Os canadienses Fucked Up son unha das poucas bandas de hardcore do planeta que non siga unha via morta, ou o mero revivalismo, fuxindo sempre de calqueira atisbo de purismo... Fucked Up incorporan cada vez máis elementos orquestais que aportan moita densidade a toda a tralla habitual, e doces coros que se opoñen ós berridos de Damian Abraham. "David Comes to Life" é o seu terceiro lp, ó que hai que sumarlle máis de 60 singles, eps e splits dende os seus comezos no 2002. No 2011 a súa proposta resulta demasiado pretenciosa, arty e incluso popeira para os seguidores do hardcore habituais, e demasiado tralleira para o público pop... eu dígovos que aquí hai moitos temazos, as miñas pegas, é que por momentos tenden a facer algún pasaxe progresivo (que iso os convertiría en insoportables no futuro, e máis se non se sacudo ese tufillo de épico que contaxia todo o canadiense nos últimos anos...), é que o álbum é demasiado longo (18 cortes que fan 77:47'', demasiado para calquera). A razón de tanto metraxe é que se trata de unha especie de ópera dividida en 4 actos, case a modo de traxedia clásica. Xa vos aviso que pode cansar, pero dádelle unha oportunidade...
FUCKED UP "David Comes to Life"
(Matador Recs, 2011)
faite con el no blog Las Patillas de tu Padre:
No hay comentarios:
Publicar un comentario