domingo, 25 de septiembre de 2011

Tom Waits "Blood Money"

Este "Blood Money" de Tom Waits, que foi publicado xunto co álbum "Alice" no 2002 eran as novas gravacións de dúas bandas sonoras teatrais para as correpondentes obras de Robert Wilson, ambas compostas entre Waits e a súa dona Kathleen Brennan. "Blood Money" é a particular adaptación da obra de Woyzeck (orixinal de Georg Bucher) realizada por Wilson. É unha historia real de 1837 na que un soldado alemá, farto das continuas guerras decide gaña-la vida someténdose a experimentos médicos remunerados, que o volverán completamente tolo, para terminar asesinando á súa moza por enganalo con outro e logo suicidándose. Son unha colección de contros sangrentos (pero de permanente actualidade) descritos como <<...colección de nanas enfermizas, marchas fúnebres, gospel gótico, cabarets lunáticos y operetas anacrónicas...>>. Sen dúbida o máis circense de tódo-los álbumes de Waits, e tamén o máis expresionista... de momento...


TOM WAITS "Blood Money"
(Anti Records, 2002)


Faite con el no Blog del Chango:


No hay comentarios: