miércoles, 7 de septiembre de 2011

Urusei Yatsura "We are Urusei Yatsura"

Seguimos a revolve-la caixa que orixiou a Vinganza de Charles Bronson, e por alí aparece este 'We are Usurei Yatsura'. Urusei Yatsura toma o nome da serie de manga do mesmo nome, o cal tamén chegou a darlles problemas, e nalgunhas edicións dos seus discos aparecen soamente como Yatsura, sobre o que significa xa hai moitas máis teorías. Ben pois UY eran de Glasgow, e sempre foron considerados os Pavement europeos, aínda que coa perspectiva do tempo cada vez están a gañarse máis o título da banda máis infravalorada dos anos 90. A pesares das moitas referencias que atoparedes deles, só publicaron tres álbumes, o resto foron compilacións de caras b ou singles que non aparecían nos lps. Despois do seu debut co ep "All Hail Urisei Yatsura" (1994) qe do single "Kewpies Like Watermelon" (1995) lanzaron este "We are Urusei Yatsura" que por suposto contiña moitos dos temas dos pequenos traballos anteriores. Ahí tedes tóda-las claves do seu son: melodías pop, do mellor que poidades escoitar, moitas guitarras, moito fuzz e moita distorsión e unha producción lo-fi bastante peculiar e pouco habitual naqueles tempos de brit-pop... 'Kewpies like watermelon' foi seguramente o seu tema máis popular, aínda que eu me quedo con 'Death 2 everyone' e 'Road Song'.
O ano seguinte publicaron o que foi seguramente o seu mellor "Slain By Urusei Yatsura" (1997) e o simpático recopilatorio de caras-b "Pulpo!", que levaba un leopardo na portada. Baixaron bastante o seu ritmo de producción de singles e eps e cando publicaron o seu último álbum "Everybody Loves Urusei Yatsura" xa baixaron moito o nivel... un destes día volveremos co "Slain by...". Pero dende logo este "We are..." foi unha das mellores sorpresas da caixa...


URUSEI YATSURA "We are Urusei Yatsura"
(Ché Records, 1996)


faite con el no blog Svetlanda69:


No hay comentarios: