jueves, 30 de abril de 2015

esta noite Monkey Session!


Pat Metheny & Ornette Coleman "Song X"

30 de abril, outro Día Internacional do Jazz segundo a Unesco, así que comezamos o día cunha recomendación para este largo fin de semana.
Estivemos dubidando se recomendarvos un clasicazo de bebop, ou algo máis avanzado, e finalmente nos decidimos pola vía dura. Coma últimamente sempre vos recomendamos álbumes de jazz que tiran moito pola rítmica do funk, desta vez imos por outro camiño: un pouco de freejazz coa guitarra de Pat Metheny e o saxo de Ornette Coleman. Metheny xa versionara moitas das composicións de Coleman, e através de Charlie Haden que colaborara con ambos fixose viable este proxecto. "Song X" foi grabado en tres sesións en decembro de 1985. Participaron Metheny, Coleman, Haden no baixo, e con Jack DeJohnette e Denardo Coleman como percusionistas. 
Son oito temas entre os que só atoparedes dúas pausas de (digamos) normalidade en 'Mob Job' e 'Kathelin Gray', o resto é pura enerxía e aparente descontrol, con intención de resultar violento e desconcertante 'Song X', os 13 minutos de 'Endangered Species' ou 'Trigonomety' son fundamentais. Jazz libre con solos continuos e superpostos, e a guitarra de Metheny afinada nos mesmos tonos que o saxo de Coleman para aumenta-la confusión do oínte. Se non estades afeitos a este estilo, seguro que teredes que escoitalo máis dun par de veces, pero seguro que lle atoparedes moitísimos matices para seguir buscando máis. 
Publicouse a mediados de 1986 por Geffen Records, que dalquela só lanzaba mainstream, e no 2005 foi reeditado cos 14 temas das sesións completas deses días (coa portada que empregamos aquí). A ver que vos parece. 
E bó día do Jazz a todos!

Pat Metheny & Ornette Coleman "Song X"
(Geffen Records, 1986)



miércoles, 29 de abril de 2015

Jack Ely

Jack Ely 
(1943 - 2015)



The Black Hippies "The Black Hippies"

Aquí vai unha das rarezas que estivemos poñendo o pasado venres na sesión Black Grooves, e pola que uns cantos nos preguntaron: os nixerianos The Black Hippies. 
Unha banda que foi toda unha anomalía no seu tempo. Na cidade de Warri, no delta do río Nixer, en medio do boom económico do petróleo surxiron estos tres mozos que lonxe de adicarse ó afrobeat ou similares, o covers de r'n'b, se adicaron mesturar hard rock, guitarras psychodelicas cheas de fuzz e rítmica do funk máis enérxico. En 1976 publicaron o seu primeiro álbum, un debut brillante directamente con EMI e coa producción de Idion Iruoje. Cinco temas tremendos !. Podedes atopalo na reedición que lanzaron o ano pasado Academy LPs.

THE BLACK HIPPIES "The Black Hippies"
(Voodoo Funk/EMI, 1976)



martes, 28 de abril de 2015

The Brian Jonestown Massacre "Musique de film imaginé" + adianto con Tess Parks

Anton Newcombe non para nunca, e desta vez con dúas novidades nun só mes. Preséntanos  un álbum firmado polo seu proxecto principal The Brian Jonestown Massacre, que ben podería ter firmado en solitario, "Musique de film imaginé" son 14 pezas, como o seu propio nome indica, inspiradas nun filme imaxinario que segundo Newcombe é un homenaxe ó cine da New Wave francesa dos 50s e 60s, que podería estar dirixirido por Truffaut ou Godard. So aparecen as voces da francesa Soko, e da polifacética Asia Argento, o resto todo instrumental, aínda que non sei se moi cinematográfico, porque agás un par de pezas parece máis axeitado para un documental de Leni Riefenstahl, ou como moito para o Hiroshima de Resnais. 
Non esperedes nada que ver con todo o anterior, pero buscade un momento axeitado para escoitalo de tirón.

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "Musique de film imaginé"
(A Records, 2015)



TESS PARKS & ANTON NEWCOMBE
Pero o que sí vos imos a recomendar é outro dos seus novos proxectos. A miúdo cando traballa de productor no seu estudio, remata por involucrarse directamente, e isto acabou pasando coa prometedora Tess Parks. A semana pasada saiu un 10'', lanzado como Tess Parks & Anton Newcombe, con só dous temas 'Cocaine Cat' na A, e 'Mama' na B, nos que si atoparedes ese son característico de psychodelia acústica dos BJM, e ven a se-lo adianto do álbum "I declare Nothing" que lanzarán en xuño, e ten pintaza!!


sábado, 25 de abril de 2015

descarga Black Grooves!

Aqui tedes unha selección da sesión do venres das Black Grooves!! 

Despois do parón de marzo pola programación especial, xa tocaba outra entrega, e ademáis con gañas... metédelle volume!!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 24 abril 2015)


viernes, 24 de abril de 2015

esta noite: Black Grooves!


Lee Morgan "The Rumproller"

Outra semana máis recomendámosvos un clasicazo dos que cumpren 50 anos. O mes pasado xa vos recomendamos o "Slidewinder" de Lee Morgan, e hoxe volvemos a 1965 con outro dos seus álbumes, "The Rumproller", que funcionaba como unha continuación fantástica do anterior. Gravado en dúas sesións o 9 e o 21 de abril de 1965, no Van Gelder Studio de New Jersey, Lee Morgan rodeouse desta vez de Joe Henderson no saxo tenor, Ronnie Mathews ó piano, Victor Sproles no baixo, e Billy Higgins na percusión, e por suposto Lee Morgan coa trompeta. 
Son 5 temas na versión orixinal 'The Rumproller' (orixinal de Andrew Hill), 'Dessert Moonlight', 'Eclipso', a versión do 'Edda' de Wayne Shorter, e 'The Lady' (de Owen Marshall). Nas reedicións posteriores incluíuse outro tema de Shorter ('The Lady'). É certo que non está ó nivel do 'Slidewinder', pero para min é outro imprescindible!! 

LEE MORGAN "The Rumproller"
(Blue Note, 1965)


jueves, 23 de abril de 2015

"King Mob. Nosotros, el Partido del Diablo"

Non podíamos deixar pasa-lo Día do Libro sen recomendarvos un. 
Non é exactamente unha novidade, pero é o noso útlimo pedido: "King Mob. Nosotros, el Partido del Diablo", un repaso pola historia e actividades dos polémicos King Mob, da súa ideoloxía e das súas consecuencias, no cultural e no social, sobre todo por contracultural e antisocial, pero tamén no político.

A finais dos 60s, as vangardas artísticas estaban mortas, no Reino Unido somentes permanecía activo con certo éxito un grupo de Situacionistas (xerar situacións que convirtan a vida real en arte, para muda-la perpectiva do home sobre a realidade e liberalo da alienación da sociedade xerada na posguerra), e a este grupo pertencían Charles Radcliffe e Christopher Gray, que foron expulsados do movimento pola radicalidade e violencia das súas accións, convencidos de que a nova sociedade xerminaría da provocación, da rebeldía e da revolución. Xunto con David Wise e Anne Ryder crearon King Mob (o nome o tomaros da revoltas populares anticatólicas de 1780, que tras derriba-la prisión de Newgate, pintaron nas súas ruínas His Majesty King Mob.  Comezaron a súa actividade cultural e vandálica, sustentada sempre en teorías intelectuais, dende Marx a Debord, que xustificaban a través de panfletos e a súa revista, na que ensalzaban figuras como Jack o Destripador, e celebraban o intento de asesinato de Andy Warhol, por considerar que empregaba o arte co único obxectivo de convertise nun burgués millonario. Crearon unha lista de futuras víctimas, dende Yoko Ono ata Bob Dylan. Foron o auténtico xerme do punk e da contracultura británica das seguintes décadas, aínda que a súa labor foise escurecendo xa que na rúa as súas accións de terrorismo cultural foi derivando en terrorismo político, con bombas nas sedes de institucións culturais e políticas que consideraban que debían ser destruídas para acabar coa sociedade podre na que vivían.

Sobre King Mob hai numerosas compilacións de textos sacados das súas publicacións, as máis exhaustivas nso últimos anos, dende o 2004, ou do ano pasado realizada polo propio David Wise. Estes textos foron editados por primeira vez en castelán no 2007, agora reeditado e ampliado con novos textos dos protagonistas. Un imprescindible para comprende-las raíces de todo o que veu despois dos King Mob.

V.A. "King Mob. Nosotros, el Partido del Diablo"
(La Felguera Editores, 2015)


Así o presentan na web de La Felguera Editores:

