jueves, 28 de abril de 2016

15 maio: TIM HOLEHOUSE no Continental

Ulomanía e Continental presentan:
TIM HOLEHOUSE en directo!!
Será o domingo 15 de maio no Café CONTINENTAL, 21:30h.
Único concerto en España. Entrada Libre.

Tim Holehouse comezou tocando en bandas de hardcore e punk de Portsmouth (UK), ata que no 2005 arranca a súa carreira como solista, co lanzamento do seu primeiro álbum "Found dead on the shoreline", tomando dende entón unha dirección cara o blues, o folk e os sons máis primitivos. Dende entón vive case nunha xira permanente, e polo medio con tempo para lanzar máis de 20 referencias publicadas, entre álbumes, EPs e singles. Os máis recentes son os splits compartidos con Tim Loud, e os fineses Slack Bird e Juhana Iivonen, todos do 2015.

Botádelle un ollo á súa web: timholehouse.com e o seu bandcamp.
Un concerto recomendadísimo!! Non vo-lo perdades!!


Shirley Davis & The Silverbacks "Black Rose"

Moito máis preto, dende Madrid chegan Shirley Davis & The Silverbacks!! 
Un grupazo do que creo que se debería esta a falar moito máis. Shirley Davis é unha cantante londinense afincada en Australia dende hai moito tempo, e por unha auténtica casualidade rematou montando banda en España xunto con The Silverbacks. Este é o seu debut para o selo madrileño Tucxone Records, leva por título "Black Rose" e son 10 temas de rhythm'n'blues e soul alto voltaxe, cunha rítmica impecable, sección de metais tremenda e a voz omnipresente de Shirley Davis. Coas primeiras escoitas 'Black Rose', 'Two Worlds', 'My Universe' e 'Vanity' son catro temas que non poderás deixar de poñer unha e outra vez. 
Recomendadísimos!!

Shirley Davis & The SilverBacks "Black Rose"
(Tucxone Records, 2016)



The Tibbs "Takin' Over"

E seguimos nos Paises Baixos, The Tibbs son unha banda de Amsterdam que tras varios anos publican esta mesma semana o seu debut en longo: "Takin' Over". Tras varias demos e eps, a comezos de mes lanzaron o 7'' de presentación deste álbum para Record Kicks, cos temas "Next Time / The Story Goes" que tamén se inclúen no LP, entre soul clásico, funk e uns cantos temas moito máis divertidos. Ademáis dos temas do single apuntade 'Dog Days' e 'Get Back Tuestday'.

THE TIBBS "Takin' Over"
(Record Kicks, 2016)



The Funkstamatics "Lift Off"

Hoxe imos cunhas cantas novidades, xa pensando na sesión Black Grooves do venres. Comezamos nos Paises Baixos, con The Funkstamatics, unha banda de acidjazz-rock-funk, que en vez de poñer a vista nos habituais do xénero, tentan facer unha relectura inspirados en The Meters, James Brown e o Herbie Hancock máis espacial. O resultado é puro ritmo, para dez temas case todos instrumentais, cheos de xiros e referencias ós clásicos, e que rompen en 'Real Love' e nas dúas entregas de 'Say It' acompañados pola vocalista Sanne Monster. Un disco imparable.

The Funkstamatics "Lift Off"
(Painted Dog Records, 2016)



miércoles, 27 de abril de 2016

King Gizzard & The Lizard Wizard "Nonagon Infinity"

Unha das bandas máis en forma dos últimos anos son os australianos King Gizzard & The Lizard Wizard, cun ritmo de publicacións envexable, e sempre facendo o que lles peta. Despois de dous álbumes fantásticos no 2015 de folk-pop alucinado e psychodelia acústica, chegan con este "Nonagon Infinity", no que volven ó garage psychodélico e descontrolado dos comezos. Son nove temas densos con pistas e pistas de guitarras, menos distorsionados que nos anteriores traballos deste tipo, e máis melódicos, pero cunha velocidade, cambios de ritmo, e xogos nas mesturas que aturden exactametne o mesmo. 'Robot Stop' e 'Big Fig Wasp' que comezan compartindos os mesmos riffs e moledías, os pelotazos de 'Gamma Knife', 'People-Vultures' e 'Invisible Free', e as tremendas 'Mr.Beat' e 'Wah Wah' (os títulos xa o din todo!).
Recomendadísimo!, xa só nos queda darlle voltas mentres chega o seguinte...

KING GIZZARD & THE LIZARD WIZARD "Nonagon Infinity"
(Flightless Records, 2016)



Wire "Nocturnal Koreans"

Uns cantos álbumes antes da fin de semana.
Volven Wire, unha das miñas bandas favoritas, e cando están a punto de cumprir 40 anos retoman esa boa costume de publicar disco por ano.
En realidade os oito temas deste "Nocturnal Koreans" foron grabados ao tempo que o anterior "Wire" do 2015, e aquí están os temas que non foran incluído no anterior. E igual que aquel, é un álbum de pop, sen esa presión de décadas anteriores nas que tiñan que sorprender ó mundo enteiro con cada traballo. Ademáis mantén unha secuanciación similar, cos temas máis melódicos ó principio: 'Nocturnal Koreans', 'Internal Exile', 'Dead Weight' e o relax de 'Forward Position', e unha segunda máis intensa, rápida, e guitarreira con 'Numbered', 'Still', 'Pilgrim Trade' e 'Fishes Bones'.
Como único cambio, o álbum está publicado co selo propiedade de Colin Newman, swim~ records, en lugar do selo da banda Pink Flag.
O que agardo deles é que o próximo ano reediten en vinilo o seu mítico debut!

WIRE "Nocturnal Koreans"
(swim~, 2016)



en xullo: 17 anos de RIF-ROCK!!


sesion de Pau Pau a Go-Gó!

Aquí tedes unha pequena parte da sesión de Pau Pau a Go-Gó! do sábado pasado: moito garage, rhythm'n'blues, ye-yé e ata mambo!! metédelle volume!.

Pau Pau a-Go-Gó!
(sesión Rif-Rock 23 abril 2016)


martes, 26 de abril de 2016

7 maio: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo

E lembrade que a seguinte semana temos máis música en directo.
THE EVEN FLOW EXPERIENCE! en concerto, a banda residente da casa, aínda que agora teñan menos tempo. Victor e Manolo man a man con dúas guitarras, para face-lo seu repertorio de sempre e esas sorpresas que sempre aparecen nos seus directos. 
Apuntade o día, Sábado 7 de maio dende as 23:45h. 
Non vo-lo perdades!!


TIM HOLEHOUSE en Cambados

Un adianto...
en maio teremos en directo o británico TIM HOLEHOUSE en Cambados.
Botádelle un ollo á súa web: timholehouse.com e o seu bandcamp.
Nos próximos días toda a info.



lunes, 25 de abril de 2016

Ramones "Ramones"

Máis efemérides, esta para poñerse en pe...
O sábado cumpríronse 40 anos do lanzamento do debut dos Ramones, un acontecemento que sen dúbida merecía moita máis repercusión da que está a ter. Formados en 1974, lideraron sen querelo o movimento punk de NYC, e se convertiron para sempre no seu principal referente. 
Hai moitas historias sobre a súa firma con Sire Records, o que parece certo, e que o selo quería tantear a proposta cun single, e a banda só aceptaba grabar un álbum completo, finalmente saíronse coa súa. O 23 de abril de 1976 publicaron o seu debut homónimo, con esa mítica formación que duraría ata 1978: Joey, Johnny, Dee Dee e Tommy, grabaron todo o material por menos da cuarta parte do que habitualmente custaban as produccións da compañía e nun tempo record. Catorce temas para un dos mellores álbumes da historia, catorce cañonazos sen tregua, sinxelos, directos, acelerados, e letras tan breves coma delirantes: 'Blitzkrieg Bop', 'Beat on the Brat', 'Judy is a Punk', 'I Wanna Be Your Boyfriend', 'Chain Saw, Now I Wanna Sniff Some Glue', 'I Don't Wanna Go Down to the Basement', 'Havana Affair', 'Listen to My Heart', '53rd & 3rd', 'Let's Dance', 'I Don't Wanna Walk Around With You', e as miñas favoritas: 'Today Your Love, Tomorrow the World', e 'Loudmouth'. 
O deseño foi outro dos elementos rompedores, a fotografía de portada de Roberta Bayley, e o cinturón da contraportada co logotipo deseñado por Arturo Vega que se convertería en eterno.
Era só o comezo dunha gran historia...

RAMONES "Ramones"
(Sire Records, 1976)



este sábado DEAD WOOD en directo!!

Este sábado, cita obrigada:
Cinco meses despois volverán o noso trío favorito: DEAD WOOD!! recén saídos do estudio de gravación de preparar o seu primeiro traballo, e para anunciarnos unhas cantas novidades. O Sheriff Lorre (esta vez sí en directo!), Breo Gun e Mr. Bam Bam (alias Rufus el Guarro) co seu espectáculo habitual, encomendados de novo ó espiritu do chief comanche Tosh-a-wah, nunha noite que será moi especial, despedidas, presentacións, convidados...
O Sábado 30 de abril, dende as 23:45h. Non vo-los perdades!!


este venres: Black Grooves!!


viernes, 22 de abril de 2016

revival: FLU POP 2009

Un pouco de revival. 
Volvemos a vista sete anos atrás, ó que foi o último intento de facer un festival pop en Cambados dende unha proposta privada.
Foi o FLU POP, organizado por Nova Producións, o 10 de abril do 2009 en medio das vacacións de Semana Santa.

O cartel estaba encabezado por Lori Meyers, Holywater e Niño y Pistola, e a escena local, que é o que nos interesa estaba representada por Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Airas e The Henry Warnimont, e sempre quedamos con ganas de máis!

Nas últimas semanas xa o deixamos cair un par de veces, e insistimos: QUEREMOS UNHA SEGUNDA EDICIÓN DO FLU POP!! 

Pero imos co repaso: doHenry Warnimont só temos algúns videos soltos, pero aquí tedes os concertos completos de Airas e dos Peter Lorre, nas seguintes listas de reproducción:


jueves, 21 de abril de 2016

Jane Lee Hooker "No B!"

Jane Lee Hooker son unha banda de NYC, formada por cinco mulleres que pratican un hard blues potente e acelerado no que fan tributo ós seus referentes do blues máis primitivo Muddy Waters, Howlin Wolf, Johnny Winter, Big Mama Thornton, Albert King, Sister Rosetta Tharpe ... Este "No B!" é o seu debut en longo, con once temas que versionan a todos eses clásicos: ahí están 'Shake for me', 'Bumble Bee', 'Free me', 'The Hunter' ou a tradicional 'Wade in the Water' que abre o álbum. 
Un cañonazo detrás de outro. 

JANE LEE HOOKER "No B!"
(Ruf Records, 2016)



Robert Pollard "Of Course You Are..."

Un par de álbumes máis esta semana.
O novo de Robert Pollard en solitario (aínda que o nome co que edite xa hai tempo que é o de menos, pero como R.Pollard este fai o número 24!!). Leva por título "Of course you are Robert Pollard" e continúa con esas facturas dos recentes Ricked Wicky que en realidade nos devolven aos Guided by Voices de finais dos 90s e comezos dos 2000 antes da súa primeira disolución. Por certo que os GbV xa está novamente reactivados... 
Un novo traballo con 12 temas, 'Long Live instant Pandemonium', 'Promo Brunette', 'I Can Illustrate' como temas máis destacados marca da casa, e 'Come and Listen', 'Contemporary Man' ou 'Losing It' como temas de fuga que se saen da liña habitual. Dispoñible só en cd. Se sodes capaces de seguirlle o ritmo das súas publicacións, recomendadísimo!!

Robert Pollard "Of Course You Are"
(Fire Records, 2016)



Family Folks "All the Lost Causes"

Outro álbum máis do GZ Canibal que vos recomendamos esta semana.
Family Folks son un dúo de Vigo, os multi-instrumentistas Bosco Hill e Rubén Xuarez, aínda que habitualmente contan con moitos colaboradores. Na actualidade Jorge o 'Sheriff Lorre' e Martin López 'Mr Bam Bam' (dos Dead Wood e Los Wavy Gravies, e outros moitos con anterioridade) fánse cargo da sección rítmica nos seus directos.
A semana pasada chegounos o seu primeiro traballo, un elegante digipak lanzado co selo guipuscoano Gaztelupeko Hotsak, con 10 temas de folk, country e blues con xogos de voces fantásticos e un tremendo despregue instrumental, de feito no álbum interveñen ata 15 músicos convidados. 
Este domingo (24 de abril) o presentan en directo no Alta Fidelidad de Vigo, e próximamente os exemplares en vinilo. Grupazo recomendadísimo!!

FAMILY FOLKS "All the Lost Causes"
(Gaztelupeko Hotsak, 2016)



Bento Veloso & Los Doce Trinches "Extinción"

Magníficas novas que chegan dende Freeky Dicky Records. Despois de moitos anos de silencio, volven á actividade. O próximo 1 de maio lanzarán o 7'' de Bento Veloso & Los Doce Trinches, unha banda da Coruña de folk blues psychodélico. Leva por título "Extinción" e xa o podedes reservar na súa web (freekydickyrecords.org). 
E xa que estamos metédelle un repaso polo seu bandcamp.

BENTO VELOSO & LOS DOCE TRINCHES "Extinción"
(Freeky Dicky, 2016)



miércoles, 20 de abril de 2016

7 maio: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo!

Imos adiantando datas para maio.
Un pracer anunciarvos un novo show de THE EVEN FLOW EXPERIENCE
Victor e Manolo man a man con dúas guitarras, para facelo seu repertorio de sempre e esas sorpresas que sempre aparecen nos seus concertos. 
Apuntade o día, Sábado 7 de maio dende as 23:45h. 
Non vo-lo perdades!!


*para o poster empregamos un dos deseños promocionais do filme Factory Girl de 2006 
(filme sobre a traxectoria de Edie Sedgwick da man de Andy Warhol).

sesión do Sheriff Lorre

Aquí tedes unha pequena parte da sesión do Sheriff Lorre do sábado pasado, Rock crudo, rhythm'n'blues, frat rock, surf e moito máis... metédelle volume!.

Sheriff Lorre "Motorcycle"
(sesión Rif-Rock 16 abril 2016)


martes, 19 de abril de 2016

a nosa cabina por Jose Estévez

A cámara indiscreta de Jose Estévez sempre saca algo chulo cada vez que se pasa polo Rif-Rock. Esta da nosa cabina é da súa última visita a semana pasada.


PJ Harvey "The Hope Six Demolition Project"

O venres pasado publicouse o novo álbum de PJ Harvey, un dos que agardábamos con máis gañas nos últimos meses.
Leva por título "The Hope Six Demolition Project", e continúa directamente a estela do Let England Shake. Trátase novamente dun álbum moi comprometido socialmente, pero tamén continúa a súa estela no musical. 
No seu conxunto está inspirado en viaxes por Afganistán, Kosovo e tamén polos USA acompañando ó fotografo irlandés Seamus Murphy (habitual do Washington Post, e que xa se encargara da parte visual do "Let England Shake"), e as letras máis punzantes se adican a Washington DC, tras visitas nun dos seus distritos máis desfavorecidos.
Ademáis dos temas que xa se adiantaran, 'The Wheel' e recentemente 'The Community of Hope', o álbum continúa con ese pop intenso dos seus últimos traballos, moi folk, con toques de psychodelia e bases de jazz, no que os coros e as voces dobradas teñen un protagonismo especial.
Levo todo o fin de semana sen poder deixar de escoitar estes once temas dende a inicial 'The Community of Hope', 'The Ministry of Defence', 'Near the Memorials to Vietnam and Lincoln', e todo o set final da cara b con 'Medicinals', 'The Ministry of Social Affairs', 'The Wheel' e 'Dollar, Dollar'. Pero sobre todo é un álbum para escoitar de tirón unha e outra vez, e darlle voltas e máis voltas.
Recomendadísimo!!

PJ HARVEY "The Hope Six Demolition Project"
(Island Records, 2016)



The Rolling Stones "Aftermath"

O pasado venres cumpríanse 50 anos do lanzamento do "Aftermath" dos Rolling Stones, o cuarto de estudio da súa carreira, aínda que xa sabedes que ata o 67 se conta unha discografía paralela entre os lanzamentos para UK e os dos USA. 
"Aftermath" presentaba moitas novidades, é o primeiro grabado por enteiro nos USA, nos estudios RCA de Hollywood, e no que tódo-los temas están compostos por Jagger e Richards, sen que Brian Jones (en teoría) se metera nesas tarefas, aínda que Jones ten un protagonismo especial como multi-instrumentista no álbum, encargado de guitarras, harmónica, teclados, sitar, marimba e ata un dulcémele dos Apalaches.

Un álbum enorme cunha colección de temas para a historia: Mother's Little Helper, Stupid Girl, Lady Jane, Under My Thumb, Doncha Bother Me, Goin' Home, Flight 505, High and Dry, Out of Time, It's Not Easy, I Am Waiting, Take It or Leave It, Think e What to Do. 

"Aftermath" está considerado como o primeiro gran álbum da banda, ademáis de ser un super éxito comercial, desaparecían as versións dos seus heroes do blues, e presentaban por primeira vez un traballo 100% propio e no que se vai consolidando o seu son característico. Pouco máis adiante quedáronse só co són e desapareceron as cancións, pero eso xa é outra historia, aínda lles quedaban varios álbumes marabillosos por escribir... 50 anos de Aftermath , un dos meu favoritos!!

THE ROLLING STONES "Aftermath"
(Decca Records, 1966)



lunes, 18 de abril de 2016

Sáb.30: DEAD WOOD en directo!

E o seguinte sábado, remataremos abril por todo o alto:
Cinco meses despois volverán o noso trío favorito: DEAD WOOD!! recén saídos do estudio de gravación de preparar o seu primeiro traballo, e para anunciarnos unhas cantas novidades. O Sheriff Lorre (esta vez sí en directo!), Breo Gun e Mr. Bam Bam (alias Rufus el Guarro) co seu espectáculo habitual, encomendados de novo ó espiritu do chief comanche Tosh-a-wah, nunha noite que será moi especial.
O Sábado 30 de abril, dende as 23:45h. Non vo-los perdades!!


