lunes, 30 de abril de 2012

Incomodo 'come as you are' solo

Para comezar a semana, recuperamos un solo de Incomodo, en medio do concerto dos Cra$h Converters do mes pasado, facendo 'Come As you are' á súa maneira, algo así como incomodoasyouare... e por que hoxe está de aniversario, coincidencia que nos ven xenial..., así que: felicidades artista!!

sábado, 28 de abril de 2012

descarga Blaxploitation Soundtracks

Máis rápido ca nunca!!! por que xa estaba preparada de antemán, claro... Aquí tedes unha selección da nosa sesión de bandas sonoras do Blaxxxploitation de onte, ahí van cortes de Shaft, Coffy, Blacula, Cleopatra Jones, Sweet Sweetback's Baadassss Song, Truck Turner, The Final Countdown, Willie Dynamite, They Call Me Mister Tibb, Hell Up In Harlem, Black Belt Jones, Cool Breeze, Three Tough Guys e por suposto de Superflu e Black Caesar!!

Psych.M "Blaxploitation Soundtracks"
(sesión Rif-Rock 20 abril 2012)




jueves, 26 de abril de 2012

Blaxploitation como instrumento social



Con esta ilustración de Garry Booth como tributo ós filmes blaxploitation déixovos un par de artigos bastante significativos sobre o xénero, xa non sobre os aspectos cinematográficos, senón sobre as súas connotacións sociais e políticas:

O primeiro é todo un clásico, breve e directo, e un dos primeiros con enorme rigor, apesares de ser xa de 1998. Trátase de Blaxploitation and the misrepresentation of liberation, de Cedric J. Robinson, que en tan só 11 páxinas expón a necesidade social do xénero, e da urxencia de unha industria cultural de resposta que chegara máis aló da loita política. Este pdf está editado pola fundación Race & Class, e o orixinal do 98 polo Institute of Race Relations.

E o segundo é xa un artigo moito máis exhaustivo sobre a súa acollida e as súas consecuencias: Recontextualizing the historical reception of Blaxploitation: articulations of class, black nationalism and anxiety in the genre's advertisements, de Jon Kraszewski (publicado na revista The Velvet Light Trap da Universidade de Taxas, Austin 2000) e trata os resultados do xénero como unha vía imprescindible de transmisión cultural.

...que temén haberá que ler un pouco non?


martes, 24 de abril de 2012

descarga Black Grooves!! dynamite...

Aquí tedes a sesión do pasado venres... e como estaba prometido, nin portadas nin hostias, agora todas en cassette. 60 mins sen pausa de blackgrooooves... con James Brown, Curtis Mayfield, Marsha Gee, Idris Muhammad, Gil Scott-Heron, Archie Bell, Herbie Hancock, Parliament, Betty Davis, Larry Williams, Amiri Baraka, The Lumpen, The Propositions, e ata Quincy Jones con Bill Cosby. 

Psych.M "Fuck You Whiteys... Black Grooves!!, Black Dynamite"
(sesión Rif-Rock 20 abril 2012)



lunes, 23 de abril de 2012

Marsha Gee 'Peanut duck'

Xa antes de subi-la sesión do pasado venres vos deixo o tema 'Peanut Duck'  de Marsha Gee polo que algún me preguntaron. A edición que vos deixo é a reedición deste tema perdido nalgún caixón dende comezos dos 60 publicada hai un par de anos por Penniman Records nun 7'' en vinilo máis que recomendable (unha xoia por só 5€, do que xa tiveron que facer máis tiradas). Sobre a artista mellor vos deixo a nota que inclúe o propio selo:

<<Peanut Duck es, simplemente, una de las mejores canciones de todos los tiempos. Poco se sabe de su origen, excepto que se grabó a mediados de los 60 en los estudios Virtue de Philadelphia. También hay discusiones sobre qué personaje se esconde bajo el pseudónimo Marsha Gee o sobre el gran grupo que la acompañaba. Tampoco hay ninguna pista que explique por qué una canción tan abrasiva no se editó en su día>>.

Na cara b atopamos o tema 'Chimpanzee' asinado por Count Yates, que non é máis que outro pseudónimo de Sammy Hagan (The Premiers) dos que empregou entre o 57 e o 61 no seu intento de facerse unha carreira como solista, dese último ano é este divertido r'n'b que completa o 7''.


MARSHA GEE / COUNT YATES "Peanut Duck / Chimpanzee"
(Virtue st. 196?, Penniman Recs, 2010)


faite con Peanut Duck en Tremendos Microsurcos
(ou encarga o teu 7'' en Penniman Records, claro...)


día do libro

domingo, 22 de abril de 2012

Liga de Bocazas. Xornada 30.


Xa levábamos moitas xornadas sen facer resumo da nosa Liga de Bocazas do Supermanager
Así que co remate da xornada 30 xa tocaba ademáis que nas vindeiras dúas semanas se disputarán as catro xornadas restantes e teremos gañador...

