miércoles, 16 de agosto de 2017

"England is Mine"

A comezos de mes estreouse no Reino Unido "England is Mine", un biopic non oficial sobre Morrisey, que se centra nos seus anos como xornalista e crítico musical antes da formación dos Smiths. 
O filme está dirixido por Jack Gill (a súa primeira longametraxe), e escrito polo porpio director xunto con William Thacker, e o papel de Morrisey está interpretado por Jack Lowden. A historia abarca o período entre 1976 e 1982, xusto antes do lanzamento do primeiro álbum dos Smiths, e aínda que está a recoller críticas moi dispares, non nos imos perder a oportunidade de vela. Seguro que a teremos en tódo-los festivais de cine do outono.



martes, 15 de agosto de 2017

Pink Floyd "Piper at the Gates of Dawn"

A comezos de mes cumpríanse 50 anos do lanzamento do debut dos Pink Floyd.
Por suposto, non é o seu álbum máis popular, pero sí o máis influínte da súa carreira, abrindo novas vías da psychodelia para as demáis bandas da época, mesturando xéneros, empregando tonadas da música popular, e empregando métricas e progresións de acordes nada habituais ata aquel momento. Ademáis foi o álbum no que o mítico Syd Barrett levou o peso da composición do álbum antes da súa enfermidade. Por destacar algún tema, a fantástica apertura con 'Astonomy Domine', a enorme 'Interstellar Overdrive', a experimentación de 'Take Up Thy Stethoscope and Walk', e 'Lucifer Sam' que é o meu favorito deste álbum, pero mellor que o escoitedes completo unha e outra vez.
50 anos desta xoia. Imprescindible en calquer colección.

PINK FLOYD "Piper at the Gates of Dawn"
(Columbia, 1967)


lunes, 14 de agosto de 2017

Guided By Voices "How Do You Spell Heaven"

Máis novidades. Robert Pollard comezou o ano co álbum número 100 da súa carreira, o "August by Cake" dos Guided by Voices. Despois diso xa só quedaba lanzar o seguinte, e poucos meses despois aquí está. 
"How do you spell Heaven" son 15 novos temas marca da casa. Un álbum no priman as melodías e os xogos de guitarras máis que nas últimas entregas, moitos temas de power pop, e desta vez parecen moito máis elaborados do que nos ten acostumados, aínda que iso pode pasar totalmente desapercibido... pero o certo é que había moito tempo que Pollard non firmaba un tema tan redondo coma 'Pearly Gates Smoke Machine' de máis de catro minutos, ou 'King 007' que se manexa entre as melodías e os medios tempos e un solo de guitarra arrebatador pouco habitual no seu repertorio. Polo demáis outras maravillas coma o ritmo repetitivo de 'Boy W', as rítmicas de 'Cretinous Number Ones' e 'The Birthday Democrats', ou as evolucións de 'How to murder a man'. Outro para a colección.

GUIDED BY VOICES "How Do You Spell Heaven"
(GBV Inc., 2017)



Ty Segall "Fried Shallots EP"

Pouco a pouco imos recuperando o ritmo do blog, así que xa vai sendo a vez dunha cantas recomendacións de discos frescos.
Comezamos a semana co novo traballo de Ty Segall, "Fried Shallots EP", que reúne vellos temas de diferentes épocas, entre o 2011 e comezos deste ano, todos gravados de novo, e un par deles inéditos. A recadación irá a beneficio da Asociación Americana de Libertades Civís. 
Son seis temas entre os que atopamos a ruidosa 'Big Man', a potente 'Dust', o divetimento acústico de 'When the Gulls turn to ravens', o garage de 'Is it Real' auténtica marca da casa, 'Another Hustle' con fantásticos xogos entre a guitarra acústica e o baixo, ou 'Talkin' do seu último álbum de comezos de ano.
Xa dispoñible en dixital, o vinilo a partires da próxima semana.

TY SEGALL "Fried Shallots EP"
(Drag City, 2017)



domingo, 13 de agosto de 2017

ULO-003: Kings of the Beach

Xa vos avisamos de que os de Ulomanía Coop non collerían vacacións neste verán. Levan meses coas máquinas a pleno rendimento para lanzar a súa terceira referencia, e esta semana ao fin desvelaron o segredo.
A banda viguesa KINGS OF THE BEACH serán os protagonistas de ULO-003, un 7'' en riguroso vinilo, con catro trallazos que vos voarán a cabeza a 33rpm.
En breve máis detalles e datas de presentación en directo.


viernes, 11 de agosto de 2017

19 ago: CHIEF BROMDEN

Imos recuperando a normalidade antes de que remate o verán.
Dende a próxima semana comezaremos coas programacións, sesións e demáis.
A primeira sesión será a cargo do CHIEF BROMDEN!!
Sábado 19 de agosto. Non vo-lo perdades!


jueves, 10 de agosto de 2017

Festa Cidade Europea do Viño

Unha das propostas musicais da programación do concello de Cambados como Cidade Europea do Viño é o festival que se celebrará en Setembro. Con bandas coma os locales Ghesgha, Disco Las Palmeras, Cápsula ou Belako, e os enormes Kings of the Beach!! O 9 de setembro no Parque de Torrado.
Entradas aquí.


Goldy McJohn

Goldy McJohn
(1945 - 2017)



miércoles, 9 de agosto de 2017

A 9ª FESTA DO BIGOTE!!

Aquí vai o resumo da 9ª FESTA DO BIGOTE!!
Festaza espectacular coma sempre, risas aseguradas!! Moitas gracias a todos por participar un ano máis, logo dunha dura semana de festas.
Coma tódo-los anos insistimos nos poucos aspirantes serios a mellor bigote, e desta vez máis nivel nos postizos, 

Os premiados de onte na 9ª FESTA DO BIGOTE!!
- Mellor Disfraz: VITOR DOMINGUEZ
- Bigote Postizo: OLALLA NOVAS
- MELLOR BIGOTE: DENIS PINTOS
Noraboa de novo ós premiados!! aplausos!!



Temos que comezar os nosos agradecementos a Edu Charlín de PC BARBERÍA, un padriño insuperable para esta festa, pola súa implicación, e polos seus espectaculares lotes de productos. A Sanni Cerviá por encargarse da presentación a última hora, e case sen tempo para preparala, a Marinocha por poñer orden en todo isto. E por suposto e a todos por vir a rematar a semana de Albariño con tanto humor e tantas gañas de seguir pansándoo ben!! 
Ademáis fixemos a retirada oficial da camiseta de Super R, que levaba alí dende a 3ª edición do 2011, aquel ano da trapallada do complot. Volverá para a próxima edición, pero iso xa volo contaremos no seu momento.
Atoparedes un amplo álbum no noso facebook, e seguro que iremos engadindo máis fotos nos próximos días.

Por último, aquí tedes o video coa entrega de premios completa.
O próximo ano máis, e lembrade... será a 10ª edición!!


lunes, 7 de agosto de 2017

Os premiados da 9ª Festa do Bigote

Aquí tede aos premiados de onte na 9ª FESTA DO BIGOTE!
- Mellor Disfraz: Vitor Domingues.
- Bigote Postizo: Olalla Novas.
- Mellor Bigote: Denis Pintos.

Noraboa ós premiados, e aplausos de novo!!
E moitas gracias a Eduardo de PC Barbería, o mellor padriño posible desta festa e os seus espectaculares lotes de productos, a Sanni Cerviá por facer de mestra de cerimonias case sen tempo de prepararse, e ao xurado implacable que cada ano ten máis fácil o chollo. Mal asunto...
E por suposto, moitas gracias a todos por vir!!
Nos próximos días xa iremos subindo moito máis material, as fotos, a entrega de premios e demáis... e ata a próxima Festa do Bigote, que xa será a 10ª!


viernes, 4 de agosto de 2017

9ª FESTA DO BIGOTE

Xa se achega o día...
Domingo 6 de agosto, Domingo do Albariño, despois da medianoite: 
O RIF-ROCK & CTK convócanvos á nosa 9ª FESTA DO BIGOTE!!. 
O padriño será de novo PC Barbería, ¿para que cambiar si é insuperable??.
Consultade as bases do concurso aquí.
Non faltedes!!


jueves, 3 de agosto de 2017

PC Barbería, o padriño da 9ª Festa do Bigote

Una ano máis, e xa van tres seguidos, teremos a a Edu de PC Barbería como padriño de luxo da Festa do Bigote, un tipo insuperable.
Podedes seguilo no seu facebook, pero será moito mellor que vos pasedes por ali en persoa, na Praza de Compostela, de Cambados.

martes, 1 de agosto de 2017

Esta noite comezamos o Albariño 2017

Nós xa arrancamos esta noite o Albariño 2017!!
Como cada ano, comezamos un día antes, xa nos arrepentiremos cando chegue o fin de semana, pero as tradicións son as tradicións...
Coma sempre, con corte de cinta oficioso, chupinazo, e posiblemente sesión sorpresa. Unha noite para @s máis valentes! Non faltedes!!



ULO-003, en marcha

Os de Ulomanía Coop nunca collen vacacións!!.
Xa nos avisan de que está case todo listo para a súa nova referencia. 
Nunhas semanas teremos novas... a 33 e 1/3 rpm.