Mostrando entradas con la etiqueta Sheriff Lorre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sheriff Lorre. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de julio de 2020

The King Kongs, no 2017

Outra de revival. Aquí tedes a un grupo de fans de Los King Kongs!!
Foi o 8 de xullo do 2017, no noso 18º aniversario.

Hai uns meses nos comentaban sorprendidos que Los Wavy Gravies xamais tocaron como tal no Rif-Rock. En realidade sempre estiveron ahí. Apareceron coa formación orixinal nos seus inicios pero sempre con outros nomes, trala disolución de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre. Anos despois, mentres se configuraba a súa actual formación tamén estiveron en directo no local, pero sempre de forma provisional e con outros nomes, coma nesta ocasión Los King Kongs. Co paso dos anos xa foi algo decidido, nunca tocarían aquí con ese nome, era máis divertido facelo así. 

A foto de Dobrinka, que estes días recuperaba Bimba.


martes, 7 de julio de 2020

The Muddy Beers, no 2013

Imos con algo de revival...
Sabedes que no mes de xullo sempre preparabamos unha pequena programación especial para celebrar o aniversario do local, así que esta tempada temos moitos concertos para lembrar.
Desta vez imos ao 6 de xullo do 2013, no programa do 14º Aniversario do Rif-Rock ahí se plantaron os Muddy Beers no seu único concerto. Un breve proxecto que serviu de ponte entre Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e o que logo se foi configurando na formación de Dead Wood entre os múltiples proxectos dos irmáns Lorre e compañía. 
Sete anos atrás, foi unha das noites máis calorosas que lembramos das nosas vidas, e ben que sudaron estes catro fenómenos.
>> resumo do concerto aquí.


lunes, 13 de abril de 2020

Tim Holehouse & Family Folks 'Good Morning Mr Vampire'

Máis novidades que chegan estes días.
Durante o fin de semana, os Family Folks subiron un novo tema, compartido co amigo Tim Holehouse. 'Good Morning Mr Vampire' foi gravado durante as sesións do álbum "The Anvil Sea" no 2018, e é unha especie de medley con fragmentos de varios temas de Holehouse, Hit the Road!!
Xa o tedes dispoñible no seu bandcamp.




viernes, 31 de enero de 2020

The Bo Derek's "Al Carajo"

A estas alturas xa coñeceredes de sobra a The Bo Derek's, outro dos proxectos dos irmáns López (a.k.a. Sheriff Lorre e Rufus el Guarro), acompañando nesta aventura a Oscar Avendaño. O seu debut foi "10", un lp lanzado a comezos do 2019 da man de Family Spree, e que se colou en moitas das listas do mellor do ano co seu rock'n'roll de pub 80s.
Dende a semana pasada xa tedes dispoñible novo material. Trátase dun 7'' con dous temas: 'Al Carajo' e o r'n'b de 'The greatest lover in the world' na cara b.
Xa podedes facervos con el no seu bandcamp, e por suposto nos seus directos.
Ademáis, hoxe mesmo dedícanlles unha extensa reportaxe no Faro de Vigo.

THE BO DEREK'S "Al Carajo b/w The greatest lover in the world"
(Family Spree Recordings, 2020)



sábado, 21 de diciembre de 2019

A cabina no último fin de semana

Aquí tedes unhas capturas dos que se fixeron cargo da cabina durante o último fin de semana da nosa despedida... E debeixo un instante do show de Calambres aos mandos. Grazas amigos, tremendos!


jueves, 28 de noviembre de 2019

LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE no 20º Aniversario do Rif-Rock

