jueves, 24 de septiembre de 2009

YO LA TENGO.

O novo álbum de Yo La Tengo xa foi álbum da semana no pasado mes de agosto.

YO LA TENGO
"Popular Songs"

[Matador 2009]



e de paso vos recomendo unha entrada no blog La Ruta del Mal
na que se inclúe toda a discografía da banda ata o 2008, con singles e Eps incluídos.



YO LA TENGO en 'De Ventrílocuos Impostores'.

Hoxe en Libro de Notas, unha nova entrega da columna mensual
este mes adicada a YO LA TENGO.




"...La historia de Yo La Tengo es esencialmente la de unos antihéroes de una novela sin final. Nunca tuvieron una presencia que vender, ni jamás hicieron una música que se encarrilara en una escena o corriente con ciertas expectativas, y mucho menos eran unos músicos mayúsculos, ni estuvieron en el momento oportuno en el lugar indicado..."

e aquí tedes tres singles do seu novo álbum "Popular Songs":

miércoles, 23 de septiembre de 2009

O álbum da Semana: a compilación "Matado por la Muerte Vol. 1"

O álbum da semana é un novo recopilatorio de bandas de punk das españas, entre elas os galegos Los Iribarnes (do Sr. Anido) e Novedades Carminha, ademáis de Manos de Mono, Grupo Sub 1, Juanita e Los Feos entre outros... ata 14 bandas que aportan un total de 22 temas que se publica únicamente en vinilo. A edición corre a crgo de Holy Cobra Society, Bowery Recs, Rizillo SuperProducciones e La Camorra.
Aquí tedes a oportunidade de ter unha copia en dixital,
pero dende logo facédevos cun orixinal como sexa!!!

"Matado por la Muerte Vol.1"
(Varios 2009)


descargádeo no fantástico blog Teen Trash / Lixo Jovem:

E tamén tedes unha oportunidade estupenda para facervos con el, sobre todo se a finais de novembro estades por Madrid (28 Nov. 11€ entrada + vinilo):

Emilio de UltraTumba vaise de xira con Los Hijos Bastardos de Peter Lorre

Algúns de vós xa o botástedes en falta este fin de semana, e con razón, por unha tempada Emilio de Ultratumba deixa o seu sitio na estantería do Rif-Rock, para volver ó seu lugar natural, enriba do bombo de Howlin' O-Lorre para irse de xira con
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE



Xoves 1 de Outubre - Sala Wallaby (Valladolid)
Venres 2 de Outubro - Sala Musutruk (Guernika)

Hoxe mesmo lles adicaban un artigo no xornal El Norte de Castilla.

Toda a info no seu MySpace.

Ken Stringfellow - Domingo 27 no Vinilo

Este Domingo 27
no Vinilo de OGrobe
KEN STRINGFELLOW
(Hollywood, California)

+ Boy Elliott (Ferrol, Galiza)

Domingo 27 de Setembro - Vinilo
22.45h [Aforo Limitado]


Ken Stringfellow fundou en 1986 a banda de power pop The Posies xunto a Jon Auer, convertíndose nuhna das parellas compositoras máis importantes da música alternativa de fins do século XX. Con The Posies conseguiu o recoñecemento de fans e crítica, sobretodo na que é considerada como a súa mellor obra, "Frosting On the Beater" (1993 - Geffen Records). No que se refire á súa carreira en solitario, editou tres álbumes ata a actualidade, compaxinando este trabajo co de músico de acompañamento dos tamén norteamericanos LAGWAGON, R.E.M. o BIG STAR. Actualmente forma parte da banda THE DISCIPLINES.

myspace.com/kenstringfellow

Boy elliott
Daniel Alonso comeza a súa traxectoria musical á idade temperá dos 13 anos e despois de pasar por diferentes bandas xorden os Blood Filloas, anos despois En setembro de 2005, Dani Alonso a.k.a. Boy Elliott gaña o III Concurso de Cantautores que se celebra en Ourense.
Boy Elliott en solitario queda 4º no concurso Indiecanciones da sala madrileña Contraclub, e en agosto de 2008 Boy Elliott & The Plastic Bags conseguen con “Planeta 19” o Premio do Xurado no Apologhit 2008, organizado pola Radio Galega e o xornal dixital Vieiros, co que son seleccionados como representantes de Galicia no Liet Lavlut, Euro-Festival de Linguas Minorizadas (Laponia sueca). ( A xira de concertos por toda Galicia que a banda realiza coma premio do seu primeiro posto no Apologhit, servirá para pechar unha intensa etapa que durou case doce meses. Coa entrada do novo ano, certos cambios na formacion que ate o momento o acompañaba, e a decision de atopala orixinalidade nas suas propias orixes fai que Dani Alonso (aka Boy Elliott & The Plastic Bags) mude de pel convertindose en “O Neno Elliott”.
myspace.com/onenoelliott


Toda a info na web do Vinilo.

martes, 22 de septiembre de 2009

Basket 4x4


Ahí fumos os RifRocKerZ cun equipazo ó Torneo 4x4 que organizaba o CB Santo Tomé e só puidemos ser segundos!!!
Noraboa ós campións, e sobre todo ó clube polos seus 10 anos...
E ogallá repitan o torneo o próximo ano...

*Fotos do equipo, e recibindo os premios de man do presidente Pol.
Tedes moitas máis fotos en Facebook, buscádeas!!!

lunes, 21 de septiembre de 2009

The Green Hornet en MONDO RifPOP.


Hoxe en Mondo RifPOP seguimos con
THE GREEN HORNET
que aquí se traducíu literalmente como O Avispón Verde, tanto nas súas películas coma na TV.

Nas aventuras de “The Green Hornet” o noso protagonista é Britt Reid, un multimillonario que é dono do xornal The Daily Sentinel, que ten un super-alter-ego: O Avispón Verde (que mal
sona esto así...) un enmascarado experto en artes marciais, super intelixente e que se adica a combati-lo crime xunto co seu axudante Kato, que na vida normal é o seu axudante e mordomo, e coa máscara é tamén experto en artes mariciais e un fantástico enxeñeiro e mecánico (que non é o mesmo).
Coma case tódo-los superhéroes clásicos, The Green Hornet naceu no período de entreguerras nos USA, pero este persoaxe non naceu en papel impreseo, foi creado por George W. Trendle e Fran Striker para un serial de radio en 1936. Estes dous señores eran uns namorados dos persoaxes enmascarados, posto que tamén crearon El Llanero Solitario, e incluson os emparentaron: John Reid (o verdadeiro nome do Llanero) era supostamente tío-abó de Britt Reid (o millonario que se convirte en Avispón Verde). Por suposto o noso protagonista conta cun fiel escudeiro, o oriental Kato, seu maiordomo na vida pública e compañeiro de golpes na outra.

A primeira emisión de “The Green Hornet” foi a finais de Xaneiro de 1936, cun tremendo éxito dende o primeiro día e por suposto estivo interpretado por auténticas estrelas do seu tempo, pero de radio... Entre 1936 e 1943 foi Al Hodge, Donovan Faust en 1943, e Bob Hall do 43 a 1946. Co éxito do programa comezaron a facerse comic-book de The Green Hornet, e mantivéronse ata que se cancelou o programa. Pero ata entón o éxito desbordou o formato radiofónico e o impreso, así que na década de 1940 comezaron a adapta-las súas aventuras ó mundo audiovisual. O primeiro dos seriais de películas tivo 15 entregas: ‘THE GREEN HORNET’, que adaptaban totalmente as aventuras radiofónicas, e foi protagonizada por Gordon Jones e George Hayashi.

O segundo serial tivo tamén 15 entregas, foi ‘THE GREEN HORNET STRIKES AGAIN’ producida pola Universal, e aquí os guionistas xa se tomaron maís libertades que desvirtuaban moitas das características do orixinal... e o noso protagonista foi perdendo interese para o público.
Será nos anos 60, cando se realice a mítica serie a toda cor, cando todas estas series de supervillanos e superhéroes volvan coller forza... En 1966 o productor William Dozzier buscaba continuar o éxito da serie Batman de Adam West, así cambiou ó Home Morcego polo Home Avispa... amba-las dúas series eran case idénticas, as dúas de 1966, pero é que a forma e a súa estructura eran idénticas... Os capítulos se encadenaban de 2 en 2 ou de 3 en 3, as cortinillas eran case as mesmas, cambiando o morcego pola avispa... pero non vos confundades, non é unha copia, The Green Hornet nace en 1936 e Batman no 1939... de feito non houbo ningún problema para facer coindicir ós dous heroes, nuns capítulos nos que o avispón visita Gotham City...
Nesta serie o actor quedou totalmente eclipsado por un xovencísimo oriental... con esta serie nacía a lenda de Bruce Lee, que por suposto interpretaba a Kato. A serie permaneceu entre o 66 e o 67.

E igual que fixo Adam West coa serie Batman, Dozzier deu renda solta a dous filmes nos que argumentalmente xuntan tres episodios da seire, na que se mesturan bombas nucleares, alieníxenas, mafias chinas e científicos tolos perdidos, e por suposto todo cheo de golpes de Kung-Fu... por suposto o mesmo que na serie de Tv...


Pero xa vos dicen antes que había moitos paralelismos entre Batman e Green Hornet.
Lembrade que Green Hornet nace en 1936 e Batman no 39, así que si en algo hai copias é no segundo claro, pero vexamos: os dous protagonistas son multimillonarios, non teñen superpoderes, senón que son superinteligentes e con moitos artefactos que lles facilitan o seu labor, os dous teñen acompañantes (Robin e Kato) e os dous empregan como transporte coches espectaculares.
Ademáis entre as dúas series do 66 houbo moito crossover: Robin esta vendo a serie do Avispón antes de salr a unha misión, Britt Reid tamén se para na serie de Batman mentres fai zapping na TV da súa oficina, e o Avispón y Kato aparecen na famosa escena da ventana cando Batman e Robin trepan ‘andando’ polas paredes.


Estes cruces culminan cos episodios “A piece of the action”- “Batman satisfaction” inolvidables, nos que o Avispón e Kato chegan a Gotham City para atrapar al Coronel Goma, Batman e Robin o toman coma un desafió que vai crecendo ata rematar nunha peleas entre os catro heroes que remata en táboas...
E iso que a estas alturas nin sequera falamos da banda sonora... esa adaptación que fixo Billy May do "Flight of the Bumblebee" de Rimsky Korsacov, con ese delirante solo de trompeta interpretado por Al Hirt. Unha maravilla.
E agora a ver que nos depara esa nova producción que chegará no 2010, unha superproducción da Universal con guión de Kevin Smith...

Aquí o tedes en español:

Ademáis dos videos de escenas e as cabeceiras da entrada anterior, un capítulo completo dos crossover entre Batman e The Green Hornet...

viernes, 18 de septiembre de 2009

The Green Hornet!!!

e aquí tedes un pouco de The Green Hornet:

e aquí tedes o corto de Aurelient Poutrimoult (2007), que foi o que retomou o proxecto de unha película de The Green Hornet que será estreada no 2010:

THE GREEN HORNETS "Faster than the Bugzapper"

Outro álbum da semana, i é que non me puiden aguantar para compartilo con todos ata a semana que ven... The Green Hornets Son unha banda italiana de garage e freakbeat, que toman o seu nome de famoso archicriminal creado para unhas historietas de radio nos anos 30, e do que fixeron unha fantástica serie de Tv nos 60 (e agora preparan unha película)... The Green Hornets caracterízanse polo seu purismo de serie b, garage totalmente underground, con fuzz a toda hostia como lle gusta ó señor Michi Calambres, e cuns ritmos hipnóticos que impiden que deixes de moverte...

THE GREEN HORNETS
"Faster than the Bugzapper"
(Alopecia Recs, 1997)


descargádeo no blog Twilght Zone:
[tedes o enlace para descarga e o password no primeiro comentario do post, e máis álbumes da mesma banda nas seguintes entradas]

Fin de Semana de Basket.

Este fin de semana adicarémolo por completo ó baloncesto, entre as horas que imos facer de sillón-basket, e as pachangas que cada un poida botar...
Hoxe non vos perdades as 20:30h. no pabillón do Pombal o partidazo do Torneo de Albariño que enfronta ó Obradoiro (XacobeoBlue:Sens) co Breogán, e que servirá como partido de homenaxe a Miguel Sineiro que colga as botas (e dende aquí mandarlle un abrazo, e darlle as gracias por tódalas horas que compartimos en entrenamentos e partidos, e moito que aprendimos moitos con el). Unha homenaxe máis que merecida.
Gracias Machucho!!!



E o sábado, no pabillón de Santomé
Torneo 4x4 de Basket
10º Aniversario do CB Santomé.
Será o 19 dende as 16:00h.

Apurade hoxe para inscribi-los vosos equipos, último día!!!
Lembrade, no Rif-Rock, no Tetuán e na Leria.
Son 5€ por xogador, podendeo inscribir a 5...

jueves, 17 de septiembre de 2009

Festival SOS Komaira.

Sábado 19
No Cine Capitol da Illa de Arousa
Festival S.O.S. Komaira:
actuaran
JUANITO BRODERS
FURNIER
MALANDROMEDA
NEUROBAND
LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE
UNDERTOWN
Entrada 3€
A recadación será utilizado para la recoconstruccion de un galeón.
Coa entrada tedes dereito a unha consumición e mexilóns.

foto de La Voz de Galicia.

Ver noticia:

E lembrade que Los Hijos Bastardos de Peter Lorre estarán en directo tamén o Venres 18, no Trasno de Portonovo.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

O Clásico da semana: "14 Favorites!!!" de THE FANTASTIC 3.

E como clásico da semana vos presento esta semana tan rara un álbum francés de 1999.
Os gabachos The Fantastic 3 son básicamente unha banda de surf instrumental, pero que nesta ocasión facturaron un álbum con moito rhythm'n'blues e unha sección rítmica máis contundente do habitual, e atrevéndose a facer bootlegs de grandes clásicos de sempre con influencias de tódo-los tempos...

THE FANTASTIC 3
"14 Favorites"
(Patate Recs, 1999)

descargádeo no blog Twilght Zone:
[tedes o enlace e o password no primeiro comentario]

O álbum da Semana "Stain" de LIVING COLOUR

Esta semana imos cambia-la tendencia habitual.
O álbum da semana e o clásico serán da década dos 90.
"Stain" é un dos álbumes da miña adolescencia, esta banda de negratas, coas guitarras afiadas de Vernon Reid, unha bateria contundente e o emprego de sintetizadores sen ningún tipo de complexo, para facturar un crossover que ata o de agora ninguén puido igualar tan dignamente coma eles:

LIVING COLOUR
"Stain"
(Epic, 1993)


Descárgao no blog El Ojo de Vidrio:

Unha pena os video clips orixinais non se poden insertar gracias a Sony...

lunes, 14 de septiembre de 2009

Concerto de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE (1ª parte)

Concerto de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE (2ª parte)

Concerto de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE (3ª parte)

Concerto de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE (4ª parte)




Concerto de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE (5ª parte)

E aquí van os bises: