viernes, 29 de enero de 2016

esta noite: JALEO!!

Última hora!! 
Sesión para esta noite de venres no Rif-Rock: JALEO! 
Directamente dende UK! Non vo-lo perdades!


jueves, 28 de enero de 2016

Elliott Smith "Either/Or"

E outro álbum máis de 1997.
Durante as vacacións do nadal estiven recuperando moitos vinilos que tiña a desmán nos últimos anos, e dos que máis tempo estiven escoitando foron os que teño de Ellitott Smith, e agora que vexo pola rede que nas próximas semanas sairá un documental e un novo álbum con material inédito a modo de banda sonora ("Heaven Adores You Soundtrack") tocaba recomendar algún dos seus álbumes.
Podería ser outro, pero hoxe imos con "Either/Or" que tiña bastante esquecido. Foi o seu terceiro álbum en solitario, gravado cando aínda era membro dos Heatmiser (outro día teremos que falar do "Dead Air", que tamén foi dos recuperados), e publicado a comezos de 1997. Melloraba os seus traballo anteriores, coas mesmas pautas, rock de autor, pop con maiúsculas, como queirades, pero somentes a cara b do álbum na que se suceden 'No Name No.5', "Rose Parade", 'Punch and Judy', 'Angeles', a miña favorita 'Cupid's Trick', '2:45 AM' e 'Say Yes' son case imposibles de superar por calquera, e aínda lle quedaban anos antes do tráxico final. Un discazo que estou encantado de recuperar despois de moito tempo. Dos meus favoritos de sempre.

ELLIOTT SMITH "Either/Or"
(Kill Rock Stars/Domino, 1997)



King Sound Quartet "The Getdown Imperative"

Outra recomendación de algo máis vello, que sae directamente desas conversas nas noites da fin de semana con Comomepós, tentando lembrarnos en que banda do universo de Mick Collins facía unha versión do 'Space is the Place de Sun Ra'... e o deixamos estar porque seguro que non nos ía sair, pero claro houbo que comprobalo despois. E non foron outros que King Sound Quartet!
KSQ foi un dos seus proxectos efímeros, seguramente por demasiado disperso. Estaban formados polo propio Mick Collins, Stephanie Friedman, Alex Cuervo e Tim Kerr (que logo coincidirían de novo en The Now Time Delegation, xunto con Lisa Kekaula), xusto nos meses entre a disolución dos Blacktop e a formación de The Screws e The Dirtbombs. En esencia continuaba o estilo anterior, garage-blues-punk, con algunha concesión rhythm'n'blues e melodias soul. 
En 1996 publicaron o 7'' "Annihilate This Week" con Estrus Records, e no 97 chegou o lp "The Getdown Imperative" (In the Red Recordings), con seis temas, tres composicións propias: 'I Would't Put It Past You', 'Inebriation' e 'White Streal'. E ademáis tres versións de xéneros totalmente distintos: 'I want you' de Ray Charles, a versión atronadora do hardcore 'Sheer Terror' dos Government Issue, e ocupando toda a cara b do álbum se atopa a versión de free jazz punk do 'Space is the Place' de Sun Ra, con Mick Collins e Staphanie Friedman repetindo o mantra en máis de dez minutos. Unha uténtica xoia.

KING SOUND QUARTET "The Getdown Imperative"
(In the Red Recordings, 1997)



Night Beats "Who Sold my Generation"

Máis discazos que van chegando neste comezo de 2016.
Un dos que máis agardábamos era o novo dos Night Beats, e esta mesma seamana sae á rúa: "Who Sold my Generation" é o terceiro longo dos de Seattle, e volven a confirmarse coma un dos referentes do garage psychodélico do momento. A pesar do cambio de baixista superan as dúbidas e amplían rexistros. Soan por suposto a The Seeds, a The 13th Floor Elevators, pero tamén a The Cramps, a The Stooges, e momentos freakbeat, e unha guitarra por veces incluso tex-mex. Imposible deixar de escoitalo, como proba 'Power Child', 'No Cops', 'Shangri-La', 'Bad Love', 'Last Train to Jordan' ou 'Turn the Lights', e polo medio a sorpresa de 'Porque Mañana', para desubicalos por completo, con letras en castelán e guitarras tex-mex. 
Contundentes e hipnóticos, e teño a impresión de que este "Who Sold my Generation" vai gañar con cada escoita. Recomendado.

NIGHT BEATS "Who Sold my Generation"
(Heavenly Recordings, 2016)



miércoles, 27 de enero de 2016

ISI VAAMONDE & The New School

Recomendación para este sábado:
ISI VAAMONDE & THE NEW SCHOOL, con nova banda: Rubén Iglesias, Jesús Caramés, Bruno Barreiro e David Falcón.
Este sábado, 30 de xaneiro, en directo no Continental, despois da medianoite.


NORTHERN LIGHTS, o concerto


O sábado pasado volveron os NORTHERN LIGHTS en directo ó Rif-Rock, para inaugura-los concertos neste 2016. Era o seu terceiro concerto no noso local, e fixeron un novo repaso dos seus temas, sempre dándolle moitas voltas.

Catorce temas, case todos propios, sempre evolucionados dende os shows anteriores, algunha incluso cambiada de idioma (e título claro...), literalmente versionándose a símesmos, e tres versións máis, dos Foo Fighters, dos Stone Temple Pilots e de Jacques Dutronc vía Mathieu Chedid para rematar.

Gracias a Bruno e Mateo por escollernos para os seus shows, case exclusivos, queremos máis!! e por suposto, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock para desfrutar doutra noite con música en directo.

Xa tedes todo subido na nosa canle de youtube, e neste blog repartido nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3) ou todo seguido en lista de reproducción:



Northern Lights (concerto pt.1)


Northern Lights (concerto pt.2)


Northern Lights (concerto pt.3)


martes, 26 de enero de 2016

Unha Chea de Entroidos

O venres 5 de febreiro arranca o entroido cun concerto de homenaxe á comparsa Unha Grande Chea: UNHA CHEA DE ENTROIDOS.
A partir das 20:00 horas pasarrúas pola vila, e dende as 21:30 concerto na praza Alfredo Brañas con Noite Fechada, Leda Atómica, Modelfuckers, Dúas Grandes Recheas, Take it easy, Nin os cans e Cabanillas tocado cada un unha versión da comparsa e temas propios e estranos. Por suposto, o fin de festa o porán os membros da comparsa cos seus temas máis coñecidos e recoñecidos, ademais de algunha sorpresa.
Haberá venta de camisetas e CD's conmemorativos en beneficio de Galicia AME. 
Non vo-lo perdades. E participade!!


RifRocKerZ partiallnite!!


Black Grooves! Vol.39

Aquí tedes algo máis de unha hora da sesión do venres pasado das Black Grooves!! 
A primeira deste ano, con moito rhythm'n'blues e boogaloo. Metédelle volume!.

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 22 xaneiro 2016)



lunes, 25 de enero de 2016

13 feb: BREAKIN' BONES + Sheriff Lorre

Unha data que non vos deberiades perder o próximo mes:
A próxima cita coa música en directo será o sábado 13 de febreiro, teremos de novo os BREAKIN' BONES no Rif-Rock!! con nova formación, novos temas, e o seu show habitual, o mellor espectáculo de psychobilly do pais. E ademáis despois do concerto, sesión a cargo do SHERIFF LORRE dende a cabina. Unha noite espectacular!!
O poster é cousa nosa, pero ademáis do logotipo habitual da banda, empregamos unha ilustración de Santi Marea Negra & La Casa Taller.


Ramon Núñez & Sito Suárez "Xeografías do deserto"

Xa está na rúa o álbum "Xeografías do deserto", un proxecto musical de longo percorrido, dos incansables Moncho Nuñez e Sito Suárez, sobre textos de Ramón Caride Ogando, coa produción de Iago Lorenzo, e con numerosos colaboradores na parte gráfica. Múscia, poesía e fotografía, todo xunto nunha edición preciosa.

Eles mesmo o presentan asi:
XEOGRAFIAS DO DESERTO (XDD1) é unha tentativa de escribir despois da apocalipse low cost que nos atinxe en todos os ámbitos culturais e tamén nos outros, como sacar esperanza coma quen saca petróleo de xacementos non convencionais.
XDD non é poesía musicada, nin música poetizada, é un producto da interfase, da interferencia entre creadores libres de distintos campos que son quen de ir ao límite das súas capacidades e mesmo alén das súas competencias.
XDD é un producto dos tempos convulsos onde nada é o que parece pero nos que seguen mandando os mesmos lobos con outros uniformes e onde a rebeldía tropeza co IVE cultural.
XDD non é o que parece, é o que acontece cando non parece acontecer nada. E non obstante, a terra móvese e as cabezas non paran...

Xa podedes escoitar o primeiro dos temas, 'Manhattan (a codia dos días)' dende o seu soundcloud. E ademáis tamén podes atopalo no Rif-Rock, preguntade no local.

RAMÓN NUÑEZ & SITO SUÁREZ "Xeografías do Deserto"
(Autoeditado/XDD1, 2016)



domingo, 24 de enero de 2016

Northern Lights

Tremendo sábado cos Northern Lights!!
Gracias Bruno e Mateo por escollernos unha vez máis para os vosos shows esclusivos!! cada vez gústannos máis, ata a próxima!! 

viernes, 22 de enero de 2016

o sábado: NORTHERN LIGHTS en concerto!

Este sábado volvemos coa música en directo, o primeiro concerto do ano.
Os protagonistas serán NORTHERN LIGHTS, Mateo e Bruno, guitarra e teclados a pelo, con novos temas, novas versións, e novas versións de vellos temas!. 
Este Sábado, 23 de xaneiro, dende as 23:45h. 
Non vo-lo perdades!


esta noite: Black Grooves!!


jueves, 21 de enero de 2016

Blowfly "Blowfly's Party"

Clarence Reid morreu a semana pasada, por suposto sen o recoñecemento que merecía, nós xa lle adicamos o noso pequeno espacio 'off', pero ademáis deberíamos recomendarvos tamén un dos seus álbumes.
Clarence Reid foi un dos persoaxes máis extranos da historia da música. Comezou a súa carreira a finais dos 60's lanzando álbumes e singles de relativo éxito nas listas de soul e rhytm'n'blues, incluso con máis recoñecemento como compositor que como intérprete, pero dende o comezo creou un alter ego: Blowfly, co que foi alternando a súa carreira. Blowfly era todo o esaxerado que a industria seria non podía permitirse, disfrazado de super-heroe, enmascarado e con capa brillante, a comezos dos 70s comezou facendo parodias de clásicos do xénero, pero tamén foi pioneiro do rap, e o funk máis explosivo. Ó comezo os dous persoaxes se alternaban, pero finalmente Blowfly acabou quedándose case a tempo completo, e Clarence Reid somentes aparecía nalgún 7'' esporádico ou como compositor para outros artistas.
Os excesos de Blowfly ían dende as letras, a estética, as portadas cheas de mulleres desnudas, os seus directos e tamén toda a súa vida fora dos escenarios. Aínda así deixou máis de 30 álbumes de tódo-los xéneros, a pesares dos longos parénteses nas últimas décadas, dende o soul e rhythm'n'blues ata o rap e o punk, cando Jello Biafra o repescou para o mundo ó fichalo para o seu selo Alternative Tentacles, no que colaborou con outros moitos artistas e no que firmou uns cantos álbumes delirantes, coma o de covers "Blowfly's Punk Rock Party".
Este "Blowfly's Party" de 1980 é seguramente o máior éxito da súa carreira. Nel se inclúen o mítico 'Blowfly's Rapp' en varias versións, que sería o seu himno definitivo, e funk divertisimo coma 'Who Did it Eat Last Night' ou 'Nobody's butt but yours, babe', o soul delicioso de 'Can I come in your Mouth' ou funk explosivo de 'Prick Ryder'. 
Un clasicazo!

BLOWFLY "Blowfly's Party"
(Weird World Records, 1980)



Herbie Hancock "Live at the Boston Jazz Workshop"

Un par de recomendacións máis, xa para ir adiantando cousas da entrega das Black Grooves do venres. En primeiro lugar a edición dunhas gravacións míticas que nunca antes foran publicadas. Trátase das sesións de Herbie Hancock, coñecidas coma "Live at the Boston Jazz Workshop" que foron emitidas en directo na radio WBCN-FM de Boston o 22 de marzo de 1973, de vital importancia por que supoñen a ruptura cos traballos anteriores que seguían ó 'Mwandishi', e xusto antes de comezar a traballar no que sería o "Head Hunters". Son dous temas xa coñecidos dos álbumes anteriores: 'Hornets' do álbum "Sextant", alongada ata os 42 minutos, e os 20 minutos do 'You'll Know When You Get There' do "Mwandishi". Todo acompañado coas notas e amplo material gráfico da sesión, pero neste caso mellor a edición dixital sen cortes.

HERBIE HANCOCK SEPTET "Live At The Boston Jazz Workshop"
(Hi Hat, 2015)




The Murlocs "Loopholes"

Máis recomendacións hoxe. Esta xoia australiana que non coñecíamos e que por suposto nos pasou o señor Calambres. Son The Murlocs, de Melbourne, e tras dous eps no 2012, publicaron este "Loopholes" no 2014, polo momento o seu único lp. Nas súas filas atoparedes a Ambrose Kenny-Smith, vocalista dos King Gizzard & The Lizard Wizard, e a Jamie Harmer dos Frowning Clouds, así que as referencias son do mellor do garage e o rhythm'n'blues psychodlélico destes tempos. Ritmica hipnótica ('Paranoid Joy'), base de blues ('Control Freak') ou de beat ('Space Cadet'), e temas intensos ('Serial Imposter' ou 'Save me Now') alternando con outros totalmente perezosos, e esa voz que tanto nos gusta... Tremendo descubrimento!

THE MURLOCS "Loopholes"
(Flightless, 2014)



Sonny Vincent & Rocket From the Crypt "Vintage Piss"

Disco recomendado case por obrigación, xa que aparecey varias veces nas nosas listas do 2015, entre os mellores do ano para Michi Calambres e Comomepós, e directamente no número un para Kurco.
Unha mestura explosiva: o incombustible Sonny Vincent e os impresionantes Rocket From the Crypt!! que podía fallar? tiña que ser bó por narices. Unha sorpresa o seu lanzamento a fainais do 2015, pero claro, a cousa ten máis historia.
"Vintage Piss" foi gravado realmente no 2003, logo de compartir xira aquel verán, entraron nos estudios Drag Racist Studio de San Diego, propiedade do propio John Reis, que produciría o álbum xunto con Sonny Vincent, con tódo-los seus membros da época: Andy Stamets, Mario Rubalcaba, John Reis, Jason Crane e Dave Gardner. Pero o pouco de remata-las gravacións o estudio deu en bancarrota, e finalmente os RFTC tamén terminaron por separarse por primeira vez, aínda que os seus últimos anos xa foran pouco activos. Aquelas gravacións quedaron rexistradas pero non foran mesturadas, nin totalmente rematadas.
No 2009 os temas foron lanzados sen rematar de producir, titulado sinxelamente "Sonny Vincent With Members Of Rocket From The Crypt", eran 11 temas que se lanzaron para Europa polo selo xermano We Deliver the Guts. E finalmente o proxecto foi retomado no 2015, rematado e lanzado como este "Vintage Piss" con dous temas máis e unha edición como se merecía. 
'Through My Head', 'Pieces', 'They Say You Are Crazy' ou 'Dream' son só algúns dos trallazos que nos devolven ó esplendor de outra década. 
Por se non o tiñades claro, recomendado!!

SONNY VINCENT & ROCKET FROM THE CRYPT "Vintage Piss"
(Swami Records, 2015)



miércoles, 20 de enero de 2016

Dorian Lynskey "33 revoluciones por minuto"

Esta semana chegoume un regalazo de libro. 
Un dos mellores libros de música publicados en castelán no 2015, non sei se coma último regalo de Reis, ou de Nadal, ou por calquer outro motivo que chegara...
Trátase de "33 Revoluciones por Minuto. Historia de la Canción protesta" de Dorian Lynskey, publicado orixinalmente no 2011. É un enorme i exhaustivo repaso pola historia da música comprometida cos movimentos sociais, dende a loita contra a discriminación racial, as protestas contra a guerra, dictaduras, a pobreza ou por episodios máis coxunturais, en moitos casos converténdose en auténticos himnos das súas épocas. Todo en case mil páxinas que pasan por tódo-los estilos: folk, o blues, o jazz, o funk, o rock e o punk, e cun profundo análise das letras, dos persoaxes, das ideas e dos acontecementos nos que se contextualizan cada un deles. 
Regalazo tremendo!! Gracias!! e recomendadísimo por suposto!!

Dorian Lynskey 
"33 Revoluciones por Minuto. Historia de la canción protesta"
(Malpaso Ediciones, 2015)


Así no-lo presentan na web de Malpaso:
33 revoluciones por minuto es la historia de la canción protesta. Un completo y exhaustivo repaso a la música anglosajona que revolucionó el mundo. Desde Billy Holiday a Bob Dylan, Marley, The Clash o U2 entre muchísimos otros.
33 revoluciones por minuto es el libro de referencia sobre la canción protesta, uno de los géneros musicales que mejor han definido el siglo XX y que recorre distintos estilos basándose en la actitud de los autores a la hora de marcar una intención o contenido.
El libro arranca con los cantantes y canciones protesta anteriores a la II Guerra Mundial (Strange Fruit de Billy Holiday, This Land is Your Land de Woody Guthrie…) y se cierra en el período 1989-2008. Pasa por el folk, el blues, el jazz, el pop, el rock, el punk, el reggae… contemplando la reunión entre calidad musical y denuncia como principal criterio.
Lynskey identifica las canciones más representativas de los movimientos sociales que han sacudido el mundo anglosajón (con la excepción de Víctor Jara), recorre su trayectoria, evalúa su influencia y, a partir de declaraciones de coetáneos a la canción o a la situación, establece la importancia histórica de cada uno de los temas.

Tóda-las fotos da Festa de Fin de Ano

Xa están subidas tóda-las fotos da festaza de Fin de Ano que nos montou CuatroFotosGracias de novo!! Ahí vai todo o que pasou diante desa cámara, tarde para arrepentirse, agora a botar unhas boas risas outra vez!!
Buscádevos e compartide!! 




Blowfly

Clarence Reid / Blowfly
(1939-2016)



martes, 19 de enero de 2016

Singles2015: repásao todo!


Coa sesión da semana pasada, rematamos con todo o material de Singles2015, que podedes consultar seguindo a etiqueta.
O repaso máis completo a todo o ano anterior no Rif-Rock: tódo-los posters do 2015, tóda-las sesións do ano que deixaron enlaces, os mellores momentos e moito máis. Ademáis as nosas listas cos mellores álbumes do ano: as seleccións de Munstaphà, de Michi Calambres, de Kurco, de Comomepós e de Marinocha, os 5 do GZ Canibal, os do Black Grooves, videoclips, e os dous volumes da sesión co mellor do ano. 
Repasádeo todo!!

Singles2015 [Kurco&Munstapha]

Aquí tedes a nosa selección de Singles2015 saída da sesión do sábado, toda a noite pelexando coas nosas listas, e todo seleccionado e mesturado conxuntamente por Kurco e Munstaphá. O resultado son estes dous volumes con 20 temas temas cada un. A ver que vos parecen...

KURCO & MUNSTAPHÁ "Singles2015"
(sesión Rif-Rock 16 xaneiro 2016)
faite con Singles2015: Volumen#1 e Volumen#2.



lunes, 18 de enero de 2016

Sáb.13: BREAKIN' BONES + Sheriff Lorre

E outra data máis que xa vos adiantamos para febreiro.
O día grande do mes será o sábado 13, volven os BREAKIN' BONES ó Rif-Rock!! con nova formación, novos temas, e o seu show habitual, o mellor espectáculo de psychobilly do pais. E ademáis despois do concerto, sesión a cargo do SHERIFF LORRE dende a cabina. Unha noite espectacular!!
O poster é cousa nosa, pero ademáis do logotipo habitual da banda, empregamos unha ilustración de Santi Marea Negra & La Casa Taller.


Sábado de Entroido: CHIEF BROMDEN VS MUNSTAPHA

E imos adiantando xa algunhas datas de febreiro.
O Sábado de Entroido (6 de febreiro) teremos outro desos combates habituais destas datas na nosa cabina: CHIEF BROMDEN VS MUNSTAPHÀ
Karate a morte no Rif-Rock. Non se poñen de acordo nin na cor do poster...


Sáb.23: NORTHERN LIGHTS en concerto

Este sábado volvemos coa música en directo, o primeiro concerto do ano.
Os protagonistas serán NORTHERN LIGHTS, Mateo e Bruno, guitarra e teclados a pelo, con novos temas, novas versións, e novas versións de vellos temas!. 
Este Sábado 23, dende as 23:45h. 
Non vo-lo perdades!


este venres: Black Grooves!


viernes, 15 de enero de 2016

THE JAM OBSESSION: mellor momento Rif-Rock 2015

Logo de case dúas semanas de votación, xa temos gañador do Mellor Momento do Rif-Rock 2015, con máis participación que os anos anteriores (e case todos concentrados en un par de días), pero finalmente, por maioría, con máis da metade dos votos, os escollidos foron THE JAM OBSESSIÓN!! así que ben merecido, Noraboa cracks!!


The Jam Obsession foron a banda escollida para a xornada inaugural do Nadal Soul 2015, ou case mellor decir que nos escolleron a nós. Unha especie de RifRocKerZ AllStars, con tódo-los membros deso que chamamos banda da casa, dos que estaban dispoñibles, reunidos nunha semana e sen ensaios. Os sete fantásticos foron Isidro Dozo, Quique Barreiro, Pîti, Miguel Costas, Victor Karallada, David Falcón e Karlos Abal, e o seu concerto foi o sábado 12 de decembro do 2015. Noraboa! e sobre todo gracias outra vez polo show!!

Podedes ver tóda-las entradas de The Jam Obsessión seguindo a etiqueta, ou ir directamente ó concerto completo dende aquí. E xa sabedes que non podedes perdervos o final... Premio ben merecido!


jueves, 14 de enero de 2016

Ty Segall "Emotional Mugger"

Xa estamos cos dentes longos agardando a que nos chegue o "Emotional Mugger" de Ty Segall. Logo dos diversos adiantos e promos que Segall foi lanzando na súa web, xa podemos darlle as primeiras escoitas completas. Sae a rúa a próxima semana, o día 22, pero xa o podemos escoitar completo en NPR Music

TY SEGALL "Emotional Mugger"
(Drag City, 2016)


Pardo "Siento no haber sido lo esperado"

Néstor Pardo volve á carga nada máis comezar o ano, con novo traballo e con moitos cambios. Despois de varios adiantos, onte presentaba na rede o seu terceiro álbum dende que comezara a súa carreira en solitario, e por primeira vez con letras en castelán. "Siento no haber sido lo esperado" con 11 novas cancións, moito máis enérxicas que nas anteriores entregas, blues de case tódo-los paus posibles, con un toque ata cabareteiro que lle da ese piano e a rítmica de moitos dos temas. 'Que no te quede más', 'Escupo y Olvido', 'Entre bares y desconocidos' ou 'Ahí vienen los cuervos', son catro dos temas que xa te entran dende a primeira escoita.
Dende onte mesmo xa o tedes dispoñible no seu bandcamp, ou tamén podedes facervos con el na súa web (pardoacoustic.com).
Ademáis esta mesma noite o presenta en directo no Teatro Colón de A Coruña, así que, si podedes non faltedes.

PARDO "Siento no haber sido lo esperado"
(Pardo, 2016)



miércoles, 13 de enero de 2016

5 discos GZ Canibal 2015

E por último, e máis importante, os discos galegos.
Aquí tedes os nosos cinco discos favoritos do GZ Canibal do 2015.
Que non vos falté ningún!!

5_DISCO LAS PALMERAS "Asfixia"
(Sonido Muchacho, 2015)
Unha das alegrías deste ano foi a volta de Disco Las Palmeras. Eu son desos ós que o seu primeiro álbum deixou alucinado, e o segundo non me dixo gran cousa. Entre Nihil Obstat e Ultra había demasiada diferencia, e este "Asfixia" volve a estar moi arriba. Noise de altura, con capas e capas, shoegaze intenso, acelerado e con moi boas melodías, e esa batería que nunca se para... 'Tarde y mal', 'Cállate la Boca', 'Morir o Matar', 'Fuego' ou 'Pistola' Moitos temas moi bós polos que recomendar "Asfixia".




4_FOXY FREIRE "Mongoose Tree"
(Foxy Freire / Free Code Jazz Records, 2015)
Unha das sensacións do ano que non podía faltar na nosa lista. Catro animais do jazz facendo hardrock: Virxilio da Silva, Fernando Sánchez, Paco Charlín e Max Gómez. Este "Mongoose Tree" acumulou moitos retrasos no seu lanzamento, pero que chegou para impactar. Hard rock sen concesións, sobre unha base de blues, toques psych, stoner, e co retrovisor sempre nos 70s, cun sonido contundente e un resultado espectacular. Dos seus directos xa non fai falla comentar nada...



3_TERBUTALINA "Al Otomano se le va la mano"
(Folc Records / Grabaciones de Impacto, 2015)
Os Terbutalina seguen arrasando, e desta vez, ademáis con vinilo baixo o brazo, "Al Otomano se le va la Mano" é o primeiro dos seus traballos que publican en formato físico, da man de Folc Records e Grabaciones de Impacto. Son once temas a toda hostia, para pouco menos de 17 minutos, se te despistas quedas sen a metade. Punk máis garagero ca nunca, e ademáis do videoclip do tema de adianto 'Sudar Sangre', 'Mambo' é outro auténtico pelotazo!!




2_TRAVESTI AFGANO "Jefes de Julais"
(Mama Vynila Records, 2015)
Despois de meses de ameazas, por fin chegou "Jefes de Julais", no que atoparedes de todo: 15 temas con letras de puro escaralle, entre garage e rítmica post punk, e coros e berros de altura. Quédome coa versión (xa 2.0) do 'Ciclado' coa que se presentaban hai tempo, a hipnótica 'Yo no soy Mark E Smith', e o pelotazo 'Monchito', por non citarvo-las todas. Ademáis inclúen unha versión do 'Plan XIII' de Los Iribarnes. Discazo!!



1_CAMARADA NIMOY "Alucinacións Acústicas"
(Camarada Nimoy autoed., 2015)
Segunda marabilla que nos entregan os Camarada Nimoy. "Alucinacións Acústicas" son 12 novos temas compostos pola banda, na súa liña habitual de surf, jazz, swing e psychodelia espacial, dende temas lounge para o relax, a forza da primeira parte de 'Ostalgie' ou a rítmica de 'Agardando por Gagarin' e 'Affaire Interplanetario'. Todo instrumental agás o tema 'A luz teme o silencio' con texto de Silvia Penas, que canta a propia escritora. E ademáis cunha edición preciosa. Se non te encantan é que moi ben non estás...



5 discos do Black Grooves 2015

Outra lista máis. Aquí tedes a nosa selección cos cinco álbumes do 2015 imprescindibles do noso universo Black Grooves:
*(o de Monophonics o deixamos fora desta lista, para non abusar)



NICOLE WILLIS & THE SOUL INVESTIGATORS
"Happiness in Every Style"
(Timmion Records, 2015)
O novo de Nicole Willis & The Soul Investigators é un discazo que nos chegou a finais de ano, e aínda non puidemos deixar de escoitalo. Puro ritmo dos Soul Investigators, ademáis coa colaboración de Jimi Tenor, e a voz brillante e potente de Nicole Willis para redondear os once temas de soul rítmico e r'n'b. 'One in a Million', 'Together we Climb' ou 'Paint das mellores. Precioso de principio a final.





LEON BRIDGES 
"Coming Home"
(Columbia, 2015)
Leon Bridges convertiuse este ano na auténtica estrela do soul do 2015, moita prensa contando a a súa historia, de lavapratos a superventas, e a crítica comparándoo con Sam Cooke. Representa a vertente máis espiritual do gospel-soul do momento. Este "Coming Home" é de longo o máis vendido de toda esta lista, con temas como 'Smooth Sailin', 'Coming Home' ou 'Better Man' estaba feito para triunfar.




3
IRONING BOARD SAM
"Super Spirit"
(Big Legal Mess Records, 2015)
Un histórico que está en plena forma, aos seus 77 anos, non tan esaxerado coma o caso de Leo 'Bud' Welch, pero que tras 50 anos de carreira como teclilsta de rhythm'n'blues non debutou como frontman ata o ano 1996, e dende ahí ata o 2010 outra vez en seco. Dende entón sae a disco por ano, e do 2015 "Super Spirit" é unha auténtica pasada, blues eléctrico, rhythm'n'blues e soul cunha enerxía espectacular!.




THE SOUL MOTIVATORS 
"Free to Believe"
(Do Right Music/Kudos, 2015)
Os canadienses The Soul Motivators superan calquer espectativa dos seus eps anteriores con este debut. Funk, soul, acid jazz e beat psychodélico, rítmica espectacular, melodías, e metales que o enchen todo, e unha guitarra por momentos contundente, ademáis da espectacular voz de Lydia Persaud. 12 temas de puro ritmo, con algunha pausa soul e algún toque afrobeat polo medio. Apuntádeo ben.





GRACE LOVE & THE TRUE LOVES 
"Grace Love & The True Loves"
(We Coast Records, 2015)
O pelotazo máis grande da música negra deste ano chegou dende Seattle. A xovencísima Grace Love, acompañada por The True Loves, lanzou dos 7'' impresionantes antes do verán ("Fire" e "Nobody Sweeter") e logo chegou o debut en lp, no que ademáis se incluían máis hits coma 'Shake it out' ou 'Animal'. Unha base rhythm'n'blues impecable, delicada nos momentos máis soul, pero case sempre enfilada á ritmita e ó baile, e todo coa impresionante voz de Grace Love. Imprescindible!




Os 10 de Marinocha do 2015

E aquí tedes os 10 que vos recomenda Marinocha do 2015:


10 NICK CAVE & THE BAD SEEDS "Live at the Royal Albert Hall"
(LHN, 2015)

9 PUBLIC SERVICE BROADCASTING "The Race for Space"
(Test Card Recordings, 2015)

8 BALA "Human Flesh"
(Matapadre ,2015)

7 DEAD GHOSTS "Love and Death and All the Rest"
(Burger Records, 2015)

6 DEERHUNTER "Fading Frontier"
(4AD, 2015)

5 POND "Man It Feels Like Space Again"
(Caroline/Universal, 2015)

4 THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "Mini Album Thingy Wingy"
(A Records, 2015)

3 THEE OH SEES "Mutilator Defeated at Last"
(Castel Face Records, 2015)

2 FUZZ "Fuzz II"
(In the Red Recordings, 2015)

1
MOON DUO
"Shadow of the Sun"
(Sacred Bones Records, 2015)








Os 10 de Comomepós do 2015

Máis listas.
Esta é a selección do 2015 que nos envía Comomepós:


10 TERBUTALINA "Al Otomano se le va la Mano"
(Folc Records / Grabaciones de Impacto, 2015)

THEE OH SEES "Mutilator Defeated at Last"
(Castle Face Records, 2015)

8 LOU BARLOW "Brace the Wave"
(Joyful Noise / Domino, 2015)

7 SONNY VINCENT & ROCKET FROM THE CRYPT "Vintage Piss"
(Swami Records, 2015)

6 FUZZ "Fuzz II"
(In the Red Recordings, 2015)

5 CAMARADA NIMOY "Alucinacións Acústicas"
(Camarada Nimoy, 2015)

4 POND "Man It Feels Like Space Again"
(Caroline/Universal, 2015)

3 STEVEN WILSON "Hand.Cannot.Erase."
(Kscope, 2015)

2 ZUN ZUN EGUI "Shackles' Gift"
(Bella Union, 2015)

KING GIZZARD & THE LIZARD WIZARD 
"Quarters!"
(Flightless/Castle Face, 2015)