Primeiro álbum que vos recomendamos neste 2016, e mentres agardamos que nos cheguen as novidades, imos coa remendación dun deses clasicazos que cumpre 50 anos, cunha das nosas bandas de cabeceira: THEM!
Despois do enorme éxito dos seus primeiros singles, e do seu álbum de debut "Angry Young Them!" de 1965, chegaba a confirmación, e tamén o final. "Them Again" saiu en xaneiro do 1966, incluía 16 temas na edición orixinal británica: os auténticos pelotazos compostos polo productor Tommy Scott 'I Can't only give you everything', 'Call my Name' e 'Don't You Know', ademáis dos tres temas aportados por Van Morrison, o enorme rhythm'n'blues 'Bring 'Em On In', e dúas máis que xa adiantaban o son da súa inminente carreira en solitario ('My Lonely Sad Eyes' e 'Hey Girl'), ademáis as versións do 'I Put a Spell on you' de Screaming Jay Hawkins, 'I Gota a Woman' de Ray Charles, o 'Out of Sight' de James Brown, 'It's All Over Now' de Bob Dylan e 'Hello Josephine' de Fats Domino. Os norirlandeses xa estaban consolidados coma un dos referentes da British Invasion, así que o lp se lanzou inmediatamente nos USA, e cunha longa xira americana, na que tiveron durante gran parte a The Doors coma teloneiros.
Ao remate daquela xira Van Morrison abandnou a banda, o resto dos membros continuaron coa marca Them dun xeito moi irregular, e Van Morrison comezou de inmediato a súa carreira en solitario. Polo camiño quedaran dous álbumes imprescindibles, e unha ducia de temas para a historia.
THEM "Them Again"
(Decca, 1966)
No hay comentarios:
Publicar un comentario