Mostrando entradas con la etiqueta New Rippers. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta New Rippers. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de febrero de 2013

[Revival Rif-Rock] Gary Tormento, New Rippers 2004

Xa hai unha boa tempada que moitos de vós nos vides reclamando que subamos material vello do Rif-Rock, de concertos e outros shows que se remonten ata o século pasado cando abrimos alá polo 1999. É certo que salvo algunhas cousas vellas que compartimos polo 10º Aniversario, case todo o material previo á apertura do blog e do facebook e todo iso, quedou bastante esquecido por discos duros e ata en carretes de 35mm. A tarefa non é sinxela, pero por algo hai que comezar. Iremos subindo baixo a etiqueta Revival Rif-Rock para que atopedes dun xeito moito máis cómodo este material no blog.

De primeira tedes a Gary Tormento (dos New Rippers) subido na barra antes de saltar enriba do público no que sen dúbida foi o concerto máis destroyer da historia do noso local. Eran os fantásticos New Rippers, que viñeron como cuarteto convertidos en Deprevados (no fondo tedes a Martín, aka Howlin'O-Lorre na batería). Foi en outrubro do 2004


martes, 11 de diciembre de 2007

New Rippers en directo

Nin eles mesmos lembran xa de cando é este vídeo, pero debe ser do 2000 ou 2001, no Woodstock de Portonovo... recuperado recentemente para o blog do Trasno (non deixedes de visitalo!!! que sempre pode haber sorpresas coma esta...)
ahí os tedes, isto xa é vello pero siguen moi vivos, con todos vós os
NEW RIPPERS

domingo, 17 de junio de 2007

New Rippers en Concerto


RifRockerz recomendan como competencia á nosa 'GROOVENITE' adicada ó funk, soul, rhythm'n'blues e boogaloo... todo un espectáculo en directo:
Sábado 30, as 12 da noite, no TNT de Ogrobe

concerto salvaxe dos
NEW RIPPERS
... e para que vos vaiades facendo as gañas, aquí tedes en primicia o enlace para descargarvos un corte da súa nova maqueta 'Live in Vigo' gravada en directo, e que será o adianto de algo moito máis grande... que o disfrutedes.
New Rippers- New Rippers Are Back!!!.mp3 (5.7 MB)