domingo, 30 de septiembre de 2018

The Heck "For Cryin' out Loud"

Das cinzas dos holandeses De Keefmen, chaga a nova banda de Henri Keefman: The Heck, na que por suposto segue coa súa obsesión polo garage punk máis potente. "For Cryin' Out Loud" é o seu segundo single para Dirty Water Records, que inclúe o tema 'Panic Attack' como cara b. Tremendo como soa este tema. Coma sempre...



jueves, 27 de septiembre de 2018

Boytoy "Night Leaf"

Máis álbumes antes da fin de semana, desta vez unha recomendación que nos chega vía Escalenux.
Boytoy son unha trío de Brooklyn, tres mulleres que acaban de sacar un discazo dos que se falará seguro este ano. En "Night Leaf" as referencias aos 60s son continuas, con toques de rock psycodélico e música surf, e todo sen deixar de soar a pop. Se de primeira escoita vos soan aos Allah-Las é porque comparten productor, Kyle Mullarky, pero todo é moito máis dinámico. 
O seu debut en longo foi "Crackle" no 2016, moito máis punk e incluso noventero. Neste "Night Leaf" todo é máis pausado e dirixido a potenciar as melodías. Temas coma 'It’s Alright', 'Mary Anne” ou 'Juarez' son hipnóticas, aínda que 'Static Age' por exemplo recupera esa pose dos 90s.
Todo un descubrimento, recomendado!

Boytoy "Night Leaf"
(Papercut Music, 2018)



Isi Vaamonde no Encontro

Unha recomendación para mañán.
Volve Isi Vaamonde coa súa banda a O Encontro de Barrantes.
Acompañado por Rubén Iglesias ao baixo e Bruno Barreiro nos teclados, e nesta ocasión, xunto con Volker Ledwig e a súa contundente pegada na batería. 
Reunión de vellos amigos, recomendado.


miércoles, 26 de septiembre de 2018

Nick Cave & The Bad Seeds "Distant Sky EP"

Este venres lánzase un novo directo de Nick Cave xunto cos Bad Seeds. 
Leva por título "Distant Sky", e son catro temas gravados no seu concerto de Copenhage na súa xira Skeleton Tree do ano pasado. Os temas son 'Jubilee Street', e 'Distant Sky' na cara a, e na cara b dous clasicazos da banda: 'From Her to Eternity' e 'The Mercy Seat'. Nada novo, pero sempre emocionante.

NICK CAVE & THE BAD SEEDS "Distant Sky EP"
(Bad Seeds Ltd., 2018)



martes, 25 de septiembre de 2018

Brett Anderson "Mañanas negras como el carbón"

Un dos libros pop que máis está dando que falar é este das memorias de Brett Anderson, o frontman dos Suede. Proba delo é que só uns meses despois da súa publicación en UK ("Coal Black Mornings") xa ten a súa edición en castelán da man da Editorial Contra. Un relato dende a súa adolescencia ata a explosión da banda. O que nos chega son todo boas reseñas, así que a ver se pronto nos facemos con el.

Brett Anderson "Mañanas negras como el carbón"
(Edit. Contra, 2018)


Así o presentan na web da Editorial Contra.
Nada hacía presagiar que Brett Anderson —nacido en la depauperada ciudad dormitorio de Haywards Heath, entre Londres y Brighton, en el seno de una familia humilde— se convertiría en una de las voces más carismáticas del pop británico de los noventa y en una estrella internacional. En Mañanas negras como el carbón, el cantante de Suede relata sus años de infancia y juventud, entre descampados herrumbrosos y las crueles rivalidades de la adolescencia, entre un padre excéntrico y a veces colérico que aborrecía la música pop, y una madre con temperamento artístico que aceptaba con resignación y melancolía su matrimonio sin amor.Con un estilo elegante, lírico y descarnado, Anderson revive su temprana pasión por la música, que lo llevaría a formar una primigenia versión de lo que sería Suede con Bernard Butler —uno de los mejores guitarristas de su generación— y la que fue su primer gran amor y futura líder de Elastica, Justine Frischmann. Con esta mantendría un apasionado y tierno romance cuya ruptura dejó a Anderson destrozado y consumido por los celos, lo que daría lugar a las canciones libérrimas, descaradas e intensas del célebre álbum de debut del grupo, que marcó una época con hits como «The Drowners», «Metal Mickey», «Animal Nitrate» o «So Young».

The Bevis Frond "We're you

Adiantos que van chegando.
The Bevis Frond anuncian álbum para comezos de decembro. "We're yoru friends, man" será o novo traballo de Nick Saloman. Polo momento nos deixa o tema que da título ao álbum.

THE BEVIS FROND "We're your friends, man"
(Woronzow, 2018)



jueves, 20 de septiembre de 2018

Psychic Bloom "S/t"

Para a recomendación de hoxe tiramos de algo exótico.
Psychic Bloom son unha banda de garage iraní, que coñecimos hai pouco tempo. En xuño lanzaron este traballo de debut, sen título, que polo momento  está dispoñible só en cassette e dixital. Son 12 temas con forte influencia da psychodelia e o rhythm'n'blues, que vos lembrarán aos Allah-Las, os Black Lips e outras moitas bandas de garage californianos dos últimos anos.
O traballo está editado polo selo xermano Detriti Records, e ao parecer no seu país xa están a ter serios problemas pola ilustración da portada.
Ademáis é desos traballos que vai subindo de revolucións. Recomendado.

PSYCHIC BLOOM "S/t"
(Detriti Records, 2018)



miércoles, 19 de septiembre de 2018

Giant Sand "...Returns to Valley of Rain"

Imos con novidades de esta tempada, que logo deste verán con poucas publicacións temos moito material acumulado.
Comezamos co novo lanzamento dos Giant Sand, que neste caso non é exactamente novo. Como o seu nome indica, "Returns to Valley of Rain" é unha revisión do seu primeiro álbum "Valley of Rain", que gravara orixinalmente en 1983, e non puido lanzar ata 1985 baixo o selo Enigma Records. Este traballo foi todo un referente dunha época, pero a vida de Howe Gelb xa dou moitas voltas, con moitos proxectos que se cruzan e a pesares do nome co que edite cada álbum.
Agora 35 anos despois daquela gravación enfróntase aos mesmos temas, con membros da súa banda actual e algún membro orixinal daquelas gravacións, coma o baixista Scott Garber. Para darlle algo máis de vida, o álbum está recollido en directo de estudio, e o resultado é moito rockeiro que o orixinal, con máis pegada e cun son diferente que ao parecer polas promos era o que pretendía, e curiosamente tamén secuencia os temas dun xeito diferente.  Cambia o tempo dalgún tema, os cambios de ritmo son diferentes, pero básicamente o que podemos escoitar e un enfoque diferente daquel álbum que xa é un clásico da onda alternativa dos 80s. 'Tumble and Tear', 'Barrio', 'Torture of Love' ou a propia 'Valley of Rain' seguen a ser maravillosas, e para rematar 'Black Venetian Blind', neste caso máis contundente, pero menos punk que a orixinal.
Recomendado, e sobre todo para os que non coñezan o orixinal.

Giant Sand "...Returns to Valley of Rain"
(Fire Records, 2018)



martes, 18 de septiembre de 2018

JUZZ "Juzz"

