Mostrando entradas con la etiqueta singles2013. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta singles2013. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de enero de 2014

descarga GZ Canibal 2013

E aquí está unha vez máis a nosa selección do GZ Canibal de cada ano!! escollida e mesturada a golpes por Kurco e Munstaphá. A ver se vos gusta...

Munstaphá Vs.Kurco "GZ Canibal (singles2013)"
[sesión Rif-Rock 11 xaneiro 2014]
faite con GZ Canibal 2013!!



descarga Singles2013 [kurco vs munstaphà]

Aquí tedes a nosa selección do 2013 saída da sesión do sábado, toda unha noite pelexando coas nosas listas, e todo mesturado conxuntamente por Kurco e Munstaphá (iso sí, o especial GZ Canibal vai aparte). Aquí tedes dous volumes con 41 temas en total. A ver se vos gustan...

KURCO VS. MUNSTAPHA "Singles2013"
[sesión Rif-Rock 11 xaneiro 2014]
faite con Singles2013: Volumen#1 e Volumen#2.


domingo, 12 de enero de 2014

Kurco vs Munstaphà

Aquí tedes os dous personaxes da sesión de onte, o Kurco vs Munstaphà ía ser walter White vs Heisenberg, e finalmente foi un Putin vs Tolokónnikova... aínda que algún preguntou se era algo de Good Wife (!!!)... Singles2013.


viernes, 10 de enero de 2014

Sáb.11: Singles2013

Mañán mesmo, sesión Singles2013 (sábado 11 de xaneiro) con Kurco Vs. Munstaphà dende a cabina, unha noite para destripa-los mellores singles, álbumes e bandas do 2013. [seguídeo todo en singles2013].


jueves, 9 de enero de 2014

Muerte por Cowbell, mellor momento Rif-Rock 2013

E logo dunha semana de escasas votacións, xa podemos proclamar ó show dos Muerte por Cowbell coma o mellor momento do 2013 no Rif-Rock por abrumadora maioría. 
O seu concerto foi o 16 de febreiro do 2013, unha aposta moi arriscada de Carlos, Michi, Noa e Sito para homenaxear ó xigante Frank Zappa, que resolveron con moita gracia e un par de collóns enormes!! Podedes revisalo todo nesta lista de reproducción, pero por quedarnos con unha, escollemos a súa adaptación máis persoal, Muffin Man convertida no Home Filloa
Impresionantes!! e merecido...



"Floating Coffin" a mellor portada do 2013

Outra das cousas nas que sempre poñemos moito empeño ó longo do ano é o das portadas que máis nos gustan. A mellor do 2013 con moita diferencia é para Thee Oh Sees e o seu "Floatin Coffin" con esa composición caleidoscópica de fresas, ollos e dentes . Os autores Matt Brinkman e John Dwyer




miércoles, 8 de enero de 2014

GZ Canibal 2013 en 5 discos

O 2013 foi outro ano excepcional para a música nesta esquina do mundo, con algunhas malas novas polo medio, pero cunha avalancha de álbumes, eps, maquetas e edicións dixitais. Nos propuxeron deixalo en 5, e coma nos álbumes internacionais tamén nos costou, pero finalmente deixamos fora ós traballos de bandas tan diversas como Lendrone, Trampoline ou Lobishome, pero definitivamente estes son os nosos 5 álbumes do GZ Canibal do 2013:


5_
NIÑO Y PISTOLA 
"There's a Man with a Gun Over there"
(Ernie Records, 2013)

Cuarta entrega dos Niño y Pistola, que cada vez coan máis a Neil Young. Volven con outro álbum conceptual, neste caso a historia de Tom, que decide mercar un revolver para matar ó seu xefe... e aínda que esté inspirado nun persoaxe dos USA nos anos 50 cada vez semella máis actual.



4_
CAMARADA NIMOY
"Camarada Nimoy LP"

(autoeditado Camarada Nimoy, 2013)

Surf, jazz, swing, psicodelia sixties, e inspiración no cine de serie b. Os vigueses Camarada Nimoy foron seguramente a mellor sorpresa do ano, a pesar de ser xa uns veteranos, e os seus directos unha auténtica festa de baile, audiovisual e viaxes estelares. 8 instrumentais a golpe de theremin e moito señor Spock.



3_
TRIANGULO DE AMOR BIZARRO
"Victoria Mistica"
(Mushroom Pillow, 2013)

Terceiro lp de estudio dos TAB, xa totalmente consagrados cara escenas moito maiores que o noso GZ Canibal. Tras varios retrasos chegou "Victoria Mística", e non foi ata finais de ano que lanzaron o vinilo. En calqueira caso cumpliron sobrados coas espectativas, outro disco bestial, agora só falta que os indies do hype cambien LOL por TAB.



2_
CURTINAITIS 
"Curtinaitis LP"
(Lixo Urbano, 2013)

Outro dos debuts en lp máis sorprendentes foi o dos composteláns Curtinaitis. Un álbum homónimo de oito temas de rock enérxico de factura moi hardcore pero cheo de matices psych e funk. A edición vai a cargo de Lixo Urbano, e se tedes ocasión de velos en directo non dubidedes en facelo.



1_
UNICORNIBOT 
"Mambotron"
(Matapadre, 2013)

Math-rock, post-hardcore, tropicalismo... o que queirades, pero o 3º álbum dos Unicornibot segue a subir de nivel. Moitos pensaban que o "Dálle" do 2012 era dificil de superar, aquí esta "Mambotrón", 11 trallazos delirantes de rítmos poderosos, guitarras contundentes e cambios impecables. Sen dúbida o mellor do ano!!


10 álbumes do 2013

Logo de varias cribas, chegou a hora... aquí tedes a nosa selección cos 10 mellores álbumes do 2013. 

Quedáronse fora outros tantos discazos, coma en todas partes, pero ante o escaralle xeral que están a provocar as listas que publican algúns medios, nós botamos en falta todos estos na maioría das publicacións. Ademáis costounos moito deixar atrás álbumes tan bós coma os de King Khan & The Shrines ("Idle no more"), o "Here comes..." de The High Learys ou o "Whereabouts" dos Frowning Clouds. Apuntade de paso un par de álbumes de jazz que nos encantaron coma o "Liquid Spirit" de Gregory Porter e o "Time Travel" de Dave Douglas, ou o "Victim of Love" do soulman Charles Bradley. Tamén outros máis eclécticos coma o "II" dos Unknown Mortal Orchestra, ou algún dos varios proxectos de Robert Pollard (entre Guided by Voices, Devils Circus e Pollard en solitario). Pero sobre todo costounos deixar dous fora, o "Back to Land" dos Wooden Shjips e o "Desperation" dos Oblivians, para facer trampa estivemos a punto de facer unha lista de os 13 dos 2013, pero finalmente cumprimos co prometido de deixalo en 10.

Así que sen máis preámbulos, aquí os tedes. Xa nos comentaredes que vos parece. Para nós, estes foron os mellores álbumes do 2013:


10_
BEN HARPER with CHARLIE MUSSELWHITE 
"Get Up!"
(Stax Records, 2013)

Despois de bastantes anos deixándonnos traballos moi irregulares, Ben Harper voltou neste 2013 para deixarnos todo un discazo de blues xunto cun dos bluesman máis míticos, o xenio da armónica Charlie Musselwhite, e lanzado dende o mítico selo Stax... Este "Get Up!" contén algunha melodía soul, un par de ramalazos moi rockeiros e logo blues sen contemplacións en tódo-los seus paus posibles.



9_
CALIBRO 35 
"Traditori di Tutti"
(Record Kicks, 2013)

Este é un dos álbumes que máis escoitamos ó longo de todo o ano. "Traditori di Tutti" é o terceiro álbum dos italianos Calibro 35, hoxe en día unha das mellores e máis potentes bandas europeas de funk rock. Nesta traballo recrean a súa propia banda sonora da novela "Traditori ti Tutti" de 1966 de Giorgio Scerbanenco, un dos mestres da novela negra italiana. Por suposto tódo-los títulos fan referencia a persoaxes e pasaxes da novela, e sempre a toda pastilla e con ritmos mois potentes... e por suposto os seus videos son como a adaptación cinematográfica que nunca se fixo!! Discazo!!



8_
TY SEGALL 
"Sleeper"
(Drag City, 2013)

Promocionado coma un álbum depresivo, con tanta insistencia nas traxedias que rodearon a súa vida persoal nos últimos meses, que case te obrigan a deprimirte na primeira escoita, pero aínda que "Sleeper" é un álbum moito máis explicito e duro nas súas letras, mantén a súa linea literaria igual de desenfadada que sempre, a gran diferencia é que se trata dun álbum acústico, se iso é posible no seu universo ultra-lo-fi... pero o certo é que sí, cambia guitarras eléctricas por acústicas, e todo semella máis sinxelo, tranquilo e coherente... pero non vos deixedes enganar, segue a ser outra entrega de Ty Segall, coas melodías de sempre que xa lle gustarían a moitos.




7_
NICK CAVE & THE BAD SEEDS 
"Push the Sky Away"
(Bad Seed Ltd., 2013)

A pesar de que Nick Cave conta en case tódo-los seus proxectos cos seus colaboradores habituais, había xa cinco anos do seu último traballo firmado con The Bad Seeds. E lonxe de aquel "Dig, Lazarus, Dig!!" retoman o seu lado máis intenso e tenebroso, máis pausado pero igual de furioso e socarrón que noutras ocasións, sempre mantendo unha tensión a punto de estoupar, aínda que nese complicado equilibrio desta vez sempre gaña a contención. Dende os susurros da inicial 'We no who u r' ata o 'Higgs Boson Blues' que ten ós únicos momentos de rock fugaz, e por suposto a estremecedora 'Jubilee Street', que case por ela soa vale máis que moitos discos enteiros.



6_
BASS DRUM OF DEATH 
"Bass Drum of Death"
(Innovative Leisure, 2013)

Unha marabilla que gaña con cada escoita. Rápido, furioso e divertido, son once cañonazos sen pausa, de inspiración sixtie, de garage psych, toques surf, saturado de fuzz, e con bastante cacharrería, o mesmo que o anterior, con boas melodías e coas pausas xustas para non esgotar a fórmula, e así se suceden un tras doutro 'I wanna be forgotten', 'Shattered me', 'No Demons', 'Fine Lies' ou 'Way Out' ou a estremecedora 'Faces on the wind'. John Barrett xa firmou o mellor álbum para este blog no 2011, e agora repite moi arriba coa segunda entrega dos BDOD.



5_
GRANT HART 
"The Argument"
(Domino, 2013)

Das dúas cabezas máis visibles do míticos Hüsker Dü, Bob Mould sempre recolleu moito máis recoñecemento e certo éxito cos seus proxectos e traballos posteriores, aínda que planos e por veces máis que aburridos, mentres que o cantante e batería Grant Hart seguiu arriscando en novas fórmulas, ben con Nova Mob ou coa súa carreira en solitario. Nos últimos anos semella coma se estivera botando os restos, aumentando o seu ritmo de publicacións, por se lle quedara pouco ou algo así... de saúde non anda moi ben, pero iso xa é unha apreciación nosa. 'The Argument' son 20 temas inspirados na revisión teatral de William S. Burroughs sobre o Paraíso Perdido de John Milton nos que ataca tódo-los paus da súa carreira, pop preciosista, folk, psychodelia, algúns ramalazos punk, glam e por suposto power pop por todas partes, ademáis de algún pasaxe máis truculento. Grant Hart still alives!!



4_
DEERHUNTER 
"Monomania
(4AD, 2013) 

Deerhunter publicaron no 2010 un dos mellores álbumes que recordamos nos últimos anos, aquel "Halcyon Diggest" era unha ruptura total con todo o que fixeran antes, se ben tódo-los proxectos de Bradford Cox eran unha fuxida do anterior, en catro álbumes e media ducia de eps pasaron do noise máis cáustico ó dream pop sesentero do 2010, de ruidismo e metrónomos kraut ata as melodías perfectas de hai uns anos. 
Neste "Monomanía" é coma si estivera posuído polo espiritu do seu amigo Jay Reatard e fuxen de todo o pop luminoso e preciosista (aínda que aparecen momentos) para entregar unha colección furiosa de temas lo-fi de inspiración garaxeira, dende a inicial 'Neon Junkyard' ata a perfecta 'Dream Captain', a abrasión pura de 'Monomania' ou a máis psychodélica 'Sleepwalking'. Outro álbum perfecto dos Deerhunter.



3_
THE BEVIS FROND
"White Numbers"

(Woronzow, 2013)

Este "White Numbers" é algo así como a vinganza dos Bevis Frond, por que Nick Saloman volve coma un dos seus vellos traballos e ademáis ó grande. Só con ver esa portada cutre, enxebre e coma se estivera feita a toda presa, sabes que o mellor Saloman está de volta. Son 24 temas que suman máis de 2 horas de de tódo-los seus rexitros posibles, dende pop luminoso, furiosos cañonazos acelerados, distorsión, power pop e sempre con esa cadencia de psychodelia sixtie e as súas melodías perfectas. Só coa inicial 'Begone' e a súa forza pecha tóda-las bocas dos que botábamos de menos os seus temas de outros tempos, e dende ahí de todo o que poidades imaxinar, temas breves e directos ou longos desenrolos ata a despedida coa mastodóntica 'Homemade Traditional Electric Jam' de nada máis e nada menos que 42 minutos de instrumental!! Un dos maiores xenios da psychodelia e do rock do último cuarto de século nun estado de forma incrible, ademáis un dos nosos imprescindibles!!



2_
THEE OH SEES 
"Floating Coffin"
(Castle Face Records, 2013)

Cada ano sempre hai un álbum dos Thee Oh Sees entre os favoritos aínda que moitas veces non reciban o recoñecemento xeral. Cecais a súa gran actividade sexa un inconvinte aínda que quenes os seguimos esteamos encantados, pero desta vez parece que conseguiron face-los seu gran álbum. Segundo John Dwyer había moito tempo que non facían un álbum entre tódo-los membros da banda, e dende que a comezos de ano lanzaran de xeito gratuíto o seu primeiro single 'Minotaur' centraron a atención unánime de case todos. Desta vez o clavaron!



1_
THE SUFIS 
"Inventions"
(Ample Play Records, 2013)

No 2012 firmaron un dos debuts que máis nos chamaron a atención, e para esta segunda entrega afondaron aínda máis no pop psychodélico. Moitos toques de folk, sitares e xogos de voces. Dende que comeza co 'All of the Time' coa base do Taxman, ou pezas tan divertidas coma 'No Expression', neste álbum vos será imposible escoller cal é a vosa canción favorita. Sí, apesta a Beatles, a Soft Boys, a Syd Barrett ou calqueira outro artefacto beat pasado de voltas, o mellor pop psych dos 60s, pero sempre directos e urxentes, todo-los temas resoltos en menos de tres minutos para que lle poidas dar tantas voltas seguidas como queiras.



martes, 7 de enero de 2014

5 video clips do 2013

Comezamos coas nosas seleccións do mellor do ano, aquí van os nosos  cinco videoclips preferidos do 2013.


David Bowie 'The Stars (are out tonight)'




Calibro 35 'Giulia mon amour'




Hanni El Khatib 'Pay no Mind'




Wooden Shjips 'Back to Land'




King Khan & The Shrines 'Darkness'



viernes, 3 de enero de 2014

Sáb.11: Singles2013

E xa vai sendo horas que poñamos orde a todo o que temos para este mes de xaneiro, este mesmo sábado comezamos con Marinocha, pero comezamos con todo o que ven despois.
A seguinte semana toca a sesión Singles2013 (sábado 11 de xaneiro) con Kurco Vs. Munstaphà dende a cabina, unha noite para destripa-los mellores singles, álbumes e bandas do 2013. Para o cartel estivemos a voltas con Bárcenas, Walter White vs Heisenberg e cousas semellantes, pero finalmente aquí tedes a opción gañadora: Nadezhda Tolokónnikova das Pussy Riot.

Ademáis podedes seguir todo o noso resumo do ano, listas e demáis coa etiqueta singles2013.


jueves, 2 de enero de 2014

tóda-las sesións do 2013

Continuamos co repaso do 2013. 
Aquí tedes tóda-las sesións do ano, alomenos tóda-las que deixaron arquivos de descarga, que foron a maioría. Faltan algunhas de Kurco, unhas cantas da serie Black Grooves, varias Monkey Sessions, e logo outras moitas temáticas como as que adicamos a Lou Reed ou a Billy Childish, ou a triunfada de hai un par de noite de Jaleo, estivérades ali!! 
O resto están todas aqui, 23 sesións para descargar, a ver cantas vos faltan...


Always Amazing Marinocha!! (5 xaneiro 2013)
Nada mellor que comezar o ano cunha sesión de Marinocha, desta vez en solitario, igual que repetirá no 2014, always amazing, un clasicazo!!

Marinocha xaneiro 2013.
[descarga]


Singles2012 Kurco Vs. Munstaphà (12 xaneiro 2013)
Outra sesión de longa tradición... alomenos que teñamos constancia dende o 2004 levamos facendo, o Singles de cada ano no que repasamos o mellor do ano anterior, dous volumes un de cada selector.
Singles2012.
[descarga vol1 - vol2]


Singles2012 GZ Canibal (12 xaneiro 2013)
Volume extra da noite de Singles2012 adicado ó GZ Canibal, e a selección feita a medias por Kurco e Munstaphá, aínda que con moita guerra para chegar a acordos desta vez...
Singles2012 GZ Canibal.
[descarga]


Jazzerz Session: Dizzy!! (18 xaneiro 2013)
Cumpríanse 20 anos da morte de Dizzy Gillespie, e ben merecía un modesto homenaxe. Non puidemos facer un concerto para a ocasión, así que montamos unha das nosas sesións intermitentes.
Jazzerz Bebop Session: Dizzy!!.
[descarga]


Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! (22 febrero 2013)
Primeira entrega da serie Black Grooves do 2013, que lle adicamos ó filme Superfly, coa obra mesta de BSO de Curtis Mayfield coma guía e o resto todo temas de blaxploitation.
Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! (#13).
[descarga]


Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! (22 marzo 2013)
A segunda entrega das Black Grooves chegou en marzo, e foi ata o de agora a máis ecléctica de todas cantas recollimos para descarga, con bandas e artistas actuais, e moito crossover.
Fuck'U whiteys... Black Grooves!! (#13).
[descarga]


Odio Comic Sans djSet (13 abril 2013)
Unha das grandes sesións do ano no-la ofreceron os 4 responsables do blog Odio Comic Sans, da man de Comomepos Producións. Ofreceronnos unha fantástica dose de rock'n'roll nos pratos!! 
Odio Comic Sans djSet.
[descarga vol1 - vol2 - vol3 - vol4]


Trash Trash Trash #4 (20 abril 2013)
Volvían as sesións Trash Trash Trash á nosa cabina, unha esperada 4ª entrega, por suposto de auténtica basura ben mesturada.

Trash Trash Trash #4.
[descarga]

Trash Trash Trash #5 (11 maio 2013)
E poucas semanas despois facíamos a continuación da serie Trash Trash Trash por seguíamos tendo unha boa morea de auténtica basura da boa para mesturar.
Trash Trash Trash #5.
[descarga]


GZ Canibal (17 maio 2013)
17 de maio, Día das Letras Galegas, a ocasión era perfecta para unha sesión de GZ Canibal, aínda que algún asistente esperaba unha sesión da movida dos 80... non señores isto era outra cousa!.
GZ Canibal.
[descarga]

Fuck'U Whiteys Black Grooves!! (14 xuño 2013)
Nova entrega das Black Grooves, desta vez co seu formato habitual, sen temática algunha nen preparación, o que salga, e quedou algo coma esto.


100% pure Cacatone Surf Sounds! (29 xuño 2013)
Somos uns privilexiados por conseguir que un tipo coma Michi Cacatone se apunte para pinchar no Rif-Rock un par de veces cada ano. En xuño ofreceunos un especial de Cacatone Surf Sounds!! Animalada!!


Marinocha "Gas Mask" (20 xullo 2013)
Xa metidos case no noso 14º Aniversario tocaba compartir outra sesión de Marinocha Über Alles!! ameazando con máscara de gas incluída...

KURCO GOOsystem! (27 xullo 2013)
Outra sesión pre-Aniversario, Kurco en algo así coma GooSystem... despois de varias noites do ano esta era a primeira ocasión na que nos deixaba unha sesión para decargar.

14º Aniversario do Rif-Rock (agosto 2013)
O clásico de cada verán, o noso recopilatorio de cada Aniversario... isto non é unha sesión, pero algúns xa os teñen coma coleccionables, e outros alardean de te-los todos dende o primeiro en discos orixinais. Pero coma sempre para todos os que queirades sempre vo-los deixamos despois en descarga directa, este foi o do noso 14º Aniversario.


Trash Trash Trash #6 (6 setembro 2013)
Despois do verán volvíamos con ganas de Trash Trash Trash, con menos basura do habitual e moito de postpunk escuro gótico e arrítmico.


Psych Sounds (60's Shake!) (11 outubro 2013)
Esta é unha desas sesións que facemos menos do que nos gustaría por que senón estaríamos cada fin de semana adicándonos ó garage, psych e freakbeat, cun terrible sonido orixinal...
PSYCH Sounds!.
[descarga]


Marinocha Über Alles (19 outubro 2013)
Nova entrega de Marinocha Über Alles xa ben metidos no outono. O cartel igual non se entendeu moi ben (!!!) pero si escoitades esta hora que nos deixou igual o pillades todo todo todo...

Trash Trash Trash #7 (16 novembro 2013)
Entrega número 7 das Trash Trash Trash e última xa do 2013. Moita máis basura ben mesturada, coma se Richard Kiel estivera poñendo discos cos dentes!!


Fuck'U Whiteys... Black Grooves! (22 novembro 2013)
Logo de varias entregas das Black Grooves, en novembro volviamos deixarvos archivo para descarga... pero que non vos confunda o cartel, nada de Love Boat á vista...

Comomepos "Unga-Bunga Session" (23 novembro 2013)
En novembro volvía Comomepós á nosa cabina, logo de moitos eventos pasándose somentes coma productor, para comezar coas Unga-Bunga session en plan Russ Meyer ou algo así sen complexos...
Marinocha "Movember13" (29 novembro 2013)
O último venres de novembro facíamos a nosa despedida de Movember, coa xuntanza de bigotes solidarios e a repostería de H.(punto). Na cabina todo o protagonismo para Marinocha
Movember13.
[descarga]


Fuck'U Whiteys... Black Grooves! (27 decembro 2013)
Última entrega das Black Grooves do ano, das máis divertidas en concurridas que lembramos. Con Angela Davis no cartel, aínda que a sesión non quedou tan reivindicativa.

E xa no 2014 seguiremos...


mellores momentos do 2013...

Continuamos resumindo o 2013 cos mellores Momentos do Rif-Rock. 

Por cuestións obvias deixamos atrás algún acontecemento after-hour... (estivérades alí!!!) Así que facemos esta escolma de 10 grandes momentos, case todos concertos, claro, entre os que teredes que escoller cal foi para vós o mellor do ano. E por suposto si se vos ocurre algún outro tamén o podedes engadir.


MUERTE POR COWBELL (concerto 16 febreiro 2013)
Tras varios anos de preparativos, idas e voltas, moitos flyers e videos promocionais Muerte por Cowbell nos ofreceron o seu homenaxe a Frank Zappa co que tanto tempo nos levaban ameazando. Foi o primeiro concerto deste ano. Catro valentes que nos ofreceron dous pases breves que por diferentes motivos non defraudaron a ninguén, e nos que repasaron un bo e complexo repertorio da discografia de Zappa post-Mothers: Cosmic Debris, Bobby Brown, Willie the Pimp, What's the Ugliest part of your body?, My guitar wants to kill your mama, Peaches in Regalia, e a máis personal de todas, a adaptación do Muffin Man 'O Home Filloa'!! todo pasado pola trituradora desvergonzada dos Muerte por Cowbell!!




RADIOACTIVE TOY (concerto 8 xuño 2013)
A nova banda de David Falcón debutaba en Cambados no Rif-Rock na mesma semana que botaban a andar en directo, para presentarnos a súa proposta de post-rock de alto voltaxe, ademáis de unhas cantas pezas instrumentais en plan jam session xunto con Alberto Chaves. Entre os seus temas nos deixaron pezas tan elaboradas coma este 'Be Quiet and Swim': 




THE MUDDY BEERS (concerto 14º Aniversario 6 xullo 2013)
Como cada ano comezamos xullo celebrando o aniversario, e o primeiro dos concertos que vos ofrecemos foi un dos máis especiais en moito tempo: Jorge, Martin e Choche volvían ó Rif-Rock co seu novo proxecto The Muddy Beers, logo da desaparición de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre. Un concerto espectacular, para unha noite infernal, en medio da vaga de calor máis forte que recordamos, co local convertido nun auténtico forno, pero The Muddy Beers atacaron sen contemplacións clásicos dos 50s, r'n'b salvaxe, garage e punk rock para unha posta de largo memorable!! e un final así...




LOS DIABLITOS (concerto 14º Aniversario 13 xullo 2013)
Noite ye-yé para despedir o noso aniversario. A banda da casa convertiuse por esta noite en Los Diablitos, cos habituais Isidro 'Incomodo' Dozo, o mestre Karlos Abal e Piti, xunto con Bruno Barreiro como convidado. Un repaso polo spanish ye-yé dos 60s, unha festaza con pezas tan divertidas coma esta:




5ª Festa do Bigote (5 de agosto 2013)
Data obrigada no noso calendario, un día duro e moi longo a golpe de domingo do Albariño, pero que sempre é dos máis divertidos do ano, a Festa do Bigote que organizamos no Rif-Rock xunto con CTK e que este ano chegou á súa 5ª edición oficial, con bos disfraces, persoaxes disparatados e discursos grandilocuentes, grandes premios, berros de tongo e os suculentos sobornos ó xurado. E coma sempre coma nos últimos anos, con Marinocha como mestra de cerimonias.




DAVID R. VALEIRAS (concerto 23 agosto 2013)
Por segunda vez tiñamos no Rif-Rock ó ourensán David R. Valeiras para despedir o verán, novamente da man de Comomepós Produccións. Nesta ocasión contou co gran Mathieu como corista e o acompañamento de Miguel Costas para unhas cantas pezas:



Acústicos no Pombal asdfasdf
En setembro e outubro fixemos un par de entregas dos Acústicos do Pombal, unha nova campaña do Club Xuventude Baloncesto na súa nova andaina na LEB Plata 2013-14 en colaboración co Rif-Rock dunha idea orixinal de Xaco Aragunde, na que participan bandas ou músicos que tiveran formado parte do clube. A nós pareceunos unha xenialidade dende o primeiro momento, e nin o pensamos dúas veces antes e aceptar o encargo. Esperamos que o resultado tamén vos gustara a todos. 
A primeira entrega publicada o 24 de setembro, está protagonizada por unha das nosas banda favoritas do momento, THE MUDDY BEERS, e o tema 'Cambados on my Mind', a súa adaptación do 'California on my mind' de Merle Haggard, e que foi o tema que inspirou esta iniciativa durante un concerto no aniversario do Rif-Rock.
Na segunda entrega foron os ABAL BROTHERS, con Yeyo e Karlos interpretando man a man 'La Canción del Soldado' de Le Punk, todo un sorpresón para moitos, aínda que algún xa o largara antes na prensa...



LA4PARED (concerto 26 outubro 2013)
Igual que no ano anterior, Gus Fernández veu despois do verán para ofrecernos unha nova entrega do formato acústico de La4Pared, en solitario, coa súa guitarra e o seu infinito kit de pedais, loops e demáis efectos, ademáis de presentarnos algúns dos temas da nova maqueta coa banda ó completo, e algunha versión tan curiosa coma esta:




BREAKIN' BONES (concertos 9 marzo e 9 novembro 2013)
O 2013 tamén podería ser recordado coma o ano no que os Brakin' Bones fixeron doblete no Rif-Rock. O 9 de marzo viñeron a presentarnos a súa nova maqueta, o "Breakin' Bones EP" co seu curioso formato de psychobilly acústico. E xa novembro voltaron para comezar a súa nova xira de inverno con novos temas e moitas gañas de repetir no noso local, de novo co seu formato acústico, un show tremendo de psychobilly que moitos non se quixeron perder, precisamente por cousas coma esta:




DAVID FALCÓN (concerto 21 decembro 2013)
A para despedir a música en directo por este ano no Rif-Rock contamos con David Falcón, que nos ofreceu un amplo repertorio dos seus propios temas e moitas versións ben acompañado por amigos: Kike Barreiro, Alberto Chaves, e ademáis para presentarnos o seu último proxecto, The Sharknados, xunto con Manuel Méndez e Andrea Area. A día de hoxe aínda non subimos todo o concerto, pero podedes polo momento teredes que conformarvos con esta versión do Let's Wade in the Water que sona así de ben:




Con esta selección podedes ir repasando todos estes momentos no Rif-Rock durante o 2013, algún seguro que tamén inclúe a super festaza de Fin de Ano con CuatroFotos e Dj Jaleo, pero eso xa é cousa vosa...
Si vos decidides votade, cun comentario nesta entrada, no noso facebook, por mail... como queirades, e xa sabedes que logo hai premio!!