martes, 31 de marzo de 2015

programación Abril2015

Aquí vai o que xa temos listo para Abril2015 no Rif-Rock.
Despois da programación especial de marzo, volven as sesións de basura mesturada de Munstaphà, tamén recuperamos o ritmo da música negra coas Black Grooves a finais de mes. E o máis importante, retomamos a música en directo no Rif-Rock, o prato forte será o sábado 11 cós DEAD WOOD como protagonistas, que se estrean co seu western blues de baixa fidelidade en directo. Non vo-lo perdades!
E ademáis, en Semana Santa de mércores a sábado no horario habitual.

· Venres 3 abril: Trash Trash Trash
· Sábado 11 abril: DEAD WOOD en concerto!! dende as 23:30h.
· Venres 24 abril: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!


Ven.24 abril: Black Grooves!


Ven.3 abril: tRASH tRASH tRASH


viernes, 27 de marzo de 2015

esta noite Proxecto Djokovic!


Où Sont les Femmes?

Seguro que todos quedamos con gañas de máis, pero a programación especial de marzo Où Sont les Femmes? chega ó seu final esta fin de semana. 
Para rematar dúas propostas ben interesantes:
· Venres 27: PROXECTO DJOKOVIC
· Sábado 28: PAU PAU A GOGÓ!

Non vo-lo perdades!!


jueves, 26 de marzo de 2015

The Kinks "Kinda Kinks"

Neste tempos se cumpren 50 anos do lanzamento de moitos dos nosos álbumes favoritos. O que queremos lembrar hoxe é o "Kinda Kinks", segundo traballo que publicaron The Kinks. Foi lanzado orixinalmente o 5 de marzo de 1965 no Reino Unido, e gravado en só un par de semanas tra-lo éxito do seu debut, nesa edición orixinal se incluían 12 temas, todos compostos por Ray Davies, agás 'Got me Feet on the Ground' co seu irmán e dúas versións de Marvin Gaye ('Dancing in the Street') e Jay West ('Nagging Woman'), ademáis de temazos de r'n'b coma 'Wonder where my Baby is Tonight' ou dos seu característico beat como 'Come on Now', 'You shouldn't be Sad' e o exitado deste álbum 'Tired of waiting for you'. Ese mesmo ano aínda lanzarían o "Kwyet Kinks EP" e o "Kinks Kontroversity" en novembro. Por suposto en un par de meses se lanzou tamén a versión para os USA, con tracklist distinto, sustituíndo algúns temas polos seus últimos singles. Amiudo se considera un álbum menor da súa primeira época, polas declaracións dos irmáns Davies nas que sempre din que non quedaran moi satisfeitos coa producción. E aínda así, un discazo para a historia!.

THE KINKS "Kinda Kinks"
(Pye Records, 1965)




The Jon Spencer Blues Explosion "Freedom Tower"

Volve Jon Spencer, xunto con Bauer e Simins, volve a Blues Explosion! O seu momento pasou hai bastante tempo aínda que sigan volvendo unha e outra vez, basta con ollar a portada para comprender que algo está moi desfasado nesas cabezas, pero con isto non vos estamos desaconsellando este "Freedom Tower" (que leva por subtítulo No Wave Dance Party 2015). É un álbum nostálxico, como de reafirmación, no que reproducen tódo-los seus standards, ticks cambios e xogos dos seus mellores álbumes de mediados dos 90s. Se o comparamos cos seus útlimos traballos, é unha volta decidida ó son JSBX!, cando lle deamos máis tempo igual lle atopamos menos sentido neste momento, pero de primeiras entra coma una cañonazo. 
Xa nos diredes se vos convence.

THE JON SPENCER BLUES EXPLOSION "Freedom Tower"
(Mom & Pop, 2015)



Damaged Bug "Hubba Bubba"

Ollando a lista de próximos lanzamentos, o 2015 preséntase máis que interesante, o inquedo John Dwyer é dos que alomenos teremos por partida dobre, unha vez anunciado o lanzamento do novo álbum de Thee Oh Sees, e do seu último proxecto/xoguete en solitario Damaged Bug. Así que esta semana estivemos repasando os seus últimos traballos, sobre todo hipnotizados por este "Hubba Bubba" ó que tiramos do seu álbum do ano pasado non lle prestamos moita atención. Foi o primeiro lanzamento como Damaged Bug cando parecía que a súa banda principal non continuaba, pero non busquedes moitas semellanzas. Moita cacharrería analóxica para un álbum divertido de baixa fidelidade, con esas melodías características de Dwyer, con cambios continuos e rítmicas machaconas. Coma os álbumes dos seus inicios pero moito máis elaborado. Para quedarse hipnotizado un bo rato mentres agardamos polo que nos traerá este ano.

DAMAGED BUG "Hubba Bubba"
(Castle Face, 2014)



Sáb.11 abril: DEAD WOOD en concerto!

Un adianto para abril: DEAD WOOD en concerto!
Outro proxecto que escolle o Rif-Rock para a súa estrea. 
Xa vos daremos máis info nos próximos días, apuntade a data: 11 de abril.



miércoles, 25 de marzo de 2015

Alipio "Despues del Final"

A Alipio Santiago o coñecedes todos de ter participado en diversas bandas da comarca e algún que outro proxecto efímero que actuou en directo no Rif-Rock.
Agora no 2015 chegoulle o momento de achegarnos os seus propios temas, e aquí está "Después del Final" un álbum autoeditado, con 10 cortes de rock industrial, con capas e capas de guitarras que lle aumentan intensidade, letras en castelán, e no que o propio Alipio de encarga de case todo: composición de música e letras, voces, guitarras e baixo. Todo gravado nos estudios Planta Sónica de Vigo coa participación de 'Niño' Bruno na batería e Alfredo Susavila no piano, e masterizado por Fred Kevorkian nos seus AVatar Studios de NYC.
Xa o tedes dispoñible no seu bandcamp, e dende hai un par de semanas tamén o podedes mercar o Rif-Rock por só 4€.

ALIPIO "Después del Final"
(autoeditado, 2015)



martes, 24 de marzo de 2015

sesión de Chis Pum!

Aquí tedes case unha hora da sesión de Chis Pum! da semana pasada.

CHIS PUM! "Sesión Où Sont Les Femmes?"
(sesión Rif-Rock 14-03-2015) 


lunes, 23 de marzo de 2015

viernes, 20 de marzo de 2015

jueves, 19 de marzo de 2015

CulturHelp!

Unha boa recomendación para este fin de semana: o CulturHelp!. 
Un cilco cultural solidario que concentra as súas actividades entre os días 20 e 22 de marzo entre Sanxenxo e Portonovo. 
Un encontro multidisciplinar con teatro, ilustración, fotografía, cine, malabares e moita música: alí teredes a Los Wavy Gravies, The Sharknadoos, Help Me Devil ou El Coco Dorado. E todo por un kilo de axuda. 
Toda a info e programación na web do CulturHelp! ou no seu facebook.



The Lovely Eggs "Magic Onion"

Nos últimos anos The Lovely Eggs se convertiron nunha das bandas que sigo con máis interés. Un dúo de Cardiff que recupera o espíritu que se perdeu no indie, con propostas orixinais e descaradas, puro DIY, que reforzan con deseño e imaxe. No 2012 xa colocamos o seu anterior álbum "Wildlife" moi arriba na nosa lista do mellor do ano. Agora por fin publican material novo. Comeza a promo de 'Magic Onion', un 7'' que sirve de adianto ó seu novo álbum "This is our Nowhere" que sairá o próximo mes. Un temazo para facerno-las ganas de máis! e o video na súa liña! Imprescindibles!

THE LOVELY EGGS "Magic Onion"
(Flower of Phong Label, 2015)



King Khan & BBQ Show "Bad News Boys"

Xa hai un par de semanas que non vos deixamos novidades, así que xa toca.
Un dos álbumes que nos acaba de chegar é unha nova entrega de dous que sempre volven xuntos: King Khan & BBQ Show (King Khan xunto con Marc Sultan) que dende o 2009 non compartían este formato en lp ("Invisible Girls" in the Red Recordings) aínda que lanzaran un 7'' no 2011 que parecía adianto de un álbum inminente... pero nada ata agora. Neste blog podedes atopar ducias de entradas dos seus álbumes en calqueira dos seus múltiples proxectos, así que neste caso máis do mesmo, raw'n'roll en estado puro, temas para adiante, producción nula e con melodías sempre eficaces para letras naïf total. Marc Sultan en plan one-man-band e King Khan con máis guitarras e voces, pero bastante máis centrados que na entrega anterior. E por suposto, os disfraces novos para cada ocasión.

KING KHAN & BBQ SHOW "Bad News Boys"
(In the Red, 2015)



miércoles, 18 de marzo de 2015

"Kurt Cobain. Montage of Heck" trailer da HBO

Máis sobre Kurt Cobain. A canle HBO estreará o próximo 10 de abril este "Kurt Cobain. Montage of Heck" dirixido por Brett Morgen, e que promete unha chea de cousas. Despois, seguro que só inclúe imaxes inéditas de videos caseiros e pouco máis, pero bueno, aquí está o trailer.


"Mad Men. O la frágil belleza de los sueños en Madison Avenue"

Agora que xa se achega o final da serie Mad Men, a editora Errata Naturae traenos outro volume que compila entrevistas e artigos entorno á unha serie. 
"Mad Men. O la frágil belleza de los sueños en Madison Avenue" comeza cunha extensa e inédita entrevista co creador da serie Matthew Weiner, ademáis de textos de Enrique Vila-Matas, Jorge Carrión, Raquel Crisóstomo, Enric Ros, Iván Pintor, Óscar González, Juan J. Vargas-Iglesias, Fernando de Felipe, Iván Gómez, Manel Jiménez, Xavier Grabolosa, Concepción Cascajosa e Anna Tous-Rovirosa, que contextualizan a serie a través da publicidade, o deseño, o feminismo, os dereitos civís...

V.A. "Mad Men. O la frágil belleza de los sueños en Madison Avenue".
(Errata Naturae, 2015)


Así no-lo presentan na web de Errata Naturae:

Estimados lectores y admiradores de Sterling Cooper Draper Pryce:
A vosotros no hace falta convenceros de que Mad Men es irresistible. Sabéis bien que más allá de su apariencia sexy, es una serie que nos habla de las cosas que de verdad nos importan: nuestra ansia contemporánea de felicidad, nuestra difícil búsqueda de la libertad, nuestra maltrecha construcción de la identidad… Y de todo ello trata también este libro.
Comienza con una extensa y reveladora entrevista inédita en la que Matthew Weiner, creador de Mad Men, nos confiesa sus filias, fobias e influencias, y nos desvela el verdadero origen de esta producción. A continuación, Enrique Vila-Matas recupera un inquietante episodio juvenil para hablarnos del eje secreto de la serie y de cómo ésta lo reconcilió con el corazón invisible de todo relato. A ellos se suman un conjunto de autores que analizan de forma ágil y lúcida los principales temas de Mad Men: de los claroscuros del capitalismo a la literatura norteamericana contemporánea que tanto ha influido en sus guiones, del ascenso del feminismo y los derechos sociales de las minorías a la conversión de la realidad en un nuevo y absoluto objeto publicitario.
Si se animan a leerlo acompañado de un buen trago, mucho mejor.

martes, 17 de marzo de 2015

Lee Morgan "The Sidewinder"

Coa morte de Juan Claudio Cifientes "Cifu", hoxe toca recomendar algo de jazz.
Tras moitos anos e centos de horas de escoita-los seus programas, aínda lembro perfectamente un día que destripou "A Love Supreme" de Coltrane para comprendelo en tóda-la súa dimensión, ou empezar a facelo, pero sobre tdoo lembro engancharme con programas sobre Donald Byrd, Wayne Shorter ou Lee Morgan e a transición ó soul-jazz e ó funk. Curiosamente o último programa que lle escoitamos, hai un par de semanas, foi precisamente un especial de Jazz Porque Sí de dúas horas adicado a Lee Morgan, así que ahí vai a recomendación de hoxe.
¿Pero aínda hai que presentar a Lee Morgan?, un dos mellores trompetistas da historia, e dos máis enérxicos. Destacou como frontman polos seus álbumes da metade dos 60s, continuando coas propostas dos Jazz Messengers de Art Blakey, evolucionando o soul-jazz ou funky-jazz, sempre coa base de hard-bop, e con estructuras de blues clásico, que se convertiron en estándars de forma inmediata, ademáis de ser dos álbumes máis vendidos da historia de Blue Note Records. O máis representativo de todos é "The Sidewinder", o de maior éxito, e un dos máis influíntes da súa época. Dos álbumes que me inculcou Cifu hai moitos anos, así que hoxe é o que vos recomendamos a todos.

LEE MORGAN "The Sidewinder"
(Blue Note, 1964)



Cifu

Juan Claudio Cifuentes "Cifu"
(1941-2015)


Repasa os seus últimos programas de Jazz porque sí en RNE.


Daevid Allen "Stoned Innocent Frankenstein"

A mediados do decembro pasado vos recomendabamos o "Different Every Time" de Robert Wyatt, un álbum doble e unha biografía coa que Wyatt anunciaba a súa retirada. E este fin de semana, foi noticia outro dos seus compañeiros en Soft Machine, o guitarrista australiano Daevid Allen deixaba este mundo con 77 anos. 
Allen foi seguramente o máis experimental dos membros de Soft Machine, aínda que popularmente eclipsado polas figuras de Wyatt e Kevin Ayers, e coma os seus compañeiros, tra-la disolución da banda continuaron unha longa carreira noutros proxectos e como solistas. No caso de Allen, mudouse a Francia para formar Gong, además de publicar compulsivamente álbumes experimentais, ata os seus últimos anos involucrado en University of Errors. Este "Stoned Innocent Frankenstein" que se lanzou a finais do ano pasado é unha revisión do seu primeiro álbum en solitario, o "Banana Moon" de 1971, cando xa estaba instalado en Francia, e para o que sigueu a contar con con Robert Wyatt na bateria, e membros dos Stone The Crows. 
Por suposto recomendamos o orixinal, pero nesta edición se recollen versións alternativas, con distintas mixturas, e incluso letras diferentes. Un repertorio brillante nun álbum doble, de rock progresivo e jazz-rock, pero na súa etapa máis psych e beat. Recomendado!!

DAEVID ALLEN "Stoned Innocent Frankenstein"
(GAS Records, 2014)



domingo, 15 de marzo de 2015

Chis Pum!

Chis Pum!: poñer o Rif-Rock a reventar e acabar facendo fotos cos fans. 
Outra noite tremenda de Où Sonte les Femmes!! 


viernes, 13 de marzo de 2015

Sáb.14: Chis Pum!


The Shangri-Las "The Leader of the Pack"

E seguimos no 1965, e xa que estamos en medio da nosa programación Où Sont les Femmes? imos cunha banda feminina das que marcou época. 
Fronte as bandas de rapazas adicadas ao soul que continuamente lanzaban dende a Motown, ou baixo a marca de Phil Spector, sempre houbo unha corrente por acada-lo mesmo éxito con bandas de rapazas facendo rock'n'roll e pop evolucionado dende o doo wop. A lista é extensa, pero sempre de banda erfímeras, na que unha das compoñentes comezaba a súa carreira como solisto co mínimo indicio de éxito, ou se abandoaba o proxecto con moi pouca paciencia. 
The Shangri-Las foi un deses casos de manual, pero posiblemente dos que máis éxito lograron en menos tempo, e máis perdurou na memoria do público, sobre todo pola súa imaxe urbana e máis macarra, aínda que non pola súa música, que estaba demasiado enfocado ó público adolescente. En dous ou tres anos lanzaron máis dunha ducia de singles e dous álbumes, cos que acadaron números #1 de ventas en varias listas de USA e UK, todos con Red Bird Records no que case o 40% dos seus lanzamentos eran de bandas femininas.
Nestes días cúmprense 50 anos do lanzamento deste álbum, e por eso a recomendación, pero outro día deberíamos facer un repaso por bandas femininas dos 60s de garage ou freakbeat que nos gustan bastante máis, prometido!

THE SHANGRI-LAS "The Leader of the Pack"
(Red Bird Records, 1965)




jueves, 12 de marzo de 2015

The Sonics "Here are the Sonics"

Non sei cantas veces vos temos falados dos The Sonics neste blog, pero nunca será suficiente. Nestas datas se cumpren 50 anos do lanzamento do seu primeiro lp, logo de dous 7'' en 1964: "The Witch" e "Psycho". 
"Here are The Sonics" era explosivo, directo, crudo, de producción mínima e baixo presuposto, pero cun resultado xenial. Recuperaban os dous singles do ano anterior, e sumaban versións de cláscicos do r'n'b super acelerados, ahí estaban 'Roll over Beethoven', 'Do you love me?', 'Money' ou 'Have love will travel', e aínda había que sumarlle un par de cañonazos máis de factura propia: 'Boss Hoss' e 'Strychnine'. 
Un dos debuts máis grandes da historia da música popular, aínda que tardou moitos anos e situarse nese lugar. Nunhas semanas xa teremos que falarvos do seu novo álbum, seguramente innecesario, pero xa chegará, e por sorte, este "Here are..." seguirá sendo un imprescindible!!

THE SONICS "Here are the Sonics"
(Etiquette Records, 1965)




test pressing (2)


miércoles, 11 de marzo de 2015

test pressing


Nando Cruz "Pequeño Circo. Historia Oral del indie en España"

Un dos libros que máis está dando que falar no panorama musical español nestas datas: "Pequeño Circo. Historia Oral del Indie en España" de Nando Cruz, que resumen máis de 300 horas de entrevistas gravadas con artistas, xornalistas, promotores ou autores de fanzines. Un volume de case mil páxinas que propón unha especie de censo dunha escena que marcou a década dos 90, a ruptura xeracional cos 80s a pesar do difuso de moitas das súas propostas pero que calou no formal e no estético, cando a música o invadía todo, e como derivou ata a realidade actual. Cotilleos, trapicheos da industria e royalties, ademáis de delirios filosóficos dalgún dos protagonistas. E ndefinitiva, parece que a polémica está asegurada. 
Sae á venda o próximo 18 de marzo. Podedes botarlle un ollo á entrevista a Nando Cruz para El Confidencial publicada esta semana.

Nando Cruz "Pequeño Circo. Historia Oral del indie en España"
(Editorial Contra, 2015)


Así no-lo presentan na web da Editorial Contra:

A finales de los 80, cuando los héroes de la Movida madrileña estaban de capa caída o habían sucumbido a la tentación delmainstream y las multinacionales, surge una nueva generación que, fuertemente influida por el pop-rock independiente británico y norteamericano y por la proclama del punk del «hazlo tú mismo», empieza a gestar un nuevo universo sónico que bascula entre el noise, el rock de garaje y el pop más naíf y etéreo. Al mismo tiempo, de los lugares más insospechados del territorio español, algunos jóvenes deciden montar su sello discográfico, a veces incluso en su casa, sin más medios que un fax, un teléfono y una estantería. También aparecen numerosos fanzines que, a base de corta y pega y fotocopias, se hacen eco de la nueva escena musical; la mayoría de veces para ensalzarla, pero también para parodiarla y denigrarla. Nace así el indie en España.
El periodista musical Nando Cruz, tras un año y medio de trabajo y después de entrevistar a más de cien personas, compone por primera vez el apasionante retrato de una generación que, amplificada por una prensa especializada que acogió sus propuestas con un entusiasmo inusitado, se presentó como la alternativa musical de los 90. Pequeño circo es un recorrido por aquella década construido a través de las anécdotas, confesiones, epopeyas, ambiciones, errores, trapicheos, éxitos y fracasos de sus protagonistas. Pero entre los recuerdos y reflexiones de los entrevistados, también se cuela una mirada reflexiva y crítica, fruto del análisis y la distancia que proporcionan los más de veinte años transcurridos desde que empezó a cobrar forma aquella escena.

martes, 10 de marzo de 2015

Singapore Sling "Never Forever"

O venres pasado, entre risas falábamos no Rif-Rock deses iconos dos hipsters, cantautores folk islandeses ou noutros idiomas incomprensibles, e logo falando doutros innomeables da illa... entón caeu iso de 'escolle un grupo islandes!!' Non dubidei nin un segundo: Singapore Sling, entón quedei eu de rariño, pero sigo mantendo a aposta. Asi que ahí va a recomendación. 
Singapore Sling son unha banda de psychodelia de Reykjavic, de feito a única deste tipo que coñezo de Islandia, pero me parece un grapazo! Levan 6 álbumes publicados e un par de singles dende hai máis de 10 anos, cunha fórmula de shoegaze, lo-fi, psychodelia ácida e densa, de extremos, entre o ambiental e a intensidade das súas guitarras. Entre os seus últimos traballos, quédome co penúltimo: "Never forever" do 2011 (Fuzz Club Records), aínda que seguramente sexa máis fácil que atopedes o último "The Tower of Foronocity" do 2014, pero o do 2011 paréceme moito máis equilibrado, con pezas como 'Afterlife' ou 'Tunnel Vision' que fan de contrapeso a temas coma o single que da título ó álbum, e por encima de todas a fantástica 'Take'. 
Recomendado, sobre todo para hipsters confundidos.

SINGAPORES SLING "Never Forever"
(Fuzz Club Records, 2011)



S.A. en Carne Cruda


Mira que hai moitos anos (pero moitos eh?) que nos deixou de interesar o que fagan Soziedad Alkoholika, pero iso non impide que alucinemos coa manipulación e persecución que se fai dende a política dunha banda de música. 
Na web de SA tedes o comunicado oficial sobre a cancelación do concerto, e esta mesma mañan pasáronse por Carne Cruda para contalo todo unha vez máis, alomenos aínda poden falar nalgunhas radios.


lunes, 9 de marzo de 2015

Jay Reatard "Better than Something"

E xa que lembramos a Jay Reatard na entrada anterior, imos a recuperar o documental que se lanzou trala súa morte, con só 29 anos, e cunha das carreiras máis prolificas que se recorden no mundo do rock. "Better Than Something" percorre en hora e media dende os seus inicios coma un adolescente de Memphis fascinado por bandas locais como The Oblivians ou Rocket from the Crypt, ata como se converteu nunha figura reivindicada e seguida por centos de bandas na actualidade, pasando por tóda-las bandas nas que participou através de material dos seus concertos, entrevistas con amigos e compañeiros. Un homenaxe perfecto que se comezou a preparan meses despois da súa morte, aínda que sempre teremos a sensación de que queda moito por saír á luz de Jay Reatard.
No 2013, Factory 25 lanzou unha edición especial deste "Better Than Something" que incluía o dvd do documental, un lp recopilatorio con 14 temas de Reatard dende o 1998 ata o 2009 (en solitario, con Lost Sounds, e con The Reatards), e un libro en formato fanzine con toda a súa historia a través de fotografías, portadas e posters, textos de King Khan, Cole Alexander, e unha entrevista inédita con Reatard.


"Better Than Something: Jay Reatard"

Dir: Alex Hammond & Ian Markiewicz
USA, 2012. Children of Productions.



"Blood Visions By Retard Records & Friends"

En xaneiro cumprironse 5 anos da morte de Jay Reatard, un dos maiores xenios dos últimos tempos, unha data que se nos pasou por completo, pero sempre aparece xente para recordárnolo. O selo francés Reatard Records naceu no 2013 inspirados polo lo-fi de Jay, e o mes pasado lanzaron este homenaxe con tóda-las bandas da súa órbita, que versionan un por un os temas do seu debut en solitario "Blood Visions" do 2006. 
Podedes botarlle unha escoita no seu bandcamp.

VA "Blood Visions By Retard Records & Friends"
(2015 Reatard Records)



domingo, 8 de marzo de 2015

Sáb.14: Chis Pum!

E o próximo sábado (14 marzo) outra sesión de "Où Sont les Femmes?"
Será o turno de Chis Pum! Non vo-lo perdades!!


Samy Snake & Jaleo gogós!

Samy Snake: comezar toda concentrada e profesional, poñer a todo dios a bailar, e terminar con Jaleo de gogós na barra!! 
Así comezou onte o ciclo "Où sont les Femmes?". Espectacular!!!

jueves, 5 de marzo de 2015

The Cramps "Big Beat from Badsville"

E por suposto, era obrigado recomendarvos este álbum antes da sesión do sábado. Volvemos con The Cramps, coa portada que empregamos para o cartel.
"Big Beat from Badsville" foi o seu séptimo álbum, de 1997, e aínda que habitualmente se pensa que queimaron tódo-los seus cartuchos nos seus primeiros álbumes, eu lembro con especial cariño cando sacaron cada un dos últimos, pero sobre todo este. Arranca atronador con 'Cramp Stomp', 'God Monster' e 'It thing hard-on' e manten un nivel máis que digno a outro ritmo durante os 14 temas: 'Sheena's in a Goth Gang', 'Queen of Pain', 'Hypno Sex Ray'... e ó volver a escoitalo de tirón despois de moito tempo segue a parecerme fantástico! Foi o penúltimo álbum de estudio que publicaron, e como curiosidade o único da súa carreira no que non incluían ningunha versión. 
No 2001 foi reeditado polo seu propio selo Vengeance Records con tres temas extras. Unha semana estupenda para recuperalo!!

THE CRAMPS "Big Beat from Badsville"
(Epitaph Records, 1997)



Steve Earle & The Dukes "Terraplane"

Xa tiñamos ganas de máis material de Steve Earle, e aquí está de volta xunto con The Dukes, fiel á súa entrega de cada dous anos, como nos leva acostumando dende hai moito tempo. 
Un tipo incansable, guitarrista excepcional e investigador musical, con 40 anos de carreira e os máis xovenes aínda o seguen a descubrir vendo a serie Treme, pero hai máis de 30 anos que fusionou rock, blues, country e folk no Americana como xénero, e dende entón, sempre buscando máis fondo nas raíces. 
Neste "Terraplane" céntrase no blues, din que inspirado en Lightnin' Hopkins e Mance Lipscomb, pero o feito é que o resultado é tremendo, sentido e potente a partes iguais, cada cousa no momento preciso. As raíces socarronas postas en 'Ain't Nobody's Daddy Now', 'Baby's Just as mean as me' ou 'Acquainted with the Wind', e as máis contundentes como 'The Tennessee Kid' ou 'King of the Blues'. Recomendado!!

STEVE EARLE & THE DUKES "Terraplane"
(New West Records, 2015)



miércoles, 4 de marzo de 2015

descarga sesión Stoner

Aquí tedes algo de material da sesión de Stoner do sábado pasado. 
Xa saberedes da baixa de último hora de Comomepós, así que a noite convertiuse nalgo así como "Unha noite Stoner adicada a Comomepós", con Kurco, que xa ía comparti-la cabina con el, e Xavi-X e Munstphá no seu lugar. Así que subimos unha pequena parte de cada un, como se fora un cassette de tres caras, ou como prefirades... veña metédelle volume!!

RifRocKerZ.djSet [Kurco · Xavi-X · Munstaphà] "Sesión Stoner"
(sesión Rif-Rock 28 febreiro 2015)



martes, 3 de marzo de 2015

Kim Gordon "La Chica del Grupo"

Kim Gordon é unha figura xigantesca na historia da música, a través dos Sonic Youth fixo estoupar a música alternativa máis alá do underground, revolucionando os sonidos e a estética. Tanto, que para os que crecimos escoitando a Sonic Youth forma parte das nosas propias vidas. 
Xa cumpridos os 60 anos, publicou as súas memorias neste "Girl in a Band" a comezos do ano pasado, anos despois da súa separación de Thurston Moore, da disolución dos Sonic Youth, de superar un cancro. Para eliminar calquer tipo de especulación comeza directamente polo asunto de Thurston e o fin da banda, para deixalo claro dende o principio, e logo repasar toda a súa carreira, os comezos, a explosión, proxectos paralelos, incursións en moda, deseño e cine, ata os seus últimos proxectos. 
As memorias dunha imprescindible!!

KIM GORDON "La Chica del Grupo"
(Editorial Contra, 2015)


Así no-lo presentan na web da Editorial Contra:

Kim Gordon dio a luz a principios de los 80, junto al que sería su marido Thurston Moore y el guitarrista Lee Ranaldo, a uno de los grupos más innovadores, influyentes y prolíficos de la escena musical independiente norteamericana, Sonic Youth. La chica del grupo es el relato en primera persona de uno de los grandes iconos femeninos del rock, una mujer que, como Patti Smith, Janis Joplin o Marianne Faithfull, supo encontrar su lugar en un mundo fundamentalmente masculino y, a menudo, sexista.
Dotada de un singular talento e inquietud para lo creativo desde su temprana juventud, Kim Gordon narra en estas apasionantes memorias el devenir de una vida dedicada a la música, al arte —su obra artística, entre la pintura y la instalación, ha sido expuesta en relevantes galerías—, la moda —fue una de las creadoras de la marca X-Girl— y, en menor medida, la interpretación —ha trabajado como actriz a las órdenes de directores como Gus Van Sant, Olivier Assayas o Todd Haynes—, pero también su fecunda historia de amor con Thurston Moore. Sin embargo, la que fuera una de las parejas del rock más longevas y creativas se disolvió tras veintisiete años de matrimonio, poniendo también punto y final a la trayectoria de un grupo que marcó un antes y un después en la música alternativa de los 80 y los 90. Gordon relata con una angustia aún latente cuando descubrió que su marido la engañaba con otra mujer y cómo, después de una retahíla de engaños y mentiras, decidió separarse de él definitivamente.
Kim Gordon también rememora la electrizante escena musical y artística de Nueva York y algunas de las canciones más celebradas y perdurables de Sonic Youth como «Death Valley ’69», «Schizophrenia» o «Kool Thing», y recuerda con especial cariño su cálida amistad con Kurt Cobain, el líder de Nirvana.
La chica del grupo explora de manera inteligente y crítica el punto de vista de una mujer que supo abrirse paso en un mundo donde aún hoy prevalece la testosterona, así como también las dificultades que acarrea traer una hija al mundo, conciliar la maternidad con las exigencias de la vida del rock y el arte, y la necesidad de encontrar un espacio propio donde dar rienda suelta a la libertad creativa.

E aquí a tedes nun acto promocional xunto coa editora Ellisa Shappell:


CulturHelp!

Outra boa recomendación para este mes: o CulturHelp!, un cilco cultural solidario que se celebrará entre os días 20 e 22 de marzo en Sanxenxo e Portonovo. 
Un encontro multidisciplinar con teatro, ilustración, fotografía, cine, malabares e moita música: alí teredes a Los Wavy Gravies, The Sharknadoos, Help Me Devil ou El Coco Dorado. E todo por un kilo de axuda. 
Toda a info e programación na web do CulturHelp! ou no seu  facebook.