Londres está en llamas… Los textos y las acciones de King Mob, el legendario e incendiario grupo inglés que influenció a Malcolm McLaren y declaró la guerra abierta al mundo del arte, los museos y a la misma izquierda.
Los textos y las acciones de King Mob, el legendario e incendiario grupo inglés que influenció a Malcolm McLaren y declaró la guerra abierta al mundo del arte, los museos y a la misma izquierda. Su legado es enorme: Grant Morrison y su novela gráfica Los Invisibles o el activismo armado de la Angry Brigade, entre otros. Para esta nueva edición (aumentada y corregida) se incluye el mítico El Fin de la Música(1978), el primer y posiblemente el mejor ensayo sobre el fenómeno punk y la Inglaterra del ruido y la furia. Londres está en llamas…
Navidades de 1968. Selfridges, centro de Londres. De pronto, irrumpe un Santa Claus entre las familias que entran y salen del local. «¡Ho!, ¡ho!, ¡ho!», ríe el hombre vestido de rojo y con barba blanca. Los niños se agolpan a su alrededor cuando comienza a repartir juguetes. La escena es festiva y alegre. Pero entonces llegan más personas. Un grupo formado por más de una veintena de miembros de King Mob reparte panfletos a las puertas del centro comercial. Las octavillas culpan a los ingleses por su mala producción, su falta de conciencia con el espíritu de trabajo genuinamente inglés y su holgazanería, por todos y cada uno de los males que azotan el país. Es un panfleto horrible, cínico, trágico. El caos se adueña del lugar, apareciendo varios guardias de seguridad y numerosos policías, que no dudan en llevarse detenido a Santa Claus. Hay gritos y empujones. Los niños observan atónitos la escena y algunos incluso lloran. El entrañable Santa Claus camina esposado. Durante más de cuarenta años el nombre de King Mob se ha paseado como si de un auténtico fantasma se tratase. Su nombre permanece envuelto en un halo de misterio e irreductibilidad. Su estilo y comunicados, carteles y acciones, parecen situados en un lugar únicamente reservado a aquellas experiencias y fenómenos en los límites de todo, tanto del arte como de la política. Su nombre es prácticamente inaprensible y quema en las manos de cualquiera de sus herederos, tan dispares como contradictorios: Malcolm McLaren y el surgimiento del punk, el escritor de cómics Grant Morrison y su célebre historia Los Invisibles cuyo principal protagonista es el anárquico King Mob, el rebelde perfecto. Lo cierto es que King Mob, que afirmaba que «los delincuentes juveniles y no los artistas pop son los verdaderos herederos de dadá», fue un fenómeno inaudito, puro terror cultural en la convulsa ciudad de Londres justo antes de que surgiera el fuego real de la Angry Brigade y su amor armado, de quienes igualmente se dice que fueron sus sucesores. Esta nueva edición incluye el mítico El Fin de la Música (1978), el primer y posiblemente también el mejor ensayo sobre el fenómeno punk, la Inglaterra del ruido y la furia y la dinámica recuperadora del mismo espectáculo. Fue escrito por antiguos miembros de King Mob y constituye un documento despiadado y brillante.


Día do Libro


Feliz día do libro a todos!!! sería terrible que hoxe non saiades a buscar libros, a mercar libros, a regalar libros... pero tamén é unha boa ocasión para repasar as ducias de libros que vos temos recomendado no blog dos RifRocKerZ: todos nesta etiqueta.


miércoles, 22 de abril de 2015

Xov.30: Monkey Session!

E un aviso para a próxima semana. 
Se non hai novidade, o xoves 30 tamén abriremos o Rif-Rock (que é véspera de festivo), para montar unha desas ilustres Monkey Session sen pes nin cabeza, que xa hai tempo que non cae unha...


Sáb.16 maio: NORTHERN LIGHTS en concerto

Xa temos case todo listo da programación de maio2015, pero antes de amosarvos todo, lembrámosvos a próxima cita coa música en directo no Rif-Rock: o 16 de maio. 
Os protagonistas serán NORTHERN LIGHTS, que despois de debutar en directo nos concertos do noso 15º Aniversario, escollennos unha vez máis para amosar ao público os seus novos temas.
E como esa noite comeza o Día das Letras, despois do concerto, sesión GZ Canibal a cargo de Marinocha & Munstaphà dende a cabina.
Un plan ben completo. Non vo-lo perdades!!


martes, 21 de abril de 2015

Blur "The Magic Whip"

Volven un dos grandes dos 90. Blur lanzan este "The Magic Whip" o seu octavo álbum de estudio 12 anos despois do anterior e xa con Graham Coxon de volta con Albarn. O álbum sae a próxima semana, pero xa se atopa en moitos sitios, por exemplo dende hoxe xa podedes escoitalo completo na web de El Pais
Xa o escoitaremos con calma a ver que pasa...

BLUR "The Magic Whip"
(Parlophone, 2015)



presentación de "Falando Claro"


lunes, 20 de abril de 2015

Isi Vaamonde en concerto

O próximo 2 de maio, concerto de ISI VAAMONDE no Auditorio da Xuventude, supoñemos que presentando algúns dos novos temas que xa está gravando, acompañado nesta ocasión por Nacho Pérez, Ruben Iglesias e Wolker Ledwig, e as colaboracións de Andrea Area e Anxo Xesteira. 
-->> Sábado 2 de maio dende as 21:30h. no Auditorio da Xuventude.


