Mostrando entradas con la etiqueta The Sharknadoos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta The Sharknadoos. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de diciembre de 2020

[Revival] A despedida dos Sharknadoos no 2015

Un pouco de revival.

Desta vez imos cinco anos atrás, cara o 25 de decembro do 2015, para lembrar un dos concertos da segunda edición do Nadal Soul, que durante varios anos organizamos xunto co Continental. 

Naquela ocasión The Sharknadoos facían doblete, un concerto en cada local, o sábado 19 no Conti, e o venres 25 no Rif-Rock. Paraban por unha tempada, e querían deixalo ben arriba. Finalmente foi a súa despedida, ou alomenos ata o día de hoxe. Sen dúbida un dos concertos maís petados de cantos fixemos no local nos nosos 20 anos de vida. Así se despide unha banda. Como os botamos de menos...

Aquí tedes o concerto completo:




lunes, 4 de enero de 2016

Mellores momentos Rif-Rock 2015

Comezamos a resumi-lo 2015:
Sempre aproveitamos o de facer un pequeno repaso polos concertos e outras festas especiais do ano para que tamén vós digades cal, ou cales, foron os mellores Momentos do Rif-Rock no 2015. Hai outros moitos días dos que non temos material gráfico, ou que sí temos pero por moi distintos motivos non compartimos, algúns por que directamente non se pode (ou non se debe) e outros sinxelamente se quedan de arquivo... Pero aínda así hai moito entre o que escoller. Estos son os 10 momentos que vos propoñemos, pero podedes escolle-lo que queirades, estén aquí ou non, ou escoller cousas conxuntas coma o Aniversario completo, ou o Nadal Soul... eso xa é cousa vosa, pero comentade!!
Podedes votar nos comentarios desta entrada, ou através do facebook, por mail... como queirades. Tedes sobre uns 10 días para facelo:

Ahí van unas cantas propostas:

Où sont les Femmes? (marzo 2015).
Non sei se algunha das sesións de marzo foi para vós das mellores do ano, pero seguro que a programación conxunta Où sont Les Femmes? foi do mellor do 2015, con cinco das nosas mellores amigas facéndose cargo da cabina ó longo de todo o mes. Non temos videos publicados sobre isto (ainda que algún hai), pero podedes repasar todo o material seguindo a etiqueta Où sont les Femmes? neste blog.



DEAD WOOD (11 de abril, 25 de xuño, 19 de setembro e 28 de novembro)
Sen dúbida os protagonistas do ano: Breo Gun, o Sheriff Lorre e Mr Bam Bam. 
Recén formados se convertiron en banda residente do Rif-Rock, de ahí os seus catro concertos ó longo do 2015, véndoos medrar, mellorar e superar tóda-las espectativas si xa eran altas. Podedes escoller calquer dos seus catro concertos, pero eu me quedaría co último de novembro polo mallado que tiñan todo o set, e sen dúbida o máis especial a noite que compartiron con Michi Calambres en xuño con algo do repertorio de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, ou os peches con H.Fariña. Aquí tedes moito para escoller...



NORTHERN LIGHTS (16 de maio)
Dúo moi especial que nos encanta ter en directo no Rif-Rock: Bruno ós teclados e Mateo na guitarra. Logo do seu debut no noso aniversario do ano pasado, volvían para ofrecernos novos temas e distintas versións dos vellos:




LITTLE JUICE (concerto 16º Aniversario, 10 de xullo)
Para o noso 16º Aniversario continuamos co formato do ano anterior, dous concertos no mesmo fin de semana, o venres para presentantar a unha nova banda, o sábado para ofrecerlles un día grande a outra máis habitual. Os escollidos para estrearse foron Little Juice, nova banda do noso amigo Isidro Dozo, blues, soul e rhythm'n'blues, intenso e moi coidado, e chegaban xa con medio repertorio de temas propios. O show perfecto para comezar co aniversario. Encantounos!!



THE SHARKNADOOS (concerto 16º Aniversario, 11 de xullo)
O prato forte do 16º Aniversario foron The Sharknadoos, ós que xa lles tocaba vir nunha destas datas grandes ó Rif-Rock. O concerto espectacular, e a xente abarrotando o local pero en silencio absoluto ó comezo de cada tema. Triunfada total!!



7ª FESTA DO BIGOTE (2 de agosto)
Unha das festas máis grandes do Rif-Rock de cada ano, e este ano aínda máis que en edicións anteriores, moitísima xente pero poucos bigotes de aspirantes serios, pero a festa enorme!! Con Xaco Aragunde estreándose de mestre de cerimonias, e o padriño deste ano: Edu Charlín de PC Barbería, co show que montou toda a noite barbeando en directo ós que se atreveron e con lote de regalos para os gañadores: Alberto Dominguez, María Sobrino e o pentacampión Hadríán Fariña! Impresionante. O próximo ano máis...




THE EVEN FLOW EXPERIENCE (12 de setembro)
Igual que o ano anterior Victor e Manolo, The Even Flow Experience, foron os encargados de poñer a música en directo para arrancar nova tempada despois do verán. Ademáis de clásicos do seu repertorio habitual, chegaron con moitos temas novos, como este 'Stop!' na súa pequena homenaxe ós 25 anos do "Ritual de lo Habitual" dos Jane's Addiction. Impresionantes!! 




ISI VAAMONDE + RUBÉN IGLESIAS (17 de outubro)
A pesar de ser un incondicional do local, había xa cinco anos do último concerto de Isi Vaamonde no Rif-Rock, e no 2015 tocaba desquitarse. Acompañado por Rubén Iglesias ó baixo e piano, e coa colaboración sorpresa de Óscar Campos tamén no baixo nun bo puñado de temas, para ofrecernos un repaso dos seus últimos álbumes "Unsportsmanlike World" do 2009 e do "Live in Heartland" do 2012, unhas cantas versións de Bowie, David Gray, e Depeche Mode (a medio camiño claro de Johnny Cash), ademáis de uns cantos dos novos temas que incluirá no seu novo álbum. Encantados de volver a telo en directo no local, pero non hai videos, estivérades ali!!


THE JAM OBSESSION (Nadal Soul, 12 de decembro)
E xa chegamos ó Nadal Soul. Arrancamos co show que nos ofreceron The Jam Obsession, formada por tódo-los dipoñibles deso que chamamos a banda da casa xuntos nunha especie de RifRocKerZ AllStars, reunidos nunha soa semana e sen ensaios xerais: Isidro Dozo, Quique Barreiro, Pîti, Miguel Costas, Victor Karallada, David Falcón e Karlos Abal. O resultado fantástico, cun repertorio ben ecléctico reinterpretando versións de clásicos de soul, funk, r'n'b, e algó de punk, que tiña que ser si ou si. O final tremendo co 'Think' de Aretha Franklin con tódo-lo compoñentes xuntos e Michí subindo escalas. Freeeeedom!!




THE SHARKNADOOS (Nadal Soul, 25 de decembro)
Seguimos co Nadal Soul, e xa co que foi o último concerto do ano, a semana pasada, de novo con The Sharknadoos, o día de Nadal, e como último show antes do seu parón. Pero non deixaron que tantas emocións  lles puideran e montaron unha auténtica festa, e o público entregado dende antes de comezar, que xa sabían ao que viñan. Ata a próxima Sharknadoos!!



Veña! a votar!!

miércoles, 30 de diciembre de 2015

The Sharknadoos. Fotos de José Estévez

Máis fotos. Aquí tedes unhas cantas de José Estévez, só algunhas das que foi subindo polas redes estes días, do cento que fixo o venres pasado. Cando volva das súas merecidas vacacións xa nos enviará máis...










THE SHARKNADOOS: o concerto do Nadal Soul

A semana pasada rematamos co Nadal Soul, e un dos pratos fortes era sen dúbida o concerto de despedida por unha boa tempada de THE SHARKNADOOS. Logo do seu show a semana anterior no Continental, aínda tiñan marcado o venres 25 no Rif-Rock, día de Nadal, como día especial, e vaia se o foi.

Ofrecéronnos todo o seu repertorio en 'acústico', e aínda con algún tema que non fixeran antes no noso local, tremendo o 'Have Love will Travel'!!. E do que máis nos gustou de todo: nada de bágoas, moitos aplausos, e gañas de voltar nuns cantos meses. 

foto de José Estévez.
Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock nunha noite tan especial, ninguén o quixo perder, e a José Estévez polo traballo extra coas fotos. E gracias Rubi, David, Jesús e Andrea! por todos estes concertos destes anos, e por escoller ó Rif-Rock para unha noite tan especial. Grandes Sharknadoos!! e ata a próxima!!

Xa tedes todo o concerto subido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3) ou todo seguido en lista de reprodución:




The Sharknadoos (concerto pt.1)


The Sharknadoos (concerto pt.2)


The Sharknadoos (concerto pt.3)


domingo, 27 de diciembre de 2015

ata a próxima Sharknadoos!!

O do concerto do venres do Nadal Soul foi algo moi especial, coa festaza que nos montaron The Sharknadoos no seu 'ata logo', nunha noite tremenda que ninguén se quixo perder. Nestes días xa veríades por ahí moitas mensaxes de despedidas, de agradecementos e de voltas! Nós só podemos decir Gracias sharks! aplausos para vós, e sobre todo: Ata a próxima!!
*a fotazas da noite, por suposto, de José Estevez.


jueves, 24 de diciembre de 2015

NADAL SOUL: THE SHARKNADOOS, NACHO PEREZ, & sesións do Chief Bomden e Michi Calambres!

¿Estades preparados para o último fin de semana do NADAL SOUL??
Dúas noites tremendas para rematar por todo o alto esta segunda edición:

Venres 25:
No RIF-ROCK teremos a THE SHARKNADOOS en directo dende a medianoite, na que será a súa gran despedida dos escenarios por unha boa tempada, nun día tan especial coma este non podedes faltar.

Sábado 26
· No CONTINENTAL estarán NACHO PÉREZ Y LOS CHACALES en directo, dende a medianoite, e despois do concerto, outra sesión criolla do CHIEF BROMDEN!.
· No RIF-ROCK, ao remate do concerto do Continental, teremos na cabina ó noso gurú MICHI CALAMBRES, para o mellor fin de festa posible deste Nadal Soul!

E lembrade que as noites de concerto hai promocións especiais en cervexa Super Bock e Summum Gin Premium gracias á colaboración de COBESA.

Non vo-lo perdades!!


lunes, 21 de diciembre de 2015

preparados para o remate deste NADAL SOUL?


¿Estades preparados para o último fin de semana do NADAL SOUL??
Dúas noites tremendas para rematar por todo o alto esta segunda edición:

Venres 25:
No RIF-ROCK teremos a THE SHARKNADOOS en directo dende a medianoite, na que será a súa gran despedida dos escenarios por unha boa tempada, nun día tan especial coma ese non podedes faltar.

Sábado 26
· No CONTINENTAL estarán NACHO PÉREZ Y LOS CHACALES en directo, dende a medianoite, e despois do concerto, outra sesión do CHIEF BROMDEN!.
· No RIF-ROCK, ao remate do concerto do Continental, teremos na cabina ó noso gurú MICHI CALAMBRES, para o mellor fin de festa posible deste Nadal Soul!

Non vo-lo perdades!!



viernes, 18 de diciembre de 2015

NADAL SOUL: THE SHARKNADOOS + sesións (El Gran Iñigo, Munstaphà & Chief Bromden)

Este fin de semana seguimos co NADAL SOUL!!

O prato forte será o sábado 19 no CONTINENTAL, con THE SHARKNADOOS en directo dende a medianoite, co primeiro dos dous shows que nos ofreceran nesta edición, e que serán a súa despedida por uns cantos meses dos escenarios. E despois do concerto, sesión de EL GRAN ÍÑIGO, residente do local, será o encargado de seguir coa festa Nadal Soul!!
E todo coa colaboración de Cobesa, a través de Super Bock e Summum Gin.

No RIF-ROCK teremos dúas noites con sesións: 
· Venres 18: sesión Fuck'U Whiteys... Black Grooves! con MUNSTAPHÀ
· Sábado 19: será o turno do CHIEF BROMDEN na cabina do Rif-Rock, ao remate do concerto no Continental, con outra das súas sesións criollas de funk, soul e blues.

Non vo-lo perdades!!


NADAL SOUL 2015! o programa completo
Aquí tedes o programa completo desta segunda edición do NADAL SOUL que organizamos entre o Café CONTINENTAL e o RIF-ROCK neste Nadal 2015.
Unha programación conxunta nos dous locais entre os días 12 e 26 de decembro, con catro concertos, con THE JAM OBSESSION, THE SHARKNADOOS (que farán dobrete) e NACHO PÉREZ Y LOS CHACALES, e media ducia de sesións adicadas á música negra a cargo de Comomepos, Chief Bromden, El Gran Íñigo, Munstaphà e Michi Calambres. Todo repartido en tres fins de semana. 
Ademáis, igual que na pasada edición, coa participación de COBESA a quenes agradecemos de novo a súa colaboración, a través das marcas SUPER BOCK e GIN SUMMUM, con precios especiais dos seus productos durante os concertos. 

Aquí tedes todo ordenado por días. 
*Os horarios dos concertos son en torno á media noite como se indica no cartel, e as sesións nos dous locais comezarán sempre despois dos concertos:

Sábado 12 dec.
RIF-ROCK: THE JAM OBSSESION + sesión Comomepos!

Venres 18 dec. 
RIF-ROCK: sesión Fuck'U Whiteys... Black Grooves (Munstaphà).

Sábado 19 dec. 
CONTINENTAL: THE SHARKNADOOS + sesión El Gran Íñigo!!
RIF-ROCK: sesión Chief Bromden!

Venres 25 dec. 
RIF-ROCK: THE SHARKNADOOS 

Sábado 26 dec. 
CONTINENTAL: NACHO PÉREZ Y LOS CHACALES + sesión Chief Bromden!
RIF-ROCK: sesión de Michi Calambres!

---> as bandas:
THE JAM OBSESSION son outra volta de torca da banda da casa, e desta vez con tódo-los compoñentes dispoñibles para a ocasión, nunha especie de RifRocKerZ AllStars, xuntos para improvisar nesta noite especial do Nadal Soul. Teredes que vir o sabado 12 polo Rif-Rock para ve-lo resultado.

THE SHARKNADOOS escollen o Nadal Soul para ofrecernos os seus dous últimos concertos antes dun parón obrigado ata o próximo verán. David Falcón, Rubén Iglesias e Jesús Caramés poñendo rhythm'n'blues, soul, blues, rock para a espectacular voz de Andrea Area. Farán dobrete con un concerto en cada local, o sábado 19 no Continental e o venres 25 no Rif-Rock, podedes escoller pero mellor que non vos perdades ningún.

NACHO PEREZ Y LOS CHACALES repiten no cartel coma o ano pasado. Power trío de blues e funk co guitarrista Nacho Pérez á cabeza. O sábado 26 no Continental.

---> os picadiscos:
Ademáis dos concertos, unha boa selección de música para tódo-los días, con sesións especiais a cargo de Comomepos de seguro que con moito funk psychodélico o sábado 12 no Rif-Rock; o venres 18 a entrega mensual do Rif-Rock da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves! con Munstaphá na cabina; o sábado 19 será o turno de El Gran Íñigo residente no Continental; o Chief Bromden fará dobrete coas súas sesións criollas de funk soul e blues, o sábado 19 no Rif-Rock e o sábado 26 no Continental. Por último Michi Calambres, o noso picadiscos favorito, será o encargado de poñer o fin de festa no Rif-Rock o sábado 26. 

Un programa ben completo, non atoparedes un plan mellor para este mes!!
E todo con entrada de balde. Non vo-lo perdades!!


jueves, 3 de diciembre de 2015

NADAL SOUL 2015! o programa completo

Aquí tedes o programa completo desta segunda edición do NADAL SOUL que organizamos entre o Café CONTINENTAL e o RIF-ROCK neste Nadal 2015.
Unha programación conxunta nos dous locais entre os días 12 e 26 de decembro, con catro concertos, con THE JAM OBSESSION, THE SHARKNADOOS (que farán dobrete) e NACHO PÉREZ Y LOS CHACALES, e media ducia de sesións adicadas á música negra a cargo de Comomepos, Chief Bromden, El Gran Íñigo, Munstaphà e Michi Calambres. Todo repartido en tres fins de semana. 
Ademáis, igual que na pasada edición, coa participación de COBESA a quenes agradecemos de novo a súa colaboración, a través das marcas SUPER BOCK e GIN SUMMUM, con precios especiais dos seus productos durante os concertos. 
E todo con entrada de balde. Non vo-lo perdades!!


Aquí tedes todo ordenado por días. 
*Os horarios dos concertos son en torno á media noite como se indica no cartel, e as sesións nos dous locais comezarán sempre despois dos concertos:

Sábado 12 dec.
RIF-ROCK: THE JAM OBSSESION + sesión Comomepos!

Venres 18 dec. 
RIF-ROCK: sesión Fuck'U Whiteys... Black Grooves (Munstaphà).

Sábado 19 dec. 
CONTINENTAL: THE SHARKNADOOS + sesión El Gran Íñigo!!
RIF-ROCK: sesión Chief Bromden!

Venres 25 dec. 
RIF-ROCK: THE SHARKNADOOS 

Sábado 26 dec. 
CONTINENTAL: NACHO PÉREZ Y LOS CHACALES + sesión Chief Bromden!
RIF-ROCK: sesión de Michi Calambres!

---> as bandas:
THE JAM OBSESSION son outra volta de torca da banda da casa, e desta vez con tódo-los compoñentes dispoñibles para a ocasión, nunha especie de RifRocKerZ AllStars, xuntos para improvisar nesta noite especial do Nadal Soul. Teredes que vir o sabado 12 polo Rif-Rock para ve-lo resultado.

THE SHARKNADOOS escollen o Nadal Soul para ofrecernos os seus dous últimos concertos antes dun parón obrigado ata o próximo verán. David Falcón, Rubén Iglesias e Jesús Caramés poñendo rhythm'n'blues, soul, blues, rock para a espectacular voz de Andrea Area. Farán dobrete con un concerto en cada local, o sábado 19 no Continental e o venres 25 no Rif-Rock, podedes escoller pero mellor que non vos perdades ningún.

NACHO PEREZ Y LOS CHACALES repiten no cartel coma o ano pasado. Power trío de blues e funk co guitarrista Nacho Pérez á cabeza. O sábado 26 no Continental.

---> os picadiscos:
Ademáis dos concertos, unha boa selección de música para tódo-los días, con sesións especiais a cargo de Comomepos de seguro que con moito funk psychodélico o sábado 12 no Rif-Rock; o venres 18 a entrega mensual do Rif-Rock da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves! con Munstaphá na cabina; o sábado 19 será o turno de El Gran Íñigo residente no Continental; o Chief Bromden fará dobrete coas súas sesións criollas de funk soul e blues, o sábado 19 no Rif-Rock e o sábado 26 no Continental. Por último Michi Calambres, o noso picadiscos favorito, será o encargado de poñer o fin de festa no Rif-Rock o sábado 26. 

