viernes, 5 de agosto de 2022

XII FESTA DO BIGOTE!!!

💥💥💥 Volve a FESTA DO BIGOTE!!!💥💥💥

Logo dos últimos anos de encerro e enmascarados, os RifRockerz e a xente de Cambados(tk) recuperamos a solemne FESTA DA BIGOTE!!
Obviamente, co Rif-Rock pechado dende hai case 3 anos, desta vez contamos  con nova localización, será na Sala KRAZZY KRAY (rúa da Parra 9, Cambados.) Coma sempre se celebrará na última noite do Albariño, domingo 7 de agosto, e unha vez máis con Edu de PC Barbería como padriño de honra.
Mantemos o formato, tres categorías: bigote absoluto, bigote postizo e mellor disfraz.
As bases no noso facebook.
NON FALTEDES!!