miércoles, 30 de abril de 2008

Dj JALEO!!! Venres 2 de maio

Rif-Rock presenta:
venres 2 de maio dende as 00:00h.
DJ Jaleo

Tra-lo seu paso por Londres e Barcelona, este venres teremos a oportunidade de escoitar a este dj cambadés, que nos sorprenderá coas súas mesturas de electrónica con ritmos de pop-rock inglés, froito das influencias destas cosmopolitas cidades nas súas mezclas.

jaleo, jaleo!!!

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre. Fotos do 26 de abril

viernes, 25 de abril de 2008

'The Witch' novo tema de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre

Presentamos o novo tema de
LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE,
fantástica versión dos Sonics:
THE WITCH

Se non vai picade aquí:
http://www.goear.com/listen.php?v=51719d3

Todo isto e moito máis o
Sábado 26 no Rif-Rock, as 23:30h.

Que vos sirva de último aviso!!!
(a carátula está montada para que a gravedes nun cassette dos de toda a vida,
eh Michi? Que tb me acuerdo de ti...)


jueves, 24 de abril de 2008

The Sonics en Libro de Notas

Como tódo-los 24 de cada mes, volven a columna 'de Ventrílocuos Impostores' a Libro de Notas. Desta vez revisamos ós máis grandes e salvaxes de tódo-los tempos: THE SONICS, coa excusa perfecta de que o próximo mes estarán en España nesta xira de autohomenaxe que se están a pegar.

O artigo "The Sonics. El Retorno de los Modernos Trogloditas" está en:
http://librodenotas.com/deventrilocuosimpostores/13609/the-sonics-el-retorno-de-los-modernos-trogloditas

Consultade a diario Libro de Notas: http://www.librodenotas.com/

Con todos vos, The Sonics:

Psycho (montaje: “Psycho a Go-Go”)


lunes, 21 de abril de 2008

LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE en directo o Sábado 26

Rif-Rock & The Lorrettes presentan...
SABADO 26 de Abril 23:30h.
en concerto:
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE
unha vez máis co seu rhythm'n'blues cavernícola
e algún experimento sorpresa de laboratorio...
Si o sábado tedes ganas de festa,
xa sabedes que non vo-lo podedes perder!!!

RIF-ROCK. Rúa Infantas.13 - CAMBADOS

+info:
www.myspace.com/loshijosbastardosdepeterlorre

Venres 25. SESION STONER. RifRockerZ.DjSet

Este venres 25 de Abril, dende as 23:59 ou algo así
SESIONSTONER
cos sonidos máis ásperos do deserto,
as afección cutáneas máis desagradables,
e seguro que algún que outro crossover...
a cargo dos
RIFROCKERZ.DjSet
desta vez con 3 djs:
Dj COMOMEPOS
KURCO SoundSystem
& MUNSTAPHÁ

DjCHOEU vs NEWRA. Fotos do pasado 19 de Abril. Sesión Vinilos

DjCHOEU vs NEWRA. Videos do pasado 19 de Abril. Sesión Vinilos

Fantástica sesión a catro mans a cargo de DjCHOEU e NEWRA, un enfrontamento a morte a base de vinilos, no que houbo de todo, dende momentos de sesións continuadas pero case todo o tempo nun man a man no que cada un controlaba un plato e daba a réplica ó outro... e ademáis sonou de todo, os Morlocks sucedíanlle os Cynics; ós Yellow Pixoliñas, Radio Oceano; a My Bloody Valentine, os Jesus and Mary Chain... música electrónica, punk, reagge...
ó final o arbitro colexiado (eu) optei por deixalo en táboas para que teñan que repetir. E sobre todo para que teñan tempo de poñer en varias sesións os centos de incunables que trouxeron ó Rif-rock, xa que ademáis da sesión foi tamén toda unha exhibición de pequenas xoias e bastantes rarezas de culto.
Mentres
ahí van uns videos...


domingo, 20 de abril de 2008

LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE. Fotos Tupperware (17-04-08). Festa Despregable.

LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE. Videos Tupperware (17-04-08). Festa Despregable.

E para ir abrindo boca do que poderedes disfrutar o próximo sábado, aquí vos vai a primeira entrega do que fixeron o pasado xoves 17 no Tupperware de Compostela na presentación de Despregable#17
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE:
(próximamente subiremos o concerto completo con máis calidade, estade atentos...)

o Despregable no Miraxes de TVG (e un rifrockerz dando a cara!!!)

Aquí tedes o enlace á gravación:

http://www.crtvg.es/asfroot/acarta_tvg/MIRAXES_20080419.asx

coma sempre deberiades miralo completo, pero si tedes presa, a mini-reportaxe do Proxecto Edición comeza no min 5:40, e o despregable no 6:00, aínda que xa aparecemos no sumario!!! jejeje...

a Asociación de Libreiros de Cambados presenta en concerto a Tino Baz. 25 de Abril na Xuventude

miércoles, 16 de abril de 2008

DjCHOEU vs NEWRA. Sábado 19. Sesión de Vinilo.

Sábado 19, dende as doce e media ou algo así...
DjCHOEU
vs.
NEWRA dj
UNHA LOITA A MORTE A GOLPE DE VINILO!!!
+INFO:
http://rifrockerz.blogspot.com/

Doris Cales Quartet. Domingo 20 no Café Continental. con Paco Charlín

Este domingo 20 de Abril, no Café Continental, dende as 23:30h. en concerto...
DORIS CALES QUARTET:
Doris Cales: voz
Nacho Pérez: guitarra
Paco Charlín: contrabaixo
Juanma Barroso: bateria

Café Continental (R/Hospital,7 - CAMBADOS)

lunes, 14 de abril de 2008

Videos da RIFROCKERZ BLUESBAND de Paco Charlin o pasado 21 de marzo (2ª parte)

RifRockerZ BluesBand#5:


RifRockerZ BluesBand#6:


RifRockerZ BluesBand#7:

Videos da RIFROCKERZ BLUESBAND de Paco Charlin o pasado 21 de marzo (1ª parte)

RifRockerZ BluesBand#4:

RifRockerZ BluesBand#2:


RifRockerZ BluesBand#3:


RifRockerZ BluesBand#1:

Presentación do Despregable#17 no Tupperware (Compostela) con LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE en directo

Este xoves 17 de abril, festa por todo o alto para presentar en Compostela o Despregable nº17.
No TUPPERWARE, dende as 20:30h. (sí señores en sesión de tarde!!!) presentamos o tremendo directo a
LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE

co seu rhythm'n'blues cavernícola

Logo dende as 00:00h. sesión de Djs a cargo de
FREAKaGO-GO PSYCHOSYSTEM


NON VO-LO PERDADES, PARTY ALL NITE!!!!!

Tupperware Lounge Bar & Shop. Rúa Frai Rosendo Salvado. Compostela.

BLACKY SANTÓRUM_descargas

Aquí tedes coma sempre un regaliño da factoria Kurco SoundSystem (aka Blacky Santorum), correspondendo á sesión do pasado sábado 12 de marzo.
Tedes 3 volumes, ou o que é o mesmo 3cds, que se corresponden con:
HORROR DANCE
HOT SEX
UNCENSORED VERSIONS

http://www.megaupload.com/?d=OOTV6VPY




miércoles, 9 de abril de 2008

Franc3s "Como un caracol entre lobos"

Aquí tedes o videoclip de Franc3s de "Como un caracol entre lobos" (as estrelas sónicas do Despregable#17). E para +info sobre o grupo:

http://franc3s.blogia.com/



BLACKY SANTÓRUM. 12 dAbril

Volve á cabina do Rif-Rock
BLACKY SANTÓRUM
[featuring Kurco SoundSystem]
un alter-ego bastante subido de tono:

Horror Dance, Hot Sex & Uncensored Versions...

Paco Charlín no Miraxes da TVG

Entrevista-Reportaxe con Paco Charlín en Miraxes da TVG
Este é o enlace (é o programa completo, así que avanzade ata os 5:13 mins, que é donde comeza o de Paco):

http://www.crtvg.es/asfroot/acarta_tvg/MIRAXES_20080405.asx

lunes, 7 de abril de 2008

programación Abril 2008


Xa temos cerrada a programación do mes, así q aquí tedes o avance:
Sábado 12_BLACKY SANTÓRUM: un álter-ego subido de tono.
Sábado 19_DjCHOEU vs NEWRA, nun enfrontamento a golpe de vinilos
Venres 25_RIFROCKERZ.djSet: Sesión Stoner a cargo de Kurco, Comomepos e Munstapha.
Sábado 26_LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE. En concerto, ás 23:30h.

Que os desfrutedes!!!

Casipeo 'Blue Monday' o pasado 15 de marzo

Aquí tedes por fin o video co que Casiopeo pechou a súa sesión xunto con DjChoeu o pasado 15 de marzo. 'Blue Monday', que na anterior subida estaba estropeado, pois iso ahí o tedes...