sábado, 31 de diciembre de 2022
FIN
lunes, 30 de noviembre de 2020
Un ano da despedida
Hoxe hai un ano que pechamos o Rif-Rock.
Para a maioría de vós foi unha sorpresa, e só para algúns era un pequeno segredo a voces que tiña que difundirse o menos posible. Tratábase de festexar o noso 20 anviersario, que estaba pendente de meses atrás, e coa banda favorita das nosas vidas. Tiña que ser unha festa da boas, e así foi. O feito de xuntar de novo a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre xa foi todo un éxito, e comprobar a resposta da xente unha satisfacción enorme.
Se vos digo a verdade, para nós todo iso xa nos queda moi lonxe no tempo, aínda que case cada semana sempre hai quen nos escribe ou nos comenta pola rúa anécdotas ou recordos do local.
Ao longo de todo este ano aínda non subimos nin a cuarta parte de todo o material que temos e que moitos nos fixéchedes chegar desa noite, pero o faremos pouco a pouco. Dende logo foi unha noite para non esquecer, e un final perfecto para 20 anos e 5 meses de facer sempre o que nos petou coa axuda dunha cantidade enorme de xente que sempre se prestou a colaborar connosco. Estar rodeado de tanto talento faino todo moito máis sinxelo.
Tampouco podemos esquecernos de tantas mostras de cariño naqueles días e nos meses seguintes, e que aínda seguen a chegarnos. Así que volvemos a darvos as grazas a todos. Pero para rematar a parrafada, gustaríanos perdirvos algo que dixen aquela noite. Apoiade aos que fan cousas distintas, sempre!!! E nestes tempos tan difíciles, a tódolos que poidades
Volveremos a vernos nos bares!! Mentres tanto, coidádevos!
jueves, 17 de septiembre de 2020
Alerta Vermella!!
Volvemos das vacacións!
Xa vos contaremos máis de como seguiremos coa actividade do blog, pero para comezar queremos amosar o noso apoio a todo o sector da cultura, da noite, da música... artistas, programadores, técnicos, hostaleiros. Porque nós tamén fumos parte del, e dalgún xeito seguimos vinculados aínda que xa de outro modo. Precisamos eventos, e necesitamos que sigades a facelos, e que vos deixen...
Para hoxe mesmo hai convocadas concentracións no serán en Vigo e Compostela. Toda a info na web de Alerta Roja Eventos.
lunes, 30 de diciembre de 2019
RifRocKerZ 2020
martes, 3 de diciembre de 2019
20 anos, e adeus!! GRAZAS!
Por diferentes motivos foise adiando ata o sábado pasado, pero finalmente conseguimos o que queríamos: poder ver de novo á nosa banda favorita en directo logo de moitos anos, e reunir a uns cantos dos nosos mellores amigos facéndose cargo da cabina o resto da noite.
martes, 13 de agosto de 2019
Esta semana, de mércores a sábado
Esta semana estaremos de mércores a sábado co horario habitual.
RifRocKerZ.djSet!
martes, 30 de julio de 2019
Esta noite comezamos...
Como cada ano, comezamos un día antes, xa nos arrepentiremos cando chegue o fin de semana, pero as tradicións son as tradicións...
Corte de cinta oficioso, chupinazo, e sesión sorpresa.
Só para valentes!!
viernes, 12 de julio de 2019
AVISO! Vacacións ata o Venres 19 de xullo
Este fin de semana collemos vacacións de novo.
Sentimos avisar con tan pouca antelación...
Volveremos o VENRES 19...
Mentres metédelle un repaso ao Space Oddity de Bowie que cumpre 50 anazos!!
martes, 2 de julio de 2019
viernes, 21 de junio de 2019
Volvemos o Venres 28
Lembrade que esta semana collemos vacacións no local, así que este fin de semana (venres 21 e sábado 22) non teredes Rif-Rock.
Moitos xa estaban avisados, pero o recordamos de novo.
VOLVEREMOS O VENRES 28, con outra entrega da serie Black Grooves!...
Mentres, pasádeo o mellor posible.
lunes, 17 de junio de 2019
AVISO. Vacacións ata o 28 de xuño
lunes, 13 de mayo de 2019
lunes, 7 de enero de 2019
Cuatro Fotos: o álbum de Fin de Ano
martes, 1 de enero de 2019
2019
Gracias infinitas a Cuatro Fotos polo espectáculo de cada ano.
Agora a polo 2019...
viernes, 31 de agosto de 2018
martes, 31 de julio de 2018
Esta noite comezamos o Albariño 2018
lunes, 2 de julio de 2018
Hoxe se cumpren 19 anos do Rif-Rock
viernes, 22 de junio de 2018
AVISO
Lembrade que esta semana só abriremos o sábado 23.
Esta noite tomarémonos un descanso, pero mañán sábado xa estaremos de volta logo da festa do lume.
*desculpas paras os incondicionais dos venres.
miércoles, 20 de junio de 2018
AVISO! esta semana, só sábado 23
Este fin de semana só abriremos o sábado!
A noite de vernes non poderemos atendervos, pero o sábado xa estaremos de volta coma sempre.
*desculpen as molestias para os incondicionais dos venres.









