Mostrando entradas con la etiqueta Drama Queens. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Drama Queens. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de enero de 2018

Drama Queens en directo

Aínda tiñamos pendentes de subir material do último concerto do ano.
Aquí tedes uns cantos temas da jam de Nadal que nos ofreceron os Drama Queens o 30 de decembro. 
A big band montada para a ocasión estaba formada por:
Quique Barreiro: voz
David Falcón: guitarra, baixo e voz
Rubén Iglesias: baixo
Victor Karallada: guitarra, coros
Miguel Costas: piano, efectos e máis
Matías Leiro: guitarra e voz
Bruno Canario: batería e máis trebellos
E ademáis fóronse sumando:
Kevi Aragunde: guitarra e voz
Carlos Abal: guitarra
Noa Castro e Rubén Arenaz: voces

Sodes moi grandes cracks! unha ducia de temas tomados das súas bandas sonoras favoritas, sen apenas ensaios xuntos e algunha imporovisación máis, un concerto que xa é un clásico do Nadal. 


Deixámosvos cinco temas dos Drama Queens, e ademáis houbo sesión golfa, con Kevi Aragunde e Carlos Abal facendo uns cantos temas de Airas. 
Noutra ocasión subiremos algo diso, estivérades ali... Moitas gracias a todos!!

Aquí tedes os cinco temas en lista de reproducción:



miércoles, 3 de enero de 2018

Drama Queens & Airas

Aquí tedes un par de temas da jam do sábado. 'Where is my mind', clasicazo da nosa adolescencia, polos Drama Queens. E na sesión golfa de despois, xunto con Carlos Abal e Kevi Aragunde facendo un par de temas dos Airas, aquí vos deixamos 'Roma'. A ver se a próxima semana subimos case todo o concerto.



viernes, 29 de diciembre de 2017

Nadal: Chief Bromden + Drama Queens & Ptooff

Este fin de semana rematamos coa nosa programación especial de Nadal.
Hoxe será o turno do CHIEF BROMDEN, con outra das súas tolas sesións. E o sábado teremos outra sesión dobre: dende as 23:30h. os DRAMA QUEENS en directo, outro concerto sorpresa da banda da casa. E para o fin festa se encargará da cabina PTOOFF, con todo o que lle pete ata o remate da noite.
Non  vo-lo perdades!!


jueves, 14 de diciembre de 2017

Nadal Rocks! 2017

Aquí tedes o que preparamos para unha nova edición da nosa programación especial de Nadal!! Xa avisamos que este ano non sería Nadal Soul... tampouco temos ao Continental para compartir o evento, pero isto ten que seguir. 
Este ano será NADAL ROCKS! e xa veremos o próximo de que irá a cousa.
Serán dúas fins de semana entre o 22 e o 30 de decembro, cos directos dos BREAKIN' BONES e os DRAMA QUEENS, ademáis das sesións a cargo de Michi Calambres, o Chief Bromden, Bimba e Ptooff!
E como nas pasadas edicións, contaremos coa participación de COBESA a quenes agradecemos de novo a súa colaboración, a través das marcas SUPER BOCK Classic e GIN SUMMUM, e os de ULOMANÍA COOP. que sempre andan polo medio.
Coma sempre, todo con entrada de balde. Non vo-lo perdades!!


Aquí tedes o programa completo:

Venres 22 decembro.
Sesión do noso gurú Michi Calambres, que desta vez será o encargado de abrir o programa. Bailes trogloditas e todo o que lle pete. O noso picadiscos favorito non podía faltar.

Sábado 23 decembro.
BREAKIN' BONES en directo 23:45h. + sesión Bimba.
Un dos pratos fortes do programa, e un dos retornos máis agardados da tempada. Os Breakin' Bones están de volta!! Con nova enerxía, novos temas, e con novo contrabaixista que se presentará en público no Rif-Rock. Comezan a súa xira Tiros Largos, de relanzamento do seu ep "Pura Maldad" (ULO-003), temos unha ganas enormes de volver a velos e acción.
Despois da descarga de psychobilly, o turno de Bimba na cabina, sen etiquetas, que nunca deixa de sorprendernos en cada sesión. Menuda noite que nos espera...

Venres 29 decembro.
Será o turno do Chief Bromden, que neste 2017 só visitou unha vez a nosa cabina, así que seguro que ven con moitas ganas. Xa sabedes, funkys criollos e rockanroles.

Sábado 30 decembro.
DRAMA QUEENS en directo 23:45h. + sesión Ptooff!
Na última noite desta edición, presentámosvos aos Drama Queens, outra volta de torca da big band da casa, que chegan con nova proposta e con algún compoñente novo, e tamén cunha obsesión cinematográfica por resolver. Teredes que vir para comprobalo, non vo-los perdades!! 
Para o fin de festa teremos a Ptooff na cabina, poñendo todo o que lle pete, coma sempre, que por algo é o máis habitual de todos.

Un programa ben completo, non atoparedes un plan mellor!