Mostrando entradas con la etiqueta Playa Desmayo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Playa Desmayo. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de mayo de 2020

Playa Desmayo "Atardicidio"

Aquí traemos de novo o "Atardicidio" de Playa Desmayo.
O seu ep de debut, un 7'' con 5 temas que son un auténtico trallazo de garage-punk-surf. Trátase da referencia ULO-011 de Ulomanía Coop., editado xunto con Pafff... Bum Discos e Sweet Grooves Records, nunha tirada limitada a 300 copias.
Mentres van retomando a distribución das copias físicas, dende esta semana xa o tedes dispoñible no bandcamp da banda, e con premio.
Tanto se vos facedes coa edición dixital coma en 7'', teredes de agasallo o tema 'Máquina del Tiempo', gravada na mesma sesión da que saíron os temas de "Atardicidio" pero foi unha das que se quedou fora.
Agora só falta poder telos de novo en directo presentando esta xoia.


PLAYA DESMAYO "Atardicidio"
(Ulomanía Coop. / Pafff... Bum Discos / Sweet Grooves Records, 2020)



lunes, 23 de marzo de 2020

Playa Desmayo "Atardicidio" (ULO-011)

Máis lanzamentos de Ulomanía Coop.
ULO-011: "Atardicidio" de PLAYA DESMAYO.
Playa Desmayo son Roi Paz (guitarra e voces) e Gaspar Baluja (batería e voces), e dende A Coruña tráennos este "Atardicidio" que contén 5 trallazos de garage punk sen concesións, presentados en forma de vinilo 7” nunha edición limitada de 300 copias.
Esta editado por Ulomanía Coop., Pafff... Bum Discos, Sweet Grooves Records e Playa Desmayo.
Todo gravado por Nacho Roca nos estudios Who Sounds de Madrid e masterizado por La Cortina Roja na Coruña. Os espectaculares deseños corren a cargo de Gonzalo di Gregorio.
En canto pase esta tolemia, nova info de cómo conseguir a túa copia e actualización de datas para disfrutar de Playa Desmayo e o seu directo!


sábado, 7 de marzo de 2020

Playa Desmayo 'Borracho por tu culpa'

Os Playa Desmayo presentaron onte o clip de 'Borracho por tu culpa'.
É o segundo adianto do EP "Atardicidio", editado por Ulomanía Coop., Sweet Grooves e Pafff... Bum Discos. 
A realización corre a cargo de Enrique R. Novoa e Violeta V. Luna.

E lembrámosvos que esta mesma noite presentan o seu EP "Atardicidio" na Nave 1839 de A Coruña, xunto con Cuchillo de Fuego. Se o tedes a man non volo perdades! (info do concerto aquí).



jueves, 16 de enero de 2020

Playa Desmayo 'Encerrado'


Un adianto de algo do que escoitaredes falar moito próximamente.

'Encerrado' é o trallazo de presentación do debut en vinilo de PLAYA DESMAYO, e os de Ulomanía Coop nos avisan de que o resto do ep que está por chegar é de auténtico escándalo. Atentos!
Polo momento o tedes dispoñible no seu bandcamp.



viernes, 2 de marzo de 2018

Playa Desmayo 'Rubia'

Máis material do GZ Canibal. Os Playa Desmayo son un dúo da Coruña, que prometen moita mesturan garage, punk e surf
Logo dunha demo lanzada o ano pasado no seu bandcamp, a finais de xaneiro publicaron o clip de 'Rubia', un video curradísimo, e un tema que xa está a outro nivel. Seguídelles a pista!