Desta vez imos cinco anos atrás, cara o 25 de decembro do 2015, para lembrar un dos concertos da segunda edición do Nadal Soul, que durante varios anos organizamos xunto co Continental.
Naquela ocasión The Sharknadoos facían doblete, un concerto en cada local, o sábado 19 no Conti, e o venres 25 no Rif-Rock. Paraban por unha tempada, e querían deixalo ben arriba. Finalmente foi a súa despedida, ou alomenos ata o día de hoxe. Sen dúbida un dos concertos maís petados de cantos fixemos no local nos nosos 20 anos de vida. Así se despide unha banda. Como os botamos de menos...
Aínda tiñamos pendentes de subir material do último concerto do ano.
Aquí tedes uns cantos temas da jam de Nadal que nos ofreceron os Drama Queens o 30 de decembro. A big band montada para a ocasión estaba formada por: Quique Barreiro: voz David Falcón: guitarra, baixo e voz Rubén Iglesias: baixo Victor Karallada: guitarra, coros Miguel Costas: piano, efectos e máis Matías Leiro: guitarra e voz Bruno Canario: batería e máis trebellos E ademáis fóronse sumando: Kevi Aragunde: guitarra e voz Carlos Abal: guitarra Noa Castro e Rubén Arenaz: voces Sodes moi grandes cracks! unha ducia de temas tomados das súas bandas sonoras favoritas, sen apenas ensaios xuntos e algunha imporovisación máis, un concerto que xa é un clásico do Nadal.
Deixámosvos cinco temas dos Drama Queens, e ademáis houbo sesión golfa, con Kevi Aragunde e Carlos Abal facendo uns cantos temas de Airas.
Noutra ocasión subiremos algo diso, estivérades ali... Moitas gracias a todos!!
Sempre aproveitamos o de facer un pequeno repaso polos concertos e outras festas especiais do ano, para que tamén vós digades cal, ou cales, foron os mellores momentos de cada ano no Rif-Rock.
Non foron tantos concertos coma o ano anterior (é imposible repetir iso), pero pensamos que tamén estará difícil a cousa. De algúns non temos moito material gráfico, ou aínda están pendentes de subir completos, pero con estas 9 propostas que deixamos aquí xa tedes bastante para escoller, pero poden ser outras, calqueira sesión, festa de Fin de Ano, o que queirades!.
Podedes votar nos comentarios desta entrada, ou através do facebook, por mail... ao voso gusto. Tedes sobre uns 10 días para facelo.
Ahí van unhas cantas propostas:
BREAKIN' BONES (18 de marzo 2017)
Estes non podían faltar. E o fixeron por partido dobre, pero en condicións moi diferentes. En marzo foron os protagonistas do primeiro concerto do ano no Rif-Rock e ademáis presentaban o novo lanzamento de Ulomanía Coop, "Pura Maldad" (Ulo-002), un vinilo de 7'' con catro trallazos marca da casa. Un show fantástico que nos ofreceron aquela noite. Lamentablemente foi dos últimos con esa formación.
OÚ SONT LES FEMMES? (programación especial marzo).
Non sei se algunha das sesións de marzo foi para vós das mellores do ano, pero seguro que a programación conxunta Où sont Les Femmes? foi outra vez do mellor do ano para moitos de vós, con cinco das nosas mellores amigas facéndose cargo da cabina ó longo de todo o mes, con cambios de última hora, e sesión sorpresa no última día.
DEAD WOOD (15 abril 2017)
O sábado de Semana Santa foi o turno dos Dead Wood coa formación completa, zanfoña incluída. Volvían ao Rif-Rock coa súa xira "Spirit Away Tour", que precisamente comezará na Noiteboa anterior (mellor momento do Rif-Rock 2016 por unanimidade), e ademáis xa nos presentaron novos temas.
Moi pronto os teremos de volta.
LOS KING KONGS (18º Aniversario Rif-Rock, 8 xullo 2017)
O sábado 8 de xullo foi o prato forte do noso 18º Aniversario, co directo de Los King Kongs, banda para a ocasión que montaron entre Los Wavy Gravies, e o contrabaixo de Koko (Breakin' Bones e Pegas Negras). Dende aquel show xa quedaron todos integrados en Los Wavy Gravies. Concerto de moito nivel, cheo de clasicazos do rock'n'roll maís primitivo, sons de serie b, moito surf, garage e co revival de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, por suposto rematando con Michi Calambres no escenario para o tema de despedida. Animalada!!
9ª Festa do Bigote (6 agosto 2017)
Como cada ano, unha das festas máis grandes que se monta no Rif-Rock. Nesta ocasión con Sanni Cerviá de mestra de cerimonias e con Edu Charlín de PC Barbería facendo de padriño unha vez máis, e cos seus tremendos agasallos para os premiados. Nesta 9ª edición os gañadores foron Denis Pintos, Olalla Novas e Vitor Dominguez. Noraboa outra vez. O próximo ano máis.
TIM HOLEHOUSE (14 outubro 2017)
En outubro por fin tivemos a Tim Holehouse no Rif-Rock. Levábamos tempo con gañas de traelo, e ao fin apareceu a oportunidade de repetir cos de Ulomanía Coop. Gracias a Bosco dos Family Folks e ao Sheriff Lorre por facelo posible.
Concerto intenso e divertido como poucos que teñamos feito no local. Tim ofreceunos hora e vinte cos seus temas en acústico, adiantounos algún do seu próximo álbum, e ofreceunos unha chea historias super tolas con anécdotas das súas xiras polo mundo adiante. Por suposto, para rematar o seu hit 'Long Road to Nowhere'. Un tipo xenial, esperamos telo de volta na súa próxima visita.
NUNES, un tributo aos AIRAS (4 novembro 2017)
Das cousas máis bonitas que tivemos xamáis, a homenaxe aos Airas. Era un segredo a voces, pero entre todos conseguimos que para os protagonistas fose unha sorpresa ata o final. Foi un enorme currazo de David Falcón, Quique Barreiro, Rubén Arenaz, Noa Castro, Matías Leiro, Cruz Alfonso, Bruno Canario, Xacobe Abal, Alberto Rial e Guadi Galego, sodes moi grandes!!, un concerto fantástico co que nos fixéchedes revivir momentos moi especiais, sobre todo a sorpresa que se levaron Kevi, Carlos, Sito e demáis membros da familia Airas.
BREAKIN' BONES (23 decembro 2017)
Polo Nadal volvían os Breakin' Bones. O seu concerto de retorno, con novas ganas, novos temas e nova formación. Presentaban Jorge Arenaz como novo contrabaixista, que lles aporta un son moi distinto o anterior. Foi o primeiro show que montamos da nosa programación especial de Nadal.
DRAMA QUEENS (30 decembro 2017)
Segundo concerto da programación de Nadal, e nova reinvención da big bang da casa. Nesta ocasión escolleron temas dos seus filmes favoritos, e despois do show, mini concerto sorpresa de Airas con Carlos Abal e Kevi Aragunde aos mandos. Unha noite tremenda!.
Logo de moitos meses sen actividade, os Breakin' Bones ao fin volvían aos escenarios. Escolleron o Rif-Rock para o retorno, case onde o deixaron, pero sobre todo para presentar a un cambadés como novo membro. Novo contrabaixista e novo sonido, tense que notar o cambio! ademáis de algún invento de Dani na batería... e claro, tamén un puñado de novos temas que nos presentaron. Foi un pracer telos de volta, e o persoal tamén tiña moitas gañas de velos de novo, local abarrotado como merecía a ocasión.
Arranca a xira Tiros Largos, moita sorte amigos!! ata a próxima!!.
A estas alturas pouco máis queda por dicir do concerto do sábado, moitos comentarios nas redes, o detalle da prensa, e o recordo dun intenso día que se prolongou dende a sesión vermú ata a noite.
Tan só volver a agradecer a ese equipazo de dez persoas que formaron os NUNES, por todo o curro destas últimas semanas para ofrecernos ese homenaxe tan bonito, por escoller ao Rif-Rock para facelo, e por suposto tamén aos demáis implicados para que fose unha sorpresa ata o último momento.
E a todos, unha vez máis, por participar e amosarlle a Kevi, Carlos e demáis membros da familia AIRAS todo ese cariño: Sito, Vie, Eladio e Alberto (que estaba nos dous bandos), esperamos que vos gustara tanto como a nós.
Os membros da banda:
David Falcón: guitarra e voces
Quique Barreiro: voces e guitarra
Rubén Arenaz: voz
Alberto Ríal: contrabaixo
Noa Castro: voces, baixo, ukelele
Cruz Alfonso: teclados
Matías Leiro: guitarra
Bruno Canario: batería e máis
Xacobe Abal: voz e ukelele
Guadi Galego: voz
ENORMES!!
Xa só nos queda mostrarvos videos do concerto.
Aquí o tedes (case) todo en lista de reproducción:
Fantástico fin de semana para festexar o noso 18º Aniversario. Ao final quedou cun programa máis reducido que en anteriores ocasións, pero as axendas mandan. Prometemos incluir algunha das cousas que nos quedaron atrás nos próximos meses.
O venres 7 foi o turno da sesión de Ptooff & Bimba Pop, era a primeira vez que compartían a cabina nun fin de semana de cumpreanos total e seguro que repetirán.
O sábado 8 o prato forte, co directo de LOS KING KONGS, banda para a ocasión montada entre Los Wavy Gravies, e o contrabaixo de Koko (Breakin' Bones e Pegas Negras), e tampouco podemos esquecernos de Vanessa que se fixo carga das maracas en cada tema que a reclamaron. Un show de moito nivel, cheo de clasicazos do rock'n'roll maís primitivo, sons de serie b, moito surf, garage e co revival de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, por suposto rematando con Michi Calambres no escenario para o tema de despedida.
O fin de festa correu a cargo de Calambres, coa tremenda sesión ata o peche, garage, punk, distorsión e xoias do baúl das que sempre collemos moitos apuntes.
Gracias a todos por apuntarvos á celebración, así da gusto seguir cumprindo anos, e por suposto a todos por vir, que senón nada disto tería sentido. Pero especialmente á panda do cumpreanos total que chegaron armados de caretas dos king kongs para sorprender á banda. Detallazo!
Xa tedes o subido o concerto completo na nosa canle de youtube, na anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4), ou todo seguido en lista de reproducción:
Esta semana se cumprían cinco anos da primeira visita dos BREAKIN' BONES ao Rif-Rock. Eran a mellor banda de psychobilly do país e para nós foi todo un luxo telos no noso local. Chegaban coa súa formación orixinal, con Santi Mascareñas á guitarra e voces, Koko ao contrabaixo e coros, e Berto á batería e voces.
Foi un espectáculo impresionante que nos deixou alucinados. Logo viñeron moitos máis concertos ata convertirse nuns habituais dos nosos directos, e nos últimos meses chegou o lanzamento do seu vinilo "Pura Maldad" a cargo de Ulomanía Coop. (Ulo-002 vinilo 7'').
A semana pasada os Breakin' Bones anunciaban un parón nos seus concertos, pero esperamos telos moi pronto de volta. Mentres tanto podedes ir repasando tódo-los seus shows no Rif-Rock seguindo a súa etiqueta. Pero aquí vos deixamos o concerto completo daquela primeira vez, foi o 19 de maio do 2012, cinca anos xa...
O sábado pasado volvían os DEAD WOOD ao Rif-Rock na súa xira Spirit Away Tour, coa que continúan a presentación do seu single "Spirit Away b/w CBA Blues" con Ulomanía Coop.
Apareceu a familia Dead Wood ao completo, incluído o insustituíble mestre da zanfoña Javi Sueiro. Coma sempre un concerto baseado nos seus propios temas, algún xa un auténtico hit, e como van crecendo as pezas máis novas ('Weirdo Cabaret', 'Old Stone Bridge', 'Boneyard' ou 'Brother in Law'), e por suposto co protagonismo dos temas do seu 7''. Cara o final un par de versións habituais do seu repertorio, e un par de intervencións memorables do Sheriff Lorre, con ameaza incluída a Ulomanía coop. Enormes coma sempre, gracias cracks, e ata a próxima!.
Xa tedes subido o concerto comleto na nosa canle de youtube, e nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) e aquí todo seguido en lista de reprodución:
Impresionante o show dos BREAKIN' BONES do sábado!! Xa tiñamos gañas de telos de volta polo Rif-Rock despois de aprazalo en decembro, pero pagou a pena esperar porque ademáis os tivemos presentando o seu novo traballo "Pura Maldad", editado polo selo da casa Ulomanía Coop.
Un show espectacular, más rápidos e potentes ca nunca. Hora e pouco de intenso e divertido psychobilly, con ducias de covers retorcidos, dende clasicazos dos 50s, himnos mod, e inverosímiles temas dos 80, ademáis por suposto dos seus propios temas incluídos en "Pura Maldad" e no cd "Maldita Sea!". Un pracer volver a telos en Cambados, e unha vez máis agradecerlles a Koko, Santi e Dani por prestarse a todo esto! E gracias tamén a Paula PauPauAGo-Gó, polas horas de sesión que nos deixou despois do concerto, fantástica coma sempre, e aos socios de Ulomanía por montalo todo.
Unha noite estupenda. Gracias a todos por vir!
Xa tedes case todo o concerto subido, faltan tres ou catro temas, pero como se di nestes casos: estivérades ali. Atoparedes todo na nosa canle de youtube, e neste blog repartido nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) ou todo seguido en lista de reproducción:
Sempre aproveitamos o de facer un pequeno repaso polos concertos e outras festas especiais do ano para que tamén vós digades cal, ou cales, foron os mellores momentos de cada ano no Rif-Rock.
Pensamos que este ano vai a estar difícil a cousa, fixemos máis concertos e disparates ca nunca, e algúns de moito nivel, moi especiais e outros sinxelamente únicos que non se volverán a repetir.
De algúns non temos moito material gráfico, ou está aínda en proceso de unha edición especial, pero tedes abondo no que escoller
Estos son os 15 momentos que vos propoñemos, pero podedes escolle-lo que queirades, estén aquí ou non, ou escoller cousas conxuntas coma o Aniversario completo, ou o Nadal Soul... eso xa é cousa vosa, pero comentade!!
Podedes votar nos comentarios desta entrada, ou através do facebook, por mail... como queirades. Tedes sobre uns 10 días para facelo:
Ahí van unas cantas propostas:
NORTHERN LIGHTS (23 de xaneiro e 8 de outubro).
Os Northern Lights foron os encargados de abrir a tempada de concertos no Rif-Rock neste 2016. Todo o show sobre a base dos seus propios temas, sempre evolucionados dende os shows anteriores, algunha incluso cambiada de idioma (e título claro...), literalmente versionándose a sí mesmos. E o 8 de outrubro volveron con máis voltas sobre o anterior.
BREAKIN' BONES (13 de febreiro).
Había máis de ano e medio que non nos visitaban os Breakin' Bones, e chegaron en febreiro con nova formación, incorporando a Dani Alonso da banda The Loopholes. Un show espectacular, coma sempre! Hora e media de intenso e divertido psychobilly, con ducias de covers retorcidos, dende temas dos 50s, himnos mod, trallazos punk e clasicazos dos 80. Nunca fallan!.
ISI VAAMONDE & THE NEW SCHOOL (20 de febreiro).
Tamén en febreiro volvía Isi Vaamonde, presentando nova banda, THE NEW SCHOOL, con outros catro habituais do local: Rubén Iglesias ó baixo, David Falcón coas guitarras e coros, Bruno Barreiro ó piano e Jesús Caramés na batería. Un concerto organizado dun xeito un tanto exprés pola inminente gravación de un par de temas a próxima semana: 'You're Smiling There' e 'Unstable Killer'. E de paso presentarnos máis temas do que será o seu próximo álbum.
OÚ SONT LES FEMMES? (programación especial marzo). Non sei se algunha das sesións de marzo foi para vós das mellores do ano, pero seguro que a programación conxunta Où sont Les Femmes? foi outra vez do mellor do ano para moitos de vós, con oito das nosas mellores amigas facéndose cargo da cabina ó longo de todo o mes. Podedes repasar todo o material seguindo a etiqueta Où sont les Femmes? neste blog.
SCARY MONSTERS a nosa homenaxe a Bowie (26 de marzo).
Para rematar marzo tivemos unha desas noites especiais que ocurren no Rif-Rock cando se xunta toda esta panda de artistas dos RifRocKerZ AllStars que deron forma ós Scary Monsters.
A homenaxe a Bowie foi proposta polos propios músicos, así que nós somentes puxemos o local á súa disposición, sabendo que o restultado iba a ser estupendo. Nunhas cantas semanas se xuntaron ata 10 dos nosos amigos habituais da banda da casa para montar o espectáculo, e con só uns cantos ensaios xa estaban listos para montar o noso particular tributo a Bowie: RifRocKerZ from Mars!. Outro show único que nos regalaron. O Rif-Rock nunca sería o mesmo sen estes fenómenos!!.
DEAD WOOD (30 de abril).
Cinco meses despois do seu último concerto, volvían os Dead Wood ao Rif-Rock, recén saídos do estudio de gravación de preparar o seu primeiro traballo con Victor Karallada. Ademáis servía de despedida temporal do Sr Pistola, Breo Gun non poderá está sempre cos Dead Wood por motivos laborais, e de paso xa incorporaron a Miguel Moldes e Michi Calambres como membros a tempo completo da banda. Unha formación de escándalo!! O resultado espectacular.
THE EVEN FLOW EXPERIENCE (7 de maio).
Pouco se deixan ver The Even Flow Experience dende o seu retorno, pero alomenos será obrigatoria unha visita ao ano. Sempre converten esas noites en algo moi especial.Desta vez, foi a voz de Iria Viqueira, que cantou tres temas que nos deixaron a todos alucinados.
Desta vez só subimos uns cantos temas dos concerto, non vai completo porque para iso xa había xente máis profesional grabando, así que teredes que agardar un pouco polo resultado final, pero seguro que é moitísimo mellor que o habitual que nos compartimos. Aínda segue en produción...
VENTO MAREIRO, por Kevi Aragunde e Karlos Abal (21 de maio).
Seguramente, a cousa máis bonita que fixemos nunca no Rif-Rock.
Foi o noso especial polas Letras Galegas, unha noite de música e poesía a redor do Vento Mareiro de Ramón Cabanillas.
Kevi Aragunde presentounos os temas de Cabanillas sobre os que leva moitos anos traballando (sobre todo pertencentes a 'Vento Mareiro', pero tamén algún de 'No Desterro' e 'Da Terra Asoballada'), acompañado de Karlos Abal, e cunhas cantas colaboracións moi especiais: a de Suso Gómez coa súa lectura de 'Dous Raposos', e no descanso tomaron o relevo Xoán Silva e Blas, xunto con Anxo Xesteira, para facer os tres temas do seu repertorio sobre pezas de Cabanillas: A Fouce Esquecida, Terra e o himno de Acción Galega. Tres xeracións de talento puro xuntas na mesma noite. E por suposto, un show que Kevi adicou a Luis Rei dende o comezo. Eres moi grande Kevi!!.
LOST SONGS (11 de xuño).
En xuño tivemos no Rif-rock a estrea de LOST SONGS, o novo proxecto de Isi Vaamonde e Bruno Barreiro. Con este formato recuperan vellos temas do seu repertorio de outras épocas, descartes, covers e temas tan recentes que aínda seguirán medrando en cada concerto.
17º ANIVERSARIO DO RIF-ROCK (2-9 de xullo).
Dúas fins de semana estupendas, cheas de boa música e de amigos,
Recuperamos o formato anterior ós ultimos dous anos, co programa repartido en varias semanas e con dúas bandas habituais da casa convertidas noutra cousa distinta para que fosen uns concertos únicos.
O Sábado 2, foi o turno de RUFUS Y LOS GUARROS, no propio día que cumpríamos 17 anos. Outra volta máis dese universo infinito de bandas dos irmans López, adaptando parte do repertorio que estaban a presentar no verán como Doble M & Jorge Lorre, pero acompañados por Rufus el Guarro con tódo-los seus trebellos á percusión, ademáis de Óscar que non se quixo perder a oportunidade de sacudir as cadeas toda a noite.
E o Sábado 9 os protagonistas foron THE BOLTONS, coa jam de blues de Rubén Iglesias, David Falcón e Jesús Carames, en formato power trío. Tocarón o que lles petou, e aínda nos deixaron en exclusiva un par de temas fantásticos doutra das súas bandas paralelas.
E ademáis as sesións de PTOOFF & Dj CHAN (aka A.C.M.E.) dende a cabina, un habitual da casa, e un referente do país que por fin se achegou ó Rif-Rock cargado de discos para poñer o fin de festa perfecto ó noso aniversario!!
Así da gusto cumprir anos. E agora a polos 18!!
THE SILKTONES (29 de xullo). The Silk Tones se presentaron no Rif-Rock para un ensaio xeral unha semana antes do seu concerto do Albariño, na praza de Fefiñáns compartindo escenario cos Inmaculate Fools. Eran Rubén Iglesias, David Falcón, Miguel Moldes, Jesús Caramés e Deva Sanmartín. No seu concerto ofrecéronnos 15 covers cos que se meteron a todo o público no peto dende o primeiro momento.
8ª FESTA DO BIGOTE (7 de agosto).
Unha das festas máis grandes do Rif-Rock de cada ano, e este ano aínda máis que en edicións anteriores, moitísima xente pero poucos bigotes de aspirantes serios, pero a festa, enorme!! Con Xaco Aragunde repetindo como mestre de cerimonias, así coma o padriño un ano máis: Edu Charlín de PC Barbería. Este ano non houbo barbeados en directo, pero encargouse dos suculentos lotes de regalos para os gañadores: Olalla Novás, Alberto Dominguez e Juan Artiles. Noraboa outra vez. O próximo ano máis...
THE SPOOKY GRAVIES (29 de outubro).
Outra historia inexplicable dos de Ulomanía Coop. Unha minixira pola comarca na que Los Wavy Gravies se transforman en THE SPOOKY GRAVIES cun repertorio monstruoso para tres únicos concertos naquela semana.
Finalmente presentáronse en formato de trio, algo que non estaba moi claro ata última hora, e ofrecéronnos un espectáculo tremendo. Chegaron convertidos no Sheriff Lon Chaney, Mr Momia e Screaming Jay Hawkins, e durante máis de hora e media ofrecéronnos un show cheo de temas dos nosos monstruos favoritos, vellas pezas de series de tv e uns cantos temas propios.
LITTLE JUICE (Nadal Soul, 23 de decembro).
Xa tiñamos gañas de ter de volta aos Little Juice polo Rif-Rock. E desta vez arrancando unha nova edición do Nadal Soul. Sobre todo encantáronnos os seus temas propios: 'Fear the World', 'Orc Blues', 'Trust', 'Trapped Soul', 'Skin over Skin (Black Clouds)' e 'I was that girl'. Precioso por momentos e intenso cando facía falla.
DEAD WOOD (Sesión Vermú Noiteboa 24 de decembro).
O último show do ano, e seguramente o máis impresionante de todos.
Era a primeira sesión vermú da historia do Rif-Rock. Sesión matinal, sábado e Noiteboa, todo montado para a presentación de Ulomanía Coop. e os DEAD WOOD co seu primeiro single, "Spirit Away b/w CBA Blues" (ULO-001), coa propia banda en directo, e unha chea de colaboradores que quixeron aportar o seu apoio para montar unha festa como a ocasión o merecía. Non se presenta un disco de debut tódo-los días... Un día irrepetible!.
Era a primeira sesión vermú da historia do Rif-Rock. Sesión matinal, sábado e Noiteboa, todo montado para a presentación de Ulomanía Coop. e os DEAD WOOD co seu primeiro single, "Spirit Away b/w CBA Blues" (ULO-001), coa propia banda en directo, e unha chea de colaboradores que quixeron aportar o seu apoio para montar unha festa como a ocasión o merecía. Non se presenta un disco de debut tódo-los días...
Apareceu a familia Dead Wood case ao completo, incluído Javi Sueiro, mestre da zanfoña, e Brais Ramos. Só nos faltou Breo Gun por razóns laborais. O concerto centrouse nos seus propios temas, algúns novos incluídos coma 'Weirdo Cabaret', 'Old Stone Bridge', 'Boneyard' ou 'Brother in Law', e por suposto co protagonismo dos temas que presentaban no 7''. Remataron con tres versións, incluída a colaboración sorpresa dos Family Folks que tampouco que quixeron perder a festa dos seus amigos, e ademáis Rubén Suárez é o responsable do deseño do disco, tiña que estar ali.
Unha hora e pouco de concerto, pinchos, vinilos, moita cervexa e o todo o persoal entregado coa banda, e con moitos nenos bailando para darlle outro aire á primeira vez que abríamos á luz do día nos nosos case 18 anos vida.
Un día irrepetible que non sería posible sen toda a xente que se involucrou nesta historia, e aos que temos que darlle as gracias un vez máis: Real Conservera Española, Albariño 12 Cuncas e o proxecto Enoturismo Rías Baixas. De parte do Rif-Rock e de Ulomanía, moitísimas gracias a Iñigo e Marcos por apuntarvos a esto en tan pouco tempo, a Isi por todas esas horas de traballo extra (espectacular!!), e a Xaco por poñelo en marcha e coordina-lo todo (o vermú era o de menos!! eso xa queda para a historia do local...). E gracias a todos por reventar o Rif-Rock nesa sesión matinal (ata esgotar existencias) e mercar moitos exemplares por adiantado. E por tódo-los días desta fin de semana de Nadal. E aos que fixéchedes triplete moito máis!!
Xa tedes subido o concerto comleto na nosa canle de youtube, e nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) e aquí todo seguido en lista de reprodución:
O pasado venres comezamos coas datas importantes desta edición do Nadal Soul!!. Os encargados de poñer a música en directo foron LITTLE JUICE, e xa tiñamos gañas de que volveran ao Rif-Rock.
Levaban ano e medio sen visitarnos e vaia se valeu a pena esperar. Encantáronnos, ademáis de moitas versións, quédome cos seus propios temas: 'Fear the World', 'Orc Blues', 'Trust', 'Trapped Soul', 'Skin over Skin (Black Clouds)' e 'I was that girl'. Precioso por momentos e intenso cando facía falla. O show perfecto para o primeiro día, e volveran seguro!!
Logo foi o turno do Professeu B.B. na cabina, funk e rhythm'n'blues para comezar brasa da boa ata o peche, para unha noite estupenda!! E este próximo fin de semana maís, cos Black Ice Twice en directo no Continental, e a sesión do Chief Bromden ao remate; e ademáis o enorme Michi Calambres na cabina do Rif-Rock. Non vo-lo perdades!!
Xa tedes todo subido na nosa canle de youtube e nas entradas anteriores (e con moito barullo de fondo): pt1 - pt2 - pt3 - pt4, ou todo seguido en lista de reprodución:
Este fin de semana comezan as datas interesantes do Nadal Soul 2016.
No Rif-Rock teremos aos LITTLE JUICE, que volven en directo logo dun parón obrigado. A súa anterior visita foi en xullo do 2015, durante a programación especial polo noso 16º Aniversario. Escollían o noso local para debutar en directo... e vaia se triunfaron! Pezas de blues e soul, de antes e de agora, pero sobre todo encantaronnos os seus temas propios (daquela presentáronnos 'Fear the World', 'Orc Blues', 'Trust' e 'Trapped Soul'). Agora volven con moito máis material e moito máis rodados co seu freak soul.
Será este Venres 23 de decembro dende as 23:45h.
Non vo-lo perdades!!
Mentres podedes repasa-lo seu concerto do ano pasado.
O sábado pasado comezaba no Rif-Rock esta minixira promovida por Ulomanía Coop., na que Los Wavy Gravies se transforman en THE SPOOKY GRAVIES cun repertorio monstruoso para tres únicos concertos nesta semana.
Finalmente presentáronse en formato de trio, algo que non estaba moi claro ata última hora, e ofrecéronnos un espectáculo tremendo. Chegaron convertidos no Sheriff Lon Chaney, Mr Momia e Screaming Jay Hawkins, e durante máis de hora e media ofrecéronnos un show cheo de temas dos nosos monstruos favoritos, vellas pezas de series de tv e uns cantos temas propios.
Unha noite espectacular!! Gracias a Ulomanía Coop. por montar estas historias tan grandes!. Gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e montar esa festaza, e sobre todo a estes grupazo por ternos como o seu local de referencia. Gracias cracks, sodes insuperables!!
Xa tedes todo subido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4 - pt5) ou todo seguido en lista de reproducción:
A comezos de ano, os NORTHERN LIGHTS foron os encargados de inaugura-los concertos do 2016 no Rif-Rock, e o sábado pasado tocóulles o turno de retomalos despois do verán.
Foi unha noite moi íntima, un concerto só para VIPS!, e aproveitaron para facer un novo repaso polos seus propios temas, que sempre van mudando e medrando, ata versionarse a sí mesmos. E a pesar do pouco tempo que tiveron para preparalo, soaron moito mellor que nunca. Ademáis soaron unhas cantas covers. Desta vez arrasou o 'Go with the flow' dos QOTSA, que tiveron que repetir nos bises para tódo-los que chegaron tarde...
Gracias a Bruno e Mateo por escollernos unha vez máis para os seus shows, case exclusivos. E por suposto, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock para desfrutar doutra noite con música en directo.
Xa tedes todo subido na nosa canle de youtube, e neste blog repartido nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) ou todo seguido en lista de reproducción:
E despois desta semana de festas imos recuperando o ritmo tamén no blog, así que imos con máis material que tiñamos pendente de compartir.
O último vernes de xullo tivemos a estrea de THE SILK TONES, que unha semana despois tocarían en Fefiñáns o venres do Albariño antes dos Inmaculate Fools.
The Silk Tones son Rubén Iglesias, David Falcón, Miguel Moldes, Jesús Caramés e Deva Sanmartín. No seu concerto ofrecéronnos 15 covers cos que se meteron a todo o público no peto dende o primeiro momento, como ensaio xeral do que sería a súa actuación da semana seguinte.
Moitas gracias ós cinco, unha noite estupenda!
E moita sorte con todo o que veña...
Xa tedes os concertos subidos na nosa canle de youtube e nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3) ou todo seguido en lista de reproducción:
Tiramos de arquivo para lembrar un dos mellores concertos dos últimos anos no Rif-Rock.
Imos cinco anos atrás, ao verán do 2011, no Rif-Rock presentáronse LOS PIES MOJADOS, un trío formado polo gran Néstor Pardo e os nosos queridos irmáns Lorre, Jorge e Martín, por aquel entón todos compañeiros na superbanda The Allnight Workers. Foi un proxecto efímero que xirou unhas cantas datas pola comarca, pero non descartamos que algún día volvan por sorpresa...
Dúas guitarras e caixa como única percusión, para un repertorio tremendo de blues, country, bluegrass, rockabilly, hot rod e rancheras, e polo medio tódo-los divertidos trapos sucios das súas vidas como foraxidos no salvaxe oeste.
Foi o 29 de xullo do 2011. Esta semana cúmprense cinco anos.
Foron dúas fins de semana estupendas, cheas de boa música e de amigos, que é o importante.
Recuperamos o formato anterior ós ultimos dous anos, co programa repartido en varias semanas e con dúas bandas habituais da casa convertidas noutra cousa distinta para que fosen uns concertos únicos.
O Sábado 2, foi o turno de RUFUS Y LOS GUARROS, no propio día que cumpríamos anos. Outra volta máis dese universo infinito de bandas dos irmans López, adaptando parte do repertorio que están a presentar este verán como Doble M & Jorge Lorre, pero acompañados por Rufus el Guarro con tódo-los seus trebellos á percusión, ademáis de Óscar que non se quixo perder a oportunidade de sacudir as cadeas toda a noite. Un show de repaso por algúns dos seus referentes nas raíces americanas máis fondas, pero tamén para repasar temas propios de outros dos seus proxectos, como Los Wavy Gravies e os Dead Wood.
No seguinte fin de semana máis música en directo e máis sesións:
O Venres 8 foi o turno de PTOOFF! o novo alter-ego de Carlos, o máis habitual da nosa cabina que se reinventa outra vez, e non será a última...
E o Sábado 9 os protagonistas foron THE BOLTONS, coa jam de blues de Rubén Iglesias, David Falcón e Jesús Carames, en formato power trío. Tocarón o que lles petou, moito clásico do blues actualizado, pychodelia e aínda nos deixaron en exclusiva un par de temas fantásticos doutra das súas bandas paralelas.
E para rematar a noite unha cantas horas de sesión de Dj CHAN dende a cabina (aka A.C.M.E.) todo un referente do país, que por fin se achegou ó Rif-Rock cargado de discos para poñer o fin de festa perfecto ó noso aniversario!!
Gracias a todos por estas dúas semanas!! A tódolos que colaboraron e participaron, os músicos e os djs por apuntarvos a celebralo con nós sen pensalo dúas veces, a ATDP polas chapas unha vez máis, e por suposto a todos por vir a celebralo e a pasalo ben, e montar esa festa continúa todos estes días. Así da gusto cumprir anos. E agora a polos 18!! GRACIAS!!
Xa tedes os concertos subidos na nosa canle de youtube e nas entradas anteriores:
O sábado pasado tivemos no Rif-rock a estrea de LOST SONGS, o novo proxecto de Isi Vaamonde e Bruno Barreiro.
Con este formato recuperan vellos temas do seu repertorio de outras épocas, descartes, covers e temas tan recentes que aínda seguirán medrando en cada concerto. Voces, teclado, guitarras e pedais. Un concerto intimista que sirveu de adianto perfecto para o noso aniversario o próximo mes.
Bruno e Isi, moitas gracias por escollernos para o estreno, e a todos por vir, e tamén a Cobesa e Super Bock pola colaboración extra no concerto.
Polo momento só subiremos tres temas: 'Anytime', o cover 'Time after Time' de Cindy Lauper, e 'Running Around'. Aquí os tedes en lista de reproducción: