20 de mayo de 2020

Moving Through the Silence, homenaxe a Ian Curtis

O pasado 18 de maio cumpríanse 40 anos da morte de Ian Curtis, acelerando o fin dos Joy Division. En medio das efemérides contínuas das catro décadas de todo o material que lanzaron na súa efémera carreira, este ano houbo que improvisar concertos dun xeito diferente.
Un dos máis destacados foi o Moving Through the Silence. Celebrate the Life And Legacy of Ian Curtis, un programa en streaming organizado por Headstock Festival. Contaba cos propios Bernard Summer e Peter Hook como mestres de cerimonias e con diferentes convidados, entre os que estaban Brandon Flowers dos Killers, ou os Elbow, que versionaban temas de Joy Division entre charlas cos dous fundadores da banda. 
Aínda o tedes dispoñible en LiveMusicK (só tedes que rexistrarvos para velo).
Unha das sorpresas, foi a aparición de Mark Lanegan, acompañado pola banda Cold Cave, interpretando 'Isolation'.



martes, 19 de mayo de 2020

King Khan "No. 4 Blue Film Woman Soundtrack"

Comezamos semana con algo novo é certamente sorprendente.
King Khan ven de lanzar un 7'' con catro temas que son a banda sonora dun filme restaurado de finais dos 60s.
Trátase de Blue Film Woman, un filme de sexploitation xaponés, dirixido por Kan Mukai en 1969. Puro underground da época. Agora a compañía xermana Rapid Eye Movies ven de relanzala, e contaron con King Khan para crear dous novos temas cos que sustituir a unhas pezas de soul incluídas na versión orixinal sen licencia. O resultado son pezas de blues psychodélico, con bongos, sitares... e a orixinalidade habitual de King Khan.
Polo de agora tedes dous temas dispoñibles ('Sexploration in pink' e 'For your Pleasure') no bandcamp de King Khan, no que ademáis atoparedes un clip a medio camiño entre curta e teaser de 8 minutos co primeiro dos temas.
Por certo, tedes o trailer de Blue Film Woman aquí.

KING KHAN "No. 4 Blue Film Woman Soundtrack"
(Khanibalism / Rapid Eye Movies, 2020)



domingo, 17 de mayo de 2020

Día das Letras 2020

Bó día das Letras Galegas a todos!!
Este ano adicado a Carvalho Calero. Unha ocasión moi diferente ao que estamos acostumados, pero que non deixaremos de celebrar.



sábado, 16 de mayo de 2020

viernes, 15 de mayo de 2020

Los Wavy Gravies "Rufus is Back in Town"

A comezos de marzo en El Sótano de Radio 3 presentaron en primicia o tema 'Dirty Rufus' como adianto do novo lp de Los Wavy Gravies, e por fin aquí temos o seu novo lp e"Rufus is Back in Town" da man de Family Spree Recordings. 
Hoxe mesmo lanzaron todo: amosáronnos os deseños da cuberta, a cargo do amigo Rubén Suárez; o clip do tema 'Dirty Rufus' realizado por Juan Juste; e  por último tamén o álbum completo!
Xa o tedes dispoñible no seu bandcamp, para escoitar e mercar dende xa!
Nuns días volo destriparemos enteiro.

>> "Rufus is back in Town" no bandcamp de Family Spree Recs.



miércoles, 13 de mayo de 2020

Kraftwerk, Soester Konzert 1970

Coa morte de Florian Schneider a semana pasada estivemos repasando moito material dos míticos Kraftwerk, sobre todo dos seus inicios. 
Así que hoxe recomendamosvos o seu concerto en Soest en novembro de 1970, durante a xira de presentación do seu primeiro álbum. 
Por aquel entón presentábanse en formato trio, con florian Schneider, Klaus Dinger e Ralf Hütter.
Ata o de agora está considerado coma o primeiro dos seus concertos en terse rexistrado en video. Podedes atopar varias versións pola rede deste concerto, pero hai un par de anos o programa Rockpalast da canle xermana WDR ofreceuno con mellor calidade que as copias anteriores, e dende 2018 está dispoñible na súa canle de youtube.


martes, 12 de mayo de 2020

Playa Desmayo "Atardicidio"

Aquí traemos de novo o "Atardicidio" de Playa Desmayo.
O seu ep de debut, un 7'' con 5 temas que son un auténtico trallazo de garage-punk-surf. Trátase da referencia ULO-011 de Ulomanía Coop., editado xunto con Pafff... Bum Discos e Sweet Grooves Records, nunha tirada limitada a 300 copias.
Mentres van retomando a distribución das copias físicas, dende esta semana xa o tedes dispoñible no bandcamp da banda, e con premio.
Tanto se vos facedes coa edición dixital coma en 7'', teredes de agasallo o tema 'Máquina del Tiempo', gravada na mesma sesión da que saíron os temas de "Atardicidio" pero foi unha das que se quedou fora.
Agora só falta poder telos de novo en directo presentando esta xoia.


PLAYA DESMAYO "Atardicidio"
(Ulomanía Coop. / Pafff... Bum Discos / Sweet Grooves Records, 2020)



viernes, 8 de mayo de 2020

Ty Segall "Segall Smeagol"

Novo lanzamento de Ty Segall.
Trátase dun EP a modo de tributo a Harry Nilsson, con seis versións de temas do álbum "Nilsson Schmilsson" de 1971, un clasicazo de folk e pop barroco, que Seagall transforma en clave lo-fi.
Dende o mes pasado tedes dispoñible este "Segall Smeagol", e con descarga de balde, no seu bandcamp.
E se vos parece pouco, ou queredes máis, repasade tamén o "Pig Man Lives Vol. 1" de novembro pasado, con 47 cortes de demos correspondentes aos álbumes entre 2012 e 2018.


martes, 5 de mayo de 2020

Rockdelux 394: o número de despedida

Onte espertamos coa nova de que desaparece a Rockdelux.
Foron máis de 35 anos continuados nos quioscos, gracias á que descubrimos bandas incríbles, igual que libros, cine, comics e case calquer outra cousa... os cds que durante moitísimos anos acompañaban cada revista, os especiais, ou sobre todo aquela época na que tamén publicaban o Dancedelux, e sobre todo os 25 números da revista trimestral Factory que era a que realmente me tiña enganchado de adolescente... e pouco a pouco foime levando á RDL.
Hai moitos anos que mudaron a súa liña editorial, e xa só me facía con números soltos por algún contido especial, pero aínda conservo centos de exemplares da revista. Sen dúbida foi unha publicación coa que moitos crecimos, e a súa desaparición é unha nova terrible para a difusión cultural.
Para a súa despedida lanzan un número especial, o 394, coas recomendacións de 55 colaboradores, que abarcan todo tipo artefactos culturais. 
Sen dúbida hai que facerse con ela.
Aquí tedes a súa nota de despedida.
Ata sempre RDL!, e grazas!


lunes, 4 de mayo de 2020