Un dos traballos máis aclamados do polifacético Jim Jarmusch é a curta "Somewhere in California" de 1993, que xuntaba na mesa dunha cafetería a Tom Waits fronte a Iggy Pop para que falaran das súas carreiras e traballos recentes. Waits xa traballara as ordes de Jarmusch na fantástica Down by Law (1986). Este Coffe and Cigarettes III: Somewhere in California foi ademáis premiada coa Palma de Ouro no Festival de Cannes de 1993. A curta seguía o esquema da serie Coffee and Cigarettes inaugurada en 1986 cun sketch para o programa Saturday Night Live no que aparecían Roberto Benigni e Steven Wright (titulado "Strange to Meet You") e logo en 1989 con "Twins" que enfrontaba a Steve Buscemi cos irmáns de Spike Lee (Joie e Cinqué) falando de Elvis. Anos máis tarde todo foi ensamblado con novas pezas no filme Coffee and Cigarettes (Jarmusch 2003) que reunía ata un total de once curtas.
1993: Jim Jarmusch
int. Tom Waits & Iggy Pop.
No hay comentarios:
Publicar un comentario