Este ano non puidemos celebrar o noso 20 aniversario nas datas correspondentes, pero tiñamos claro a quenes queríamos en directo.
Foise demorando máis tempo do desexado, pero por fin chegou o día.
Este sábado, 30 de novembro, celebramos os 20 anos do Rif-Rock coa mellor banda das nosas vidas:
LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE en directo!
Reunidos para a ocasión, que ben o merece, e ademáis para celebrar o lanzamento do seu EP "Out of my Mind" dez anos atrás da man de Freeky Dicky Records.
Unha oportunidade única de volver a velos.
E despois do seu show, teremos a tres grandes aos mandos da nosa cabina: o Sheriff Lorre, o noso gurú Calambres, e o eterno Ptooff! 
A mellor noite do ano, estades avisados...


jueves, 21 de marzo de 2019

Sir Bald & His Hairy Friends 'Double double kill you'

Segue a xira de Sir Bald & His Hairy Friends, ou o que é o mesmo, Hipbone Slim xunto cos irmáns Lorre. Aquí vos deixamos o video de 'Double double kill you' de onte mesmo no Fun House de Madrid.


martes, 12 de marzo de 2019

Sir Bald & His Hairy Friends

Recomendación para este mes.
O mítico one-man-band Hipbone Slim está de xira por estas terras. A semana pasada o puidemos ver en directo a pelo no Encontro de Barrantes, pero nas próximas datas continuará en formato banda: Sir Bald & His Hairy Friends, no que se acompaña dos amigos Jorge e Martín Lorre, nesta ocasión transformados en Mr. Freeze & Brother Big Chief McMartin. A primeira cita este mesmo venres no Kannion Surf de Montalvo. Recomendado!


sábado, 13 de mayo de 2017

Esta noite: Sheriff Lorre!!

Esta noite teremos ao SHERIFF LORRE na nosa cabina cargado deses vellos discos co rock&roll máis primitivo. Non vo-lo perdades!
*a sesión comeza despois do concerto dos Breakin' Bones no Continental.



jueves, 11 de mayo de 2017

Breakin' Bones + Sheriff Lorre

Lembrámosvos o planazo para este fin de semana!
O sábado (13 de maio) teredes en directo aos Breakin' Bones no Café Continental dende a medianoite, e ao remate do concerto, estará o SHERIFF LORRE na cabina do Rif-Rock coas súas seleccións de rhythm'n'blues e o rock máis primitivo. 
Non vo-lo perdades!!


lunes, 8 de mayo de 2017

Sáb.13: Sheriff Lorre

O SHERIFF LORRE aparca os instrumentos por unha noite, e este sábado 13 o teremos na nosa cabina cargado deses vellos discos co rock&roll máis primitivo.


lunes, 1 de mayo de 2017

Sáb.13: Sheriff Lorre

O SHERIFF LORRE aparca os instrumentos por unha noite, e o sábado 13 o teremos na nosa cabina cargado deses vellos discos co rock&roll máis primitivo.


jueves, 1 de septiembre de 2016

[Revival] 1 set. 2007: debut de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE no Rif-Rock!!

Un pouco de Revival!!!
Houbo uns anos, entre o 206 e o 2008, nos que por problemas de axenda tivemos que aprazar as celebracións dos correspondentes aniversarios hacia agosto e setembro
No verán do 2007 o Rif-Rock cumpría 8 anos, e a nosa selección de música en directo para celebralo foi un auténtico luxo.
A primeira entrega foi a cargo da RIFROCKERZ BLUESBAND, o 24 de agosto, con Paco Charlín no baixo, Sito Suárez na guitarra e Piti González na batería, un trío que fixo historia no local durante moito tempo coas súas improvisacións de blues e funk.
A segunda data foi para unha nova banda que comezaba a súa andaina: LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE!! o 1 de setembro do 2007 foi o seu primeiro concerto no Rif-Rock (o seu segundo show en directo, tras estrearse a semana anterior na súa vila), e sería o primeiro de moitísimos máis. 

E como sabíamos da importancia daquel concerto, encargámonos de editalles a súa primeira maqueta que regalamos a tódo-los asistentes daquela noite. 
Un día para lembrar, que foi o comezo dunha enorme historia.
Non hai videos, pero aquí tedes a foto oficial daquela noite, hai xa nove anos...



miércoles, 27 de julio de 2016

LOS PIES MOJADOS! [Revival Rif-Rock]

Un pouco de Revival!
Tiramos de arquivo para lembrar un dos mellores concertos dos últimos anos no Rif-Rock.

Imos cinco anos atrás, ao verán do 2011, no Rif-Rock presentáronse LOS PIES MOJADOS, un trío formado polo gran Néstor Pardo e os nosos queridos irmáns Lorre, Jorge e Martín, por aquel entón todos compañeiros na superbanda The Allnight Workers. Foi un proxecto efímero que xirou unhas cantas datas pola comarca, pero non descartamos que algún día volvan por sorpresa...

Dúas guitarras e caixa como única percusión, para un repertorio tremendo de blues, country, bluegrass, rockabilly, hot rod e rancheras, e polo medio tódo-los divertidos trapos sucios das súas vidas como foraxidos no salvaxe oeste.

Foi o 29 de xullo do 2011. Esta semana cúmprense cinco anos.
Aquí tedes o concerto completo:


martes, 12 de julio de 2016

17º Aniversario do RIF-ROCK. O resumo de todo...

Xa pasou o 17ºAniversario do RIF-ROCK!!
Foron dúas fins de semana estupendas, cheas de boa música e de amigos, que é o importante.
Recuperamos o formato anterior ós ultimos dous anos, co programa repartido en varias semanas e con dúas bandas habituais da casa convertidas noutra cousa distinta para que fosen uns concertos únicos.

O Sábado 2, foi o turno de RUFUS Y LOS GUARROS, no propio día que cumpríamos anos. Outra volta máis dese universo infinito de bandas dos irmans López, adaptando parte do repertorio que están a presentar este verán como Doble M & Jorge Lorre, pero acompañados por Rufus el Guarro con tódo-los seus trebellos á percusión, ademáis de Óscar que non se quixo perder a oportunidade de sacudir as cadeas toda a noite. Un show de repaso por algúns dos seus referentes nas raíces americanas máis fondas, pero tamén para repasar temas propios de outros dos seus proxectos, como Los Wavy Gravies e os Dead Wood. 

No seguinte fin de semana máis música en directo e máis sesións:
O Venres 8 foi o turno de PTOOFF! o novo alter-ego de Carlos, o máis habitual da nosa cabina que se reinventa outra vez, e non será a última...
E o Sábado 9 os protagonistas foron THE BOLTONS, coa jam de blues de Rubén Iglesias, David Falcón e Jesús Carames, en formato power trío. Tocarón o que lles petou, moito clásico do blues actualizado, pychodelia e aínda nos deixaron en exclusiva un par de temas fantásticos doutra das súas bandas paralelas.
E para rematar a noite unha cantas horas de sesión de Dj CHAN dende a cabina (aka A.C.M.E.) todo un referente do país, que por fin se achegou ó Rif-Rock cargado de discos para poñer o fin de festa perfecto ó noso aniversario!!

Gracias a todos por estas dúas semanas!! A tódolos que colaboraron e participaron, os músicos e os djs por apuntarvos a celebralo con nós sen pensalo dúas veces, a ATDP polas chapas unha vez máis, e por suposto a todos por vir a celebralo e a pasalo ben, e montar esa festa continúa todos estes días. Así da gusto cumprir anos. E agora a polos 18!! GRACIAS!!

Xa tedes os concertos subidos na nosa canle de youtube e nas entradas anteriores:
Rufus & Los Guarros: pt1 - pt2 - pt3 - pt4 / The Boltons: pt1 - pt2 - pt3.
Ou todo seguido en listas de reproducción:
· RUFUS & LOS GUARROS (concerto 17º Aniversario Rif-Rock 2 xullo 2016).
· THE BOLTONS (concerto 17º Aniversario Rif-Rock 9 xullo 2016).