Sáb.23: PauPau a Go-Gó!

O próximo sábado (23 de abril) volverá PAU PAU A GO-GÓ! na nosa cabina.
A sesión do mes pasado no ciclo Où Sont les Femmes? a golpe de venres non lle chegou a nada, e xa se pideu un sábado completo para desquitarse... 
Non vo-lo perdades!!


domingo, 17 de abril de 2016

Sheriff Lorre!

Tremenda sesión onte do Sheriff Lorre!! gracias crack!!
E dentro de 15 días o teremos de novo en directo cos Dead Wood...


viernes, 15 de abril de 2016

programación Abril 2016

Este fin de semana arrancamos coa programación de abril, catro datas ben interesantes, e todo concentrado na segunda metade do mes:

_abril2016_
· Sábado 16: SHERIFF LORRE
· Sábado 23: PAU PAU A GO-GÓ!
· Venres 29: Fuck'U whiteys... Black Grooves!
· Sábado 30: DEAD WOOD en directo 23:45h.

Non vo-lo perdades!!


jueves, 14 de abril de 2016

The Fire Scape "Psychotic Reaction"

E un álbum máis antes da fin de semana...
Este "Psychotic Reaction" de The Fire Scape, é un deses álbumes míticos da garage californiano dos 60s que non debería faltar na vosa colección. Sen embargo The Fire Scape non foron unha banda real.
En realidade The Fire Scape foron un proxecto realizado en 1967 por Kim Fowley e Michael Lloyd (West Coast Pop Art Experimental Band e Smoke) como experimento comercial para o selo de San Francisco GNP Crescendo, xuntando a músicos de estudio para facer versións de éxitos recentes de garage psychodélico. Entre os músicos sábese que participaron Sky Saxon dos Seeds (que tamén participaba do selo GNP naquel momento) e Mars Bonfire dos Steppenwolf, pero non atoparedes nada disto nos créditos orixinais do álbum. Publicaron dous singles e este álbum tremendo "Psychotic Reaction", todo en 1967, con dez temas, todas versións do que Fowley e Lloyd creían que era o mellor do momento no xénero. Ahí están 'Psychotic Reaction' dos efímeros Cont Five, 'Talk Talk' dos Music Machine, 'Love Special Delivery' dos Midniters, a tremenda 'The Trip' do Kim Fowley, o 'Trip Maker' de The Seeds, Question Mark and the Mysterians... Un clasicazo!!

THE FIRE SCAPE "Psychotic Reaction"
(GNP Crescendo, 1967)



The Mindreaders "Ban the Mindreader!"

Hoxe imos cunha desas maravillas que da gusto atopar rebuscando vinilos. 
The Mindreader$! foi unha banda efímera do universo stuckista de Billy Childish. Estaban formados por Russell Wilkins e Sexton Ming nas guitarras e voces, e Rocking Richard na batería, entre os tres aparecen en The Masonics, The Milkshakes, Medway Poets, Galileo 7, e un longo etcétera, e con Sexton Ming a cargo da producción.
"Ban the Mindreader!" foi o seu único álbum´, con dez temas, tres temas propios 'Anna', 'Girl I Kill You' e 'The Savaloy Girl', e sete versións tremendas, dúas de Lou Reed "We're gonna have (a real cool time together)' e 'Fever in my Pocket', dúas tamén de Richard Hell 'Love Comes In Spurts' e 'Hurt Me', o 'Are You Experienced' de Hendrix, 'I don't Care' dos Ramones e 'She Cracked' de Jonathan Richman. E por suposto, todo cun son terrible de auténtica baixa fidelidade, sobre todo nos tres temas que inclúen en directo. Un auténtica xoia.

THE MINDREADER$ "Ban the Mindreader!"
(Empire Records, 1987)



miércoles, 13 de abril de 2016

The Heavy "Hurt and The Merciless"

Nos meses anteriores, estivémos recomendándovos os anteriores traballos dos británicos The Heavy, e aquí está o seu novo álbum: "Hurt & Merciless", recén saído a principios de mes. 
Son 12 temas coa mesma fórmula de sempre, funk, soul, rock e electrónica todo mesturado, aínda que ás veces se lles vai a man... en realidade van directamente a polos pelotazos dos temas, que vaia se funcionan. 'Since You Been Gone', 'What Happened to the Love?', e 'Turn Up' son os tres singles que xa lanzaron, e apuntade uns cantos máis coma 'Last Confession' ou 'Slave to your love', ou os da vertente máis soul coma 'Miss California' ou 'Goodbye Baby', pero estos xa para outro momento.

THE HEAVY "Hurt and The Merciless"
(Bad Son Recordings/Counter, 2016)



Miles Ahead Soundtrack + Everything's Beautiful

E ademáis do filme Miles Ahead que comentamos na entrada anterior, xa podemos desfrutar da banda sonora. Inclúe pezas de Miles Davis que van dende os anos 50s ata os primeiros 80s, catro composicións de Robert Glasper, o último ('Gone 2015') co rapeiro Pharoahe Monch, dúas pezas máis de Chick Corea e Herbie Hancock, e algúns diálogos do filme. 
Pero a auténtica sopresa chegará en maio, xusto polo 90 aniversario de Miles Davis, cando se publicará un álbum no que Robert Glasper reinterpreta once temas de Miles Davis, leva por título "Everything's Beautiful" e recupera outtakes e masters orixinais de Davis, coa súa trompeta e incluso coa súa propia voz, ademáis de contar coa colaboración de Stevie Wonder, e vocalistas coma Laura Mvula ou Erykah Badu... pero para eso teremos que agardar aínda un mes máis.


Miles Ahead

Poucas veces vos recomendamos cine actual, pero esta é unha desas ocasións obrigadas. A próxima semana estréase de xeito comercial o filme Miles Ahead, un biopic sobre a figura de Miles Davis, posiblemente a figura máis importante da historia da música de todo o século XX.
O proxecto é un empeño persoal de Don Cheadle, que coincide co que sería o 90 cumpreanos do jazzman que ademáis de ser co-productor e co-guionista do filme, é o director e actor protagonista, como Miles Davis, xunto con Ewan McGregor que interpreta ó xornalista Dave Brill.
Ademáis das pezas de Miles Davis, a música está arranxada e dirixida por Robert Glasper. Foi estreada de xeito oficial no New York Film Festival no pasado outubro, e agora chega ás salas comerciais. O asunto agora é saber canto temos que agardar para vela por aquí, pero seguro que non aguantaremos tanto.



martes, 12 de abril de 2016

Serie PUNK 45 de Soul Jazz Records

A semana pasada nos fixemos coa última entrega da serie PUNK 45 de Soul Jazz Records, adicado á cidade de Los Angeles. Leva por título "PUNK 45 : Chaos In The City Of Angels and Devils (Hollywood From X To Zero & Hardcore On The Beaches : Punk In Los Angeles 1977-81)", e ahí aparecen os X, The Weirdos, The Zeros, The Randoms, The Bags, The Adolescents, Deadbeats... e así ata 22 temas de bandas seminais e underground que durante moitos anos permaneceron ó marxe da industria. Moitos deles xa rescatados con anterioridade gracias a compilacións de selos orixinais coma Dangerhouse ou Slash Records. E coma sempre unha xoia de edición a cargo de SJR.
De paso caímos na conta que aínda non vos recomendáramos ningunha das anteriores entregas, así que aproveitamos a entrada para recomendarvos a colección PUNK 45 completa, que orixinalmente comezou coma libro que repasaba tóda-las portadas, deseños e estética do xénero. Logo continuou cos recopilatorios dos temas, polo momento con seis entregas dende o 2013 ata o mes pasado, as primeiras de forma xenérica sobre punk made in USA, británico e protopunk, e logo recopilando as escenas máis significativas xeográficamente, ata agora sobre as cidades de Akron, Cleveland e Los Angeles.  

Toda a info na web de SoulJazzRecords.


A colección polo momento conta con seis títulos:

· PUNK 45: Kill The Hippies! Kill Yourself! The American Nation Destroys Its Young: Underground Punk in the USA Vol.1.
· PUNK 45: There Is No Such Thing As Society - Get A Job, Get A Car, Get A Bed, Get Drunk! Underground Punk and Post-Punk in the UK 1977-81, Vol.2.
· PUNK 45: Sick On You! One Way Spit! After The Love And Before The Revolution Vol.3: Proto-Punk 1969-76.
· PUNK 45: Burn, Rubber City, Burn - Akron, Ohio: Punk And The Decline Of The Mid-West 1975-80.
· PUNK 45: Extermination Nights In The Sixth City - Cleveland, Ohio: Punk And The Decline Of The Mid-West 1975-80.
· PUNK 45: Chaos In The City Of Angels And Devils - Hollywood From X To Zero & Hardcore On The Beaches: Punk In Los Angeles 1977-81.

E ademáis o libro Punk 45: The Singles Cover Art of Punk 1976-80, un repaso en 400 páxinas polas portadas máis significativas do período, seleccionado por Jon Savage e Stuart Baker, un volume do 2013 que deu paso á colección de recopilatorios, e que xa está reeditado novamente.


concurso para esta semana...

Despois do fiasco do último concurso que montamos (a aplicación xa retirara o filtro de Bowie para o RifRocKerZ from Mars!), algúns levan reclamandonos outro dende hai varias semanas, así que aquí vai...

CONCURSO PARA ESTA SEMANA:
Na sesión do noso 16º Aniversario aparecen dous temas de bandas italianas, o primeiro que nos diga o título do álbum orixinal no que aparece calquera dos dous temas terá premio este sábado durante a sesión do Sheriff Lorre.
Respostas válidas nos comentarios desta entrada, ou no post da nosa páxina de facebook. Veña apurando...


lunes, 11 de abril de 2016

Record Store Day 2016

Este sábado celébrase o Record Store Day, o día das tendas de discos, un dos máis bonitos do ano!! 
Participan en Galicia dos actos oficiais as tendas Discos Fans e Discoprecio en Santiago; Discos Elepé e Honky Tonk en Vigo; e Peggy Records en Ourense.
Pero ademáis seguro que atoparedes moitas máis actividades e descontos noutras moitas tendas fora deste programa ofical. Nós xa estivemos aforrando para encargar algunha edición especial das que se lanzan para este día!!
Achegádevos á vosa tenda de discos habitual, e a mercar música!! 
E se é para regalar mellor aínda!!


Sáb.16: Sheriff Lorre!


sábado, 9 de abril de 2016

Mike Evans "Vinyl. The Art of making Records"

Esta semana lanzouse a edición en castelán do último libro de Mike Evans, xornalista e crítico musical, que nos últimos anos se adica ós aspectos formais das edicións. Nos últimos anos encargaouse de numerosos ensaios e publicacións sobre a estética e o deseño, non só na música, pero descaban as súas obras The Art of the Beatles e The Art of British Rock
"Vinilos. Historia ilustrada del disco" fai un repaso pola historia do formato, dende as orixes a finais do século XIX co fonoautógrafo de Martinville, e o fonógrafo de Edison e o gramófono definitivo de Berliner, e a evolución dos materiais: a pizarra, a laca e finalmente o vinilo, e as posibilidades dos microsurcos, os motivos dos tamaños, e o cambio de 7, 10 e 12'' segundo as necesidades que a música ía esixindo en cada momento. Tamén a a nivel comercial, coa crise do formato dende os anos 80s e a súa recuperación na última década. E por suposto, un intenso repaso polo deseño, cómo se foi envolvendo a música, as portadas e as cubertas que fixeron historia.
O orixinal é de finais do ano pasado, "Vinyl. The Art of making Records" que non é o mesmo que Historia ilustrada del disco, o titulo perde bastante sentido coa traducción, pero é o que hai. 
Un volume ben interesante. Editado por Lundwerg.

MIKE EVANS "Vinilos. Historia ilustrada del disco"
(Lunwerg, 2016)


viernes, 8 de abril de 2016

'Où Sont Les Femmes?' repásao todo!

Coa sesión que subimos esta mañá damos por rematado co material desta edición de Où Sont Les Femmes? na que participaron oito das nosas mellores amigas facéndose cargo da selección musical do Rif-Rock durante todo o mes de marzo. 
Podedes ir repasando todo o material, posters, fotos e as catro sesións que nos enviaron seguindo a etiqueta Où Sont Les Femmes?.
Se queredes ir directamente ás sesións, aquí tedes a de Pau Pau a GoGó! do venres 11, a de Marinocha Über Alles do sábado 12, a de Nani Gonzáles do sábado 19, e a de ChispumVsBimbaPOP do venres 25.
Todo un pracer organizar programácións coma esta! O próximo ano máis...


OSLF?: sesión de ChisPum & BimbaPOP!

Aquí tedes unha pequena parte das sesións de Chis Pum & Bimba Pop coa que arrasaron o venres de semana santa para pechar o ciclo Où Sont Les Femmes?. 
Vai en dúas pistas de pouco máis de media hora cada unha, para que fagades un cassette coma os de toda a vida... e sobre todo, metédelle volume!.

ChisPum Vs BimbaPop "OSLF?"
(sesión Rif-Rock 25 marzo 2016)



jueves, 7 de abril de 2016

The Excitements "Breaking the Rule"

E outro disco máis co que nos fixemos esta semana... 
o novo álbum dos Excitements!! "Breaking the Rule" é o seu terceiro traballo para Penniman Records, e non creo que precisen de moita presentación. Das mellores bandas do estado sen ningún tipo de discusión, unha potente máquina de rhythm'n'blues coa explosiva Koko Jean Davis á fronte. 'The Mojo Train' coma 7'' de presentación, 'Fire', 'Wild Dog', o soul de 'Take it back' e 'Breaking the Rule', e cañonazos coma 'Everything is better since you've gone' ou 'Chicken Pickin' farán que non poidas estar parado nen un só momento. 
Outro discazo dos Excitements!!

THE EXCITEMENTS "Breaking the Rule"
(Penniman Records, 2016)



Munster Records: "Algo Salvaje. Untamed 60s Beat and Garage Nuggets from Spain Vol.2"

E imos cun par de álbumes antes do fin de semana.
Xa nos fixemos con esta maravilla de Munster Records. O segundo volume de "Algo Salvaje", algo así como o compromiso dende Munster Records de crear un Nuggets español, despois do primeiro volume no que xa avisaban que habería máis, aquí o temos, con Los Salvajes, The Vampires, Los Gatos Negros, The Brisks, Los Relámpagos, Los Íberos, Los Gritos... e así ata 28 temas garageros dos 60s españois. Nós xa nos fixemos co noso, e vós apurade que seguro que voan. Recomendadísimo!!

V.A. "Algo Salvaje. Untamed 60's Beat and Garage Nuggets from Spain Vol.2"
(Munster Records, 2016)


Aquí tedes Algo Salvaje Vol. 2 na web de Munster:

Aquí estamos de nuevo con el segundo volumen de “Algo salvaje”. No se ha hecho esperar demasiado, aquí llega raudo y veloz manteniendo la llama que encendió el primer volumen. Un festival de beat crudo, directo y agresivo, más las lógicas digresiones estilísticas de acuerdo al psicodélico devenir de los tiempos. Señas de identidad de este segundo lanzamiento capaz de legitimar la escena española del garage-beat como una de las grandes propuestas musicales (y sociales) en aquella anómala España que se desperezaba a duras penas de ataduras dictatoriales. Retomamos de nuevo aquellos días celebrando una gamberra y puramente hedonista aventura juvenil (salvo excepciones, de escasos visos profesionales) que articulaba una propuesta musical capaz de explicar hoy a cualquiera que, incluso inconscientemente, en aquellos días se montaron pequeñas trincheras sobre un pedal fuzz.
Si las radios y la televisión española fueron sistemáticamente copadas por las canciones populares más amables y dóciles, esta nueva refriega beat forjada y urdida básicamente en las caras B de los sencillos instituyó una cultura paralela generadora de una valiosísima escena oculta fuera de los focos y de la omnipresente censura. Urbanitas o rurales, universitarios o iletrados con apenas las cuatro reglas básicas, poco tuvo que ver su grito musical ni con los estudiados arrebatos sociales del cantautor, ni con la pertenencia a ninguna concreta escena musical alternativa. El adolescente más inquieto entendió que la peligrosa química social de esos años exigía movimientos ágiles y economía de medios. Es decir, los oídos bien abiertos sin orejeras restrictivas de ningún tipo: beat, rhythm & blues, rock & roll, Bo Diddley beats, folk-rock, primeros aires psicodélicos… Una escena local entonces tan modesta como hoy categórica aparece ante nuestros ojos: críos audaces que, incluso en ese preciso y enfermizo contexto y sin necesidad de articular un discurso adulto y contestatario, se sintieron creativamente libres sin tener jamás que disculparse por gritar “Soy así”, “Yo grito” o “Diciendo no”.
Cuesta poco imaginar aquella posible transmisión boca-oreja entre adolescentes de 1966, absortos y enloquecidos tras escuchar y pasmarse con algo tan colérico como el ?Te esperaba’ de Los Pops, incluso después de haber oído la canónica versión de The Animals. Probablemente, deslumbrados para los restos.
Una cuarta parte del contenido de este volumen muestra la permanencia del género más allá de 1968, sensible ante la permeabilidad de las nuevas corrientes musicales que aparecen. Y por supuesto, de nuevo encontramos la omnipresente influencia del sonido Liverpool y el beat inglés en general… Todo ello agitado (y bien revuelto) con nuestras propias señas de identidad, un castizo y abigarrado cóctel felizmente reconocido hoy internacionalmente que nos señala con precisión el real kilómetro cero para la justa valoración de esta escena: aquellos inciertos días de los 60 en los que la guitarra eléctrica de un simple chaval de pueblo, al menos durante dos rebosantes minutos, decidió orgullosa no inclinarse ante nada y ante nadie. (Vicente Fabuel)