lunes, 25 de enero de 2016

Ramon Núñez & Sito Suárez "Xeografías do deserto"

Xa está na rúa o álbum "Xeografías do deserto", un proxecto musical de longo percorrido, dos incansables Moncho Nuñez e Sito Suárez, sobre textos de Ramón Caride Ogando, coa produción de Iago Lorenzo, e con numerosos colaboradores na parte gráfica. Múscia, poesía e fotografía, todo xunto nunha edición preciosa.

Eles mesmo o presentan asi:
XEOGRAFIAS DO DESERTO (XDD1) é unha tentativa de escribir despois da apocalipse low cost que nos atinxe en todos os ámbitos culturais e tamén nos outros, como sacar esperanza coma quen saca petróleo de xacementos non convencionais.
XDD non é poesía musicada, nin música poetizada, é un producto da interfase, da interferencia entre creadores libres de distintos campos que son quen de ir ao límite das súas capacidades e mesmo alén das súas competencias.
XDD é un producto dos tempos convulsos onde nada é o que parece pero nos que seguen mandando os mesmos lobos con outros uniformes e onde a rebeldía tropeza co IVE cultural.
XDD non é o que parece, é o que acontece cando non parece acontecer nada. E non obstante, a terra móvese e as cabezas non paran...

Xa podedes escoitar o primeiro dos temas, 'Manhattan (a codia dos días)' dende o seu soundcloud. E ademáis tamén podes atopalo no Rif-Rock, preguntade no local.

RAMÓN NUÑEZ & SITO SUÁREZ "Xeografías do Deserto"
(Autoeditado/XDD1, 2016)



No hay comentarios: