miércoles, 13 de enero de 2016

5 discos do Black Grooves 2015

Outra lista máis. Aquí tedes a nosa selección cos cinco álbumes do 2015 imprescindibles do noso universo Black Grooves:
*(o de Monophonics o deixamos fora desta lista, para non abusar)



NICOLE WILLIS & THE SOUL INVESTIGATORS
"Happiness in Every Style"
(Timmion Records, 2015)
O novo de Nicole Willis & The Soul Investigators é un discazo que nos chegou a finais de ano, e aínda non puidemos deixar de escoitalo. Puro ritmo dos Soul Investigators, ademáis coa colaboración de Jimi Tenor, e a voz brillante e potente de Nicole Willis para redondear os once temas de soul rítmico e r'n'b. 'One in a Million', 'Together we Climb' ou 'Paint das mellores. Precioso de principio a final.





LEON BRIDGES 
"Coming Home"
(Columbia, 2015)
Leon Bridges convertiuse este ano na auténtica estrela do soul do 2015, moita prensa contando a a súa historia, de lavapratos a superventas, e a crítica comparándoo con Sam Cooke. Representa a vertente máis espiritual do gospel-soul do momento. Este "Coming Home" é de longo o máis vendido de toda esta lista, con temas como 'Smooth Sailin', 'Coming Home' ou 'Better Man' estaba feito para triunfar.




3
IRONING BOARD SAM
"Super Spirit"
(Big Legal Mess Records, 2015)
Un histórico que está en plena forma, aos seus 77 anos, non tan esaxerado coma o caso de Leo 'Bud' Welch, pero que tras 50 anos de carreira como teclilsta de rhythm'n'blues non debutou como frontman ata o ano 1996, e dende ahí ata o 2010 outra vez en seco. Dende entón sae a disco por ano, e do 2015 "Super Spirit" é unha auténtica pasada, blues eléctrico, rhythm'n'blues e soul cunha enerxía espectacular!.




THE SOUL MOTIVATORS 
"Free to Believe"
(Do Right Music/Kudos, 2015)
Os canadienses The Soul Motivators superan calquer espectativa dos seus eps anteriores con este debut. Funk, soul, acid jazz e beat psychodélico, rítmica espectacular, melodías, e metales que o enchen todo, e unha guitarra por momentos contundente, ademáis da espectacular voz de Lydia Persaud. 12 temas de puro ritmo, con algunha pausa soul e algún toque afrobeat polo medio. Apuntádeo ben.





GRACE LOVE & THE TRUE LOVES 
"Grace Love & The True Loves"
(We Coast Records, 2015)
O pelotazo máis grande da música negra deste ano chegou dende Seattle. A xovencísima Grace Love, acompañada por The True Loves, lanzou dos 7'' impresionantes antes do verán ("Fire" e "Nobody Sweeter") e logo chegou o debut en lp, no que ademáis se incluían máis hits coma 'Shake it out' ou 'Animal'. Unha base rhythm'n'blues impecable, delicada nos momentos máis soul, pero case sempre enfilada á ritmita e ó baile, e todo coa impresionante voz de Grace Love. Imprescindible!




No hay comentarios: