lunes, 25 de abril de 2016

Ramones "Ramones"

Máis efemérides, esta para poñerse en pe...
O sábado cumpríronse 40 anos do lanzamento do debut dos Ramones, un acontecemento que sen dúbida merecía moita máis repercusión da que está a ter. Formados en 1974, lideraron sen querelo o movimento punk de NYC, e se convertiron para sempre no seu principal referente. 
Hai moitas historias sobre a súa firma con Sire Records, o que parece certo, e que o selo quería tantear a proposta cun single, e a banda só aceptaba grabar un álbum completo, finalmente saíronse coa súa. O 23 de abril de 1976 publicaron o seu debut homónimo, con esa mítica formación que duraría ata 1978: Joey, Johnny, Dee Dee e Tommy, grabaron todo o material por menos da cuarta parte do que habitualmente custaban as produccións da compañía e nun tempo record. Catorce temas para un dos mellores álbumes da historia, catorce cañonazos sen tregua, sinxelos, directos, acelerados, e letras tan breves coma delirantes: 'Blitzkrieg Bop', 'Beat on the Brat', 'Judy is a Punk', 'I Wanna Be Your Boyfriend', 'Chain Saw, Now I Wanna Sniff Some Glue', 'I Don't Wanna Go Down to the Basement', 'Havana Affair', 'Listen to My Heart', '53rd & 3rd', 'Let's Dance', 'I Don't Wanna Walk Around With You', e as miñas favoritas: 'Today Your Love, Tomorrow the World', e 'Loudmouth'. 
O deseño foi outro dos elementos rompedores, a fotografía de portada de Roberta Bayley, e o cinturón da contraportada co logotipo deseñado por Arturo Vega que se convertería en eterno.
Era só o comezo dunha gran historia...

RAMONES "Ramones"
(Sire Records, 1976)



No hay comentarios: