miércoles, 15 de julio de 2015

16º aniversario Rif-Rock. Resumo do fin de semana

Xa pasou o 16ºAniversario do RIF-ROCK!!
Foi un fin de semana tremendo, de boa música e de amigos, que ó final é do que se trata.
Repetimos o formato do ano pasado, todo concentrado nun fin de semana, o venres con banda debutante, e o sábado cunha das bandas habituais da casa.

O Venres 10 foi o turno dos LITTLE JUICE, que escolleron o Rif-Rock para debutar en directo. E vaia se triunfaron! Igual que o ano pasado coa porta pechada polo tema do exterior, e dentro subindo a temperatura... e vaia se triunfaron! Pezas de blues e soul de sempre dende Bill Withers, Ottis Redding ou Stevie Wonder, e pezas moito máis actuais de Black Dub, Amy Winehouse ou Allen Stone. Ademáis clasicazos de Police, Cream ou The Doors. Pero sobre todo nos encantaron os catro temas propios que presentaron: 'Fear the World', 'Orc Blues', 'Trust' e 'Trapped Soul'. Precioso por momentos e intenso cando facía falla. O show perfecto para o primeiro día, e volveran seguro!! 
Logo foi o turno de Comomepós na cabina, brasa da boa ata o peche, para unha noite estupenda!! Unha pena a baixa de última hora de Marinocha!.

O Sábado 11 tocáballe a THE SHARKNADOOS de prato forte do fin de semana. Uns habituais da casa, pero que xa lles tocaba vir nunha destas datas grandes ó Rif-Rock. O concerto espectacular, e a xente abarrotando o local pero en silencio ó comezo de cada tema. O repertorio similar ó de ocasións anteriores, clasicazos de rock, blues, funk e soul, ademáis de 'Sweet Jane' da Velvet, e a estrea do 'I wish i knew how it would feel to be free'. O público xa o tiñan gañado de antemán, pero foi un auténtico concertazo!!. 
A noite  seguíu coa sesión allnighter de PauPau-a-GoGó, que prolongou a festa ata o peche. Unha noite tremenda! Eso é unha festa e o resto son hostias!!

Gracias a todos por este fin de semana! A tódolos que colaboráchedes co noso aniversario, os músicos e os djs por apuntarvos a celebralo con nós sen pensalo dúas veces, a ATDP polas chapas unha vez máis, e por suposto a todos por vir, a celebralo e a pasalo ben, que deso se trata. Así da gusto cumprir anos. E agora a polos 17!!

Xa tedes todo subido na nosa canle de youtube e nas entradas anteriores:
Little Juice: pt1 - pt2 - pt3 - pt4 / The Sharknadoos pt1 - pt2 - pt3 - pt4.
Ou todo seguido en listas de reproducción:



No hay comentarios: