viernes, 29 de agosto de 2014

"A Pior Banda do Mundo" de José Carlos Fernandes

Unhas das mellores series de comic dos últimos anos ven dende o veciño Portugal. Trátase da colección "A Pior Banda do Mundo" de José Carlos Fernandes, con seis entregas publicadas entre o 2002 e o 2007, e nos que o autor se encarga de todo o proceso creativo. Ó longo de todos esos anos conta a historia de catro músicos amantes do jazz pero sen ningún tipo de talento, e que levan 30 anos ensaiando sen conseguir xamáis unha actuación en público. Surrealismo disparatado e descacharrante, polas situacións dos protagonistas e dos inverosímiles persoaxes que os rodean. 

O ano pasado Astiberri publicou en castelán o primeiro volume coas tres primeiras entregas (El quiosco de la utopía, Museo Nacional de lo Accesorio y de lo Irrelevante, Las ruinas de Babel) e xa neste 2014 publicaba o segundo volumen coas tres entregas finais (La gran enciclopedia del conocimiento obsoleto, El depósito de residuos postales, Los Archivos de lo Prodigioso y lo Paranormal). Aínda que sete anos de retraso é demasiado para un dos autores máis premiados da BD portuguesa...
Sen dúbida foi a mellor lectura deste verán. 100% recomendado!!

José Carlos Fernandes "La Peor Banda del Mundo (Vols. 1 e 2)"
(Astiberri Eds, 2013 e 2014)


Ver na web de Astiberri Volume1 - Volume2.


jueves, 28 de agosto de 2014

The Gun Club "Fire of Love"

Outro álbum que vos recomendamos esta semana, pero desta vez todo un clásico: o debut dos Gun Club alá por 1981. 
En medio da oleada punk e hard-core de finais dos 70 en California apareceron The Gun Club para incorporar garage, psychobilly e o blues máis tradicional. Tra-los primeiros singles Kid Congo Powers abandou a banda par aincorporarse a The Cramps, e non voltaría ós Gun Club ata 1983, pero moitos dos temas do álbum son da súa autoría. Neste "Fire of Love" atoparedes 'Sex Beat', 'She's like heroin to me', 'For the love of Ivy' ou 'Fire Spirit' que son auténticos himnos da época, ademáis da versión do 'Preaching the Blues' do mítico Robert Johnson. 
Un imprescindible en calqueira colección.

THE GUN CLUB "Fire of Love"
(Ruby / Beggars Banquet, 1981)



Elephant Stone "The Three Poisons"

A novidade que vos recomendamos esta semana é o terceiro largo dos Elephant Stone, que van perfeccionando a súa fórmula de pop psychodélico, mentres os seus membros están cada vez máis solicitados como acompañantes de outras formacións para xiras ou gravacións, sobre todo o sitar de Rishi Dhir, e outros instrumentos tradicionais hindús que empregan. Este "The Three Poisons" vai consolidando o seu son hacía vías menos amables que os anteriores, máis complexos, máis rítmicos e moito máis interesantes, sin que deixen de lembrarnos ás melodías dos Stone Roses en ningún corte. 'Motherless Child', 'Knock you from yr mountain', 'Wayward Son' ou 'Echo and the Machine' como exemplos dun dos mellores álbumes de pop que levamos escoitado do que vai de ano.

ELEPHANT STONE "The Three Poisons"
(Hidden Pony Recs, 2014)




exposición de Os Resentidos

Mañán inaugúrase a exposición do colectivo Os Resentidos: 
Nesti Piñeiro, Seso Rey, Suso Gómez, Tino Chaves e Edu Charlín. 
Venres 29 agosto 2014, 21:00h. Muebles Otero.


miércoles, 27 de agosto de 2014

esgotado recopilatorio do 15º Aniversario do Rif-Rock

Esgotada toda a tirada do recopilatorio do 15º Aniversario do RIF-ROCK, que voou enteira nesta fin de semana. Xa sabedes que non hai segunda edición nen nada diso, así que noraboa ós afortunados (enchufados do carallo!!). Pero tranquilos que nos próximos días xa o subiremos para que todos o poidades descargar.


martes, 26 de agosto de 2014

[Revival Rif-Rock] The Even Flow Experience!!

Xa tocaba outra revisión de arquivo das que facemos no Revival Rif-Rock... e decidindo sobre qué facela, vimos que a última entrada estaba adicada a The Even Undground con aquel tributo á Velvet, e caímos na conta de que xa hai 5 anos do último directo do Manolo e Karallada como The Even Flow Experience no Rif-Rock!! 

Durante moito tempo foron algo así como a banda residente do local, cada mes nos ofrecían unha entrega de versións en directo. A última en abril do 2009, cando se telonearon a eles mesmos naquela sesión doble de música en directo, para tocar despois con Undertown Project, que aínda comezaba cos seus primeiros pasos. 

Se queredes repasar o último concerto de The Even Flow Experience, aquí o tedes completo, 11 temas en tres entradas (parte1 - parte2 - parte3).
Foi o 25 de abril do 2009, unha noite xenial!!, e xa choveu...


13 set: Entroido de Verán en Alfredo Brañas

A 3ª edición do Entroido de Verán na praza de Alfredo Brañas estaba anunciado para esta semana pero finalmente se retrasa ata o sábado 13 de setembro, asi que tedes máis tempo para preparar algo...


lunes, 25 de agosto de 2014

nova tempada RifRocKerZ en setembro...


Xa está rematando o verán, imos volvendo ó noso calendario habitual de fin de semana, e xa van sendo horas de comezar a preparar a nova tempada no Rif-Rock, programar máis actividades, cos habituais da nosa cabina, e ós que cada tempada se engade máis personal, xa temos tamén pechadas as primeiras entregas de música en directo, e esperamos que sexan máis este ano, e coma sempre caerán unhas cantas frikalladas, desas irrepetibles que se presentan de vez en cando... 
Todo e máis a partir de setembro!! atentos á programación. PARTIALLNITE!!!

viernes, 22 de agosto de 2014

Benjamin Booker "Benjamin Booker"

Para comezar ben o fin de semana imos con algo móito máis fresco.
O debut de Benjamin Booker está a converterse sen dúbida nun dos grandes atractivos da tempada, co seu potente blues, que tanto tira cara o punk e ó lo-fi, como cara o soul máis doce. Seguro que xa escoitáchedes o seu single de presentación 'Violent Shiver', pero está cheo de temas parecidos coma 'Have you seen my son?' ou 'Old Hearts', pura cacharrada de baile como 'Wicked Waters', e preciosos momentos de soul que rematan en outra cousa.
O bailaredes aínda que non queirades...

BENJAMIN BOOKER "Benjamin Booker"
(ATO/Rough Trade, 2014)



The Velvet Underground "The Legendary Guitar Amp Tapes"

Antes de abandoarnos ó fin de semana, ahí vai unha recomendación para completistas. Aparece unha nova edición das ruidosas "The Legendary Guitar Amp Tapes" da Velvet Underground, daquela compilación xaponesa de 1996. Recollía varios concertos da banda no salón Boston Tea Party, un par de temas de decembro de 1968, a maioría de marzo do 1969, e de xullo de 1969, todo entre as gravacións e publicación dos álbumes "White Light/White Heat" (1968) e o "Velvet Underground" de 1969. O seu título é sinxelamente porque foron recollidas con un micrófono colocado detrás do amplificador da guitarra de Lou Reed, e así foron publicadas en 1996. 
Agora aparece unha nova edición deste bootleg de case dúas horas de duración, totalmente pirata (digamos non oficial), aínda que solo sirva para facelo máis accesible para coleccionistas...

THE VELVET UNDERGROUND "The Legendary Guitar Amp Tapes"
(Tummy Tapes, 2014)


Aquí tedes o audio da anterior edición de 1996:


jueves, 21 de agosto de 2014

Ty Segall "Manipulator"

E aquí está! un dos álbumes que máis tempo levábamos agardardo os últimos meses... o novo traballo de Ty Segall, chámase "Manipulator" e nos acabamos de facer con el. Son 17 temas nos que retoma tódo-los espectros dos seus últimos traballos, moita guitarra acústica, distonsión, rítmica potente e melodías perfectas que non poderás olvidar en moito tempo. Xa vos deixo que vou a escoitalo un par de horas máis... Que discazo!!

TY SEGALL "Manipulator"
(Drag City, 2014)



miércoles, 20 de agosto de 2014

Outono Códax Festival 2014

Falta un mes para que comece o Outono Códax Festival 2014!!
Dende o Rif-Rock colaboramos un ano máis co festival, e dende este fin de semana xa atoparedes no local cartelería, folletos, rock'n'portes e demáis. E lembrade que tedes ata o fin de mes para facervos cos abonos para os tres días por só 39€. 
Toda a info na web OutonoRock.com e no seu facebook
Non esperedes máis!!


martes, 19 de agosto de 2014

Simon Reynolds "Energy Flash"

A estas alturas xa vos temos recomendado moitas obras de Simon Reynolds, pero esta debe ser a primeira ocasión na que se publica traducida no seu momento unha das súas obras. "Energy Flash", é como o seu subtítulo indica... un viaje a través da música rave e a cultura de baile
En realidade se trata unha ampliación dun dos seus primeiros traballos, aquel versión inicial chamada "Energy Flash: A Journey Through Rave Music and Dance Culture" de 1998, e aínda despois reeditada como "Generation Ecstasy", no que relataba a explosión da música electrónica dende o house de Chicago e o techno de Detroit ata a explosión de Madchester e a cultura rave, o considerado 2º vran do amor de 1989, a influencia de Ibiza, e ata o boom de 1994, cando o goberno británico decretou a <<prohibicion de calqueira concentración masiva de xente que danzara á emisión dunha sucesión de beats repetitivos>>. 
Agora Reynolds presenta unha edición revisada e ampliada para conmemorar os 25 anos dese vran de 1989, e que nos chega case da man de Contra Ediciones. 
Ademáis botádelle un ollo á entrevista con Simon Reynolds hoxe en ElPais.

SIMON REYNOLDS 
"Energy Flash. Un viaje a través de la música Rave y la cultura de baile"
(Contra Ediciones, 2014)


Energy Flash na web de Contra Ediciones.



lunes, 18 de agosto de 2014

"Lost in Music. Una Odisea Pop" de Giles Smith

Imos con un par de libros que levamos deixando no caixón dende comezos do vran. O primerio este "Lost in Music. Una Odisea Pop" de Giles Smith. Editado en castelán a comezos deste ano pola editorial Contra, pero que se trata dun deses míticos referentes literarios sobre a música pop. A súa edición orixinal é de 1995, e se trata nin máis nin menos que a historia e peripecias en primeira persoa de un fan da música no seu intento de conertirse en estrela do pop, de como chegou a sin querer a esa situación, e de como non conseguiu chegar máis aló. Era un libro a miudo citado por John Peel como o máis divertido e realista sobre o tema, e dende hai case 20 anos está recoñecido como unha das mellores declaracións de amor á música que se teñen escrito. Giles Smith era un adolescente inglés cando foi membro de Cleaners of Venus, cos que chegou a publicar un álbum en Alemania, e logo dos Orphans of Babylon, cos que tampouco chegou máis aló, e con 32 anos (a comezos dos 90) decideu que era o memento de contar o seu frustado asalto á fama. Cheo de anécdotas divertidísimas e dos entresixos da industria que poucos relatan. Un clasicazo que ó fin temos traducido.

GILES SMITH "Lost in Music. Una Odisea Pop"
(Contra Ediciones, 2014)


Lost in Music na web de Contra Edicións.


miércoles, 13 de agosto de 2014

descarga Black Grooves!!

Aquí tedes cunhas semanas de retraso unha parte da sesión do luns 28 de xullo, coa que comezamos a semana do Albariño, en plan post-festa ó concerto na praza do Jazz Frequency Group de Paco Charlín. 
Adicamos boa parte da noite ó jazz que máis nos gusta, dende clasicazos de Coltrane, Miles Davis, Idris Muhammad ou John Patton ata traballos máis recentes do Dr.John, Archie Shepp ou Louis Hayes. Black Grooves!!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 28 xullo 2014)


martes, 12 de agosto de 2014

Dr. John "Ske-Dat-De-Dat, The Spirit of Satch"

Outro clasicazo que volve, outra das nosas debilidades.
O místico Dr. John (Mac Rabennack) que afirma que Louis Armstrong se lle apareceu nun soño e lle pideu que lle fixera un homenaxe. Pode resultar tan incríble, coma que él este convencido do que conta, pero o feito é que aquí está este "Ske-Dat-De-Dat. The Spirit of Satch" (Satchmo era como se coñecía a Louis Armstrong), que igual que anteriores homenaxes coma os que fixo a Duke Ellington e a Johnny Mercer será todo un exitazo. 
O Dr.John, omnipresente ó piano, e voz principal, pero por suposto para unha gravación coma esta contou con algúns dos mellores trompetistas do momento: Nicholas Payton ('What A Wonderful World', e 'Gut Bucket Blues'), Terence Blanchard ('Mack the Knife', 'Wrap Your Troubles in Dreams'), Arturo Sandoval ('Tight Like This', 'Memories of You'), Wendell Brunious ('That’s My Home') e James Andrews ('Dippermouth Blues'), ademáis de contar con outras lendas de New Orleans, a Dirty Dozen Brass Band ('When You’re Smiling'), e nas voces o acompañan xente como Shemekia Copeland, Anthony Hamilton, The McCrary Sisters, ou os Blind Boys of Alabama. Discazo!.

DR. JOHN "Ske-Dat-De-Dat, The Spirit of Satch"
(Concord, 2014)



Pere Ubu "Carnival of Souls"

Se a semana pasada vos recomendamos álbume de dúas banda moi novas, esta semana imos doas novidades que nos traen uns clasicazos.
O primeiro este "Carnival of Souls" dos Pere Ubu, unha das miñas debilidades. Tampouco vos vou a convencer de que este é un discazo, que fai moito tempo que David Thomas anda a outra cousa, pero mentres vaia recuperando este ritmo de edicións igual chega... 
Este "Carnival of Souls" foi composto en medio da xira do anterior "Lady from Shanghai" do ano pasado, desenrolando e arranxando improvisacións daquela xira. Por iso está máis centrado no proceso creativo, nas texturas, nos cambios e na experimentación no directo e na súa teatralidade, que en facer cancións propiamente, incluso na literatura (das letras brillantes, coma sempre, e no libro que acompaña a edición) e no video clip de presentación que realizaron co tema 'Road to Utah'. Xa hai anos que os Pere Ubu son só para iniciados, e non para novatos, pero nós xa estamos enganchados hai moito tempo...

PERE UBU "Carnival of Souls"
(Fire Records, 2014)

lunes, 11 de agosto de 2014

Fugazi no Número K de Santiago no 95


Mentres Fugazi seguen a subir pouco a pouco as súas primeiras demos, aproveitamos para botarlle un ollo á web das súas Fugazi Live Series, e quedamos encantados ó comprobar que por fin (e xa hai bastantes meses, e nós sin enterarnos!!!) que está dispoñible para a súa descarga o seu concerto no Numero K de Compostela de maio do 95!!! Se aínda queda algún despistado coma nós, o tedes aquí dende 6$: Fugazi Santiago de Compostela.

Eso sí, nós estivemos ali sudando en directo... e vós??
Para facervos as ganas aquí vai o tracklist:
1. Intro 2. Combination Lock 3. And The Same 4. Blueprint 5. Interlude 1 6. Bed For The Scraping 7. Do You Like Me 8. Interlude 2 9. Styrofoam 10. Rend It 11. Facet Squared 12. Fell, Destroyed 13. Long Distance Runner 14. By You 15. Waiting Room 16. Give Me The Cure 17. Song #1 18. Interlude 3 19. Forensic Scene 20. Long Division 21. Turnover 22. KYEO 23. Encore 24. Latin Roots 25. Repeater 26. Sweet and Low 27. Outro


viernes, 8 de agosto de 2014

Venres!!

esta noite brindaremos por Kurco!! felicidades parella!!
e no Rif-Rock atoparedes a outro supercrack...


jueves, 7 de agosto de 2014

Goat "Commune"

Unha das bandas que máis nos deixou alucinados alá polo 2012 foron os suecos Goat. O seu debut "World Music" foise convertendo pouco a pouco nun dos álbumes que escoitábamos con máis insistencia, e unha vez que nos fixemos co vinilo nin vos conto... despois dos numerosos lanzamentos de remixes e do directo "Live Ballroom Ritual", agora chega este esperado "Commune", aínda falta un mes para a súa saída, pero xa o podedes atopar por varios sitios, e tamén ir encargando, que esté é dos álbumes que hai que ter nas máns. unha fórmula única de psychodelia, worldbeat, kraut... puro rítmo vudú con temas coma 'Goatslaves', 'Hide from the Sun', 'Bondye' ou 'Gathering of ancient tribes'. Recomendado!!

GOAT "Commune"
(Rocket Recordings / Sub Pop, 2014)



Allah-Las "Workship the sun"

Tras varias semanas con poucas recomendacións, e coa avalancha de lanzamentos deste verán se nos acumulan moitos discos, e algúns deles dos que agardábamos con impaciencia.
De primeiro vos recomendamos o segundo álbum dos Allah-Las, compinches de Nick Waterhouse pero que se adican a outra historia. Este "Workship the Sun" segue coa súa efectica mistura de soft-rock, garage, folk e surf, con esa parsimonia coma se viviran nun verán eterno, e eganchan un tras doutro temas cunha melodías impecables como '501-405', 'Artifact', a instrumental 'Ferus Gallery', ou os singles que xa nos adiantaran hai un par de meses 'Had it All' e 'Every Girl'. Discazo!.

ALLAH-LAS "Workship the Sun"
(Innovative Leisure, 2014)



miércoles, 6 de agosto de 2014

Idris Muhammad

Idris Muhammad
1939 - 2014


Un dos máis grandes bateristas de tódo-los tempos...


Santy Le Funke

O venres do Albariño (1 de agosto) tivemos na cabina a Santy Le Funke, de Berlin 61, como convidado especial dos RifRocKerZ.djSet. 
Todo un pracer, coma se levara toda a vida pinchando no Rif-Rock. 
Gracias crack!! ata a próxima!!


martes, 5 de agosto de 2014

6ª Festa do Bigote. A entrega de premios!

Moito máis rápido do que pensabamos, xa temos listo o video. Aquí tedes a cerimonia completa da entrega de premios da 6ª Festa do Bigote!!!
Eso sí, para os mellores momentos e demáis caralladas xa o tomaremos con máis calma que hai moito material que repasar...


6ª Festa do Bigote (o resumo)

Xa pasou a 6ª Festa do Bigote!!

Que festaza!!! moitas gracias a todos por participarun ano máis, incluso algúns sen saber de que iba todo esto ata que entrou e se topou co que había dentro... Unha vez máis foi para moitos un domingo demasiado longo para pechar a semana do Albariño2014, así que aínda máis mérito para os numerosos asistentes, pero o certo é que este ano houbo moitas baixas de serios aspirantes despois da semana de festa, e demasiada pintura para o gusto do xurado... incluso menos disfraces do habitual, eso sí, non faltaron intentos de soborno, e berros de tongo a cada premio... un consello: o próximo ano traede un bo mostacho, e veremos...
Mención especial para tres persoas: o super crack Penko Penkito!! moitas gracias por implicarte así, e polos seus premios especiais!! e a Super R 'Bigaro' polo seu show montando unha barbería para os despistados, e a todos os que se deixaron afeitar en directo, e a Marinocha Lady Moustache por dirixir a cerimonia unha vez máis coma ninguén o pode facer!! e por suposto a todos por vir e pasalo así de ben!! 

E por último noraboa ós premiados, este foi o palmarés deste ano:

Bigote Absoluto: Hadrián Fariña, tetracampión (4 de 6).


Bigote Falso: Eulogio Romero, primeiro en conseguir a triple coroa, xa ten na casa os tres premios en tres anos consecutivos.

Mellor Disfraz: Manuel Fariña, imitando a Javi Falcón, con paracaídas e todo!

e lembrade... xa falta menos para a 7ª edición...

1º premio BIGOTE ABSOLUTO: H.FARIÑA


2º premio BIGOTE FALSO: EULOGIO ROMERO


3º premio DISFRAZ BIGOTUDO: MANUEL FARIÑA


E para rematar a foto oficial da organización xunto cos premiados.
Para o resto tedes unha boa colección no noso facebook. E para os videos coa entrega de premios e demáis caralladas teredes que agardar un pouco máis...


o próximo ano máis...

  ACTUALIZADO!!   
Aquí está o video coa Cerimonia completa da entrega de premios!!



E aquí un puqueno resumo de toda a noite: