sábado, 30 de julio de 2016

The Silk Tones!!

Enorme a festa que nos montaron onte THE SILK TONES no seu debut!! 
Moitas gracias cracks!! e a todos por vir!!
E o próximo venres os teredes en directo na praza de Fefiñans!
Non vo-lo perdades!!


viernes, 29 de julio de 2016

Esta noite: THE SILK TONES en directo!!

Esta noite teremos a THE SILK TONES en directo!
Debutan no Rif-Rock e prometen ser unha das sensacións do que queda neste verán. Trátase do novo proxecto de Rubén Iglesias, David Falcón e Jesús Caramés, coa incorporación de Miguel Moldes nas guitarras e a voz de Deva Sanmartin. Unha mestura de blues, soul e jazz: The Silk Tones!!
Venres 29 de xullo, 23:45h. Non vo-lo perdades!!


jueves, 28 de julio de 2016

este fin de semana...


Este fin de semana só abriremos venres e sábado, disculpen as molestias.
Mañán venres xa estaremos de volta co directo de THE SILK TONES dende as 23:45, e o sábado con horario normal.
E lembrade que o próximo martes comezamos a nosa semana de Albariño co chupinazo e o habitual corte de cinta a media noite!!

Vaia Cara Caricaturas

Ahí vai unha de publicidade pura e dura: 
Recomendámosvos VAIA CARA CARICATURAS, un novo proxecto do artistazo Xandre Otero para calqueira evento, vodas, bautizos ou o que precisedes, caricaturas in situ, fotos e máis... probádeo!!
Toda a info no seu facebook.

Adolphe Sex & Ses Machines "Poudre A Muscle"

E imos con algo moito máis festeiro. 
Adolphe Sex & Les Machines son unha banda franco-belga, con ex-membros de Les Terribles e parte dos parisinos Jon and the Vons, son un un sexteto demoledor de rhythm'n'blues, garage e beat, a golpe de saxo e hammond que lle dan un toque groovy que redondea o seu son perfecto. 
Liderados polo vocalista Jack Sex e Remy Adolphe no saxo, publicaron dous 7'' nos últimos anos, e agora lanzan o seu debut en largo "Poudre a Muscle". Son doce temas nos que ademáis manexan os tempos de xeito que non pederás deixar de escoitalo unha e outra vez. Ritmos e melodías de clasicazos de sempre adaptados coas súas letras e cambios de tempo e ritmo incribles. Discazo!!

ADOLPHE SEX & SES MACHINES "Poudre A Muscle"
(Soundflat Records, 2016)




Dinosaur Jr. "Give A Glimpse Of What Yer Not"

Outros de grandes que están de volta son os Dinosaur Jr., e coa banda orixinal: Mascis, Barlow e Murph, que firman este "Give a Glimpse of what yer not".
Coas súa xira dos últimos meses xa adiantaban o seu novo álbum, e aínda que teremos que agardar ata a próxima semana para o seu lanzamento, xa se pode escoitar completo nas plataformas habituais.
Arranca de marabilla con 'Goin' Down' e 'Try' (que foi o single de presentación), e aínda que logo os temas perdan moita chispa, soa realmente coma sempre, alomenos se sodes amantes dese son característico da banda. Temazos hai poucos, pero se os seguides dende sempre, seguro que lle adicaredes unhas cantas escoitas.

DINSAUR Jr. "Give A Glimpse Of What Yer Not"
(Jagiajuwar, 2016)




miércoles, 27 de julio de 2016

Swans "The Glowing Man"

Imos cuns cantos álbumes antes da fin de semana.
De primeiro o retorno dos Swans, que nesta segunda xuventude que están a vivir os de Michael Gira adícanse a romper tódo-los moldes. Despois do éxito de "The Seer" (do 2012) seguen ó seu, a alternando álbumes de estudio e directos sen parar. 
A finais do mes pasado lanzaron este "The Glowing Man", outra obra xigantesca como ven sendo habitual nesta segunda etapa. Post-rock, art-rock, no-wave, industrial... todo mesturado e trascendendo tódo-los estilos, pero desta vez máis repousado que as anteriores entregas, con temas moi longos (tres superan bastante os 20 minutos) que van crecendo lentamente, densos, agónicos ás veces, outras de puro rítmo, e desta vez, non sempre explotan con violencia., pero tamén. Son case dúas horas nas que atoparedes de todo, todo cheo de matices e tan elaborado coma sempre, pero seguramente só apto para iniciados.

