martes, 20 de septiembre de 2011

Outono Capitol Rock Festival

Neste outono en Compostela, entre os meses de setembro e outubro, 
unha boa dose de sons negroides, no 
OUTONO CAPITOL ROCK FESTIVAL
organizado por A Reixa e Raiña Productions, e coa colaboración de moitos máis establecementos entre os que por suposto tamén está o Rif-Rock (creo que os únicos que non somos de Santiago), e con seis bandas repartidas en 3 datas:

mércores 28 setembro
JC BROOKS & THE UPTOWN SOUND + THE ALLNIGHT WORKERS

sábado 15 outubro
MAXINE BROWN +THE PEPPER POTS

sábado 29 outubro
SI CRANSTOUN + DR. GRINGO


A entrada para cada xornada é de 15€, e o abono para os tres días por só 30€. Pero ademáis diso tamén tedes a oportunidade de conseguir entradas de balde, o sistema é moi sinxelo: o rock'n'porte que a modo de pasaporte debes selar en cada establecemento colaborador, con cada consumición ou compra, cando completes 10 poderás canxealo por unha entrada. Podedes conseguilos xa este fin de semana no Rif-Rock. Xa vedes, moitas facilidades para non perdelo...

E ademáis o primeiro día, o mércores 28 de setembro, no Bar A Reixa inauguran unha exposición titulada "Extra! Extra! Read All About It!" (case coma o tema de Bo Diddley) adicada as mellores revistas da era Pop, seleccionadas por Alex Cooper (Los Flechazos, Cooper) que tamén dará unha charla sobre as súas publicacións beat favoritas e despois dos concertos unha pinchada no local. 

+ info nas webs de A Reixa e Sala Capitol e tóda-las novidades día a día na páxina de facebook do Outono Capitol Rock Festival.

No hay comentarios: