miércoles, 1 de julio de 2015

The Yardbirds "For your Love"

Xa había tempo que non vos recomendabamos un deses clasicazos dos que agora semana tras semana están a cumprir 50 anos. E hoxe o recuperamos coa que puido se-la banda máis grande dos 60s, pero non puideron, non souberon, e non lles deixaron. The Yardbirds formáronse en 1963 e o tiveron todo, presencia, publicidade, os mellores guitarristas da historia, e por riba de todo temas insuperables, pero a malas decisións do seu manager e as diferencias entre os seus membros limitaron as súas posibilidades. 
Debutaron co lp en directo "Five Live Yardbirds" a finais de 1964, e en xullo do 65 lanzaron o seu primeiro álbum de estudio, este "For Your Love", que en realidade recopilaba os seus singles anteriores, case todas versións, e foi lanzado para a súa primeira xira polos USA, como unha das banda chamadas a arrasar América durante a British Invasion. Eran once temas grabados dende comezos do ano anterior, nos que Eric Clapton era o guitarrista principal, sen embargo no momento de comeza-la xira norteamericana, xa fora substituído por Jeff Beck, e é este o que aparece na montaxe da portada, ó tempo que o álbum foi lanzado só nos USA, e dende alí a vario paises europeos, pero non no Reino Undo, coma un exemplo máis da desfeita que sempre persigueu a esta banda. E a súa historia non facía máis que arrancar...

THE YARDBIRDS "Four your Love"
(Epic, 1964)



No hay comentarios: