Seguimos co repaso do 2015.
Unha revisión das sesións do ano, alomenos tóda-las que deixaron arquivos de descarga, que foron menos que doutros anos, pero xa son bastantes. 25 en total, e deberon quedar atrás case outras tantas... estivérades ali!!
Aquí tedes 25 sesións do 2015 no Rif-Rock:
(3 xaneiro 2015)
Un clásico dende hai moitos anos. Marinocha e Jomitallas inaugurando as sesións da nosa cabina. Este ano foi coma se invertiran os papeis, garage psych e power pop vs melodías e clasicazos de outra época. Xogando ó despiste total...
SINGLES2014
(10 xaneiro 2015)
(10 xaneiro 2015)
Aquí tedes un resumo da noite na que repasamos os mellores álbumes, temas e bandas do 2014. Son 2 volumes con 46 temas seleccionados e mesturados a medias por Kurco e Munstaphà. Este ano sen caretas nen nada. Repasa todo o material na etiqueta Singles2014. [ver entrada]
Fuck'U Whiteys... Black Grooves #28
(23 xaneiro 2015)
(23 xaneiro 2015)
Saltámonos a entrega número#27 das Black Grooves por cuestións obvias (todo Curtis Mayfield), así que esta primeira entrega do 2015 a numeramos como a #28, son 21 temas de funk, soul & rhythm'n'blues, metédelle volume!!
Jamaican Roots #3 [NSF/Black Grooves #29]
(6 febreiro 2015)
(6 febreiro 2015)
Outra desas raras entregas das Black Grooves adicada ós vellos sons xamaicanos, desta vez con Don Drummond como protagonista. Ska, funk e moito rocksteady, ademáis de algúns covers ben interesantes. Pura dinamita!!.
[ver entrada]
[ver entrada]
(20 febreiro 2015)
Xa tocaba outra entrega das Black Grooves adicada á actualidade da música negra. Unha noite na que soaron dende acidjazz, moito revival rhythm'n'blues, funk, soul, remixes e algún que outro crossover máis que interesante.
[ver entrada]
[ver entrada]
(28 febreiro 2015)
Unha sesión Stoner que ían protagonizar Kurco & Comomepos, pero coa baixa de última hora deste, decidimos ampliar con Munstphà e Xavi. Así que optamos por deixarvos unha pequena selección de cada un para montar un cassette de tres caras.
[ver entrada]
[ver entrada]
Unha das sesións que nos deixaron do programa especial de marzo Où Sont les Femmes?. No 2º día tiñamos a Chis Pum! que volvía á nosa cabina máis de 10 anos despois, e vaia se triunfou!! Indie, garage, psych e moito funk. Chis Pum!
[ver entrada]
(3 abril 2015)
[ver entrada]
Outra das sesións que nos deixaron da nosa programación especial de Marzo2015 Où Sont les Femmes? foi por suposto a de Marinocha! A cabeza pensante de toda aquelo non podía faltar. Metédelle volume! Über alles!
[ver entrada]
[ver entrada]
A última das entragas daquela programación especial de Marzo2015 Où Sont les Femmes? estivo a cargo de Pau Pau a Go-Gó, que debutaba na nosa cabina. Volverá seguro, pero mentres aquí queda unha parte de todo o que nos deixou.
[ver entrada]
Psych.Munstphá "tRash Tra$h trAsH #12" [ver entrada]
(3 abril 2015)
En abril fumos recuperando outras sesións en serie que aínda non retomáramos no 2015. A primeira entrega de tRash Tra$h trAsH estivo adicada á psychodelia e cacharrada bastante recente. Basura da boa e ben revolta.
[ver entrada]
[ver entrada]
(24 abril 2015)
En abril volveron as Black Grooves! e ademáis con ganas. Unha noite estupenda, na que sacamos moito material do baúl, con rarezas de vellos 7'' de deep funk e r'n'b de serie B, e unha boa dose de clasicazos menos habituais nas nosas sesións.
[ver entrada]
[ver entrada]
Outra das series que recuperamos en abril do 2015 foi o das Monkey Sessions, das que ademáis aínda había moito máis tempo que non compartíamos material. Desta volta adicada á psychodelia e ó rock do pasado máis recente, pero algo máis refinada.
[ver entrada]
[ver entrada]
(23 maio 2015)
En abril volvía o Chief Bromden ós mandos da nosa cabina para encargarse doutra das nosas sesións Black Grooves! Funk, soul, rhythm'n'blues e boogaloo. Metédelle volume!!
[ver entrada]
(29 maio 2015)
En abril volvía o Chief Bromden ós mandos da nosa cabina para encargarse doutra das nosas sesións Black Grooves! Funk, soul, rhythm'n'blues e boogaloo. Metédelle volume!!
[ver entrada]
(20 xuño 2015)
En xuño volvían os Dead Wood en directo ó Rif-Rock, e para remata-la noite conseguimos que se unira o noso gurú Michi Calambres dende a cabina, ademáis do seu show toda a noite, deixounos 3 horas espectaculares de sesión. Bestial!!
[ver entrada]
(26 xuño 2015)
Un mixtape ben aproveitado. Pouco máis de unha hora de funk, soul, r'n'b, souljazz e algún predicador polo medio, entre o pouco material que nos deu tempo a empregar, naquel día que a sesión quedou a medias con asalto da cabina incluída.
[ver entrada]
Kurco SoundSystem "Even Flow"
(12 setembro 2015)
Ademáis do directo de The Even Flow Experience, o 12 de setembro tivemos sesión de Kurco. Aquí tedes 20 temas, desta vez sen mesturar, un revival dos 90 en toda regra. Metédelle volume...
[ver entrada]
Fuck'U Whiteys... Black Grooves #35
(25 setembro 2015)
Para a entrega das Black Grooves de setembro, usamos unha imaxe de Slim Harpo para o poster, así que a cousa iba de swamp blues, que acompañamos con moito rhythm'n'blues, un pouco de soul, e blues algo máis psychodelico polo medio.
[ver entrada]
(12 setembro 2015)
Ademáis do directo de The Even Flow Experience, o 12 de setembro tivemos sesión de Kurco. Aquí tedes 20 temas, desta vez sen mesturar, un revival dos 90 en toda regra. Metédelle volume...
[ver entrada]
Fuck'U Whiteys... Black Grooves #35
(25 setembro 2015)
Para a entrega das Black Grooves de setembro, usamos unha imaxe de Slim Harpo para o poster, así que a cousa iba de swamp blues, que acompañamos con moito rhythm'n'blues, un pouco de soul, e blues algo máis psychodelico polo medio.
[ver entrada]
Fuck'U Whiteys... Black Grooves #36
(30 outubro 2015)
Outra noite de Black Grooves adicada ás propostas máis recentes, con moito rock'n'soul, funk e blues.. ademáis o fragmento que compartimos é un pouco máis longo do habitual, así que aproveitade!
ChisPum! "60's Funk-Pop-Ensemble"
(31 outubro 2015)
Despois de moitos anos, ChisPum volvía en marzo á nosa cabina, e conseguimos que repetira en outubro. Aquí tedes sobre unha hora da selección que nos deixou do seu "60's Funk Pop Ensemble".
Kurco SoundSystem "1995"
(7 novembro 2015)
Coa desculpa dos 20 anos do "Mellon Collie..." Kurco xa se apuntou unha sesión que foi un auténtico repaso polos mellores temas e álbumes de 1995. Un auténtico déjà vu!
Fuck'U Whiteys... Black Grooves #37
(20 novembro 2015)
Máis Black Grooves!! Outra entrega cos sóns máis recentes continuando a do mes anterior, con moito rock'n'soul, funk, acid jazz e revival r'n'b, máis do mesmo, é que nos quedara moito material atrás...
Black Remollo "Blues Power!"
(27 novembro 2015)
Despois de varios aprazamentos, en novembro ó fin tivemos a Black Remollo na nosa cabina. Aquí tedes máis dunha hora con tódo-los paus do blues, de antes e de agora, e por suposto tamén con algo de blues de aquí... Blues Power!
[ver entrada]
[ver entrada]
Fuck'U Whiteys... Black Grooves #38
(18 decembro 2015)
En medio do Nadal Soul non podía faltar a nosa entrega mensual coas Black Grooves. Non ten nada que ver con hits, como algún dixo, pero ten un pouco de todo, e algunha sorpresa polo medio.
Michi Calambres "Nadal Soul"
(26 decembro 2015)
A última sesión do 2015. O escollido Michi Calambres, o meu picadiscos favorito, e aquí só unha pequena parte da súa tremenda sesión do sábado pasado para poñer o fin de festa do Nadal Soul 2015.
*E iso sí, falta algo importante neste repaso, do que só un de decatou polo momento, pero eso o deixamos para o próximo mes... sorpresa!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario