Mostrando entradas con la etiqueta votacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta votacións. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de febrero de 2010

Vota os novos temas de UNDERTOWN.

Dende hai un par de días a banda UNDERTOWN do sr Karallada, nos leva presentando os seus novos temas, tanto no seu grupo de facebook coma no myspace e agora nos propoñen unha votación para escoller un có que facer un video clip.


Os temas son estes:



así Q facédevos seguidores do seu grupo en facebook e a votar!!!

miércoles, 30 de diciembre de 2009

O mellor momento do RIF-ROCK en directo no 2009.

Coma en anos anteriores imos pedir a vosa colaboración:
Escolle o mellor momento en directo
do RIF-ROCK ó longo deste 2009
que remata, aquí tedes unha pequena selección dos mellores momentos a modo simbólico, creo que son 13 (e por qué tiñan que ser 10? pois non, 13!!!) aínda que nalgunha ocasión se escollen 2 do mesmo día...
A ver si vos atrevedes a escoller!!!
Pero tamén podedes votar por algún que non esté aquí recollido eh???
Veña!!! DEIXA OS TEUS COMENTARIOS E VOTA!!!
- 21 de Febreiro.
O concerto de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE presentando a súa nova maqueta:
- 7 de Marzo.
O tremendo show 'K7' con DjCHOEU e NEWRA pinchando a pelo con cassettes, e logo KOSALA MICOSA (ex-Casiopeo) nunha das súas tolas performances.
Aquí tedes a Newra e DjChoeu conseguindo o imposible...
e aquí a KOSALA MICOSA co seu novo hit "O Meu Odio".
- 16 de Abril.
Concerto de debut dos BETA TESTERS, isto foi en Santiago, non no Rif-Rock, pero como o prepararon polas tardes no Rif, tamén conta. 'Fortune Faded':
- 18 de Abril.
O regreso de ISI VAAMONDE a Cambados, presentando o seu novo ep "Unsportsmanlike World". Todo un luxo e un pracer para nós, aquí 'Personal Jesus':
- 25 de Abril.
Concerto en Sesión dobre, con dúas bandas do Karallada Sound Factory: The Even Flow Experience e The Undertown Project.
Aquí vai un clásico do Rif-Rock por THE EVEN FLOW EXPERIENCE facendo a The Cure.
E aquí a THE UNDERTOWN PROJECT facendo 'Would' de Alice in Chains:
- 4 de Xullo.
Comezamos a celebración do 10º Aniversario do Rif-Rock cun concerto de auténtico luxo, LOU REYES Y LOS ASTROS, que nos presentaron a súa versión de 'Miserlou':
- 17 de Xullo.
Para continuar co Aniversario AIRAS ofrencéronnos un fantástico concerto acústico, con espontáneos incluídos. Aquí facendo 'O Muro':
E o mesmo día, Tino o Fico colleu a guitarra para devolvernos 20 anos atrás e facer de novo 'Que difícil es ser Punky en mi Pueblo' de ONE TOXO:
- 12 de Setembro.
Por fín tíñamos o concerto aprazado dende Xullo que pechaba as actividades do 10º Aniversario. Aquí un momento irrepetrible, LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE dándolle a alternativa ós coros a Dj JALEO (aka "Esa peñita", aka "movidillas brighton", aka "pipolita", e moitos etcs) que por suposto agradeceu a oportunidade. Tremendo 'Gorilla'...
- 18 de Decembro.
Coma tódo-los anos a RIFROCKERZ BLUESBAND con Paco Charlín á cabeza ofreceunos un novo concerto de nadal. Aquí vos deixo dous momentos, primeiro coa formación orixinal facendo algo así como 'Suck my Kiss':
e logo a RifRocKerZ BluesBand con Virxilio da Silva:
Desta vez é obrigado deixar comentarios.
PARTICIPADE!!!!