SWANS "The Glowing Man"
(Young God Records/Mute, 2016)



LOS PIES MOJADOS! [Revival Rif-Rock]

Un pouco de Revival!
Tiramos de arquivo para lembrar un dos mellores concertos dos últimos anos no Rif-Rock.

Imos cinco anos atrás, ao verán do 2011, no Rif-Rock presentáronse LOS PIES MOJADOS, un trío formado polo gran Néstor Pardo e os nosos queridos irmáns Lorre, Jorge e Martín, por aquel entón todos compañeiros na superbanda The Allnight Workers. Foi un proxecto efímero que xirou unhas cantas datas pola comarca, pero non descartamos que algún día volvan por sorpresa...

Dúas guitarras e caixa como única percusión, para un repertorio tremendo de blues, country, bluegrass, rockabilly, hot rod e rancheras, e polo medio tódo-los divertidos trapos sucios das súas vidas como foraxidos no salvaxe oeste.

Foi o 29 de xullo do 2011. Esta semana cúmprense cinco anos.
Aquí tedes o concerto completo:


lunes, 25 de julio de 2016

este venres THE SILK TONES en directo

Este venres, para rematar coa programación do mes, máis música en directo!!
Os protagonistas serán THE SILK TONES!! debutan no Rif-Rock e prometen ser unha das sensacións do que queda neste verán. 
Trátase do novo proxecto de Rubén Iglesias, David Falcón e Jesús Caramés, coa incorporación de Miguel Moldes nas guitarras e a voz de Deva Sanmartin. 
Blues, soul e jazz: The Silk Tones!!
Venres 29 de xullo, 23:45h. Non vo-lo perdades!!


viernes, 22 de julio de 2016

este sábado: BIMBA POP!!


8ª Festa do Bigote: as bases do concurso.

Faltan dúas semanas...
Domingo 7 de agosto, Domingo do Albariño, despois da medianoite... 
O RIF-ROCK & CTK convócanvos á enorme FESTA DO BIGOTE!!
Nesta 8ª edición oficial, o padriño será de novo PC Barbería!! 
A continuación tedes as bases do concurso.


Tódo-los anos amenazamos con facer cambios revolucionarios nas bases do concurso, e nunca o facemos, pero si prometemos que este ano non dubidaremos en deixar algún premio vacante se así o consideramos.
Polo resto, todo máis ou menos igual que sempre.

BASES DO CONCURSO para a 8ª FESTA DO BIGOTE:

- A Festa do Bigote comeza oficialmente no Rif-Rock despois dos fogos do domingo que clausuran as festas do Albariño (domingo 7 de agosto) a medianoite, así que xa nos imos á madrugada do día 8. 

- Prégase a tódo-los asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non.

- O que non leve o mostacho posto acudirá únicamente baixo a súa responsabilidade.

- A organización non se fai responsable dos accesorios que outros asistentes lle poñan na cara.

- Este ano teremos novamente tres categorías a concurso: 
o Bigote Absoluto, o Bigote Falso e Mellor Disfraz.

Categoría BIGOTE ABSOLUTO (Campión da Festa do Bigote):
· todo pelo natural na cara do suxeito participante.
· valorarase tamaño, lonxitude e orixinalidade.
· lembrade que se trata de bigotes, nin perillas nin barbas, Bigotes!!

Categoría de BIGOTE FALSO:
· inclúense nesta categoria os mostachos falsos: pintados ou postizos, calquer trebello que queirade usar pode servir, todo depende da vosa orixinalidade.
· coma na categoría anterior, preferiblemente na cara.

Categoría de Mellor DISFRAZ:
· roupa, maquillaxe, interpretación... calqueira cousa pode suxestionar ó xurado.

- A entrega de premios se celebrará aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa durará un par de horas máis) tra-la deliberación do XURADO, que estará formado por varios membros de entre os responsables do Rif-Rock, Cambados(TK) e o noso padriño e colaborador Edu PC.

- Os aspirantes deberán estar no local durante a deliberación (e un pouco antes, para que os poidamos ver con tempo e valorar axeitadamente) así como para a recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación.

* E por suposto: a organización resérvase o dereito de retirar, suspender ou rectificar o concurso e modificar o contido das presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza algún tipo de circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable.
** Para reclamacións, denuncias de complot e demáis percances, mellor que o traides todo de casa por escrito con antelación, que igual o día seguinte xa non nos lembramos...
***o xurado non admitirá sobornos en sobres pechados, por favor, os cartos á vista!!!

Se hai máis novas seguiremos informando neste blog dos RifRocKerZ ou na nosa páxina de facebook.

E o máis importante de todo... NON FALTEDES!!!!!!!




jueves, 21 de julio de 2016

esta noite descansamos...

Esta noite de xoves imos descansar... 
pero mañan xa estaremos de volta co horario habitual!!


John Mayall & The Bluesbreakers with Eric Clapton

E imos cun dos mellores álbumes de blues británico de tódo-lo tempos.
Foi o segundo álbum de John Mayall & The Blues Breakers, no que contaban coa intervención de Eric Clapton na guitarra principal.
Doce temas eternos, con tres composicións de Mayall: 'Little Girl', 'Key to Love' e 'Have you Heard', ademáis de 'Double Crossing Time' montada entre Clapton e Mayall. O resto é un repaso de algún dos seus favoritos de Willie Dixon, Ray Charles, Frazier, Freddie King ou Robert Johnson.
Un clasicazo que estes días cumpre 50 anos!! Un imprescindible.

JOHN MAYALL & THE BLUES BREAKERS "Blues Breakers with Eric Clapton"
(Decca, 1966)



miércoles, 20 de julio de 2016

Thee Blind Crows "Back from the Cave"

Dende comezos de mes xa temos dispoñible o novo traballo dos Thee Blind Crows, o dúo de blues punk máis potente do país. Xa levan moitos traballos en distintos formatos ás súas costas, e despois do exitazo do seu anterior lp "Primitive Loud Blues" do 2014 (KOTJ Records / Ghost Highway Recordings / H-Records), agora volven con este fantástico 7'': "Back from the Cave". 
Son 4 temas contundentes, 'Like a Storm', 'Voodoo Rhythm', 'Mass of Muscles' e 'Do the Jungle', unha auténtica trituradora de blues, punk, garage e psychobilly a toda velocidade, e con só guitarra e batería. 
Para esta nova edición contaron coa colaboración de catro selos para o seu lanzamento: Grabaciones de Impacto, Ghost Highway Recordings, KOTJ Records e Pocket's Robots Records.
Podedes atopalo no seu bandcamp, ou no de tódo-los selos que interveñen, e por suposto nos seus directos. Recomendadísimo!!

THEE BLIND CROWS "Back from the Cave"
(Grabaciones de Impacto/Ghost Highway Recordings/KOTJ Recs/Pocket's Robots Recs, 2016)



The Haggis Horns "What comes to Mind"

Primeiro álbum que vos achegamos esta semana, outra recomendación que nos envían dende WillWork4Funk.
The Haggis Horns son unha desas banda británicas de funk e acid jazz que aínda lles falta dar o gran pelotazo, pero están en camiño. Son de Leeds, e aínda que levan moitos máis anos rodando comezaron a publicar na última década. Evolucionan o funk, o soul, e varios paus de jazz dende os sons máis puristas ata o revisionismo de diferentes épocas, ademáis os seus membros son colaboradores habituais das principais figuras do xénero.
Nestas anos lanzaron un bo puñado de 7'' e eps, e o ano pasado lanzaron dous álbumes, ademáis de acompañar a Lucinda Slim no seu debut, lanzaron este "What comes to Mind", que ademáis serve de primeira referencia do seu propio selo. 
Son dez temas no que tocan case tódo-lo paus posibles, de inspiracións nos sons dos 70s, e con certa mirada posta nas bandas sonoras do blaxploitation. 
Ademáis contan coa colaboración da mesma Lucinda Slim, John McCallum (da Corinne Bailey Rae band) e John Turrell nas voces, ademáis do baixista Pete Shand (dos New Mastersounds) e do percusionista Mark Cotgrove (máis coñecido coma Snowboy).
As dúas versións que inclúen do 'Return of the Haggis' e o 'Keep it Tight' son unha auténtica locura. Enganchan aínda que non queirades!!

THE HAGGIS HORNS "What Comes to Mind"
(Haggis Records, 2015)



martes, 19 de julio de 2016

'Wild Wild Lover': Los Pies Mojados Vs Breakin' Bones

Levamos semanas meténdolle un bo repaso ó noso arquivo, que está cheo de couas tan fantásticas coma esta: hoxe imos co 'Wild Wild Lover', un clasicazo do rockabilly.
O tema foi composto por Benny Joy nos seus primeiros anos, nalgunhas fontes aparece acreditada a autoría xunto co seu guitarrista de acompañamento naqueles anos Big John Taylor, e noutras non.  En calqueira caso, foi grabado polos dous nas sesións que rexistraron en 1957 para TRI-DEC Records, e das que só se chegaron a publicar dous singles en 1957 e o 58 con dous temas cada un, quedándose o resto no baúl durante moitos anos. Aínda que o 'Wild Wild Lover' fíxose bastante popular polos seus directos na época, aquelas grabacións non se publicaron ata comezos dos 90s, en edicións piratas nun primeiro momento, e non sería ata o 98 cando Ace Records lanzou o "Crash The Rockabilly Party", un recopilatorio de Benny Joy no que se incluían todas aquelas grabacións perdidas durante máis de 40 anos.
Case dende entón, o 'Wild Wild Lover' convertíuse nun clásico eterno de calqueira bó repertorio de rockabilly. Aquí tedes o audio orixinal.

E aquí o tedes en directo en dous momentos no Rif-Rock.
O primeiro no concerto de LOS PIES MOJADOS en xullo do 2011. Eran os irmáns Lorre, Jorge e Martín, acompañados por Néstor Pardo naquel proxecto:


Noutras moitas ocasións sonou en medio dos shows dos BREAKIN' BONES,  é un tema habitual do seu repertorio. Escollemos esta, do 12 de xullo do 2014, nun dos concertos do noso 15º Aniversario, en acústico, pero soando así de contundente:


Aquí tedes ademáis as letras do tema, sacadas do Rockabilly Lyrics:

Wild Wild Lover (1957)

Wild wild lover, wild wild lover
Jezebel woman, ah-ah makes me blue, oh-oh yeah
Wild wild lover, baby it was you

Well, I woke up this morning, I found that lover gone
It tore my heart apart to think she left me all alone
Misery creepin' on me and my heart was full of pain
That wild wild lovin' woman, well it drove my mind insane

Wild wild lover, wild wild lover
Jezebel woman, ah-ah makes me blue, oh-oh yeah
Wild wild lover, baby it was you

Yes, I woke up this morning and I found that lover gone
It tore my heart apart to think she left me all alone
Misery creepin' on me and my heart was full of pain
That wild wild lovin' woman, well it drove my mind insane

Wild wild lover, wild wild lover
Jezebel woman, ah-ah makes me blue, oh-oh yeah
Wild wild lover, baby it was you


viernes, 15 de julio de 2016

Últimos exemplares dos Metralletas Lecheras!!

A semana pasada, os xefes de Pantera e Iribarne Producións, achegárannos ata o Rif-rock a última remesa de 7'' dos Metralletas Lecheras. Non quededes sen el!! En moi pouco tempo teremos xa o seu próximo lanzamento, así que apurade a facervos con el antes de que se vos acumulen os pedidos...


Outono Códax Festival 2016


Esta semana presentouse a 6ª edición do OUTONO CÓDAX FESTIVAL, todo un clásico nas nosas axendas despois de cada verán. O festival de música negra de referencia en Galicia, e seguen a ampliar datas e espacios Nesta sexta edición co enorme Lee Fields, Martha High e os Pretty Things como cabezas de cartel.
Apurade a merca-los abonos, que voan coma sempre!. 
Toda a info entradas e demaís na web do Festival, e no seu facebook.


Así o presentan na web do Outono:
O Outono Códax Festival, o festival galego de música negra, regresa en outubro na que será xa a súa 6ª edición con forzas renovadas e un selecto cartel que se traducen en tres fins de semana (días 7 e 8 e 28 e 29 de outubro, e 11 e 12 de novembro) cheas de soul, rhythm&blues, swing, boogie e rock´n roll.
Un ano máis a emblemática Sala Capitol de Santiago será a sede principal do ciclo que este ano desdobrarase tamén na sala compostelá Riquela, un novo espazo de lecer no centro do casco vello que nace coa vocación de complementar a actual oferta musical e cultural da capital galega e que terá as súas portas abertas ao público o vindeiro mes de setembro. Deste xeito e en conxunto, o Outono Códax 2016 ofrecerá 6 concertos (fronte ás 3 habituais citas de edicións pasadas) cunha decena de artistas e bandas escollidos entre o máis granado do actual panorama internacional, estatal e galego do xénero.
Así, esta 6ª edición do festival –co patrocinio un ano máis de Martín Códax, e coa colaboración de Pousadas de Compostela, así como a de case un cento de establecementos hostaleiros e comerciais da capital galega– ofrecerá a posibilidade de asistir en Galicia a algúns dos directos máis notables e perseguidos da música negra do momento.
Así, serán 2 das grandes voces do soul contemporáneo, Lee Fields e Marta High, e os míticos The Pretty Things, unha das bandas máis importantes do rock´n roll británico de todos os tempos, os que protagonicen con toda seguridade algúns dos momentos máis sonados deste ano.
Xunto a eles, actuarán no Outono Códax dúas das referencias internacionais actuais máis salientables do xénero: Luke Winsloy King (considerado líder dos novos tradicionalistas do son Nova Orleans) e Virgina Brown and The Shameless (banda siciliana que mestura os ritmos afrocubanos co rhythm&blues nunha explosión de enerxía que arrasa alá por onde pasa). Os cataláns Wax&Boogie (convertidos xa nunha das mellores expresións estatais do formato blues, rhythm&blues e boogie woogie) e os asturianos Trash-Tornados (banda de virtuosos que van moito máis alá do neo swing co que habitualmente son etiquetados) redondean un cartel no que a achega galega deste ano, compromiso irrenunciable do festival coa música feita en Galicia, correrá a cargo de dúas das bandas máis prometedoras da escena actual: The Hellbuckers e Andhrea and The Black Cats.


miércoles, 13 de julio de 2016

Sebadoh "III"

E imos a tiro fixo cun clásico das nosas vidas, porque de vez en cando non hai nada tan reconfortante coma volver a escoitar, un tras doutro, tódo-los álbumes de Sebadoh. Hoxe imos a recomendarvos o "III" publicado en 1991. Foi o seu primeiro gran álbum, e non foi casualidade que fose o momento da incorporación de Jason Loewenstein á banda xunto con Eric Gaffney e Lou Barlow.
"Sebadoh III" eran máis de 20 temas nun dobre vinilo que puxo as bases de todo o que veu despois, do lo-fi, e dos parámetros da música indie, da de actitude, da de verdade. Xunto cos Pavement puxeron patas arriba o mundo. 
Sebadoh III era un álbum sen complexos, no que todo era posible, dende temas que seguen a ser referentes dunha época, pezas mal grabadas, e outras terriblemente producidas ou a medio facer. Recolle influencias do power pop, do hardcore e do folk, e todo xunto e descontextualizado, ou como Barlow comenta sempre 'mal tocado'. E ahí seguen 'The Freed Pig', 'Limb by Limb', 'Gold Told Me' ou 'Holy Picture' na banda sonora das nosas vidas. E só era o comezo da súa mellor época. Un imprescindible!!

SEBADOH "Sebadoh III"
(Homestead / Domino, 1991)



Mahalia Barnes "Ooh Yea. The Betty Davis Songbook"

A semana pasada vos recomendábamos as sesións inéditas de Betty Davis, lanzadas como "The Columbia Years 1968-69" (Light in the Attic, 2016). Como parece que gustou bastante, aquí vos recomendamos este álbum tributo do ano pasado, firmado por Mahalia Barnes & The Soul Mates, coa colaboración de Joe Bonamassa. Son 12 temas que buscan clavar ós orixinais, ahí atoparedes 'He was a big Freak', 'Nasty Gal', 'Walking Up the Road', 'in the Meantime'... así que pouco aportan, e con ese barroquismo de Bonamassa que non acaba de encaixar, pero sí hai que recoñecerlle o mérito de enfrontarse a este repertorio. 
Seguro que a algún completista seguro que lle interesa.

Mahalia Barnes & The Soul Mates "Ooh Yea. The Betty Davis Songbook"
(Provogue / Mascot, 2015)



Golden Dawn Arkestra "Stargazer"

Un par de álbumes antes desta longa fin de semana.
De primeiro a nova referencia dos Golden Dawn Arkestra, un colectivo de Austic Texas, liderado polo baterista John Speice. Leva por título "Stargazer", e continúa a liña do seu anterior EP. Son oito temas de Psychodelia, jazz, blues-rock, folk, e moita parafernalia orientalizante. A influencia directa nos remite a Sun Ra, pero hai moito máis, tanto no musical coma no estético, poden aparecer no escenario coma o Dr John nos seus anos máis alucinados, case coma extraterrestres, ou con pelucas da corte francesa durante o despotismo ilustrado... demasiado rebuscado todo. Pero o importante é a música: rock psychodélico, melodias pop e todo empaquetado nun formato de jazz avant-garde, funk e case afrobeat por momentos, e co acerto de alternar ben un par de temas con longos desenrolos con outro moito máis directos. Aínda que para min o estropean coas bases electrónicas que meten por momentos.
Si lle metedes unha escoita seguro que repetides para tentar comprender algo...
E os deseños da banda, de novo a cargo do gran Mishka Westell.

GOLDEN DAWN ARKESTRA "Stargazer"
(Modern Imperial Records, 2016)



programación xullo2016

E despois do noso 17º Aniversario, seguimos con moitas máis cousas neste mes de xullo. Dende esta semana xa comezamos co horario de verán, catro días de RifRocKerZ á semana, de xoves a domingo. 
Polo momento, aquí tedes xa catro datas confirmadas para este mes:

_xullo2016_
· Xov.14: Güendy Sulka! (Need Some Fari to Love!!)
· Sáb.16: The Hawk Sessions
· Sáb.23: Bimba POP!
· Ven.29: THE SILK TONES en directo 23:45h.

Aínda que seguro que teremos máis sesións algún dos xoves ou domingos...
Seguide atentos!!


Venres 29: THE SILK TONES en directo!!

E máis datas que vos imos adiantando do que queda de xullo.
Para rematar o mes, e antes do Albariño, máis música en directo!!
Os protagonistas serán THE SILK TONES!! debutan no Rif-Rock e prometen ser unha das sensacións do que queda neste verán. 
Apuntade a data: Venres 29 de xullo.
Xa vos daremos máis info...


Sáb.23: Bimba Pop!

O seguinte sábado, 23 de xullo, volverá BIMBA POP! á nosa cabina.
Despois de estrearse en marzo con Chis Pum para pechar o ciclo OSLF, xa lle tocaba repetir, e coa noite enteira para ela soa!! Non vo-lo perdades!!


este sábado:The Hawk Sessions

Este sábado teremos estreo na nosa cabina: THE HAWK SESSIONS
David Falcón, deixa aparcada a guitarra e os pedais por un día, e tomará os mandos da nosa cabina durante toda a noite. 
Non vo-lo perdades!!


martes, 12 de julio de 2016

Xoves 14: GÜENDY SULKA!

Este xoves comezamos co noso horario de verán, abriremos de xoves a domingo, e sempre tentando ter algún convidado menos habitual.
Para inaugurar tempada contaremos con GÜENDY SULKA na cabina!!
Need Some Fari to Love!!! Non vo-lo perdades!!


Horario de verán: de xoves a domingo!

Con tanto preparativo do aniversario xa se nos olvidaba... 
Esta semana comezamos co horario de verán: 
En Xullo e Agosto, Rif-Rock de Xoves a Domingo!! dende as 23:30h. 
Catro días a semana de RifRocKerZ!!
Xa avisaremos das excepcións...


17º Aniversario do RIF-ROCK. O resumo de todo...

Xa pasou o 17ºAniversario do RIF-ROCK!!
Foron dúas fins de semana estupendas, cheas de boa música e de amigos, que é o importante.
Recuperamos o formato anterior ós ultimos dous anos, co programa repartido en varias semanas e con dúas bandas habituais da casa convertidas noutra cousa distinta para que fosen uns concertos únicos.

O Sábado 2, foi o turno de RUFUS Y LOS GUARROS, no propio día que cumpríamos anos. Outra volta máis dese universo infinito de bandas dos irmans López, adaptando parte do repertorio que están a presentar este verán como Doble M & Jorge Lorre, pero acompañados por Rufus el Guarro con tódo-los seus trebellos á percusión, ademáis de Óscar que non se quixo perder a oportunidade de sacudir as cadeas toda a noite. Un show de repaso por algúns dos seus referentes nas raíces americanas máis fondas, pero tamén para repasar temas propios de outros dos seus proxectos, como Los Wavy Gravies e os Dead Wood. 

No seguinte fin de semana máis música en directo e máis sesións:
O Venres 8 foi o turno de PTOOFF! o novo alter-ego de Carlos, o máis habitual da nosa cabina que se reinventa outra vez, e non será a última...
E o Sábado 9 os protagonistas foron THE BOLTONS, coa jam de blues de Rubén Iglesias, David Falcón e Jesús Carames, en formato power trío. Tocarón o que lles petou, moito clásico do blues actualizado, pychodelia e aínda nos deixaron en exclusiva un par de temas fantásticos doutra das súas bandas paralelas.
E para rematar a noite unha cantas horas de sesión de Dj CHAN dende a cabina (aka A.C.M.E.) todo un referente do país, que por fin se achegou ó Rif-Rock cargado de discos para poñer o fin de festa perfecto ó noso aniversario!!

Gracias a todos por estas dúas semanas!! A tódolos que colaboraron e participaron, os músicos e os djs por apuntarvos a celebralo con nós sen pensalo dúas veces, a ATDP polas chapas unha vez máis, e por suposto a todos por vir a celebralo e a pasalo ben, e montar esa festa continúa todos estes días. Así da gusto cumprir anos. E agora a polos 18!! GRACIAS!!

Xa tedes os concertos subidos na nosa canle de youtube e nas entradas anteriores:
Rufus & Los Guarros: pt1 - pt2 - pt3 - pt4 / The Boltons: pt1 - pt2 - pt3.
Ou todo seguido en listas de reproducción:
· RUFUS & LOS GUARROS (concerto 17º Aniversario Rif-Rock 2 xullo 2016).
· THE BOLTONS (concerto 17º Aniversario Rif-Rock 9 xullo 2016).


domingo, 10 de julio de 2016

THE BOLTONS!!

Menudo fin de semana para pechar o noso 17º Aniversario!!
O show dos Boltons de onte tremendo!! Nin que levaran toda a vida tocando xuntos, jejejee... Rubén, David e Jesus moitísimas gracias por apuntarvos sempre a todo esto!! e a Carlos e Chan (por fin!!!) por encargarse da cabina durante todo o fin de semana. E por suposto, a todos por vir! Así da gusto seguir cumprindo anos!


viernes, 8 de julio de 2016

17 anos do RIF-ROCK: The Boltons + sesións

Continuamos coas celebracións do noso 17º Aniversario!!
Este fin de semana rematamos a programación especial con entrega dobre: 

Venres 8 de Xullo 2016:
Sesión de PTOOFF!!, un clásico da nosa cabina que se reinventa unha e outra vez. A noite completa para el só. Non vos perdades a estrea do seu novo álter-ego. 

Sábado 9 de Xullo 2016:
THE BOLTONS en directo dende as 23:45h.
Moitas voltas deron The Boltons ata chegar aquí. Moitos cambios en pouco tempo para terminar co formato máis directo posible: un power trio de blues, groove e psychodelia, unha jam que crece con convidados de luxo, e un repertorio que non decidirán ata que comece o show.
E despois do concerto, sesión de dj CHAN (aka A.C.M.E.), todo un referente das cabinas do país (sobre todo no Carpintería e no Tupperware), e que por fin se achega ó Rif-Rock cargado de discos, cos clásicos eternos da música alternativa e os hits máis recentes, para poñer o fin de festa perfecto ó noso aniversario.

Non vo-lo perdades!!


as chapas do 17º Aniversario!!

As chapas que como cada ano nos monta ATDP!!! 
Este ano con pouco colorín, e tiramos polo rollo corporativo total, que xa lle tocaba. Quedan moi poucas para este fin de semana, así que xa sabedes!!.


jueves, 7 de julio de 2016

Ebbot Lundberg & The Indigo Children "For The Ages To Come"

Por fin nos fixemos cun dos álbumes que levábamos máis tempo agardando, e cos que máis nos insistía o señor Michi Calambres!!.
O novo de Ebbot Lundberg o mítico vocalista dos Union Carbide Productions e dos Soundtrack of Our Lives, aínda que xa é o terceiro álbum en solitario dende a disolución dos TSOUL, ademáis de outro que publicou con demos e descartes. 
Desta vez está acompañado por The Indigo Children, e con este "For the Ages to Come" devólvenos a primeira época daqueles. Un álbum de rock psychodélico, lento e intenso, con moito coidado nas melodías e nas letras, e con esos in crecendo suaves e continuos que non sempre acaban de estoupar, pero cando o fan se convirten e temas realmente fantásticos, como en 'For the ages to come', pero tamén coa rítmica de 'Backdrop People' ou a potencia de 'Don't Blow your Mind'.
Recomendado!!

EBBOT LUNDBERG & THE INDIGO CHILDREN "For The Ages To Come"
(Akashik Records, 2016)




Nave Nodriza "Apesta"

Imos con algo do GZ Canibal que xa toca...
Dende A Coruña chegan os Nave Nodriza, con membros de Los Aspiradoras e dos SraSrSra. Despois de un par de 7'' nos últimos meses, un flexidisc e un split cos SraSrSra, debutan con este LP da man de Grabaciones de Impacto. 
"Apesta" son 13 temas de garage punkarra a toda hostia, que non chegan ós 25 minutos, crudos, salvaxes e divertidos, con melodías moito máis coidadas do que parece, e todo coa producción de Mike Mariconda. 'Teletubbies', 'Alf', 'Mátalo', a xa coñecida 'Bicicletas', 'La Modernidad' que xa presentaron en videoclip, ou 'Fui yo', dificil escoller a miña favorita. Aquí tedes un dos pelotazos do garage punk deste ano.
NAVE NODRIZA "Apesta"
(Grabaciones de Impacto, 2016)



Betty Davis "The Columbia Years 1968-69"


Nos últimos anos tivemos a sorte de que Light in the Attic reeditara tódo-los álbum de Betty Davis, a gran musa do funk, e de moito máis.
Reeditáronse os seus tres álbumes que publicou na primeira metade dos 70s: "Betty Davis" do 73, "They Say I'm different" do 74, e "Nasty Gal" do 75, ademáis de grabacións posteriores que non viran a luz, recopilatorios e demáis.
Pero Betty Davis publicou singles dende 1964, ademáis de participar como vocalista en moitos dos álbumes máis importantes da época. Pero foi especialmente productiva durante o seu fugaz matrimonio con Miles Davis.
Agora recupéranse algunhas das sesións grabadas nos Estudios 52nd Street propiedade de Columbia Records en maio do 69 en Manhattan, con temas compostos entre Betty e Miles Davis, e nos que interveñen figuras do tamaño de Wayne Shorter, Herbie Hancock, John McLaughlin e Mitch Mitchell, e coa producción do propio Miles Davis. 
Ademáis complétase con temas totalmente inéditos dunhas sesións previas en Los Angeles en 1968, acompañada nesta ocasión por Hugh Masekela e membros dos Crusaders. Unha pinta tremenda!!
Toda a info na web de Light in the Attic, e un adianto de tódo-lo temas.

O tracklist:
01 Hangin’ Out
02 Politician Man
03 Down Home Girl (Take 4)
04 Born on the Bayou
05 I’m Ready, Willing & Able (Take 1)
06 I’m Ready, Willing & Able (Take 9)
07 It’s My Life (Take 8)
08 Live, Love, Learn (Take 12)
09 My Soul Is Tired (Take 9)

BETTY DAVIS "The Columbia Years 1968-1969"
(Light in the Attic, 2016)




miércoles, 6 de julio de 2016

7 agosto: 8ª Festa do Bigote!!!

Aquí tedes o poster de outra festa de referencia no noso calendario.
Domingo 7 de agosto, Domingo do Albariño, despois da medianoite... 
RIF-ROCK & CTK convócanvos á enorme FESTA DO BIGOTE!!
Nesta 8ª edición oficial, o padriño será de novo PC Barbería!! Estaba claro que tiña repetir!. ¿¿Preparados?? Falta un mes.
Nas próximas semanas as bases e máis.


Sáb.23: Bimba Pop!

E o 23 de xullo volverá BIMBA POP! á nosa cabina.
Despois de estrearse en marzo con Chis Pum para pechar o ciclo OSLF, xa lle tocaba repetir, e coa noite enteira para ela soa!! Non vo-lo perdades!!


Sáb.16: The HAWK Sessions

E despois das celebracións do 17º Aniversario, retomamos a actividade habitual.
O Sábado 16 teremos un estreno na nosa cabina: THE HAWK SESSIONS
Un habitual dos concertos do Rif-Rock que deixa aparcada a guitarra e os pedais por un día, e tomará os mandos da nosa cabina durante toda a noite. 
Non vo-lo perdades!!