jueves, 29 de septiembre de 2011

entrevista a The Allnight Workers.

Despois do concerto de onte na Sala Capitol dos Allnight Workers, compartindo cartel con JC Brooks na xornada inaugural do Outono Capitol Rock Festival, recuperei esta entrevista que estaba preparada para publicar no último número do Fanzine Despregable que ía ver a luz antes do nadal, pero como moitos xa sabedes, este ainda non se publicou, non desesperedes que igual algún destes meses levades unha sorpresa... A estas alturas do 2011 The Allnight Workers xa están rematando os temas do que será o seu novo álbum, e xa teñen data para a gravación, novamente en Berlín con Cherry Casino, así que próximamente más r'n'b!!!. 
Pero mentres, aquí vos deixo esta reportaxe que fixo o noso enviado especial Michi Calambres, cando entrevistou á banda The Allnight Workers xusto á súa volta da grabación do álbum "This only Happens Once" en Berlín, e antes da súa publicación en decembro de 2010... Aquí a tedes:

THE ALLNIGHT WORKERS 
Esto solo pasa unha vez...
Por MICHI CALAMBRES.

Axeitado ven sendo o título do seu novo disco. É sen dúbida unha sorte para algúns que haxa unha banda que nos dea cancións de tan alta composición e calidade, e quen non mo crea só ten que escoitar por exemplo “Brown New Shoes”, “Coal Miner” ou “Lefty Brown” para darse conta de que non falamos dunha banda calquera. 

Os Allnight Workers aparecen nun momento no que a música cada vez é máis aburrida e as grabacións son cada vez máis artificiais. Fan oídos sordos ás modas e teñen moi claro o que queren e o porqué o fan. Para empezar pese a súa xuventude rexistran un estilo non usual como é o R&B, no que tamén hai reminiscencias swim, gospel ou jazz gracias un omnipresente saxofón. O seguinte paso é viaxar ata a Berlín aos estudios Lightning Recorders na búsqueda dun sonido que se acerque o máis posible o que buscan 

O seu sonido é puro, completamente analóxico, sen engandidos nin doblaxes, directo, sinxelo e auténtico, posible únicamente se se recolle con tódolos músicos tocando á vez. Pero eles non intentan imitar os ingleses que a mediados dos anos sesenta lles intentaron mostrar ós blancos americanos ó que os seus negros facían, senon que eles recollen directamente esa música feita polos negros nos anos 40 e 50 cando a música era pura diversión e o R&B se mezclaba no que podía co gospel. (e o jazz comezaba a mezclarse co R&B). 


Os seus compoñentes son ben coñecidos nos bares do xénero: Néstor Pardo e Roi Fontoira -ambos guitarra e voz- son membros das bandas máis importantes de garage e rockabilly de Galicia, os Loveless Cousins e os Phantom Keys respectivamente. Acompáñanos os irmáns López -Jorge ó baixo e Martín á batería- dos lilainos Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e Santi González saxo, dos Honky-Tonkin Boozers da Coruña. Veñen de grabar o que xa é o seu primeiro disco nos estudios Lightning Recorders de Berlín grabado e producido por Cherry Casino en tan só unha mañá. Quedamos con eles no seu local de ensaio en Simes para que nos conten os comos e os porqués:

1. Os Allnigth Workers facedes R&B despois de máis de sesenta anos de que esta música enchera as listas Billboard e sodes capaces de transportarnos a esa época que evocades. Cómo o conseguides? 
Pois a verdade é que nós simplemente recollemos as influencias desa época: o xeito de tocar, os instrumentos, o equipo, e quizais tamén un pouco a imaxen, pero o principal é a música. Intentamos utilizar as estructuras das cancións que se facían nesa época: R&B, blues un pouco de swim... música xa feita. 

2. Ti Roi foches o que tivo a idea de formar a banda. Sentías a necedidade de creala para poder liberar toda a túa creatividade como músico e cantante? Qué me podes contar de todo este tempo? 
En primeiro momento sí, fun eu o que tivo a idea, pero bueno, a banda neste momento é outra diferente xa que houbo varias formacións con diferentes altas e baixas. Despois se uniu Néstor co que xa tocaba hai tempo os dous sós e ambos tiñamos ganas de facer algo xuntos, xa que él fai mogollón de temas e había coincidencia nos gustos. 

"This only Happens Once" dos AllNight Workers foi publicado
polo selo Grabaciones de Impacto (15 dec.2010)
3. Vides recentemente de grabar o que será o voso primeiro disco. Qué foi o que vos levou ir gravar a Berlín, e contádeme un pouco como foi o proceso de grabación? Qué tal vos entendichedes con Cherry Casino? 
O de ir a Berlín foi porque buscábamos un estudio no que poidéramos sonar tal e como sonan os grupos de R&B de finais dos 50 e jump blues. Escoitamos o grupo de Cherry Casino e era xusto o que queríamos, máis que sonar antigo, que sone como realmente ten que sonar, directo e non moi producido. 
Grabamos nunha mañá, en directo e tal e como se facía antigamente. Nun grabador Telefunken de dúas pistas onde se facía a masterización en directo polo que non hai postproducción algunha. 
Cherry Casino é moi profesional e o ambiente era moi agradable. Pillou ó momento o concepto tras facer un par de probas para ecualizar e tal. Non nos escoitara antes é só sabía que facíamos R&B, pero poidemos ver como se lle iba poñendo unha sonrisa na cara o longo da grabación e por suposto a nós tamén! 

4. O disco edítase únicamente en vinilo gracias a idiosincrasia de Raúl, dono de Grabaciones de Impacto. Foi difícil convencelo para que vos editara? 
Non, a verdade é que non, é amigo noso e saiu directamente del. Veu a un par de ensaios xa coa intención de editarnos porque estaba buscando bandas para o seu selo, que ata agora só ten dúas referencias, ambas australianas, e encaixamos perfectamente no perfil que buscaba. Tanto é así que veu con nós a Berlín de roadmanager. 

5. A publicación é inminente, estades contentos co resultado tanto a nivel musical como estético? Cantas copias se editarán? 
Estamos moi contentos, todo perfecto! Serán 500 copias, en principio íbamos sacar un 10” pero o final vai ser un 12” por cuestión de minutaxe para que sonara menos comprimido, máis alto e directo. 
Inclúe un poster e unha tarxeta para baixalo en Mp3 e poder descargalo nun cd, no Ipod ou onde queras. 
E do diseño encárgouse Lluis Fuzzhound un ilustrador valenciano que está vivindo en Australia. Propusémoslle facer un debuxo rollo modernista en plan Pantera Rosa ou así e quedou moi ben, pese a non coñecernos... moi divertido! 

Poster do ilustrador Lluis Fuzzhound para The Allight Workers.
6. Roi e Néstor sodes os compositores das cancións. Cómo vos repartides a hora de compoñer e de cantar? Cada un canta a súa canción ou hai algún caso no que se fai a canción pensando para que a cante o outro? 
Por agora non se deu ese caso, pero seguramente pase. Ata o momento a maioría son cancións que xa tiñamos feitas de antes cando tocábamos xuntos Néstor e máis eu (Roi), e outras que cada un tiña feito por separado. O que facemos tamén e que igual fai un a música e o outro lle pon a letra. 

7. Incluides no disco temas principalmente vosos que pese a ser feitos agora non desentonan nada coas versións incluso para a miña opinión as superan, qué me podedes dicir destas últimas? En qué artistas vos fixades? 
Sí, son case mitade nosas e mitade versións, pero non son versións propiamente ditas senón que son adaptacións, xa que non se parecen moito as orixinais; as facemos cunha estructura de blues ó noso aire coa letra orixinal. Fixámonos na forma de tocar de todos eses anos, no swim no jump blues, dende os anos 30 a finais dos 50 e principios dos 60, o jazz cando se comeza a mesturar co blues e o R&B... todo iso. 

Nestor, Roi e Jorge en plena gravación nos estudios
Lightning Recorders de Berlin.
8. Sei que vivides un pouco distanciados un dos outros pero, supón un problema para vós as distancias? 
Non se ten convertido en tanta trava por agora, sabemos de casos peores. Ensaiamos normalmente máis da metade da banda e despois ven Néstor dende Madrid bastante a menudo; e a Santi non lle supón ningún problema a falta de ensaio. Non hai a verdade problema niso, non ensaiamos a diario, pero bueno, se tes ganas de facer isto, móveste. 

9. Xa tocástedes no XiriaPop de Carballo e o ides facer dentro de nada no Purple Weekend de León. Tendo en conta isto e sabendo que non son dous festivais do voso estilo, cómo foi a resposta da xente e en que festivais e con quén vos faría realmente ilusión tocar? 
Tocar nos gustaría tocar en calquera festival, non queremos tampouco tocar só en festivais dun estilo, queremos escapar diso. Néstor toca en festivais de rockabilly e 50´s, e eu (Roi) en festivais rollo mod e sesentero, e estamos con ganas de tocar noutros sitios porque estamos como encasillados. Imos a onde nos chamen, como si nos chaman para as festas dunha vila, ou nos chaman para festivais de blues, de jazz, rocknroll ou sesentero xa que é un estilo que cremos que encaixa en todos estos festivais. 

10. Sí, eu tamén creo que podedes gustar a moito tipo de xente; incluso chegades a tocar nas bodas... contádeme un pouco como foi? 
Bueno ese foi realmente o noso primeiro bolo e a verdade que foi unha experiencia bastante surrealista. Foi a boda do irmán de Raúl e estaban buscando unha banda. Tocamos primeiro na cerimonia uns cancións máis tanquilas que nos pediran e tanto lles gustamos que acabamos tocando na festa da boda despois da cena xa as nosas cancións, e polo que parece a xente lle gustou moito, así que temos aberta contratación para este tipo de eventos, jeje..! 

11. Vivimos nun tempo no que, salvo contadas excepcións, o que triunfa é aburrido, é dicir, perdeuse a esencia da música feita para ser bailada e para olvidar a monotonía da semana. Non credes que hai moitos grupos con moita calidade que están infravalorados? Pensades que tedes cabida en todo esto? 
Sí, de feito parece que estes últimos anos está de moda un pouco o rollo soul e de baile e parece que hai uns aires nos que se busca o antigo, a música negra e todo isto, pero son excepcións, son contadas; pero bueno, a actualidade musical... está claro que hai moitísimos grupos infravalorados, a proba é que non se pode vivir da música tocando estos estilos. 

12. E xa pra terminar, qué planes tedes a curto e medio prazo? 
O Purple Weekend o primeiro, promocionar o disco, e buscar concertos. Temos cousas semipechadas para Xaneiro e Febreiro, pero tampouco moitas. Temos que darnos a coñecer entre as salas e a xente que organiza cousas para poder tocar e así vendelo disco, que de todos modos está a venda en www.grabacionesdeimpacto.com e polo que parece temos xa peticións hasta dende Australia!

Queremos tamén sacar novas cancións para poder grabar pronto, xa que este disco fíxose con cancións que xa tiñamos por ahí pero non o fixemos dende cero todos xuntos.

Por MICHI CALAMBRES (outono 2010)


Seguide toda a información dos Allnight Workers no seu myspace,  no seu facebook 

miércoles, 28 de septiembre de 2011

JC Brooks + The Allnight Workers

Esta noite, o primeiro asalto do Outono Capitol Rock Festival!!!
JC Brooks & The Uptown Sound e os enormes The Allnight Workers en directo na sala Capitol de Santiago, dende as 21:30h. E un par de horas na tenda A Reixa inauguración da exposición 'Extra! Extra! Read all about it!' e charla con Alex Cooper...

+ info nas webs de A Reixa e Sala Capitol e tóda-las novidades día a día na páxina de facebook do Outono Capitol Rock Festival.


The AllNight Workers "This Only Happens Once"

The Allnight Workers xa non precisan de ningunha presentación no universo dos RifRocKerZ. Agora xa están metidos de cheo nos seus novos temas para o seu próximo álbum, así que xa é hora de compartir este "This only happens once" para tódo-los que incomprensiblemente non teñades unha copia en vinilo na casa... aínda que non o merezades!!!

+ info no seu myspace, ou no seu bandcamp

THE ALLNIGHT WORKERS "This Only Happens Once"
(Grabaciones de Impacto, 2010)




martes, 27 de septiembre de 2011

Ven 7: sesión "Patton Vs. Claypool"

O próximo venres 7 de outubro, nova sesión de Comomepos na cabina do Rif-Rock, na súa cara máis friki, adicada en exclusiva a Mike Patton e Les Claypool e tódo-los seus infinitos proxectos paralelos...

Podedes seguir a Comomepos no seu blog Odio Comic Sans.


lunes, 26 de septiembre de 2011

Jim Jarmusch "Somewhere in California"

Un dos traballos máis aclamados do polifacético Jim Jarmusch é a curta "Somewhere in California" de 1993, que xuntaba na mesa dunha cafetería a Tom Waits fronte a Iggy Pop para que falaran das súas carreiras e traballos recentes. Waits xa traballara as ordes de Jarmusch na fantástica Down by Law (1986). Este Coffe and Cigarettes III: Somewhere in California foi ademáis premiada coa Palma de Ouro no Festival de Cannes de 1993. A curta seguía o esquema da serie Coffee and Cigarettes inaugurada en 1986 cun sketch para o programa Saturday Night Live no que aparecían Roberto Benigni e Steven Wright (titulado "Strange to Meet You") e logo en 1989 con "Twins" que enfrontaba a Steve Buscemi cos irmáns de Spike Lee (Joie e Cinqué) falando de Elvis. Anos máis tarde todo foi ensamblado con novas pezas no filme Coffee and Cigarettes (Jarmusch 2003) que reunía ata un total de once curtas.

Coffee and Cigarettes III: Somewhere in California.
1993: Jim Jarmusch
int. Tom Waits & Iggy Pop.


domingo, 25 de septiembre de 2011

Tom Waits "Blood Money"

Este "Blood Money" de Tom Waits, que foi publicado xunto co álbum "Alice" no 2002 eran as novas gravacións de dúas bandas sonoras teatrais para as correpondentes obras de Robert Wilson, ambas compostas entre Waits e a súa dona Kathleen Brennan. "Blood Money" é a particular adaptación da obra de Woyzeck (orixinal de Georg Bucher) realizada por Wilson. É unha historia real de 1837 na que un soldado alemá, farto das continuas guerras decide gaña-la vida someténdose a experimentos médicos remunerados, que o volverán completamente tolo, para terminar asesinando á súa moza por enganalo con outro e logo suicidándose. Son unha colección de contros sangrentos (pero de permanente actualidade) descritos como <<...colección de nanas enfermizas, marchas fúnebres, gospel gótico, cabarets lunáticos y operetas anacrónicas...>>. Sen dúbida o máis circense de tódo-los álbumes de Waits, e tamén o máis expresionista... de momento...


TOM WAITS "Blood Money"
(Anti Records, 2002)


Faite con el no Blog del Chango:


sábado, 24 de septiembre de 2011

Hoxe en LdN... Waiting for Waits

Hoxe en Libro de Notas unha nova entrega da columna De Ventrílocuos Impostores. Desta vez repasamos a última etapa na carreira de Tom Waits, en Anti Records, mentres esparamos a saída do seu novo álbum o próximo mes...



MON FALCÓN - De Ventrílocuos Impostores.

El próximo mes sale a la venta el nuevo trabajo de Tom Waits. Seguramente el artista vivo con mejor crítica, o al menos el mejor considerado en el difícil equilibrio entre la prensa y el público. El anuncio de su publicación, casi por sorpresa hace unos meses lo convirtió en el álbum más deseado de la temporada, pero la carrera de Waits no siempre fue así. Sus álbumes son una lección sobre los extremos de la vida, desde los campos sureños de algodón, o los vagabundos viajando de polizontes en los ferrocarriles hacia el far west, hasta las élites más delirante de las vanguardias artísticas... como si nunca hubiese superado el primer tercio del siglo XX, y su tiempo no fuese lineal. Su imagen de crooner maldito le otorgó un aura underground que finalmente termiinó por condenarle al ostracismo durante mucho tiempo, y su recuperación hasta los más alto es uno de los fenómenos más extraños en la historia de la música de los últimos 30 años. Tras su paso por Asylum Records y Island, con características muy marcadas en su trabajo, hoy nos centraremos en su última etapa, desde su firma con Anti Records, aunque tengamos que comenzar un poco más atrás...

A finales de los 60, Waits hacía temas intimistas en la onda canción de autor, ideal romántico bastante detestable y mucho menos adaptable a las categorías de la música moderna, esto es jazz, blues, rock (una secuencia que continúa....) Sin embargo nunca participó en ninguna corriente o estilo puro al mismo tiempo que los practicó todos, era uno de esos espíritus libres que existían en aquel momento tan especial. En los 70 se apróximó al jazz y al blues más purista, pero solo de un modo formal. Electrificó su blues, pero en lugar de emparentarse con candidatos a premio Nobel (Dylan), se parecía más al loco Capitán Beefheart, (incluso cambiando el piano por la guitarra) en una época en que ya no favorecía la carrera de nadie.

El momento fundamental en su carrera se produce en 1983, con la publicación de “Swordfishtrombones” (Island, 1983), un álbum que en algunos círculos se consideró un atentado contra el concepto tradicional de música, que era un mundo en el que (no nos engañemos) Tom Waits no era más que el mayor borracho de todos los pianoman del mundo, aunque genio, eso sí... en 1983 era demasiado jazz para los punks y demasiado punk para el jazz: ritmos imposibles y bastante ruido.


Su primera gran joya. Los años 90 no fueron malos para Waits, pero el nivel de exigencia estaba demasiado alto, incluso por dedicarse más al cine que a la música, la industria terminó por ignorarlo nuevamente.
Entonces llegó la oportunidad desde un lugar insospechado, Anti Records es un subsello de Epitaph, una escudería californiana dedicada en aquel momento en exclusiva al punk, hardcore melódico e demás estilos en via muerta pero que facturaban discos como churros (en ese momento ya solo para para surferos y skaters), propiedad de varios miembros de los Bad Religión, pero con muchas más inquietudes de las aparentes, por eso crearon Anti, para incluír todo lo que no tenia cabida ni en su sello original, ni en los demás, un cajón de sastre en el que por aquel entonces se encontraban The Frames, Magnus o Tricky. Y ahí recaló Tom Waits.
Por una banda se integraba en una escudería desde la que tenía total libertad creativa, más que nunca, y la posibilidad de trabajar sin problemas con otros locos que además le ayudarían a acercarse a un público más joven, más indie y más punk que nunca hubiesen disfrutado con álbumes como “Heart Attack and Vine”.

Mule Variations (Anti, 1999) fue su disco de retorno, nueva discográfica y todo lo que significaba para un artista como Waits. Un auténtico renacimiento en todos sus sentidos, en lo personal, en lo comercial, y en lo artístico, aunque esto último fue poco a poco. “Mule Variations” mantiene esas extrañas y oscuras percusiones que ya eran habítuales desde el 83, además del espectacular bajo de Les Claypool de Primus y las guitarras de Marc Ribot que por momentos suenan tan arrítmicas como agresivas.


Pero realmente el peso del disco recae en el piano, que recupera por momentos al Waits más clásico. De esta manera el álbum parece concebido como una presentación para una nueva etapa en la que debería modernizar su discurso sin descontentar a sus seguidores.
El propio Waits presentaba el disco como una gran exposición del mundo rural norteamericano: «Get Behind The Mule» es lo que supuestamente dijo el padre de Robert Johnson en su entierro , puro surrealismo macabro en la despedida de un músico que vendió su alma al diablo en un cruce de caminos, para no tener que seguir toda su vida arando los campos como un esclavo destrás de una mula. Por ahí va la tónica general del disco, básicamente blues y folk, que solo se rompe con la estridente (y fantástica) ‘Big in Japan’ que además abre el disco. El resto, de brillante factura e impecable, pero no dejaban de ser más y más vueltas a su sonido más tradicional. No estuvo mal para recuperarse pero la verdad no merecía tanto halago.


Alice & Blood Money (Anti Recs, 2002). La edición simultánea de los dos álbumes nos  obliga a entenderlos como dos mitades de un total, pero que sin embargo no tenían nada de nuevo cuando vieron la luz y su única conexión es Robert Wilson, y es que todos los temas fueron compuestos por Waits y su señora para obras dramáticas de Wilson... lo que es no leer... algunos llegaron incluso a aclamarlos como las mayores obras maestras de Waits y de lo que iba de siglo, cuando eran temas regrabados y descontextualizados, eso sí, con una nueva vuelta de tuerca. “Alice” es toda una experimentación vangardista en su género. Trata sobre la niña real que inspiró a Lewis Carroll en sus ‘Alicia en el país de las maravillas’ y ‘Alicia a través del espejo’, y potencia la obsesión pedófila que el autor sentía por ella, en uno de los mejores ejempos de las oscuras obsesiones de un perdedor como hilos temáticos que Waits sabe tejer mejor que nadie. El resultado sin embargo fue un álbum melancólico y romántico, aunque lleno de paisajes malditos en los que tema a tema retoma todos los personajes de las obras de Carroll: el amor imposible de un pájaro y una ballena (‘Fish and Bird’), las deformidades humanas como reflejo de la mente (‘Table Top Joe’ cuenta las peripecias de un trovador sin torso), los dobles sentidos y el injusto porvenir de las desgraciadas flores que adornan la sepulturas (‘Flowers Grave’) puesto que nadie pondrá flores tras su muerte.

Blood Money es otra cosa, es la particular adaptación de la obra Woyzeck (original de Georg Bucher) realizada por Wilson. Es una historia real de 1837 en la que un soldado alemás, harto de las continuas guerras decide ganarse la vida sometiéndose a experimentos médicos remunerados, que le volverán totalmente loco, para terminar asesinando a su novia y luego suicidándose. Son una colección de cuentros sangrientos (de total actualidad) descritos muy bien como <<...colección de nanas enfermizas, marchas fúnebres, gospel gótico, cabarets lunáticos y operetas anacrónicas...>>. Quizás el más circense de todos sus álbumes, e quizás más propio de una oscura película de dibujos animados, pero no olvideis que se trata de la banda sonora de una especie de musical, que se correspondería con el culmen del cine expresionista alemán de sombras sin límite, figuras con trazos bastos y deformados y visiones absurdas y paranoicas. La sangre y la claustrofobia son clave para obtener el expresionismo extremo, mientras el soldado pierde el control de sus actos, Dios está ocupado en sus sucios negocios (‘God’s away on Business’).


En ambos casos desaparece por completo el ambiente rural de 99, e domina lo teatral y lo onírico situados en lugares asquerosos. El estilo de Waits es reconocible desde el primer acorde, pero sobre todo en “Blood Money” se muestra mucho más versátil en el replanteamiento de los temas, dejándose llevar por algo que se le estaba exigiendo hacia tiempo: excentricidad. Lo hizo, lo consiguió y llegó a cimas que nunca había alcanzado, pero solo había sido un aviso, Tom quería ir más allá, y lo mejor estaba por llegar.

Real Gone (Anti Records, 2004). Así debería ser el rock y el blues en el siglo XXI, también se le denominó funk cubista, etnopunk... Waits hizó aquí lo que le dio la gana, en su mejor momento, y con las mejores compañias, y el resultado es el mejor álbum de su carrera, el más arriesgado desde ‘Swordfishtrombones’ (heredero directo de éste), y casi perfecto. Blues de alto voltaje en ‘Sins of my father’, ‘How’s it gonna end’ o en ‘Dead and lovely’, la hipnosis de ‘Top of the Hill’ o el instinto desatado en ‘Host that Rag’ conforman una colección de temas estremecedores que profundizan en todas las obsesiones más ocultas de Waits presentadas con toda la crudaza posible en un envoltorio moderno. Es una de las pocas ocasiones en las que todo lo que podía salir mal no lo hizo, y el resultado es brillante. Y os lo digo yo que no soy de los que creen que todo lo que hace Tom Waits es excelente, pero creo que ‘Real Gone’ sigue siendo el mejor disco de lo que llevamos de siglo...


Luego llegó el exceso de Orphans (Anti, 2006) una caja enorme, que incluía temas perdidos, composiciones para obras nunca estrenadas, rarezas de una mala tarde y descartes de los últimos años. Camorristas, gritones y bastardos era el subtítulo de sus tres huérfanos, y contiene de todo, demasiado incluso para los no-coleccionistas: “Brawlers” es blues en todos sus espectros y formatos acústico, eléctrico, rockanrroles e incluso rockabillys. “Bawlers” son largas baladas dulces y esperanzadoras, y por supuesto mucha melancolía y tragedia, que se suavizan entre valses, folk y mucho piano, y por último “Bastards”, experimentación pura, 20 temas de auténticos dibujos animados, canciones aparentemente incompletas, paisajes ruidosos y composiciones delirantes.


Y en 2011 llega Bad as Me primera entrega de nuevos temas desde aquel “Real Gone” de hace siete años. El avance en fantástico, pero las exigencias también enormes. El single de presentación, que también da título al álbum nos hace la boca agua con lo que puede seguir, manteniendo el nivel excelente del anterior:

Pero viendo su video promocional, casi mejor que escuchándolo, me asalta una cierta duda de si mantiene el músculo de “Real Gone” o si es una huída hacia delante en un seguir siendo más histriónico que nadie por es lo que se exige.


Se abren las apuestas, vosotros que esperáis?
Porque seguro que no todos nos vamos a quedar contentos...

Mon Falcón
Ver artigo orixinal en LdN con enlaces, discografía, comentarios, etc...
[Publicado en Libro de Notas o 24-09-2011]

viernes, 23 de septiembre de 2011

Supermanager 2011-2012


Case sen tempo de recuperarnos da estresante edición do Supermánager do Eurobasket, xa está aquí unha nova edición do SM de sempre, o de toda a tempada coa liga ACB 2011-2012, a Liga Privada do Rif-Rock segue a ser a mesma de sempre: Liga de Bocazas dos Venres no Rif, e o mesmo contrasinal (os que anden perdidos que pregunten por mail, ou no noso facebook). En principio a liga está limitada a 25 equipos, un por participante, e coa preferencia de entrada para os que xa teñen participado, se hai que ampliar xa veremos a cantos, e coma sempre, o que non comece dende a primeira xornada, deberá incribirse cun equipo novo dende cero, nada de andar a tantear por ahí...

E outra cousa aínda máis importante, temos pendente a cena da liga do ano pasado!!!! asi que a ver si esta semana poñemos dia e lugar.

jueves, 22 de septiembre de 2011

descarga "Kurco SoundSystem...volve!"

Xa tedes aquí a selección da sesión do sábado pasado...

KURCO SOUNDSYSTEM "...Volve!"
(sesión Rif-Rock 17-09-2011)


descarga KSS volve!.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Raphael Saadiq "Stone Rollin"

Por moito que vos guste Eli 'Paperboy' Reed, e por moito que siga ensaiando, que falta lle fai, non hai nada máis claro que esa frase dunha das series de David Simon <<as cousas de negros, son cousas de negros>> así que menos Paperboy e máis Raphael Saaquid. Este é o seu sexto disco en solitario (quinto de estudio) sempre centrado nos sonidos maís vintage do soul e o funk, agora chega co seu álbum máis rhythm'n'blues da súa carreira, aínda que os temas que máis sonen por ahí sigan a ser os seus singles máis soul, moi melódicos e pausados, "Stone Rollin" ten auténticos cañonazos de r'n'b como 'Heart Attack', 'Radio', 'Over you' ou 'Day Dreams'. Discazo!

RAPHAEL SAADIQ "Stone Rollin"
(Columbia, 2011)


faite con el no blog Pandemonio:

esta noite no Soul&Sombra... Munstaphà!

Esta noite comezamos a tempada de sesións por Santiago... 
coma sempre no Soul&Sombra.


martes, 20 de septiembre de 2011

Outono Capitol Rock Festival

Neste outono en Compostela, entre os meses de setembro e outubro, 
unha boa dose de sons negroides, no 
OUTONO CAPITOL ROCK FESTIVAL
organizado por A Reixa e Raiña Productions, e coa colaboración de moitos máis establecementos entre os que por suposto tamén está o Rif-Rock (creo que os únicos que non somos de Santiago), e con seis bandas repartidas en 3 datas:

mércores 28 setembro
JC BROOKS & THE UPTOWN SOUND + THE ALLNIGHT WORKERS

sábado 15 outubro
MAXINE BROWN +THE PEPPER POTS

sábado 29 outubro
SI CRANSTOUN + DR. GRINGO


A entrada para cada xornada é de 15€, e o abono para os tres días por só 30€. Pero ademáis diso tamén tedes a oportunidade de conseguir entradas de balde, o sistema é moi sinxelo: o rock'n'porte que a modo de pasaporte debes selar en cada establecemento colaborador, con cada consumición ou compra, cando completes 10 poderás canxealo por unha entrada. Podedes conseguilos xa este fin de semana no Rif-Rock. Xa vedes, moitas facilidades para non perdelo...

E ademáis o primeiro día, o mércores 28 de setembro, no Bar A Reixa inauguran unha exposición titulada "Extra! Extra! Read All About It!" (case coma o tema de Bo Diddley) adicada as mellores revistas da era Pop, seleccionadas por Alex Cooper (Los Flechazos, Cooper) que tamén dará unha charla sobre as súas publicacións beat favoritas e despois dos concertos unha pinchada no local. 

+ info nas webs de A Reixa e Sala Capitol e tóda-las novidades día a día na páxina de facebook do Outono Capitol Rock Festival.

The Fleshtones "Brooklyn Sound Solution" comic

A finales do mes pasado xa vos presentamos o novo traballo dos FleshtonesBrooklyn Sound Solution (Yep Roc, 2011) pero o que nos quedou atrás foi o comic que inclúe no seu interior, de Ken Eppstein (guionista i editor de Nix Comics Quarterly) e debuxado polo saxofonista Bob Ray Starker (ex-Main Street Gospel ou The True Moves, e actualmente cos Whoa Nellie), o máis puro estilo 13 Rue del Percebe de Ibáñez... pero con paredes.

lunes, 19 de septiembre de 2011

Supermanager Eurobasket2011: Liga de Bocazas.


Rematou esta edición express do supermánager, e así quedou a clasificación xeral da nosa Liga de Bocazas:

1º Atutichurrasco europeo 1.533,40
2º moules team 1.491,20
3º Se llama mierda 1.453,00
4º Ibolero 1.434,40
5º rubén 1.427,60
6º Muñequita linda 1.377,00
7º Xaco 1.223,60
8º no puede ser mª teresa 1.197,20
9º Traghove's youth 1.177,80
10º YuropMonhe 1.169,60
11º Defense 1.123,80
12º macijauskas 1.107,80
13º Nonconoscoanadie 1.048,60
14º xeitosiños 914,60
15º Octopussy 829,20

Noraboa ó campeón Atutichurrasco Europeo!!! lider dende a primeira á última xornada, imposible de superar! ademáis de ter o record de puntuación nunha xornada, foi xa dende a primeira, con 210... Por xornadas, Moules Team remata como equipo con máis victorias, con 3 da 11 xornadas, Atutichurrasco e Rubén con 2, e con unha NoPuedeSerMªTeresa, iBolero, SeLlamaMierda e Xaco. E nos diferentes apartado, finalmente SeLlamaMierda rematou como lider en 3 dos outros cinco: lider en Anotación, Rebotes e Triples, Rubén como lider do Broker, e Atutichurrasco en Asistencias. 

Así que isto foi todo, en quince dias xa haberá que poñerse co auténtico supermánager ACB para toda a tempada, pero antes temos unha cena pendente eh? a ver... datas... veña...


viernes, 16 de septiembre de 2011

Hoxe... Hendrix!!

Esta noite, como cada ano, outra homenaxe a Hendrix no aniversario da súa morte. Desta vez non hai concerto sorpresa nin nada semellante, pero si é unha boa ocasión para retoma-las nosas sesións intermitentes...


jueves, 15 de septiembre de 2011

Hendrix 'Crosstown Traffic'

Hendrix 'Bleeding Heart'

Hendrix converse & nike

descarga "The Charles Bronson's Revenge Vol.4"

Aquí tedes un pouco da sesión do pasado venres, a cuarta parte da Vinganza de Charles Bronson, e o mes que ven, a última entrega...

Munstaphà "A Vinganza de Charles Bronson Vol.4"
[sesión Rif-Rock 09-09-2011]


descarga Revenge Vol.4!

"Slovenly Records. Sampler 2010"

Tremendo regalazo que me acaban de enviar... menos mal que teño bos amigos, porque sempre se me pasan estas cousas. Slovenly Recordings sacou a comezos de ano un sampler con todo o mellor do seu material publicado ó longo do 2010, e totalmente de balde na súa web: "Sampler 2010". Ahí estan os Black Lips, o gran Billy Childish & The Musicians of the British Empire, os Subsonics, The Masonics, bandas españolas coma os nosos queridos Wau y los Arrrghs!!!, os Hollywood Sinners, ou The Rippers, os mexicanos Los Explosivos, e outros moitos imprescindibles coma The Insomniacs, os Wildebeests, ou os Reigning Sound... así ata 44 temas!! todos mesturados por Dj Pete Slovenly, e ademáis unha nova edición con 11 cortes máis de bonus tracks!!! Non o deixedes pasar!!

va "Slovenly Recordings Sampler 2010 (+bonus)"
(Slovenly Recs, 2010)


Descargádeo todo en http://www.slovenly.com/mp3s/ , deixa o teu email, e recibirás os dous enlaces para descargar o Sampler 2010, e o álbum cos bonus tracks... de gratis total, aproveitade mentres está dispoñible!



miércoles, 14 de septiembre de 2011

Peter Murphy "Ninth"

Poucos sabían que Peter Murphy estaba a preparar un novo álbum... e aquí está, cecais o reencontro con Bauhaus lle deu novos folgos para retoma-la súa carreira (non publicaba álbum dende o 2004, "Unshattered"). Xa quedaron atrás os tempos nos que se foi a vivir a Ankara e gravaba os seus álbumes en Sevilla, sen que iso lle restara un gramo de vangarda... Agora volve co seu noveno álbum, oitavo de estudio, que segue na brecha, sen sacurdirse de todo os reminiscencias de Bauhaus pero tirando sempre por donde el pensou que a banda debería facelo. Nostalxia, escuridade e un pouco de cabreo a partes iguais... coma sempre, e ahí sigue. Discazo!

PETER MURPHY "Ninth"
(Netwerk, 2011)



faite con el no blog Spy in the Cab:




Fucked Up "David comes to life"

Os canadienses Fucked Up son unha das poucas bandas de hardcore do planeta que non siga unha via morta, ou o mero revivalismo, fuxindo sempre de calqueira atisbo de purismo... Fucked Up incorporan cada vez máis elementos orquestais que aportan moita densidade a toda a tralla habitual, e doces coros que se opoñen ós berridos de Damian Abraham. "David Comes to Life" é o seu terceiro lp, ó que hai que sumarlle máis de 60 singles, eps e splits dende os seus comezos no 2002. No 2011 a súa proposta resulta demasiado pretenciosa, arty e incluso popeira para os seguidores do hardcore habituais, e demasiado tralleira para o público pop... eu dígovos que aquí hai moitos temazos, as miñas pegas, é que por momentos tenden a facer algún pasaxe progresivo (que iso os convertiría en insoportables no futuro, e máis se non se sacudo ese tufillo de épico que contaxia todo o canadiense nos últimos anos...), é que o álbum é demasiado longo (18 cortes que fan 77:47'', demasiado para calquera). A razón de tanto metraxe é que se trata de unha especie de ópera dividida en 4 actos, case a modo de traxedia clásica. Xa vos aviso que pode cansar, pero dádelle unha oportunidade...

FUCKED UP "David Comes to Life"
(Matador Recs, 2011)


faite con el no blog Las Patillas de tu Padre:


Programación Soul&Sombra Set.2011

Aquí téde-lo programa de sesións e concertos para o que queda deste mes no SOUL & SOMBRA de Santiago, o mércores da próxima semana (21 de setembro) sesión a cargo de Psychedelic Munstaphà, polo momento aínda sen decicir a sesión, pero algo bó caerá...


martes, 13 de septiembre de 2011

...e o sábado, KURCO SoundSystem!

Este Venres... Hendrix!

Liga de bocazas Eurobasket: Fin da 2ª fase


Remata a 2ª fase, e xa solo faltan 3 xornadas de xogo, cuartos de final, semis, e a última coa final e o partido polo bronce... e así vai a CLASIFICACIÓN XERAL con menos de 50 pts entre os dous primeiros clasificados logo dunha boa remontada de Moules Team nas últimas 3 xornadas...
1º Atutichurrasco europeo 1.080,80
2º moules team 1.031,60
3º Se llama mierda 987,40
4º Muñequita linda 969,80
5º rubén 942,00
6º Ibolero 929,20
7º Traghove's youth 840,00
8º Xaco 837,80
9º no puede ser mª teresa 826,00
10º YuropMonhe 807,80
11º xeitosiños 750,60
12º Nonconoscoanadie 746,20
13º Defense 741,40
14º Octopussy 713,20
15º macijauskas 706,60

Por xornadas, con dúas victorias segue Atutichurrasco, e agora tamén Moules Team, e con unha Se llama Mierda, No Puede ser Mª Teresa, Rubén e Xaco. Atutichurrasco domina tamén nos apartados de Anotadores, Asistencias e Triples, e Rubén e Se llama Mierda mantéñense respectivamente ó fronte do Broker e Rebotes... 
Faltan 3 xornadas, apuntade ben e a ver se concretamos o da cena dunha vez eh???

sábado, 10 de septiembre de 2011

"Bad as me" o novo traballo de Tom Waits


O próximo mes (o 25 de outubro) publícase un novo álbum de Tom Waits, con este creo que serán xa 25 álbumes de estudio, titúlase "Bad as Me" e como é habitual nesta última etapa sairá baixo o selo Anti Records. Había xa 7 anos que Waits non publicaba un álbum con material novo, dende "Real Gone", xa que "Orphans: Brawlers, Bawlers and Bastards" (Anti, 2006) era unha colección de vellos temas non publicados e outros grabados novamente. Agardámolo con impaciencia, a ver que sae, polo momento temos o single de presentación, que da título ó álbum, e non pinta nada mal... Seguide toda a info na súa web.



E aquí tedes ó propio Tom Waits presentándonolo a súa maneira...


viernes, 9 de septiembre de 2011

esta noite... a vinganza de Charles Bronson!


Cuarta entrega da ob-sesión en serie de Munstaphá, sobre a Vinganza de Charles Bronson, e penúltima xa dunha colección que deu moito de sí. Será esta noite, (venres) e xa vos adianto que en outubro será a definitiva...

jueves, 8 de septiembre de 2011

McLusky "McLuskyism"

Se cos escoceses Urusei Yatsura falábamos de unha das bandas máis infravaloradas dos 90, os galeses McLusky son directamente a mellor de tóda-las bandas ignoradas do planeta... Con cada un dos seus tres álbumes parecía que despuntarían, sobre todo tra-la publicación do seu 2º lp "McLusky Do Dallas" (Too Pure, 2002)... pero non, nunca o fixeron e ahí quedou a cousa. Entre 1999 e 2005 publicaron tres álbumes e doce 7'' e eps, unha producción bastante importante para que nunca se lles recoñecese nada fora do máis baixo underground, seguramente a personalidade dos seus membros non axudaba moito a ter boas críticas, pero a súa mestura de hardcore e rock'n'roll macarra nunca mereceu tanta indiferencia. Separáronse no 2005 deixando un legado tras de sí que rematará por facerlle xutiza.
No 2006 o selo Too Pure publicou este "McLuskyism" unha antoloxía que recolle case a totalidade das súas grabacións, repartidas en 3 cds, o primeiro cos singles, o segundo coas caras-b, e o terceiro co que chaman carasC, que son tódo-los temas que lles quedaron atrás sen publicar... Faite McLuskyista!!!


McLUSKY "McLuskyism (Anthology)"
(Too Pure, 2006)


faite con el no blog Rockschuppen:
*No mesmo blog tedes moitos máis traballos de McLusky.