viernes, 1 de junio de 2012

Festa do Xuven na Praza Alfredo Brañas

Este sábado, festaza do Xuven!!!
Nós pola tarde nos adicaremos a disfrutar da previa e do partido no Pombal, pero pola noite xa nos apuntamos!!!



[Páxina do Xuven en facebook]
El proximo sábado en la previa del partido queremos invitar a todos los seguidores del Xuven (socios, aficionados, simpatizantes, amigos,...) a reunirse en la plaza Alfredo Brañas de 15 h a 17,30 h con camiseta amarilla, para a las 17,30 h dirigirse al pabellón del pombal a disfrutar de la final de EBA Establecimientos Otero - Sabadell.

DURANTE LA CONCENTRACION EN LA PLAZA ALFREDO BRAÑAS TODO AQUEL SEGUIDOR QUE ESTE EN POSESION DEL CARNET DE SOCIO Y VESTIDO DE AMARILLO (obligatorio estos requisitos) SE LE SERVIRAN TUBOS DE CAÑA DE CERVEZA A 1 € EN LOS PUBS A LERIA, FICOS , BROTHERS ,PILON,ESCUMA.

Y PARA REMATARLA, POR LA NOCHE TODOS AQUELLOS QUE SALGAN A CELEBRARLO, (DE AMARILLO Y CON EL CARNET DEL XUVEN) COPAS A 3 € EN FICOS , BROTHERS, A LERIA, RIF ROCK ,ESCUMA,PILON, CLÍMAX. 


FORZA XUVEN!!

jueves, 31 de mayo de 2012

Mujeres "Soft Gems"

Mujeres volveron a facelo, ou máis que antes se cabe. Todo o mundo fala deste "Soft Gems" que sen dúbida é o álbum do momento. Se entre o 2009 e o 2010 todos falaban desa banda que parecían os Black Lips cataláns, que si eran a gran esperanza do rock'n'roll... o seu debut parecía insuperable, pero chegou este "Soft Gems" para facernos comprender que aínda había lugar para máis sorpresas. "Soft Gems" é máis rápido, e máis de todo, máis garage, máis surf, máis beat, e máis lo-fi... e todo eso en só media hora que pasa voando. As 2 partes de 'Soft Gems', 'Seattle Waves', 'Calabrese Fingers' ou a fantástica 'Salvaje' farán que non poidas estar quieto nen un segundo, senón é que tes un problema...

Mujeres "Soft Gems"
(Sones, 2012)


facédevos con Soft Gems en Indiecaciones.


miércoles, 30 de mayo de 2012

Jane Joyd "Shy Little Jane presents..." en directo

A coruñesa Jane Joyd leva uns cantos meses presentando o seu primeiro traballo, o EP "Shy Little Jane Presents: The Dramatic Tale Of Her Animals" editado por Origami Records. E máis alá das habituais canles de promoción, dende a discográfica lanzaron este curioso, ou cando menos diferente, formato de divulgación, ofrecéndonos os catro temas completos do seu ep todo seguido nun video en formato live session con toda a súa banda. Aquí o tedes coa súa nota de presentación:

"Shy Little Jane Presents: The Dramatic Tale Of Her Animals" es el primer EP publicado por Origami Records de Jane Joyd. Este video contiene una cuidada "live session" donde Elba Fernández y su banda repasan en directo todo este fantástico disco. Contiene las 4 canciones que han sido concebidas para ser escuchadas sin pausas, y por eso también las publicamos juntas. Los temas son: 1. The Cage, 2. Heartless Horse (The Disappearing Act), 3. Dead Fish, 4. Renard Came To My House, Stole My Smile And Left Forever.


La banda: Iago Mouriño: piano /// Fernando González: trompeta /// Rosalía Vázquez: chelo / coros /// Ric Morente: violín / coros /// Julián Rodríguez: bajo / coros /// Xulio Vázquez: batería / percusión /// Elba Fernández: guitarra / voz

El video ha sido grabado en el Centro Ágora de A Coruña el 3 de Abril de 2012, realizado por el equipo de Planeta Namec para el video (realización, grabación, montaje, fotografía,...) y el equipo de Alberto Castro en el trabajo de sonido (grabación, mezcla y master). Con el apoyo de FIB, Proyecto Demo y Ayuntamiento de A Coruña.


martes, 29 de mayo de 2012

descarga sesión PSYCH

E aquí tedes a selección da sesión do sábado pasado, da sesión PSYCH, de Comomepos e Munstapha, que como todo bó cassette vos presentamos en dúas caras de pouco máis de media hora cada unha...


Comomepos Vs. Munstapha "PSYCH"
(sesión Rif-Rock 26 maio 2012)
faite coas dúas cara de Psych!!!


lunes, 28 de mayo de 2012

Dr.John "Locked Down"

Así a golpe de luns podo decirvos que este é un dos mellores discos que escoitei en moitos anos... A estas alturas non vos vou presentar ó Dr. John (Mac Rabennack) , unha das miñas figuras imprescindibles para comprender a evolución da música no último medio século, e ahí sigue deixándonos máis obras mestras. Nesta ocasión recurre a un mitómano, Dan Auerbach dos Black Keys, que ademáis de encargarse da producción tamén colabora en gran parte da gravación. Unha colaboración entre dúas xeracións, o presente e o mito, que se complementan á perfección. As composicións de Dr.John recordan ós seus mellores temas da ápoca dos rituais de vudú psychodélico do Night Tripper, e o traballo de Auerbach consigue resucitalos a un son e texturas totalmente actuais engadíndolle máis ritmo, velocidade e potencia como fuxida da parodia ou do revivalismo... "Locked Down" son dez temas nos que como sempre Rabennack recrea tóda-las vías da música negra en clave de New Orleans pasado polo seu especial filtro ritual, e desta vez o resultado é o mellor en moitos anos, ademáis dos textos cabreados de vello gruñón que chegan nun momento máis que oportuno. Dende os cortes de rhythm'n'blues ácido cargados de cánticos ceremoniais, a explosións de funk, pasando por momentos cabareteiros e un guiño a Captain Beefheart, para despedirse en clave de soul... fenomenal!! 

DR. JOHN "Locked Down"
(Nonesuch Recs, 2012)


faite con locked down en Laspikedelycmusic.



5 anos de RifRocKerZ na rede

Esta fin de semana chegáronme un par de mensaxes felicitándonos polos 5 anos deste blog, e tiven que comprobalo porque non tiña nin idea, pero sí, xa son 5 anos de RifRocKerZ na rede, non está nada mal...


viernes, 25 de mayo de 2012

PSYCH (Comomepos Vs Munstaphà)

Esta noite Comomepos Vs. Munstaphà en... PSYCH!!


The Seeds "The Seeds" 1966

Antes da sesión de mañan "PSYCH" (Comomepos Vs. Munstaphà), ademáis de recomendarvos temas e videos dos que estivemos falando nestas semanas, era case obrigado compartir con todos unha desas xoias do xénero, coma sempre... e repasando unhas cantas entradas caín na conta de que nunca vos deixara no blog ningún álbum dos Seeds, imperdoable, así que ahí vai...

Imperdoable por que The Seeds son unha das bandas imprescindibles no garage psych norteamericano, costa oeste, de Los Angeles, e un deses pilares do son característico do xénero, importante o lugar por que aquí chegou máis tarde toda a repercusión da british invasion. Directos, canallas, e igual que The Doors non tiñan baixo e incluían un teclado que cubría todas esas lineas de graves, e lle aportaba unha densidade única. O encargado era Daryl Hooper, peza fundamental do seu son, con él Jan Savage á guitarra e Rick Andridge á batería, e como frontman o mítico Sky Saxon, unha desas lendas negras da historia do rock, imbatible no consumo de drogas, destrozos hosteleiros, coleccionista de groupies, e finalmente entregado a unha secta relixiosa de dudosa inspiración... todo suma á hora de facer historia. 

The Seeds formáronse en 1965 e ata 1967 publicaron catro álbumes coa súa formación orixinal (logo chegaron recopilatorios de material inédito e desperdigado por 7'' e eps, e posteriormente chegaron varias reunións) cos que se convertiron en fanda fundamental, cun son característico, pura psychodelia cabreada (como me dixo unha vez un veterano) e fácilmente identificable, e aínda que normalmente se cita o seu segundo álbum "A Web of Sound" como a súa obra máis completa i elaborada, hoxe déixovos aquí o seu debut homónimo, moito máis directo e sinxelo, e que ademáis contén tres dos seus maiores éxitos: 'Can't seem to make you mine', 'Try to Understand' e sobre todo 'Pushin' too Hard'... isto é historia amigos!!!

THE SEEDS "The Seeds"
(GNP Crescendo, 1966)


facédevos con The Seeds no blog A Web of Sound.


martes, 22 de mayo de 2012

Exposición de Click Cambados

Primeira exposición da asociación Click Cambados. Nova da súa web
O día oito de xuño, CLICK CAMBADOS preséntase en público coa inauguración da súa primeira exposición de fotografía. Os autores das imaxes son Claudia Silva, Iago Pillado e Marcos Escudeiro, e a temática principal será Cambados.

As imaxes exporanse nas fachadas dos bares situados na Praza das Rodas:Lume de Leña, Vago Viños, A Fonte do Viño e Casa da Leña (sempre que o tempo o permita), e o recadado coa súa venta destinarase á organización de novas actividades.

Este mesmo día contaremos cunha actuación musical do grupo GERUNDIO CANTO, que se presenta tamén por primeira vez en público. Compoñenno Tino González,Félix Solla, Jose Mª Trigo.




este sábado PSYCH (Comomepos Vs. Munstapha)

E este sábado 26, por fin teremos a sesión PSYCH que tivemos que aprazar para facerlle sitio ó concerto dos Breakin'Bones da semana pasada. Así que para esta fin de semana psychodelia, garage e sonidos fuzzeantes na cabina do Rif-Rock, por Comemepos e Munstaphá.


lunes, 21 de mayo de 2012

Breakin' Bones, todo o seu concerto

Aínda estamos alucinados co concerto deste sábado dos BREAKIN' BONES!!! Xa estábades todos avisados de que o espectáculo ía ser de primeiro nivel, e a tódo-los asistentes creo que se lles podía ver unha cara de satisfacción-alucine máis que evidente. E certamente o concerto que nos ofreceron estes veteranos foi tremendo, bestial e inesquecible. 
Xa temos todo o material subido (nas anteriores entradas o tedes todo repartido en 5 partes) e aquí mesmo xa o tedes nunha lista de reproducción todo seguido, para os que queirades revivilo, aquí tedes a Santi, Berto e Koko en directo, os Breakin' Bones!! Gracias máquinas!!! 

E ademáis vos recomendo que os sigades nas súas próximas datas, novas, edicións etc na súa páxina de facebook e no seu myspace.




Breakin' Bones!!!




 

 

Breakin' Bones (concerto pt.1)

Breakin' Bones (concerto pt.2)