"Merienda Cibernética"

Hoxe vimos a través do blog Cores de Cambados a uns cantos dos nosos amigos participando nun concurso de curtametraxes. A peza "Merienda Cibernética" está realizada por Patricia Abal, J.M. Castaño, Susi Osorio, Eladio Pazos, Sandra Pérez, Chus Piñeiro, Manolo Rodríguez, Ángela Silva e Andrés Yáñez, e a presentan ó concurso 2 minutos en 1 día do Barcelona Visualsound.

viernes, 17 de abril de 2015

Record Store Day 2015

Mañán é un dos días máis bonitos do ano. O Record Store Day, aínda que debería celebrarse alomenos unha vez á semana!! Pero nestes tempos institucionalizadores había que poñer un día, e toca cada terceiro sábado de abril.
Participan en Galicia dos actos oficiais as tendas Discos Fans en Santiago; Discos Elepé, Honky Tonk e Discos La Futura de Vigo; e Peggy Records en Ourense (+ info na web oficial do Record Store Day Spain).
Pero ademáis seguro que atoparedes moitas máis actividades e descontos noutras moitas tendas fora deste programa ofical. Mentres, nós xa estivemos aforrando para encargar unhas cantas edicións especiais das que se lanzan para este día!!
Achegádevos á vosa tenda de discos habitual, e a mercar música!! 
E se é para regalar mellor aínda!!


o próximo venres: Black Grooves!!


jueves, 16 de abril de 2015

Sonic Youth "Bad Moon Rising"

Nas pasadas semanas vos estivemos recomendando clasicazos de 1965 que van cumprindo 50 anos do seu lanzamento, pero nesta imos con algo máis recente. 
Estes días cúmprense 30 anos do lanzamento do "Bad Moon Rising" dos Sonic Youth, o seu segundo lp de estudio, distorsión, abrasión e ruído marca da casa da súa primeira época, e ademáis seguramente o álbum máis escuro de toda a súa discografía, inspirado en vellos rituais indíxenas, obsesións máis contemporáneas, e incluso nas andainas de Charles Manson.
Na súa edición orixinal contaba con oito temas, cada unha das caras do vinilo corre sen pausa, así na caba A se suceden a 'Into', 'Brave Men Run (In My Family)', 'Society Is a Hole' e os descomunais oito minutos obsesivos de 'I Love Her All the Time', e na cara B 'Ghost Bitch', 'I'm Insane' e 'Justice Is Might', que corta a secuencia para arrancar con 'Death Valley '69', coa colaboración de Lydia Lunch, sen dúbida unha dos meus temas favoritos da banda. Logo reeditado en 1993 por Geffen coas habituais 'Satan if boring', 'Flower', 'Echo Canyon' e 'Halloween', que eran os temas das diversas edicións do single 'Flower' lanzadas entre 1985 e 1986.
Pasaron 30 anos, e sigue sonando tan subversivo coma entón. Un imprescindible!.

SONIC YOUTH "Bad Moon Rising"
(Homestead Records, 1985)



Drunk Mums "Drunk Mums"

Hoxe vos recomendamos un dos novos lanzamentos do selo coruñés Grabaciones de Impacto. O LP dos australianos Drunk Mums, dende Melbourne, e cunha edición de luxo, en carpeta aberta, 500 copias, 100 vinilos de cada cor, poster, descarga, etc... coma sempre nos teñen acostumados. 
Este "Drunk Mums" foi o seu primeiro LP, lanzado orixinalmente en Australia en setembro do 2012, despois do "Eventual Ghost EP" do ano anterior. Son 11 temas de garage punk sen pausa, con melodías e coros potentes da mellor tradición aussie. Dende entón nada volvimos saber deles, ata agora que temos esta fantástica edición ao noso alcance.
Xa podedes botarlle unha escoita no bandcamp de Grabaciones de Impacto e encargalo directamente dende ahí, que está a un precio de escándalo!!

DRUNK MUMS "Drunk Mums"
(Grabaciones de Impacto, 2015)




miércoles, 15 de abril de 2015

DEAD WOOD, o concerto

Menudo show que nos ofreceron os DEAD WOOD o sábado pasado! Estabades máis que avisados de que non vos perderades o seu estreno, e vaia se cumpriron com este novo formato.

O Sheriff Lorre e Breo Gun chegaron para presentarnos a súa nova banda, nesta ocasión coa colaboración do showman Mr. Bam Bam nas percusións, cunha boa morea de temas propios, versións de clasicazos de blues e country, e as adaptacións de outras máis bizarras dende Dogs D'Amour ou Judas Priest ata Fuxan os Ventos. E por suposto tampouco podía faltar un (auto)homenaxe a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre.

Unha noite ben especial para inaugurar os directos do Rif-Rock neste 2015, e para confirmar que se quedarán unha boa tempada como banda residente, así que teredes moitas máis ocasións para velos de novo.

Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e sobre a estes pedazo de artistas pola súa fidelidade. Seguide atentos, e non vos perdades as súas próximas entregas!!.

Xa tedes todo o concerto subido nas anteriores entradas (pt 1 - pt 2 - pt 3- pt 4) ou todo seguido en lista de reprodución:


Set List dos Dead Wood

Aquí tedes o Set List do concerto do sábado dos DEAD WOOD, aínda que houbo algun bonus máis... os videos xa estan listos, e nos próximos días subiremos máis fotos no noso facebook.


DEAD WOOD (concerto pt.1)


DEAD WOOD (concerto pt.2)


DEAD WOOD (concerto pt.3)


DEAD WOOD (concerto pt.4 + bonus)


martes, 14 de abril de 2015

16 maio: NORTHERN LIGHTS en concerto!

Xa estamos adiantando bastantes cousas da nosa programación de maio2015. Seguramente a próxima semana sacaremos todo, pero xa vos podemos adiantar a próxima cita coa música en directo no Rif-Rock: o sábado 16 de maio. 
Os protagonistas serán NORTHERN LIGHTS, que despois de debutar en directo nos concertos do noso 15º Aniversario, escollennos unha vez máis para amosar ao público os seus novos temas.
E como esa noite comeza o Día das Letras, despois do concerto, sesión GZ Canibal a cargo de Marinocha & Munstaphà dende a cabina.
Un plan ben completo. Non vo-lo perdades!!


curtametraxe "A Maldición de F"

Novo proxecto de Artefacto Salnés: a curtametraxe "A Maldición de F" dos alumnos de primaria e secundaria de Cambados, realizado mediante a técnica do teatro de sombras, nunha adaptación do Frankenstein de Mary W Shelley. Todo dirixido por Fernando Arenaz e coa colaboración de Isi Vaamonde na banda sonora. 
Adicado a Teresa Plasencia.


lunes, 13 de abril de 2015

Un repaso de 'Où Sont Les Femmes?'

Coa sesión que subimos onte damos por rematado co material da programación especial de marzo Où Sont Les Femmes? na que convidamos a cinco das nosas mellores amigas para que se fixeran cargo da selección musical do Rif-Rock durante todo o mes. Podedes ir repasando todo o material, posters, fotos e as tres sesións que nos enviaron seguindo a etiqueta Où Sont Les Femmes?.
Se queredes ir directamente ás sesións:  aquí tedes a de ChisPum! (do día 14), a de Marinocha Über Alles (Sáb.21) e a Pau Pau a GoGó! (do Sáb.28).
Repetiremos seguro!!


sesión de Pau Pau a GoGó! (OSLF?)

Aquí tedes outra sesión máis das que estaban pendentes de subir da programación especial 'Où Sont Les Femmes?' do mes pasado
Está é da última entrega do día 28: Pau Pau a GoGó!! Metédelle volume!!

PAU PAU A GOGÓ "Où Sont Les Femmes?"
(sesión Rif-Rock 28marzo2015)
faite coa sesión de Pau Pau a GoGo aquí.



domingo, 12 de abril de 2015

DEAD WOOD!

Breo Gun, Mr.Bam Bam & Sheriff Lorre: auténtico espectáculo os DEAD WOOD, menuda banda residente que fichamos!! enorme debut, en xuño máis. Gracias a todos por vir, esperamos que vos gustaran tanto como a nós!. Gracias cracks!!


viernes, 10 de abril de 2015

este sábado DEAD WOOD en concerto!

Mañán sábado volve a música en directo ó Rif-Rock...
Os protagonistas serán DEAD WOOD, que nos escollen para estrearse en directo co seu show de dark folk, country & blues. 
DEAD WOOD é o novo proxecto do Sheriff Lorre (xa nin vos soltamos o seu cirrúculo) acompañado por Breo Gun, xuntos forman un novo dúo acústico e multi-instrumentista que viaxa polos vellos westerns de serie B, entre pantasmas de bandidos e buscadores de ouro. Pero ademáis nesta ocasión contarán cun terceiro compoñente: Mr. Bam Bam nas percusións. O mellor underground do Salnés!! 
Sábado 11 de abril dende as 23:45h., e coma sempre con entrada libre. 
Por suposto 100% recomendado. Non vo-lo perdades!!


Los Hijos Bastardos de Peter Lorre: 5 anos do seu 7''

En abril do 2010 saía un dos nosos discos preferidos, aos que lle temos máis cariño, e dos que máis veces bailamos, antes e despois. Nestas datas se cumpren cinco anos do lanzamento do 7'' de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre da man de Freeky Dicky Records, e no que tiven oportunidade de participar co deseño (errata incluída!). Catro temazos que marcaron unha época nas nosas vidas, e que sempre nos deixaron gañas de máis... pero iso xa é outra historia. 
Se algún despistado aínda quere facerse cunha das últimas copias, lembrade que quedan unhas poucas á venda no Rif-Rock. Este fin de semana tedes unha boa oportunidade, e ademáis de levalos asinados.




jueves, 9 de abril de 2015

Them "Angry Young Them!"

E outro repaso por álbumes que cumpren 50 anos. Esta semana o debut dos Them!. A banda de Irlanda do Norte liderada nos seus comezos por Van Morrison. Despois de varios singles de notable éxito entre finais do 1964 ("Don't Start Crying Now/One Two Brown Eyes") e comezos dos 65 ("Baby, Please Don't Go/Gloria") en abril de 1965 lanzaban o single máis relaxado de 'Here Comes the Night' con 'All for myself' na cara b que se colocou directamente no número 2 das listas británicas só por detras dos Beatles, como adianto inminente do seu debut en lp, este "Angry Young Them" que saiu en xuño. Case a metade dos temas estaban compostos por Van Morrison, e un puñado de covers. Ahí estaban 'Gloria', 'Little Girl' ou 'You Just can't Win', e tres versións por riba dos resto 'Don't Look Back' de John Lee Hocker, 'Route 66' de Bobby Troup, e a tremenda 'Bright Lights, Big City' de Jimmy Reed. Un debut espectacular.

THEM "Angry Young Them!"
(Decca, 1965)



Wire "Wire"

Antes de rematar a semana imos a recomendarvos un par de álbumes.
De primeiro o retorno dos míticos Wire, cun álbum homónimo que fai, se non nos fallan as contas, o 14º de estudio da súa carreira. Por suposto nada que ver con outras épocas lonxanas nas que con cada un dos seus lanzamentos cambiaban o rumbo da música, fora art punk, indie, industrial... esta nova entrega é sinxelamente pop, non busquedes transgresións nen inventos, so pop sen complicacións, pero de Newman e compañia sempre se aprende algo. 
A primeira parte do álbum está centrada nas melodías 'Shifting' ou 'In Manchester', e vai gañando intensidade a partir da ceremonial 'Sleep-Walking', cunha segunda parte moito máis enérxica coa rítmica habitual post-punk de hai anos en 'Joust & Jostle', 'Spit your ends' ou 'Octopus', e co final de 'Harpooned' no se desquitan coas guitarras en 8 minutos de tormenta. Sempre hai que telos enconta.

WIRE "Wire"
(Pink Flag Records, 2015)



Pintao de Rock, a final

O certame Pintao de Rock promovido polo IES Ramón Cabanillas para bandas de estudantes de secundaria da comarca chega ó seu fin. O premio: a gravación dun ep de 4 temas e actuar en directo durante as festas do Albariño. Este venres (10 de abril) no Salon José Peña dende as 20:30h decídese todo en público. Os finalistas do certame son: Cabina 402, Killing Floor, Sofá Ambulante e Cuarta Cejilla, ademáis remate de festa co directo de Booty Sweat (banda viguesa do cambadés Jorge Arenaz). 
+ info no blog do proxecto Pintao de Rock.

sesión de Marinocha (OSLF?)

Aínda temos máis material por compartir da programación especial do mes pasado de 'Où Sont Les Femmes?'. Aquí vai a sesión que nos deixou Marinocha o sábado 21.

MARINOCHA ÜBER ALLES "Sesión Où Sont Les Femmes?"
(sesión Rif-Rock 21-03-2015) 
faite coa sesión de Marinocha aquí.



miércoles, 8 de abril de 2015

sesión tRash Tra$h trAsH #12

Aquí tedes un pouco da sesión do pasado venres de Trash Trash Trash, basura mesturada de Munstaphá con material case todo bastante recente.

Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #12"
(sesión Rif-Rock 3 abril2015)
faite con trash#12 aquí.


Kings of the Beach "Badass EP"

Ahí vai unha maqueta que nos está gustando bastante.
Kings of the Beach son unha banda moi xove de Vigo, e este é o seu primeiro EP "Badass" en plan demo que lanzaron en xaneiro. Catro temas de punk-rock urxente pero cheo revival garagero máis clásico en 'LSD1' e moito máis noventero en 'Wasted/Young' e 'Wild', e sobre todo 'Surfin' que aínda que por ahí lle atopan moito cos Libertines, a nós xa nos lembran máis ó primeiro pelotazo dos Orwells. 
Escoitádeos no seu bandcamp, e a seguilos con atención.

KINGS OF THE BEACH "Badass EP"
(demo, 2015)



martes, 7 de abril de 2015

Calle del Ruído 'Dime'

Botádelle un ollo a este videoclip que nos envían Calle del Ruído, dende Meis. Chámase 'Dime', xa ten un ano, pero aínda o coñecimos hoxe, metal comprometido contra a violencia de xénero. 
+ info no seu facebook.


"Lemmy, La Autobiografia"

Se pensamos nas figuras máis contundentes do rock do último medio século, de entre os que seguen en activo, sen dúbida un dos que todos citaríamos sería a Lemmy Kilmister de Motörhead. Un dos personaxes máis esaxerados da música, e que sobre todo, que estivo en todas partes e en tódo-los momentos. Dende aquel documental do 2010, xa tocaba unha boa biografía escrita, e para que ninguén se interpoña el mesmo se puxo máns á obra, asinado co seu nome real (Ian Kilmister) e coa axuda do xornalista Janiss Garza repasa toda a súa historia, dende as súas primeiras bandas ata a súa incorporación a Hawkind, como roadie de Hendrix, a formación de Motörhead e tóda-las colaboracións dende entón, sen pelos na lingua, falando de todo, do que se lembra e do que non. Auténtica historia vivinte.

Ian Kilmister & Janiss Garza: "Lemmy, La Autobiografía"
(Es Pop Ediciones, 2015)


Así o presentan na web de Es POP:

«Si piensas que eres demasiado viejo para el rock ‘n’ roll, es que lo eres». Así habla Ian «Lemmy» Kilmister, legendario líder de Motörhead y uno de los rockeros más incombustibles del planeta. Si hay que dar por buena la opinión de los médicos, a estas alturas Lemmy debería de estar muerto. Cinco décadas dedicadas en cuerpo y alma a la música, ganándose a pulso la fama de ser el tipo más bebedor, espídico y salidorro que haya pisado jamás un escenario, han convertido su sangre en un mejunje capaz de matar a cualquier otro ser humano.
Su historia es la historia de la música rock desde sus inicios y hasta nuestros días. Lemmy abandonó su hogar en Gales para vivir en primera fila el estallido de la beatlemanía y tocar en conjuntos de merseybeat, soul y rhythm & blues, fue roadie de Jimi Hendrix y miembro de grupos tan singulares como The Rocking Vicars y Sam Gopal, antes de saltar a la fama como bajista de Hawkwind, el célebre conjunto de rock cósmico y espacial inspirado por Michael Moorcock, junto a los que interpretó himnos incontestables de la época como “Urban Guerrilla” y “Silver Machine”.
En 1975 fundó Motörhead, tan herederos de Chuck Berry como de MC5; decanos del heavy, primos bastardos del punk y precursores del speed metal. Las formaciones de Motörhead han sufrido numerosos cambios en sus más de treinta años de historia, pero Lemmy siempre ha permanecido firmemente al timón, tanto en sus épocas de mayor éxito como en los momentos más amargos.
Lemmy: la autobiografía ofrece un viaje hilarante, desenfrenado y siempre sorprendente en compañía del líder de la «banda más ruidosa del mundo». Su historia y sus opiniones, narradas en primera persona, sin prejuicios y sin pelos en la lengua. El propio Lemmy lo advierte: «Si te ofendes con poca cosa, ¿qué haces leyendo este libro?».

lunes, 6 de abril de 2015

Sáb.11: DEAD WOOD en directo!!

Este sábado volverá a música en directo ó Rif-Rock.
Os protagonistas serán DEAD WOOD, que nos escollen para estrearse en directo co seu show de dark folk, country & blues. 
DEAD WOOD é o novo proxecto do Sheriff Lorre (xa nin vos soltamos o seu cirrúculo) acompañado por Breo Gun, xuntos forman un novo dúo acústico e multi-instrumentista que viaxa polos vellos westerns de serie B, entre pantasmas de bandidos e buscadores de ouro. Pero ademáis nesta ocasión contarán cun terceiro compoñente: Mr. Bam Bam nas percusións. O mellor underground do Salnés!! 
Sábado 11 de abril dende as 23:45h., e coma sempre con entrada libre. 
Por suposto 100% recomendado. Non vo-lo perdades!!


sábado, 4 de abril de 2015

Mujeres "Aquellos Ojos EP"

Esto de que a xira de Mujeres nos caíra ben preto nesta semana de vacacións fixo que moitos nos repartíramos entre os seus bolos, e por suposto nos fixemos co seu EP de adianto do seu terceiro álbum "Marathon", o EP "Aquellos Ojos", con catro temas en castelán: 'Aquellos Ojos', 'Sueña', 'Eterno y Normal' e 'Aquella Luz', lamentos ye-yés e garage lo-fi repartidos en cada cara. Imprescindibles neste momento!!!

MUJERES "Aquellos Ojos EP"
(Canada Editorial, 2015)


Manoel de Oliveira

Manoel de Oliveira
(1908 - 2015)



jueves, 2 de abril de 2015

Curtis Knight and The Squires "You Can't Use My Name, The RSVP-PPX Sessions (feat. Jimi Hendrix)"

Este sí que é un dos álbumes que levabamos agardando moito tempo. 
Xa vos recomendamos máis veces álbumes de Curtis Knight, un dos grandes mentores de Hendrix dende que o incorporou á súa banda, The Squires, aínda que pouco a pouco a súa presencia foi convertindo en algo máis intermitente, xusto antes de dar o paso de mudarse ó swinging London para forma-la Jimi Hendrix Experience. 
Este "You Can't Use my Name" recolle as últimas sesións grabadas con Hendrix entre o 65 e comezos do 67, e o seu título ven dunha conversa, que está grabada e incluída neste álbum, no que Hendrix advirte ó productor Ed Chalpin que xa non pode emprega-los seu nome na edición dese material posto que xa había problemas legais entre ambos. De feito Chalpin vendeu todo ese material modificado a disqueiras menores que durante anos as publicaron como álbumes inéditos de Hendrix saturando as guitarras e con pésima calidade, cando en realidade eran temas de Curtis Knight (o primeiro deles xa en 1967, titulado "Get that Feeling" e lanzado como de Jimi Hendrix & Curtis Knight no que saía Hendrix na portada, nunha foto do festival de Monterrey dese ano xa coa súa nova banda, e nin rastro de Knight). Durante décadas todo esto estivo de pleito en pleito coa familia de Hendrix, ata que ó fin se fixeron cos dereitos. O material orixinal estaba moi dañado, pero ahí entra o mítico productor Eddie Kramer para recuperalo no posible. E aquí están estas sesións, 13 temas ademáis da advertencia de Hendrix: 'How do you feel', 'Gotta Have a New Dress', 'No Such Animal'... puro espectáculo con esa mestura de rhynthm'n'blues psychodelico, que adiantaba a bestialidade dos álbumes posteriores de Curtis Knight, e o son característico de Hendrix. Unha auténtica xoia!!

CURTIS KNIGHT & THE SQUIRES
"You Can't Use My Name, The RSVP-PPX Sessions (feat. Hendrix)"
(Legacy Recordings, 2015)



miércoles, 1 de abril de 2015

The Sonics "This is the Sonics"

Esto de que The Sonics publiquen novo álbum non nos gusta nada, pero aquí está, case 50 anos despois do seu último traballo coa formación orixinal. 
O legado dos Sonics xa foi bastante maltratada no seu momento cando Jerden Records exprimeu a marca sen os seus compoñentes, e agora, despois de varios anos de xira de reunión, volveron ó estudio para grabar novos temas e lanzar novo álbum. No 2011 xa publicaran o Ep titulado "8", totalmente innecesario, e que por sorte pasou bastante desapercibido, e o ano pasado lanzaron o split compartido cos Mudhoney no que aportaban o tema 'Bad Betty' que era o adianto deste próximo "This is The Sonics", aínda que a versión que inclúen agora xa é outra. En realidade todo o álbum sona como aquel tributo que montaron The New Strychnines no 2004, un supergrupo con membros de Mundhoney, Monkeywrench e os Young Fresh Fellows e que foron os principais promotores da reunión da banda orixinal. Agora neste "This is the Sonics" participan tres dos membros orixinais, Jerry Roslie, Larry Papyra e Rob Lind, xunto co xa habitual Freddie Dennis no baixo, e Dusty Watson na batería.
O resultado alomenos é bastante digno, e moi divertido, pero non podemos abstraernos da súa historia. A maioría dos temas son versións de standards de rhythm'n'blues coma o 'I don't need no doctor' de Ray Charles, o 'You can't judge a book by the cover' de Bo Diddley, o clásicazo da Motown 'Leaving Here' de Eddie Holland, as versións macarras do 'The Hard Way' dos Kinks e do 'Sugaree' de Marty Robbins, ou máis recentes coma o 'Be a Woman' dos Persian Rugs. Logo as orixinais xa teñen moita menos chispa: 'Bad Betty', 'Save the Planet', e a versión de si mesmos 'Livin' in Chaos'. 
Grabado en mono coa producción de Jim Diamond, o sonido nin me convence nin lle fai xustiza á súa lenda (semella máis inspirados nos New Strychnines que nos propios Sonics), pero é o que hai. Divertido un rato, pero seguro que nos olvidamos del bastante rápido. Eso sí, o mérito destes mitos vivintes non se pode negar, enerxía e gañas de sobra!!! Pero xa me diredes que vos parece...

THE SONICS "This is the Sonics"
(ReVox, 2015)



Sáb.11 abril: DEAD WOOD en concerto

O próximo sábado 11 de abril volverá a música en directo ó Rif-Rock!! 
Os protagonistas serán DEAD WOOD, que nos escollen para estrearse en directo co seu show de dark country e western blues, dende as cinzas dalgunhas das nosas bandas favoritas (aínda non sabedes de que vai a cousa?). 
Sábado 11 de abril dende as 23:45h., e coma sempre con entrada de balde. 
Por suposto 100% recomendado. Non vo-lo perdades!!


Où Sont les Femmes?


Rematou a programación especial de marzo 'Où Sont les Femmes?' e quedamos con gañas de moito máis. Un mes no que contamos cada fin de semana con cinco das nosas mellores amigas facéndose cargo da música do Rif-Rock dende a nosa cabina. Repetiremos seguro!! e xa avisamos que non imos agardar ata marzo do ano que ven eh??
Polo momento só está subida a sesión de Chis Pum! do día 14, pero nas próximas semanas subiremos algunha máis das que nos deixaron. Prometido.


GastrotecaSCQ

Ahí vai unha de publicidade pura e dura:

Xa vos temos recomendado a Gastroteca SCQ de Compostela, noutras ocasións, a nosa tenda de productos galegos favorita. 
Seguro que xa a coñecedes! 
Pois esta semana acaban de lanzar a súa propia aplicación para móbiles, polo momento só para Android, pero en breves datas tamén dispoñible para IOS.
Inclúe tódo-los servizos da súa web: o seu catálogo de productos, ofertas da semana, toda a info do seu GastroClube, ademáis de localizador, contacto directo con eles e demáis. 
Descargádea no Play Store.
Para o demáis tedes a web da GastrotecaSCQ e o seu facebook.