Un programa ben completo, non atoparedes un plan mellor para este mes!!
Xa vo-lo iremos lembrando cada semana!


jueves, 23 de julio de 2015

'Ain't No Sunshine' Sharknadoos Vs Little Juice

Durante os concertos do 16º Aniversario que celebramos a mediados de mes tanto The Sharknadoos coma Little Juice coincidiron nun tema nos seus repertorios. Foi 'Ain't No Sunshine' de Bill Withers (ver orixinal), un deses clasicazos eternos. Publicouse no seu álbum de debut en 1971 "Just As I Am", e ademáis lanzouse coma o seu primeiro single de presentación. O tema foi producido por Booker T. Jones, e según Withers, inspirouse no filme "Días de Viño e Rosas" para escribila. Logo ducias de artistas a fixeron súa. 
Este mesmo mes foi o turno de escoitala da man de The Sharknadoos que a teñen incorporada no seu repertorio dende hai tempo, e puidemos escoitala tamén en versión dos Little Juice. Ahí van outra vez:


miércoles, 15 de julio de 2015

16º aniversario Rif-Rock. Resumo do fin de semana

Xa pasou o 16ºAniversario do RIF-ROCK!!
Foi un fin de semana tremendo, de boa música e de amigos, que ó final é do que se trata.
Repetimos o formato do ano pasado, todo concentrado nun fin de semana, o venres con banda debutante, e o sábado cunha das bandas habituais da casa.

O Venres 10 foi o turno dos LITTLE JUICE, que escolleron o Rif-Rock para debutar en directo. E vaia se triunfaron! Igual que o ano pasado coa porta pechada polo tema do exterior, e dentro subindo a temperatura... e vaia se triunfaron! Pezas de blues e soul de sempre dende Bill Withers, Ottis Redding ou Stevie Wonder, e pezas moito máis actuais de Black Dub, Amy Winehouse ou Allen Stone. Ademáis clasicazos de Police, Cream ou The Doors. Pero sobre todo nos encantaron os catro temas propios que presentaron: 'Fear the World', 'Orc Blues', 'Trust' e 'Trapped Soul'. Precioso por momentos e intenso cando facía falla. O show perfecto para o primeiro día, e volveran seguro!! 
Logo foi o turno de Comomepós na cabina, brasa da boa ata o peche, para unha noite estupenda!! Unha pena a baixa de última hora de Marinocha!.

O Sábado 11 tocáballe a THE SHARKNADOOS de prato forte do fin de semana. Uns habituais da casa, pero que xa lles tocaba vir nunha destas datas grandes ó Rif-Rock. O concerto espectacular, e a xente abarrotando o local pero en silencio ó comezo de cada tema. O repertorio similar ó de ocasións anteriores, clasicazos de rock, blues, funk e soul, ademáis de 'Sweet Jane' da Velvet, e a estrea do 'I wish i knew how it would feel to be free'. O público xa o tiñan gañado de antemán, pero foi un auténtico concertazo!!. 
A noite  seguíu coa sesión allnighter de PauPau-a-GoGó, que prolongou a festa ata o peche. Unha noite tremenda! Eso é unha festa e o resto son hostias!!

Gracias a todos por este fin de semana! A tódolos que colaboráchedes co noso aniversario, os músicos e os djs por apuntarvos a celebralo con nós sen pensalo dúas veces, a ATDP polas chapas unha vez máis, e por suposto a todos por vir, a celebralo e a pasalo ben, que deso se trata. Así da gusto cumprir anos. E agora a polos 17!!

Xa tedes todo subido na nosa canle de youtube e nas entradas anteriores:
Little Juice: pt1 - pt2 - pt3 - pt4 / The Sharknadoos pt1 - pt2 - pt3 - pt4.
Ou todo seguido en listas de reproducción:



The Sharknadoos (concerto pt.1)


The Sharknadoos (concerto pt.2)


The Sharknadoos (concerto pt.3)


The Sharknadoos (concerto pt.4)


domingo, 12 de julio de 2015

así da gusto cumprir anos... gracias!!

Esta só é a foto do fin de festa do sábado, pero foi impresionante todo este fin de semana de aniversario, o venres co estupendo directo dos Little Juice e a pedazo de sesión de Comomepos na cabina, e onte co super festón que montaron The Sharknadoos e Paula Pau
Gracias a todos por vir!! Sen palabras, así da gusto cumprir anos!! 
E agora un par de dias para recuperar...