Máis GZ Canibal. Hoxe presentámosvos o lp doutro proxecto de Virxilio da Silva.
JUZZ é unha banda de jazz rock na que Da Silva se acompaña por Rosolino Marinelo ao saxo tenor, Alex Salgueiro e Xan Campos nos teclados, Felix Barth ao baixo e Iago Fernández na batería. Sonan a azz, a rock progresivo, a experimentación pura de diferentes sons. Soan a bandas do Canterbury Sound, aos primeiros King Crimson ou a algunha das propostas de John Zorn. É coma unha volta de torca máis aló do álbum "ESD" de Xan Campos (Free Code, 2016), dous proxectos que comparten moitos dos seus membros.
O álbum lanzouse a finais de abril, pero aínda agora nos fixemos con el.
Abre co espectacular comezo de 'Rathenow Towers', segue con 'Lamento Fuzz', 'Outro Tempo' e 'Dead Water', catro temas que enchen as dúas caras e que deberedes escoitar de tirón. Experimentación de texturas, cambios de ritmo imposibles e tóda-las posibilidades que desenrola o sexteto. Unha auténtica marabilla. A edición a cargo do propio Da Silva. Se tedes a ocasión facédevos con el.
Aínda dispoñible no bandcamp de JUZZ.

JUZZ "Juzz"
(autoeditado, 2018)



lunes, 17 de septiembre de 2018

Outono Códax Festival 2018

O venres pasado presentouse a 8ª edición do OUTONO CÓDAX FESTIVAL de Santiago, convertido xa nun clásico das nosas axendas.
Nesta edición, co programa distribuido en cinco datas que desta vez se prolonga ata decembro, con The Tibbs e a xenial Marta Ren coma principais recomendacións que vos facemos. E coma sempre con moitas máis actividades: exposición, charlas, pinchadas.
Toda a info e entradas na web do Outono.


domingo, 16 de septiembre de 2018

Novas do "Galician Bizarre III"

Tal e cómo vos adiantamos a semana pasada, xa está aberta a campaña de mecenado do "Galician Bizarre III". A mellor inciativa do underground galego dos últimos tempos. Podedes colaborar dende os 5 euros ata os 1.000, pero colaborade como sexa, as recompensas son moitas.

Campaña de GB en Verkami.

Ademáis, tamén está en marcha o blog Galician Bizarre para dar continuidade ao proxecto, con entrevistas das bandas, reportaxes e moito material desclasificado que irán sacando.



jueves, 13 de septiembre de 2018

21 set: Trash!

Imos retomando a normalidade despois deste longo verán, e comezamos coa nosa programación habitual de cabina. 
A primeira será o próximo venres 21, unha nova entrega da serie Trash!


miércoles, 12 de septiembre de 2018

Johnny Strike

Gary John Bassett a.k.a. Johnny Strike
(1948-2018)
Crime



Cloaca "Cloaca EP"

Novo lanzamento que nos chega dende Freeky Dicky Records.
Trátase de Cloaca, dúo da Coruña formado entre o frontman dos Bento Veloso e un dos xefazos do selo. O seu primeiro lanzamento é este "Cloaca EP", un 7'' de catro temas de garage punk urxente con esa voz tan particular e moitos toques de surf. A edición está compartida entre Freeky Dicky Records e Sweet Grooves Records.
Ademáis, a finais de mes festa de presentación coincidindo co 10º anviersario de Freeky Dicky. Noraboa amigos!!

Bandcamp de Cloaca.

*foto de Victor Juncal (facebook da banda).



martes, 11 de septiembre de 2018

Galician Bizarre III en marcha

Os responsables de Galician Bizarre xa teñen case todo listo para o lanzamento da campaña de crowdfunding para a edición do recopilatorio "Galician Bizarre III". Trátase, sen dúbida, da mellor iniciativa da música galega nos últimos anos.
Polo momento xa nos adiantaron o track list desta nova entrega, e a portada do álbum, obra de Óscar Raña. Toda a info no facebook de Galician Bizarre.
Permanecede atentos e colaborade!!



WOS Festival 2018

Mañán arranca o WOS Festival por diferentes espazos de Compostela, o certame de cultura máis vangardista e arriscado de cantos se celebran no país. Nesta edición 2018 recomendámosvos no musical a Spectrum (ex-Spacemen 3), Territoire, ou os fantásticos Kreidler, pero mellor que vos deixedes levar e acudades a todo o que poidades.
Toda a info, entradas e máis na web do WOS Festival.


lunes, 10 de septiembre de 2018

Superser 'Swampland'

Aquí tedes aos Superser en directo o pasado sábado 1 de setembro na sesión de tarde do Ulo-Vermú?.
Swampland, versión dos Scientists para rematar.
Ademáis, dende hoxe tedes unha ampla reportaxe fotográfica de Raquel MP (@reichelmp) subida no seu facebook, ver álbum aquí.



domingo, 9 de septiembre de 2018

Álbum póstumo de Charles Bradley

Dende Daptone Records anunciaron o lanzamento dun novo álbum de Charles Bradley, finado hay case un ano. Este álbum póstumo leva por título "Black Velvet" e sairá a comezos de novembro da man de Durham/Daptone coincidindo co que sería o seu 70 cumpreanos. 
No disco se inclúen temas de estudio que non se publicaran antes, entre elas unha versión eléctrica de 'Victim of Love'' ou a propia 'Black Velvet' que da título ao álbum acompañado polos Menahan Street Band. Polo momento temos de adianto este 'I Fell a Change'.




viernes, 7 de septiembre de 2018

'Woman and Man', clip de Pantano

En xullo recomendámosvos o primeiro lanzamento dos Pantano, "Live at Litium". Dende hai un par de semanas lanzaron o clip de 'Woman and Man'.
Botádelle un vistazo no seu facebook.



jueves, 6 de septiembre de 2018

Ty Segall, adianto de "Fudge Sandwich"


Máis novidades de Ty Segall. 
A comezos de ano lanzou o "Freedom’s Goblin", en xullo chegaba "Joy", outra entre xunto con White Fence. A finais deste mes lanzará o novo álbum de GØGGS, outro dos seus proxectos, "Pre Strike Sweeps" que aínda non tivemos tempo de dixerir o que escoitamos de adianto... e agora, case sen tempo chega o adianto dun álbum de versións asinado en solitario.
"Fudge Sandwich" sairá a finais de outubro con 11 covers. Polo momento lanzaron o audio de adianto do 'I'm a man' de Spencer Davis Group, e no tracklist publicado vemos que tamén está o 'Archangel Thunderbird' dos Amon Düül II, así que xa nos podemos quitar do pesadelo de versión que fixeron The Breeders no seu último álbum. A selección é ben variada, dende Neil Young ou Grateful Dead, ata Funkadelic ou Amon Düül II. Ganazas de escoitar máis. 

O tracklist completo:
01 Lowrider (War)
02 I’m a Man (Spencer Davis Group)
03 Isolation (John Lennon)
04 Hit It and Quit it (Funkadelic) 
05 Class War (The Dils)
06 The Loner (Neil Young)
07 Pretty Miss Titty (Gong)
08 Archangel Thunderbird (Amon Düül II)
09 Rotten to the Core (Rudimentary Peni)
10 St. Stephen (Grateful Dead)

11 Slowboat (Sparks)



miércoles, 5 de septiembre de 2018

Xira de Yo La Tengo

Yo La Tengo anunciaron datas en Europa para febreiro do 2019.
Cinco datas en España, a primeira, o 8 de febreiro en Santiago. 
Nós xa iremos reservando a data.



martes, 4 de septiembre de 2018

lunes, 3 de septiembre de 2018

Ulomanía Coop. na TVG

O venres pasado, os de Ulomanía Coop aparecían no telexornal serán da TVG
A nova, neste enlace.

*Captura da web do Telexornal Serán da TVG.

domingo, 2 de septiembre de 2018

Sr. Anido

Tremendo fin de festa do Ulo Vermú, co Sr Anido e Luis dos Superser a cargo das seleccións na cabina do Rif-Rock. Ata a próxima amigos!


sábado, 1 de septiembre de 2018

Sesión de tarde do Ulo Vermú?

Planazo para este serán.
Esta tarde será a última cita do ciclo Ulo Vermú?.

Sábado 1 setembro: Praza do Con, 20:00h. 
SUPERSER + TRAVESTI AFGANO + BIMBA.