Mostrando entradas con la etiqueta Partículas Inestables. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Partículas Inestables. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de septiembre de 2015

[Revival Rif-Rock] Partículas Inestables


Se hai un par de semanas adicábamos unha entrega do Revival Rif-Rock ó concerto dos Billy & The Crockets no noso XIº Aniversario, non podíamos deixar atrás o show que nos ofreceron naquel mesmo programa de aniversario Partículas Inestables, o enxendro que argallara Isidro 'Incomodo' para a ocasión xunto con Alipio e Piti, e que nos voltaría visitar tamén un ano despois. Guitarra, baixo, batería electrónica, teclados e theremin, ademáis das pompas de xabrón que invadiron o local toda a noite.
No repertorio un bó puñado de temas propios, de Incomodo ou de Love as Mental Disorder, e por suposto moitas versións divertidas, punk, blues e dub. Foi o 24 de xullo do 2010. Sigo a lembralo coma un dos concertos máis chulos que tivemos nunca!! 
Aquí tedes o concerto completo



miércoles, 4 de enero de 2012

concertos do 2011

Este ano estivemos algo preguiceiros á hora de programar directos, sobre todo nos últimos anos sempre nos costa algo máis na primeira metade do ano, no 2010 dende o primeiro de xaneiro non houbo outro ata xuño, i este ano pasado non foi ata xullo que nos arrancamos coa música en directo. Houbo que agardar ata a programación do noso 12º Aniversario, pero logo xa collimos carrerilla coas Jazzerz Live Series... 
Pero neste 2012 prometemos que haberá continuidade eh???

RifRocKerZ BluesBand (2 de xullo)
Houbo que agardar ata xullo, pero ben pagou a pena. O primeiro concerto do ano foi o propio día que cumpriamos 12 anos, e alí estiveron a RifRocKerZ BluesBand para poñer o nivel. Coma sempre o Paco Charlín e Piti, desta vez acompañados por Karlos Abal á guitarra. Aquí tedes o concerto completo nunha lista de reproducción. Ademáis con este concerto inauguramos experimento, convertíndoo a audio para estrenar as Rif-Rock Live Series, que atoparedes para descargar nesta entrada. Si teño que escoller un tema quédome con esta improvisación funk pouco antes de que chegara a policía para mandarnos parar:



Partículas Inestables (16 de xuño)
Dúas semanas despois chegou o turno de Partículas Inestables (que por primeira vez na vida, Isidro e compañía repetían nome) para presentarnos o espectáculo Partículas Inestables Vs el Engendro Mecánico con montaxe audiovisual incluída. Outra vez un dos seus shows irrepetibles (aquí o tedes completo), no que desta vez ademáis de electrónica e punkarradas incluíu un par de temas soul:




Los Pies Mojados (29 de xullo)
A finais dese mes, e para cargar ben a pilas para a semana do Albariño, tivemos o esperado concerto de Los Pies Mojados, ou o que é o mesmo Nestor Pardo & Los Hermanos Lorre (ex- Loveless Cousins e ex-Los Hijos Bastardos de Peter Lorre). Nestor, Jorge e Martín, a metade dos The AllNight Workers convertíronse en Los Pies Mojados para deixarnos un dos mellores concertos do rock'n'roll que nós recordemos, con monólogo incluído entre tema e tema. Aquí o tedes completo en lista de reproducción, sinxelamente brutal: 



A Festa do Bigote (e Super R... 7 de agosto).
Logo chegou a semana do Albariño, que no Rif-Rock remata coa Festa do Bigote. Evidentemente non é música en directo, pero xa está a convertirse nun show aínda máis farandulero, con rockanroll stars, superheroes e complots...



Jazz Standards Workshop (19 de novembro)
Tra-lo verán agardamos ata novembro para poñer en marcha as Jazzerz Live Series, unha programación intermitente, tan ambigua como cómoda para nós... E para inaugurala ¿quen mellor que Paco Charlín? que desta vez se acompañou por Valentín Caamaño á guitarra e Alberto Rial ó baixo, organizados como Jazz Standards Workshop nos que debutabao Paco como baterista no Rif-Rock, iso sí, camuflado como Nilrahc Satrop, aínda que para a maioría pouco durou o despiste. O concerto completo aquí:




Trio Phil Jazz Group (17 de decembro)
En decembro continuamos coa serie Jazzerz, e cunha banda coa que xa nos tiñamos comprometido había tempo, Trio Phil Jazz Group, do cambadés Rubén Iglesias, xunto con Maneul Méndez e Noli Torres. Ofrecéronnos un concerto cheo de guiños o blues e ó rnb, moi rítmico e destacando en especial os seus propios temas e os covers de Coltrane e Hancock. Aquí tedes unha lista de reproducción con todo o que grabamos, de quedarme con unha, Equinox de Coltrane, bestial!!!




David Falcón (30 de decembro),
E para despedi-lo ano tivemos a pasada semana a David Falcón, que por fín debutaba en Cambados co seu recente proxecto como solista, aínda que estivo ben acompañado por Alberto, Kike e Kevi nalgúns temas, ofreceunos unha boa mostra dos seus propios temas e de covers do que máis lle gusta, coma Tim Buckley ou Neil Young. O resto do concerto en vías de subida... 




E isto foi todo do 2011, pero vos prometemos, como xa dixen arriba, que para este 2012 tentaremos darlle á música en directo a mesma continuidade que neste final de ano, e a ver se por fin podemos desfrutar de Los Chapuzones!!! 
Pero agora só vos falta escoller a vós cal foi o mellor... vós diredes!!!



miércoles, 10 de agosto de 2011

Todo o material do 12º Aniversario.

Unha das cousas que nos quedaba pendente e que tiña prometido era facer unha recopilación de todo o material do programa do 12º Aniversario, nunha mesma entrada, por si se vos quedou algo atrás. Así que imos por orde.

Comezamos o 2 de xullo, o mesmo día que cumpríamos 12 anos, cun concerto por todo o alto da RifRocKerZ BluesBand, formada polos habituais Paco Charlín e Piti 'drumz' acompañados nesta ocasión por Karlos Abal. Logo seguiulle a sesión de Bibliotecario Ye-Yé. Podedes ve-la grabación do concerto na nosa canle de youtube, todo seguido en lista de reproducción, e neste blog repartido en tres entradas (1ª parte, 2ª parte e 3ª parte). Ademáis con este concerto inauguramos experimento, convertíndoo a audio para estrenar as Rif-Rock Live Series, que atoparedes para descargar nesta entrada.

O seguinte fin de semana completouse con dúas sesións moi distintas:
O venres 8 de xullo foi o turno de Marinocha, aquí podedes descarga-la selección da súa sesión "Marinocha Über Alles".
O sábado 9 enfrontamos nunha sesión dobre a Cacatone contra Comomepos, aquí téde-las recopilacións que nos deixaron os dous selectores.

Rematamos co programa o Sábado 16. Foi o turno de Partículas Inestables, que nos presentaron en directo o seu show "Partículas Inestables Vs. El Engendro Mecánico", podedes ver na nosa canle de youtube, todo seguido nunha lista de reproducción, e neste blog en tres partes (1ª parte, 2ª parte, e 3ª parte) e ademáis tamén podedes recupera-lo montaxe audiovisual que Incomodo realizou para a ocasión e que lle daba título e servía de guía ó show. Podedes velo en youtube ou en vimeo, e nesta entrada tamén podes descargalo.
Ademáis aquela noite rematou cunha sesión de Kurco SoundSystem, que coma sempre tamén podedes descargar nesta entrada.

E por último, como tódo-los anos o clásico de cada verán, o recopilatorio de turno de cada aniversario do Rif-Rock. Para os que non chegáchedes a ter un orixinal, aquí tedes unha nova oportunidade para descargalo, nesta entrada o cd recopilatorio deste 12º Aniversario Rif-Rock

Así que xa sabedes, se vos perdíchedes algo do noso 12º Aniversario, aquí tedes todo o material, bastante completo non? 

Pois o próximo ano máis! E xa serán 13...


miércoles, 20 de julio de 2011

martes, 19 de julio de 2011

concerto de Partículas Inestables (pt1)

Ahí tedes o concerto completo de Partículas Inestables Vs. El Engendro Mecánico que poñía fin ó programa do 12º Aniversario do Rif-Rock. Gracias ós tres, Isidro, Alipio e Piti, e a Kurco pola grabación e a sesión posterior, e a Jorge e Sandra polo proxector para o enxendro!
Neste primeiro tramo que se correspondía coa proxección do Enxendro non vou a poñelo por orde, (aínda que só varían dous temas) pero nesta primeira entrada vou engadír só os temas compostos por Partículas Inestables para a ocasión.
*Pero sí podedes ve-lo todo na orde orixinal na lista de reproducción.

concerto de Partículas Inestables (pt2)

Aquí van tóda-las versións incluídas no primeiro set co Enxendro Mecánico:


concerto de Partículas Inestables (pt3)

E para rematar, nos bises, Partículas Inestables presentáronnos un dos novos temas da súa banda principal, LOVE AS MENTAL DISORDER "The Longest Way", para rematar con clásicos de punk español Vulpess, Parálisis Permanente e Kaka de Luxe:

Fotos dos concertos

Ahí van unhas cantas fotos, que fixemos moi poucas dos dous concertos do aniversario:



viernes, 15 de julio de 2011

Este Sábado: Partículas Inestables

Este fin de semana rematamos coa programación do noso 
12ºAniversario.

Hoxe venres outra ob-sesión de Munstaphà

e mañán, Sábado 16, 
concerto de PARTÍCULAS INESTABLES 
+ sesión de KURCO SoundSystem.

Para pechar o programa do aniversario, chega ó Rif-Rock novamente a banda paralela dos Love As Mental Disorder, desta vez co show PARTÍCULAS INESTABLES VS El ENGENDRO MECÁNICO, nunha nova transformación que coma sempre virá con máis de unha sorpresa ... e despois, sesión a cargo de KURCO SoundSystem!!!


Non vo-lo deberiades perder!!!

viernes, 24 de junio de 2011

12º Aniversario RIF-ROCK

Hola RifRocKerZ todos!!! 
Xa temo-la programación do 12º Aniversario
Algunha das cousas que tiñamos pensadas non poden ser nestas datas así que se quedan pendientes para máis adiante. Aquí está o programa definitivo:

Sábado 2 de Xullo: 
concerto da RIFROCKERZ BLUESBAND 
+ sesión de BIBLIOTECARIO YEYÉ.
A RifRocKerZ BLUESBAND, coma sempre dirixida por Paco Charlín e Piti 'drumz', e acompañados nesta ocasión polo mestre Karlos Abal, chamarán ás portas da percepción para ofrecernos un concerto de homenaxe a The Doors, na noite quese cumpren 40 anos da morte de Jim Morrison. E despois do concerto, sesión a cargo de BIBLIOTECARIO YEYÉ (dos Metralletas Lecheras) cun menú de freakbeat, psych, hardpsych, garage, e soul-yeyé!!!

Sábado 16 de Xullo: 
concerto de PARTÍCULAS INESTABLES 
+ sesión de KURCO SoundSystem.
Para pechar o programa do aniversario, chega ó Rif-Rock novamente o directo de PARTÍCULAS INESTABLES, cunha nova transformación dos seus enxéndros de pensamento mecánico... e despois, sesión a cargo de KURCO SoundSystem!!!

Ademáis completámo-lo programa cos convidados habituais da nosa cabina:
- Venres 8 de Xullo: sesión de Marinocha.
- Sábado 9 de Xullo: sesión que enfrontará a Cacatone VS. Comomepos.
- Venres 15 de Xullo: outra ob-sesión de Munstaphà.


Xa sabedes que podedes seguir informados no blog dos RifRocKerZ e no noso Facebook.

E sobre todo, non vo-lo perdades!!!

martes, 21 de junio de 2011

12º Aniversario Rif-Rock. confirmados ata agora...

Xa imos tendo algunhas cousas confirmadas para o 
12º Aniversario do RIF-ROCK 

A falta de incluir algunha cousa máis si é posible (por que algún concerto que queriamos incluir neste programa xa o tivemos que aplazar para agosto) e organizar tóda-las sesións, xa podemos confirmar un par de concertos:

O Sábado 2 de Xullo, concerto da RifRocKerZ BLUESBAND, coma sempre dirixida por Paco Charlín e Piti 'drumz', e acompañados nesta ocasión polo mestre Karlos Abal, chamarán ás portas da percepción para ofrecernos un concerto de homenaxe a The Doors, na noite que se cumpren 40 anos da morte de Jim Morrison. E despois do concerto, sesión a cargo de BIBLIOTECARIO YEYÉ (dos Metralletas Lecheras) cun menú de freakbeat, psych, hardpsych, garage, e  soul-yeyé!!!

E o Sábado 16 de Xullo, será o turno do directo de PARTÍCULAS INESTABLES, nunha nova transformación que pechará o programa do aniversario cos seus enxéndros de pensamento mecánico... e despois, sesión a cargo de KURCO SoundSystem!!!


miércoles, 29 de diciembre de 2010

O mellor en directo do 2010 no Rif-Rock.

Aquí vai a miña selección dos mellores momentos en directo no Rif-Rock ó longo deste 2010. Así que agora sodes vós os que tedes que escoller...


O primeiro concerto do ano foi todo un luxo para nós. Foi o 23 de Xaneiro, cando Rosolino Marinello e o gran Paco Charlín acompañaron ó baterista Juanma Barroso nunha desas probas de novos temas con público, para forma-la JUANMA BARROSO JAZZ CONCEPTION:

Saltamos ata comezos do vran. O 23 de Xuño volveu ISI VAAMONDE ó Rif-Rock, desta vez en formato trío (acompañado por Edu Pulpillo e Volker Ledwig). Sempre é un pracer contar con xente así. Deste concerto non subimos videos, pero aínda que sexa para ilustra-lo asunto, deíxovos un do seu anterior concerto no Rif (abril'09). "Personal Jesus":

Tra-lo aprazamento do concerto de maio de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre no que ían a presenta-lo seu Ep, a ocasión perfecta para facelo foi o día grande do noso XIº Aniversario, e para que non resultara un concerto máis, por alí apareceron os mellores teloneiros do planeta: BILLY & THE CROCKETS dos que rescatamos dous temas, "You done messed around..." e "Long Blond Hair".

O programa do noso aniversario o pechaban os inclasificables PARTÍCULAS INESTABLES (proxecto de Isidro Dozo cos seus campañeiros de Dakota Building Piti e Alipio). Un fin de celebracións cojonudo, xa contábamos con que Isidro e compañía son unha aposta segura, pero é que nunca deixan de sorprenderme. Deste día tamén escollo dous momentos, o perreo dub de "Swastika Eyes" e "To Bring you my love":

Os RIFROCKERZ EXPERIENCE na Homenaxe a JIMI HENDRIX no 40º aniversario da súa morte. Un día moi especial, por como se montou todo en tan pouco tempo e polo resultado, quédome co concerto completo, así que aquí o tedes en lista de reproducción:

O retorno de PENERETO PERONORETTO, foi a finais de novembro, coma sempre coa compaña de DjChoeu. Un espectáculo único no mundo, eu non teño palabras, xa o dí todo el, un auténtico showman:




Nestas ocasións é obrigatorio comentar, sexa no blog, na nosa conta de facebook ou por email [rifrockcambados@gmail.com]. Despliegue total. Estes son os momentos que escollo e vos suxiro eu, pero tamén podedes aportar e  votar por outros. 
Votade RifRocKerZ!!!
*aviso, o de 'No One' solo será válido para os q estiveron ali eh??? jjjjjj



viernes, 6 de agosto de 2010

Concerto de Particulas Inestables (pt1)

E aquí tedes o concerto completo de PARTÍCULAS INESTABLES do pasado 24 de Xullo, q pechaba todolas historias do noso XIº Aniversario. Tremendos artistas unha vez máis conseguiron sorprendernos a todos!!! Gracias Isidro, Piti e Alipio!!! fantástico...
Coma sempre esta por partes, pero botádelle un ollo a todo xq foi tremendo!!!
(Tamén o tedes todo nunha única lista de reproducción.)


Concerto de Particulas Inestables (pt2)




Concerto de Particulas Inestables (pt3)



Concerto de Particulas Inestables (pt4 - bonus)



Algunhas fotos do concerto de PARTICULAS INESTABLES


viernes, 23 de julio de 2010

este fin de semana sesión e concerto

Este fin de semana poñemos fin a todo o programa do noso
XIº Aniversario.

para ir quentando, o Venres 23 sesión que enfrontará a 
BITO vs COMOMEPOS

e o Sábado 24 dende as 23:30h. teremos en concerto a
PARTiCULAS INESTABLES
o álter-ego de Dakota Building en formato trío e 
presentado o seu exclusivo show "***der!!!"

Non vo-los perdades.

martes, 20 de julio de 2010

Sábado 24 PARTÍCULAS INESTABLES en concerto!!!

Este fin de semana poñemos fin a todo o programa do noso
XIº Aniversario.

para ir quentando, o Venres 23 sesión que enfrontará a 
BITO vs COMOMEPOS

e o Sábado 24 dende as 23:30h. teremos en concerto a
PARTiCULAS INESTABLES
presentado o seu exclusivo show "***der!!!"

Non vo-los perdades.