lunes, 16 de julio de 2018

as chapas do 19º Aniversario

As chapas do 19º Aniversario, unha tradición que nunca falta, e que como cada ano nos monta ATDP!!! Quedan poucas, moi poucas, así que o próximo fin de semana se acabarán seguro...


domingo, 15 de julio de 2018

Grazas!

Enorme fin de semana para celebrar outro aniversario. 
O venres co perspicaz e divertido show de David R. Valeiras (upss, non temos foto!! enorme fallo) e o sábado co espectáculo dos Breakin' Bones & amigos, noite 'rockambolesca' total... a porta pechada, en plan sauna, e en mute... heroicos, por iso son a nosa banda favorita. E as fantásticas sesións a cargo de Escalenux e Bimba. Mil grazas a todos por vir, esperamos que o pasárades tan ben coma nós!! 
A proxima semana máis...


viernes, 13 de julio de 2018

19º Aniversario do Rif-Rock!!

Chegou o día, RifRocKerz!!!
Este fin de semana o adicaremosa celebra-lo noso 19º aniversario!!. 
Esta mesma noite con David R. Valeiras en directo, e a sesión de Escalenux. E o sábado co directo dos Breakin' Bones, e con Bimba na cabina para o fin de festa. 
Dúas noites ben distintas, non vo-lo perdades!!


jueves, 12 de julio de 2018

The Paragons 'ABBA'

The Paragons foron os creadores dunha desas xoias dos 60s tan habitual nas nosas sesións: 'ABBA'. Eran de Charlotte, Carolina do Norte, e foron tan efímeros, que só publicaron un 7'' en 1966, este "Abba b/w Better Man Than I" (Bobbi Records). Nada máis. Logo foi recuperada polos Cynics, pero esa xa é outra historia. 
Aquí os tedes nun show de TV en 1966

miércoles, 11 de julio de 2018

The Bevis Frond "Bevis Through The Looking Glass"

Estes días fixémonos coa reedición en vinilo dun clasicazo dos Bevis Frond, unha das miñas bandas fetiche. Xa temos escrito moito neste blog do proxecto de Nick Saloman, así aforraremos introduccións innecesarias.
Este "Bevis Through The Looking Glass (The Great Magnet Disaster)" seguía ao debut de "Miasma", e acadou certo éxito. Esa forma de facer discos como xa non se facían nos 80s sempre foi un dos atractivos de Saloman en calquer época. Temas longos, moi longos, que ocupaban caras completas dos discos (ou jams interminables que debían cambiar de cara), pezas progresivas con interesantes desenrolos, e todo alternado con auténticos trallazos de psychodelia garagera ou doces tonadas. ...Though the Looking Glass, é todo iso, aquí están as sigantescas '1970 home improvements' ou os 20 minutazos de 'The Shrine', as pezas pop de 'In another Year', a psychodelia de 'Soot', os desenfreno guitarreiro de 'Purtle Sline' ou a contundencia de 'Expressman', e sempre na súa busca da melodía perfecta.
O álbum foi lanzado orixinalmente por Saloman en 1987, no seu selo Woronzow, cunha tirada de limitada a 500 unidades. Debido ao relativo éxito, ao ano seguinte foi reeditado por Reckless Records, pero coa portada cambiada, tal e como se seguiu reeditando no tempo en calquer formato. No RSD do 2017, polo 30 anviersario do álbum tivo esta nova reedición, da man de Fire Records, coa supervisión de Saloman e cos deseños orixinais de 1987, además do visto, prace e sinatura de Saloman na cuberta. Como curiosidade, nesta edición inclúen un bonus track 'Alastair Jones' gravada por Saloman en 1967 con só 14 anos.
Unha maravilla que non contabamos con atopar a estas alturas. Por suposto, de escoita obrigatoria.

THE BEVIS FROND "Bevis Through The Looking Glass"
(Woronzow, 1987/Fire Recs, 2017)




martes, 10 de julio de 2018

Mudhoney 'Paranoid Core'

Os Mudhoney veñen de lanzar o primeiro adianto do que será o seu novo álbum. Tras cinco anos sen publicar material novo, hoxe compartiron este 'Paranoid Core', como adianto do lp "Digital Garbage", con saída prevista a finais de setembro. Atentos...



domingo, 8 de julio de 2018

19 anos do Rif-Rock

A próxima semana estaremos celebrando o noso 19º aniversario!!. 
O venres con David R. Valeiras en directo, e a sesión de Escalenux. E o sábado co directo dos Breakin' Bones Vs El Santo, e con Bimba na cabina para o fin de festa. 
13 e 14 de xullo, non vo-lo perdades!!


viernes, 6 de julio de 2018

The Flaming Lips "Seeing the Unseeable"

Os Flaming Lips siguen reivindicando o seu repertorio, e ampliando o seu catálogo con numerosos lanzamentos recopilatorios nestes últimos anos. 
A día de hoxe é imposible seguirlles a pista. O ritmo de publicacións nos últimos anos é inaccesible para calquera, ademáis que a calidade do contido tampouco é que sexa especialmente recomendable. 
Despois do "Embryonic" do 2009, comezaron unha carreira de lanzamentos continuos de discos ambientais, texturas, experimentación. Uns con novos experimentos, o outros reinterpretando ou recuperando material inédito.
Logo chegaron as colaboracións, coma "The Flaming Lips And Heady Fwends", do 2012, no que participaban Bon Iver, os Tame Impala, Prefuse 73, ou  Lightning Bolt  entre outros. Tamén chegaron os discos tributo, coma a reinterpretación do "The Dark Side of the Moon" dos Pink Floyd, xunto con Henry Rollins, ou no 2014 o "With a Little Help from My Fwends" de homenaxe ó Sgt.Peppers dos Beatles xunto con Dr. Dog, Morgan Delt, ou Miley Cyrus que finalmente acaparou tóda-las miradas... 
Logo comezou o show de anunciar concertos espidos xunto con Miley Cirus, e ata publicar discos baixo pseudónimo da banda... dan gañas de decirlle a Coyne que entregue o megáfono e se retiren de unha vez por todas.
No que vai de 2018, lanzaron xa un recopilatorio "Greatest Hits Vol.1" cos temas da súa época pop de maior éxito, entre o "Soft Bulletin" e "Embryonic". A continuación chegou unha edición con material dos seus inicios "Scratching The Door: First Recordings Of The Flaming Lips" no que recuperan as primeiras demos lanzadas en cassette no 83 e no 84.
Agora lanzan este ''Seeing The Unseeable: The complete studio recordings of The Flaming Lips 1986- 1990'', unha caixa de seis cds na que inclúen os catro primeiros discos da banda, dasúa época no selo Restless entre 1986 e 1990, antes do éxito mundial, e que son auténticas xoias do underground: "Hear It Is" (1986), "Oh My Gawd!!!...The Flaming Lips" (1987), "Telepathic Surgery" (1989) e o "In A Priest Driven Ambulance (With Silver Sunshine Stares)" de 1990. Os dous discos restantes son de rarezas e inéditos, o número chamado "The Mushroom Tapes", e o sexto "Death Trippin' At Sunrise: Rarities, B-Sides & Flexi-Discs 1986-1990", con todas esas rarezas, caras b e temas perdidos en diferetnes formatos, algún deles lanzado somentes en flexis. 
Este sí que vo-lo recomendamos para completar a discografía da súa mellor época, aínda que parte deste material xa fora reeditado por Rhino no 2002 entre os fantásticos "The Day they shot a Hole...." e o "Finally the punk rockers are taking acid....". Agora mellor remasterizados, e con esa xoia de rarezas que é o máis interesante de todo.

THE FLAMING LIPS "Seeing the Unseeable 
(The Complete studio recordings 1986-1990)"
(Rhino, 2018)




miércoles, 4 de julio de 2018

Betty Davis: They Say I'm Different, o documental


Máis lanzamentos con material de Betty Davis.
Nesta ocasión o documental "Betty: They Say I'm Different".
Hai uns cantos anos o realizador Phil Cox emprendeu unha campaña de crowdfunding para a financiación dun documental sobre a mítica Betty Davis. No período asignado non conseguíu a cantidade proposta, sen embargo chegaron dúas productoras interesadas no proxecto, á que finalmente se sumou a canle francesa ARTE, dándolle outra dimensión ao documental, e por suposto, incrementando con moito o seu presuposto.
Segundo a promo da web amosanos a extraordinaria historia da provocadora Betty Davis, a súa conversión en pioneira do funk e figura fundamental do xénero, e tamén a súa desaparición total da vida pública en 1980 no máis alto da súa carreira con tan só 30 anos. Estréouse no IDFA de Amsterdan en novembro do ano pasado, e agora xa está no circuito de numerosos festivais e listo para as plataformas de tv. Impacientes por velo.


lunes, 2 de julio de 2018

Hoxe se cumpren 19 anos do Rif-Rock

Hoxe cúmprense 19 anos dende aquel 2 de xullo de 1999 no que o Rif-Rock abreu as súas portas. Xa o celebraremos nun par de semanas como se merece.
O programa completo aquí. Non faltedes!


retorno de The Kinks


Nos últimos tempos crecían os rumores sobra a reunións dos míticos The Kinks, e recentemente foi o propio Ray Davies quen confirmou que xa estaba comezando os traballos no estudio xunto co seu irman Dave e Mick Avory. Na actualidade está de promoción do seu último álbum: "Our country: Americana act II" (Sony) cos Jayhawks como banda de acompañamento. 
Hai uns días nunha entrevista en Channel 4 (ver entrevista aquí) confirmou que están ensaiando e preparando un novo álbum dos Kinks, xira e demáis... máis de 20 anos despois da súa separación. E iso sí, todavía sen confirmar quen será o baixista da banda. 
Tamén tedes unha breve entrevista de onte mesmo en El Periodico.
Estas cousas nunca acaban de sair moi ben, pero estaremos atentos.


viernes, 29 de junio de 2018

Fugazi Live Series NY 5/02/1997


Os Fugazi seguen tirando de arquivo, e recuperando audios dos seus concertos para o proxecto Fugazi Live Series. Había tempo que non o seguíamos, e esta semana subiron un show en New York, do 2 de maio do 97, no Loeb Center, que fai o número 814 da serie, cun son excelente, e que tamén foi lanzado en cd.
Tedes toda a info e a descarga neste enlace.


jueves, 28 de junio de 2018

Diamond Hands "II"

Máis recomendacións esta semana.
Os Diamond Hands son un dos dúos máis frescos de power pop do momento, e aínda que a banda é de Los Angeles, este segundo álbum está editado polo selo español You are the Cosmos.
Nesta nova entrega continúan á perfección a proposta do seu debut, power pop enérxico, garagero, con toques de psychodelia e bubblegum, todo ao servicio das melodías, que vos recordará aos mellores Redd Cross ou Shazam.
Dispoñible no seu bandcamp.

DIAMOND HANDS "II"
(You Are the Cosmos, 2018)




miércoles, 27 de junio de 2018

19º Aniversario do RIF-ROCK!

Aquí tedes o programa completo
19º Aniversario do RIF-ROCK!!


Xullo 2018: o Rif-Rock cumpre 19 anos!!!
Este ano volvemos á sesión dobre, xa sen problemas de axenda, así que aquí tedes o que vos temos preparado para os días 13 e 14 de xullo:

Venres 13 de Xullo:
DAVID R. VALEIRAS en directo, dende as 23:45h.
O noso cantautor favorito, de feito e ao único que lle deixamos entrar no local. Xa hai cinco anos que Valeiras non nos visitaba, e tras unha boa tempada no extranxeiro agora está afincado en Granada, vivindo da música e escapando da súa carreira profesional, pero a esencia é a mesma: guiitarra, kazoo, un discurso incontrolable, e unha chea de historias delirantes.
Despois do concerto, Escalenux aos mandos, xa sabedes a última esperanza do rock'n'roll, ao que xa lle tocaba estrearse nestes eventos.

Sábado 14 de Xullo:
BREAKIN' BONES VS. EL SANTO en directo dende as 23:45h.
A banda máis gamberra do país, pyshcobilly en estado puro. Xa os coñecedes de sobra, e non quixeron perderse o noso aniversario para ofrecernos os seus clasicazos de sempre e adiantarnos algún dos novos temas do seu próximo traballo. Ademáis virán acompañados por El Santo, o enmascarado de plata, sorpresa total! Teredes que vir a velo cos vosos propios ollos...
E para rematar co aniversario este ano teremos a Bimba na cabina. Rockabilly, 60s, pop e baile, todo é posible nas súas sesións. Mellor fin de festa imposible.

Un fin de semana ben completo con dous días ben distintos. 
Non vo-lo perdades!!


martes, 26 de junio de 2018

Wooden Shjips "V"

Imos con algún álbum este fin de semana. Un dos traballos que maís estamos escoitando nestas semanas é o novo traballo dos Wooden Shjips, unha das bandas referentes da nova psychodelia californiana. Xa había cinco anos que non entragaban material novo, sen dúbida pola intensa axenda de Ripley Johnson cos Moon Duo.
O novo lp leva por título sinxelamente "V", e continúan explorando a densidade das guitarras con composicións amables e pausadas. 'Eclipse' e 'In the Fall' abren o disco con reminiscencias referentes da experimentación dos 60s. O single de presentación 'Already Gon', o máis melódico do álbum, relaxado e pausado, coa continuidade dos case oito minutos de 'Staring at the Sun'. A máis interesante 'Golden Flower' que aumenta o ritmo e incorpora unhas interesantes percusións. Un álbum delicioso para escoitar en calquer momento. Posiblemente o máis centrado de todos cantos levan entregado ata agora.

WOODEN SHJIPS "V"
(Thrill Jockey, 2018)



Smashing Pumpkins 'Solara'

Os Smashing Pumpkins volven á actividade. Levan anos anunciando retornos e separacións sen chegar a xuntarse nunca. Levan máis anos separados que todo o tempo que estiveron xuntos, e non podemos esquecernos que tamén foron seguramente a banda que máis nos decepcionou da nosa adolescencia.
Hai 15 días lanzaron un novo tema, este 'Solara', coa producción de Rick Rubin, e anuncian xira, coa formación de Billy Corgan, James Iha, Jimmy Chamberlain e Jeff Schroeder. Pero dende entón o que están a protagonizar é máis un culebrón que outra cousa, coas continuas declaracións entre Corgan, Iha e a ex-baixista D'arcy. Veremos que sae de aquí...



viernes, 22 de junio de 2018

AVISO

AVISO!
Lembrade que esta semana só abriremos o sábado 23.
Esta noite tomarémonos un descanso, pero mañán sábado xa estaremos de volta logo da festa do lume.
*desculpas paras os incondicionais dos venres.



jueves, 21 de junio de 2018

presentación lp de Los Wavy Gravies

Recomendación para este sábado.
LOS WAVY GRAVIES, estarán presentando en directo o seu flamante lp de debut "Kings of the Underground" (Family Spree, 2018) no Kannion Surf de Montalvo.