Mostrando entradas con la etiqueta The Charles Bronson's Revenge. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta The Charles Bronson's Revenge. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de enero de 2012

RifRocKerZ: tóda-las sesións do 2011

Comezámo-lo repaso do 2011 coas sesións dos RifRocKerZ! alomenos das que deixaron arquivos que descargar, aquí as tedes todas por se vos quedou algunha atrás, son máis de 30, ademáis das que houbo e non deixaron recopilatorio de recordo. Que eu me lembre agora Bibliotecario Ye-Yé (2 de xullo), Dj Mini (3 de agosto), algunha más de Psychedelic Munstaphá, ou as aparicións fugaces de Paco Charlín pola cabina...
Ahí van, que as desfrutedes:

Mia Wallas [aka Marinocha] (1 xaneiro 2011)
A tradición de hai varios di que a primeira sesión de cada ano na cabina do Rif-Rock sexa para Marinocha e Jomitallas (igual que será neste 2012 o próximo sábado 7 de Xaneiro), e no 2011 foi máis cedo imposible. Alí se plantaron o mesmo dia de anonovo coas súas resacas e con tódo-los bártulos para estrear o ano. 
Esta foi a selección que nos deixou Mia Wallas:

Kurco Vs Munstaphá (8 xaneiro 2011)
Outra tradición aínda máis vella é a sesión de Kurco e Munstaphá, na que nunha noite destripamos todo-los singles, álbumes e bandas que máis nos gustaron ó longo do ano anterior. Foi a sesión Singles2010  repasando un ano que deu para moito.
Daquela noite fixemos unhas boas recopilacións, a selección de Munstaphá en dous volumes con 50 temas, e a de Kurco SoundSystem en tres con máis de 70!!! Descarga Munstaphá Vol.1 e Vol.2, Kurco Vol.1, Vol.2 Vol.3.

Munstaphá "Falsenite" (25 febreiro 2011)
As sesións adicadas ás versións son tamén outro clásico da nosa cabina. Hai moitos anos comezou Xaco Domin a face-las súas sesións de 'covers' (creo que xa alá polo 2003) e logo compartindo cabina con Munstaphá, e despois de varios anos sen facelas recuperamos a idea reconvertida en Falsenite, con moito máis que música nunha noite na que todo era moi distinto ó que parecía.

IncomodeiDJ (19 marzo 2011)
O 19 de marzo foi unha noite moi especial, sobre todo por que Isidro sempre fora protagonista no Rif-Rock como músico, ben con El Bosque Ambulante, Dervinthef Giróvagos, Incomodo, Partículas Inestables, etc... pero nunca se pasara pola nosa cabina para ofrecernos unha sesión, que finalmente se convertiu nun show interactivo co público. Deixounos unha selección xigantesta con máis de 70 temas: Hit, Hity, Hit... Kick!!! 

Nippon-A-Go-Gó!! (25 marzo 2011)
Esta foi unha sesión un tanto accidentada. En realidade estaba programada para mediados de febreiro, pero por cadrar datas para outros convidados á nosa cabina houbo que retrasala a comezos de marzo, e ahí foi xusto cando se produxo no Xapón a cadena de desastres terremoto-tsunami-crise nuclear... e como houbo algún sensible que se queixou (aínda non sei nin porque lle fixen caso) o tema quedou para finais de mes. O certo é que quedou espectacular, moi divertida e incluso didáctica o repaso a tódo-los clásicos do rock xaponés (nesta parte seguindo a modo de manual o volume de Julian Cope 'Japrocksampler') e a tóda-las frikalladas punk, garage, pop e ruidismo lo-fi  dos últimos anos. Nippon-a-Go-Gó!. [descarga].

Proxecto Djokovic (8 abril 2011)
No mes de abril comezábamos co debut dunha habitual do local, que nunca tomara os mandos das nosa cabina. Noa transformouse no Proxecto Djokovic para deixarnos unha fermosa sesión de pop coidadoso, rock jazz, bossa, e moita fusión  electrónica programada ata o milísegundo.



My Deaf Vs. Kurco (16 abril 2011)
En abril volveu Kurco Soundsystem, e desta vez acompañado por outro que debutaba ós mandos da cabina do Rif-Rock, Victor Karallada tan acostumado a actuar en directo no local (Fungo, The Even Flow Experience, Undertown Project...) converteuse en My Deaf para repasar entre ambos os seus temas preferidos da década dos 90, case nada... en "90's Orthodontics" volveron á súa adolescencia, e de ahí saíron ata 7 volumes dunha selección enciclopédica feita por Kurco: 90's Orthodontics.
Vol.1 | Vol.2 | Vol.3 | Vol.4 | Vol.5 | Vol.6 | Vol.7

Psychedelic Munstaphá (13 maio 2011)
Xa sabedes da nosa debilidade polos sonidos dos 60's e a miudo protagonizan as nosas noites por completo, pero estas son desas sesións sixties por excelencia, que tras varios meses volvían ó local co quinto volume de Psychedelic Munstaphá. Sicodelia sen concesións e o que é ainda máis importante, sen límite de tempo cos temas. Nesta ocasión estivo intercalada con moita cultura de clube...

Afrobeat & Voodoo Rhythm (10 xuño 2011)
Case un ano despois volvían as sesions africanas ó Rif-Rock. Desta vez centrouse no highlife e no afrobeat de Nixeria, Ghana, Senegal e Camerún e algún experimento eclecticista, para rematar coma sempre cos superclase de Etiopía. 
Neste 2012 non haberá que esperar moito para facer un terceiro volume.



Kurco SoundSystem (25 xuño 2011)
Para rematar coas actividades de xuño e da tempada antes de toda a programación do 12º Aniversario, volveu pola nosa cabina Kurco, que transformou o seu habitual SoundSystem polo bizarro SpockSystem deixándose levar por aquelo de <> co que fixemos lema das eleccións municipais.


Kurco "SpockSystem"
[descarga]


Marinocha, Cacatone, Comomepos e Kurco (xullo 2011)
Durante a programación do noso 12º Aniversario, ademáis de concertos tamén tivemos ós nosos habituais na cabina, e a Bibliotecario Ye-Yé que nos fixo unha estupenda sesión despois do concerto do propio día do aniversario, pero que non nos deixou recopilatorio. Por alí tivemos a Marinocha über alles o 8 de xullo, o 9 de xullo enfrontamos a cabina a Cacatone Vs Comomepos, e o 16 unha nova entrega de Kurco SoundSystem
[Marinocha - Cacatone - Comomepos - Kurco]


Sesión 12º Aniversario do Rif-Rock (xullo 2011)
E coma sempre o recopilatorio estrela de cada verán, o cd recopilatorio que regalamos cada ano polo noso aniversario, seleccionado e mesturado por Munstaphá en nome de tódo-los selectores do Rif-Rock. E tamén, coma sempre, para os que non estívéchedes para levar unha copia orixinal, tamén vos deixamos a oportunidade de descargalo, e que non vos podedes imaxinar o que costa decidirse para facela...
12º Aniversario Rif-Rock.
[descarga]


Kurco SoundSystem Returns! (17 setembro 2011)
Á volta das vacacións estivais, retornou Kurco unha vez máis á cabina do Rif, desta vez xa co seu habitual SoundSystem, un pouco macarra pero coa etiqueta de seu propio código de barras.



Kurco SoundSystem... volve!.
[descarga]




Comomepos (7 outubro 2011)
Tivemos que agardar ata outubro para a única sesión de Comomepos como solista na cabina do Rif-Rock. Nesta ocasión ofreceunos unha noite temática enfrontando os particulares universos de dous dos seus heroes: Mike Patton Vs. Les Claypool con tódo-los seus proxectos paralelos e amigos, que non é pouco... Primus, Frog Brigade, Mr.Bungle, Faith No More, Tomahawk, Fantômas, Nacked City, Lovage, Pepping Tom e un longo etc...

Monkey Sessions (11 e 30 outubro 2011)
En outubro tivemos dúas desas míticas i exclusivas Monkey Session, desas que facemos para catro monas que se achegan a desfrutalas nesas extrañas vésperas de festivos entre semana que abrimos. A primeira delas foi o 11 de outubro, o volumen 7 (dende que as facemos como tal) sen dúbida a máis pop de todas cantas temos feito, e o día 30 caeu o volumen 8, adicada íntegramente a temas e versións acústicas.
descarga Monkey Session Volume 7 e Volume 8.

Smoking Girls & MiniSkirts (15 outubro 2011)
En outubro repetimos sesión con Psychedelic Munstaphá, pero desta vez e por petición insistente de uns cantos, adicada á grupos e solistas femininas dos 60s. A sesión foi algo máis ampla, que en realidade se chamaba Shakin' Sixties: Smoking Girls, Fuzzy Artifacts & MINISKIRTS! pero a selección que fixemos a posteriori era íntegramente adicado ó asunto das minifaldas, con moito ye-yé...

Blacky Santórum (5 novembro 2011)
Tivemos que esperar a novembro pero como cada ano apareceu pola cabina do Rif-Rock o álter-ego máis subido de tono e máis calentorro... Blacky Santórum! pero por pasarse de chulito noutras ocasións desta vez algunhas das súas fans pediron a súa cabeza!!! de paso nós aproveitamos para repasa-los míticos exemplos dos 'bring me the head of...", e ó final saíu enteiro do asunto. 


Rif-Rock Series Vol.150 (novembro 2011)
Por unha vez e sen que sirva de precedente, publicamos un novo volume das nosas series recopilatorias de cada par de semanas, vamos, o que soa a diario no Rif-Rock. Moitos pediades que as comparamos todas na web, pero non daríamos feito tóda-las semanas. Desta vez deixámonos ir por ser un número tan significativo como é o volume 150... coma sempre moita actualidade e algunha rareza.


E para o final deixamos as sesións que se acabaron convertindo en series ó longo de todo o ano, a adicada á música negra, que por suposto seguirá, e a ob-sesión en serie da Vinganza de Charles Bronson, que dende o principio tiña data de caducidade:

Munstaphá "NiggerSoulFunk" serie...
En febreiro foi a primeira entrega do ano da serie de sesións NiggerSoulFunk, que durante moitos anos estivemos facendo, pero que non foi ata este 2011 cando comezamos a ordealas e a darlle unha identidade propia. 
primeira entrega foi en o 2 de febreiro primeira entrega, a segunda foi o 27 de maio adicada ós sons máis comprometidos co Panther Power, a terceira con sons aínda moito máis negros en Fuck'U Whiteys o 19 de agosto, e o 16 de decembro chegou a cuarta, a máis cool de todas Black Grooves!!


A Vinganza de Charles Bronson (abril - outubro)
Esta foi unha ob-sesión en serie de Munstaphá que se prolongou dende abril a outubro, con cinco entregas que realmente recuperaban unha caixa de discos esquecida no fondo dun armario, e na que ademáis estaban unhas cantas cintas vhs dun ciclo de Charles Bronson, todo o material das sesións estaba ahí, e de ahí saiu esta primeira serie The Charles Bronson's Revenge. As entregas foron a primeira o 15 de abril, a segunda con máis basura subversiva o 20 de maioa terceira foi o 17 de xuño, a cuarta foi a cecais a máis elaborada o 9 de setembro, e a vinganza final o 28 de outubro
[descarga Vol. 1 - Vol.2 - Vol.3 - Vol.4 - Vol.5]


jueves, 3 de noviembre de 2011

descarga "A Vinganza de Charles Bronson Vol.5"

E por fin aquí tedes a quinta entrega da ob-sesión en serie A Vinganza de Charles Bronson: The Ultimate Revenge! unha selección máis que decente para poñer punto final a esta serie de Munstaphá. Que a disfrutedes...

Munstaphà "A Vinganza de Charles Bronson Vol.5"
[sesión Rif-Rock 28-10-2011]


descarga Revenge Vol.5!



viernes, 28 de octubre de 2011

Hoxe... Charles Bronson's Revenge!

Esta noite, a remata a ob-sesión en serie de Munstapha. O quinto e definitivo volume da Vinganza de Charles Bronson! Non vo-la perdades!!


domingo, 9 de octubre de 2011

Venres 28: A Vinganza de Charles Bronson (vol.5 The Ultimate Revenge)

Remataremos a programación do mes o Venres 28, coa quinta e última entrega da ob-sesión en serie de Munstaphá: A Vinganza de Charles Bronson, The Ultimate Revenge!!! Non vo-lo perdades!


Repasa tóda-las entradas e sesións anteriores da Vinganza de Charles Bronson.

jueves, 15 de septiembre de 2011

descarga "The Charles Bronson's Revenge Vol.4"

Aquí tedes un pouco da sesión do pasado venres, a cuarta parte da Vinganza de Charles Bronson, e o mes que ven, a última entrega...

Munstaphà "A Vinganza de Charles Bronson Vol.4"
[sesión Rif-Rock 09-09-2011]


descarga Revenge Vol.4!

viernes, 9 de septiembre de 2011

esta noite... a vinganza de Charles Bronson!


Cuarta entrega da ob-sesión en serie de Munstaphá, sobre a Vinganza de Charles Bronson, e penúltima xa dunha colección que deu moito de sí. Será esta noite, (venres) e xa vos adianto que en outubro será a definitiva...

jueves, 8 de septiembre de 2011

McLusky "McLuskyism"

Se cos escoceses Urusei Yatsura falábamos de unha das bandas máis infravaloradas dos 90, os galeses McLusky son directamente a mellor de tóda-las bandas ignoradas do planeta... Con cada un dos seus tres álbumes parecía que despuntarían, sobre todo tra-la publicación do seu 2º lp "McLusky Do Dallas" (Too Pure, 2002)... pero non, nunca o fixeron e ahí quedou a cousa. Entre 1999 e 2005 publicaron tres álbumes e doce 7'' e eps, unha producción bastante importante para que nunca se lles recoñecese nada fora do máis baixo underground, seguramente a personalidade dos seus membros non axudaba moito a ter boas críticas, pero a súa mestura de hardcore e rock'n'roll macarra nunca mereceu tanta indiferencia. Separáronse no 2005 deixando un legado tras de sí que rematará por facerlle xutiza.
No 2006 o selo Too Pure publicou este "McLuskyism" unha antoloxía que recolle case a totalidade das súas grabacións, repartidas en 3 cds, o primeiro cos singles, o segundo coas caras-b, e o terceiro co que chaman carasC, que son tódo-los temas que lles quedaron atrás sen publicar... Faite McLuskyista!!!


McLUSKY "McLuskyism (Anthology)"
(Too Pure, 2006)


faite con el no blog Rockschuppen:
*No mesmo blog tedes moitos máis traballos de McLusky.


Rollins Band "Life Time"

Trala disolución dos míticos Black Flag (e despois de SOA e moitas colaboracións máis), Henry Rollins monta a súa propia banda, a Rollins Band, e abrindo unha das novas vías do post-hardcore que sucederían ó esgotado old school. En realidade a súa proposta era unha fuxida total do hardcore, predominando o hardrock, o punk, a rítmica do funk e as estructuras (si, si...) do freejazz, con moita potencia iso sí, aínda que co paso do tempo eso tamén se irá rebaixando. Logo adicou máis tempo ás súas campañas políticas e ó mundo da televisión, e a súa producción musical decaeu moito tanto en calidade coma no corrosivo da súa mensaxe, e a día de hoxe  está totalmente parada. Pero non nos desviemos. O primeiro álbum da Rollins Band é un auténtico trallazo, unha descarga de rabia e adrenalina coma poucas veces poderedes escoitar. Ademáis a producción de Ian MacKaye asegura unha factura perfecta. Cando me grabaron isto nun casete por primeira vez rematou rompendo de darlle tantas voltas!!

ROLLINS BAND "Life Time"
(Texas Hotel, 1987)


faite con el no blog Nuclear Razor Bombs:


Ikara Colt "Modern Apprentice"

Segundo traballo de Ikara Colt, e último. Despois de "Modern Apprentice" disolvéronse por que non tiñan cabida neste mundo e non quería ser un grupo de vellos cansados... pero o certo é que a fórmula do seu debut tivo variacións neste álbum, engadíndolle elementos de baile e pop un pouco forzado, e xa non funcionou igual. Ten bos momentos pero resulta demasiado irregular, aínda así, seguro que lle sacades proveito.

IKARA COLT "Modern Apprentice"
(Fantastic Plastic, 2004)


faite con el no blog Fire the Customer:


Ikara Colt "Chat and Business"

Moito me gustaba este disco no seu momento. O debut dos Ikara Colt, foi todo un contrapunto a todas aquelas bandas de revivalismo post-punk facilón. Ikara Colt eran moito máis crudos e primitivos, minimalistas incluso que valeu a etiqueta de art-punk que poucos tiveron na súa xeración, moito de pose pero moi boa actitude. Sobradas coma o seu eslogan de presentación <<Ikara Colt existe porque o 99,9% de todo o demáis é unha merda>> moitos vaticinaron a segunda chegada de Cristo, pero iso son cousas da prensa británica e dos seus hypes... o debut de Ikara Colt foi moito mellor que a media de tódo-los álbumes do estilo de principios de século, sobre todo porque resultaba creíble de principio a fin, collendo as teorías de Sonic Youth, e a factura de Mark E. Smith (The Fall), non podía fallar... un discazo no que poucos temas salientaban por riba dos demáis, e funcionaba perfectamente no conxunto, 'One Note', 'Rudd', 'Belgravia' ou 'Sink Venice' foron auténticos cañonazos que recuperaremos este venres, pero sen dúbida o seu hit foi 'After This', que curiosamente non foi single... cousas de artistas.

IKARA COLT "Chat and Business"
(Fantastic Plastic Recs, 2002)


faite con el no blog Radio Molotov:


miércoles, 7 de septiembre de 2011

Heavenly "Heavenly Vs Satan"

Na caixa de Charles Bronson non só había bizarradas, e cousas extrañas, tamén había algún carameliño coma este. Heavenly foron a continuación da banda Talulah Gosh (que publicaron moitos 7'' e eps pero nunca un lp), prácticamente os mesmos membros (fundamentais son Amelia Fletcher e Elisabeth Price) e o mesmo estilo, abandeiradas do Twee-Pop británico, aínda que habitualmente Heavenly non resiste as comparacións con Telulah Gosh , si conseguiron un maior recoñecimento, sobre todo canto máis avanzaba a súa carreira, aínda que progresivamente os seus álbumes perdían calidade... Na mesma caixa atopeime co "Operation Heavenly" (K Records, 1996) que foi o seu último álbum, e o máis popular de todos eles, e este fantástico "Heavenly Vs. Satan" publicado en 1991 e que mantén aínda toda a esencia dos Telulah Gosh, e iso é puro twee-pop...

HEAVENLY "Heavenly Vs. Satan"
(Sarah Records, 1991)


faite con el no blog Planctons:


Urusei Yatsura "We are Urusei Yatsura"

Seguimos a revolve-la caixa que orixiou a Vinganza de Charles Bronson, e por alí aparece este 'We are Usurei Yatsura'. Urusei Yatsura toma o nome da serie de manga do mesmo nome, o cal tamén chegou a darlles problemas, e nalgunhas edicións dos seus discos aparecen soamente como Yatsura, sobre o que significa xa hai moitas máis teorías. Ben pois UY eran de Glasgow, e sempre foron considerados os Pavement europeos, aínda que coa perspectiva do tempo cada vez están a gañarse máis o título da banda máis infravalorada dos anos 90. A pesares das moitas referencias que atoparedes deles, só publicaron tres álbumes, o resto foron compilacións de caras b ou singles que non aparecían nos lps. Despois do seu debut co ep "All Hail Urisei Yatsura" (1994) qe do single "Kewpies Like Watermelon" (1995) lanzaron este "We are Urusei Yatsura" que por suposto contiña moitos dos temas dos pequenos traballos anteriores. Ahí tedes tóda-las claves do seu son: melodías pop, do mellor que poidades escoitar, moitas guitarras, moito fuzz e moita distorsión e unha producción lo-fi bastante peculiar e pouco habitual naqueles tempos de brit-pop... 'Kewpies like watermelon' foi seguramente o seu tema máis popular, aínda que eu me quedo con 'Death 2 everyone' e 'Road Song'.
O ano seguinte publicaron o que foi seguramente o seu mellor "Slain By Urusei Yatsura" (1997) e o simpático recopilatorio de caras-b "Pulpo!", que levaba un leopardo na portada. Baixaron bastante o seu ritmo de producción de singles e eps e cando publicaron o seu último álbum "Everybody Loves Urusei Yatsura" xa baixaron moito o nivel... un destes día volveremos co "Slain by...". Pero dende logo este "We are..." foi unha das mellores sorpresas da caixa...


URUSEI YATSURA "We are Urusei Yatsura"
(Ché Records, 1996)


faite con el no blog Svetlanda69:


este Venres... Charles Bronson's Revenge!

lunes, 5 de septiembre de 2011

lunes, 29 de agosto de 2011

Archie Bronson Outfit "Fur"

Hai un par de meses compartíamos neste blog o último traballo dos Archie Bronson Outfit ("Coconut" do 2010), e xa comentabamos como seguían tentando endereza-lo rumbo despois de unha tempada bastante perdidos. Hoxe déuseme por voltar o seu fantástico debut, "Fur" do 2004 (xa o incluíramos nos mellores albumes do ano naquel incunable que foi o Despregable nº#0") e tras moito tempo sen escoitalo, aínda sona moito mellor. Pop escuro, ruidoso e suxo, rock cavernoso, un pouco de psychodelia de recheo, blues espacial, garage espeso e un pouco de kraut... reinterpretando as teorías do rock primitivo de Captain Beefheart no seculo XXI, sen máis complicacións aparentemente. Aínda que os singles foron 'Islands' e 'Kagaroo Heart', a min sempre me tiraron máis os seus machacóns 'Butterflies' e 'Here he comes' ou as arritmias de 'The Wheel Rolls on'. Un debut que seguramente nunca poderán superar...

ARCHIE BRONSON OUTFIT "Fur"
(Domino Recs, 2004)


faite con el en Aves Cantamañanas:


jueves, 14 de julio de 2011

Poster Children "New World Record"

O álbum desta semana é dunha das bandas que máis inxustamente foron esquecidas da década dos 90. Poster Children eran dos arredores de Chicago, e influenciados por toda a súa escena de post-rock evolucionada dende o hardcore, foron aplicándolle ó seu son unhas particularidades que os convertiron en únicos, nos seus primeiros álbumes cecais pecaban de empregar recursos electrónicos, programacións e sintetizadores cando non viña a conto, pero en 1999 lanzaron este "New World Record" o cumio da súa carreira, un álbum case perfecto de rítmica envolvente e guitarras afiadas que te engancha de principio a fin... xa non lembro como chegou naquel momento este disco orixinal ás miñas mans, pero ahí estivo, ata que este ano apareceu en medio de ese paquete que orixinou as sesións da Vinganza de Charles Bronson... (algún día vos contarei de certo de qué vai o asunto...). E como vos decía ó comezo, pasaron tan desapercibidos no tempo, que nin tan siquera atopei outro blog que o compartira. Eso sí, o das portadas e o deseño, nunca foi o deles... Non deixedes pasar este discazo!!!!


POSTER CHILDREN "New World Record"
(SpinArt Recs, 1999)


faite con NewWorldRecord!!!


lunes, 27 de junio de 2011

descarga "The Charles Bronson's Revenge Vol.3"

Aínda estaba pendente de subir o terceiro volume da serie The Charles Bronson's Revenge!!! Aquí o tedes...

Munstaphà: "A Vinganza de Charles Bronson Vol.3"
[sesión Rif-Rock 17-06-2011]


descarga Revenge Vol.3


jueves, 16 de junio de 2011

Charles Bronson "The Mechanic"



Unha escena final perfecta para A Vinganza de Charles Bronson, mañán unha nova entraga da ob-sesión en serie.
Esta é The Mechanicunha das mellores de Bronson, que algún lumbreras a traduxo en español como "Friamente... sin motivos personales", había que darlle pero ben... logo hubo un par de imbéciles que pensaron que podían facer unha remake desta peli este mesmo ano, que vergoña...


The Mechanic.
(1972, USA - dir: Michael Winner)
int: Charles Bronson e Jan-Michael Vicent.



*esta é a escena final, si queredes ve-la peli completa tamén a tedes en youtube (1ª parte)