Os cinco mellores desta xornada 30 foron:
1º Ruletita Ruletita...13rojo 218,80
2º Muñequita Linda 195,60
3º Smashing Patakas II 185,80
4º CHEJAR E ENCHER 183,20
5º Katiuskas 174,60

e así vai a clasificación xeral:
1º Muñequita Linda 4.819,80
2º Ruletita Ruletita...13rojo 4.752,80
3º Bocadillo de champu 4.734,80
4º Smashing Patakas II 4.700,40
5º O que Hay e Moito Vividor... 4.630,60
6º moules team 2.0 4.609,00
7º Asec 4.576,00
8º CHEJAR E ENCHER 4.545,60
9º Covirán Tragove II 4.516,80
10º San Fransisco 4.433,40
11º munstaphas 4.374,00
12º La Serna 90 4.336,60
13º JuanRi Team 4.327,20
14º Dr.No 4.297,00
15º Escabechina 4.278,40
16º Atutichurrasco (and again, and again...) 4.272,60
17º O Maximo 4.153,40
18º are nastim 4.109,40
19º Katiuskas 4.103,20
20º Winterfel Direwolves 3.881,40
21º The world´s greatest 3.878,40
22º Obra1 3.692,60
23º airjordan 3.674,20
24º SijoSinConoserANadie 3.648,40
25º como baila carmiña 3.488,80
26º este ano SI 3.432,20
27º cachas locas 3.323,20
28º Zona Centro 3.269,80
29º carcamans 3.217,60
30º Atomicok47 3.215,20
31º FALCONGANS-DUE 2.594,60



Nos diferentes apartados:
Broker: Muñequita Linda en cabeza con todo moi apretado pola 
Anotadores: Moules Team 2.0 con , seguido moi de preto por Muñequita Linda e Bocadillo de Champu.
Rebotes: Ruletita Rutletita...13rojo con 1550
Triples: O quie hay e moito vividor (347), con un só triple de vantaxa sobre Muñequita Linda
Asistencias: ASEC, con só 6 de ventaxa sobre Muñequita Linda

E no histórico, venceron xornadas...
1 victoria: Este ano SI, Carcamans, Airjordan, Como baila carmiña, Moules Team 2.0, Atutichurrasco, Munstaphas, Katiuskas, Dr.No, San Francisco e O Maximo.
2: Covirán Tragove II, Muñequita Linda, e Ruletita Ruletita...13rojo.
3: Smashing Patakas II, Chejar e Encher, O que hai e Moito Vividor.
4: Bocadillo de champu.

Quedan 4 xornadas...

viernes, 20 de abril de 2012

Esta noite: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!

The Lumpen 'Free Bobby Now'


The Lumpen foron a banda insignia do Black Panther Party. O seu frontman Michael Torrance foi un dos fundadores do partido, e un dos seus ideólogos. Aquí tedes o propio Terrance contando a historia da banda. Cero que só publicaron este 7'', que contiña na cara a o tema 'Free Bobby Now' (que atoparedes no Listen Whitey!) adicada a Bobby Seale, e na b 'No More' composta por Bill Calhoun na que relata a historia do partido, e publicado, como non, por Black Panther Party Productions en 1971, aínda que a data tampouco está moi clara...

jueves, 19 de abril de 2012

Muerte por Cowbell! proximamente... un tributo a Zappa

Xa o di Carlos nesta promo... <<en breves!!!>> poderemos disfrutar do concerto de homenaxe a Frank Zappa. Xa falta menos para o concerto de MUERTE POR COWBELL. (Miguel Costas ó piano, Sito Suárez coas guitarras, Carlos Prado nas voces, imitacións e show performance, e agora convertidos en cuarteto coa incorporación de Noa Castro ó baixo). Seguide atentos!!


sesións RifRocKerZ en cassette

Pharoah Sanders e Idris Muhammad

Idris Muhammad "Black Rhythm Revolution"

Idris Muhammad é un deses xenios precoces nacidos en New Orleáns (1939 como Leo Morris), e con tan só 15 anos particupou na grabación do mítico "Blueberry Hill" de Fats Domino. Dende ahí adicouse a acompañar a mitos coma Roberta Flack ou George Benson, ata que a mediados dos 60 xa estaba considerado xa coma un dos máis grandes bateristas de jazz contemporáneo, e un dos precusores da fusión do funk con tódo-los paus posibles, e porsuposto un dos grandes da rítmica do acidjazz. A partir de ahí pasou a gravar con Herbie Hancock e sobre todo con Pharoah Sanders, co que particupou dun xeito máis estable e co que gravou os seus álbumes máis recoñecibles. Pero ademáis gravou como lider da súa propia banda trece álbumes, nos que mesturaba a poderosa rítmica do rhythm'n'blues co jazz máis abstracto.
"Black Rhythm Revolution" (Prestige recs, 1970) é o primeiro deses álbumes, e como o seu propio nome indica é unha auténtica explosión de ritmo, no que inclúe dous temas propios e tres versión de James Brown (tremendo o 'Super Bad'), Charles Wright e Jack McDuff. Imposible non moverse!!!

IDRIS MUHAMMAD "Black Rhythm Revolution"
(Prestige Recs, 1971)


faite con Black Rhytym no blog Into the Rhythm.
*(na edición que comparten inclúese tamén o "Peace & Rhythm" así que vos levades un 2x1)


miércoles, 18 de abril de 2012

Sáb 5 maio: David Falcón en concerto.

Xa temos data para un novo concerto de DAVID FALCÓN, que nos presentará os seus novos temas e algunha que outra historia máis que xa vos iremos adiantando. Será o Sábado 5 de maio, coma sempre a partir das 23:30h.  
Será unha nova entrega das Jazzerz Live Series aínda que xa sabedes que isto vai máis de blues, pop e folk norteamericano, pero o formato é o adecuado para continua-la serie. 
Seguide informados do seu traballo, os seus novos temas e tóda-las súas novas, na súa web DavidFalcónTK.


Ven 27 Blaxploitation Soundtracks

E o Venres 27 adicaremos a noite ás mellores bandas sonoras dos clásicos do cinema Blaxploitation dos 70. No cartel Black Gunn.


Ven 20: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!

Inspirados polo flamante Listen Whiteys! adicaremos os dous últimos venres deste mes de abril a novas entregas das NiggerSoulFunkSeries... así que este Venres 20 a primeira, Fuck'U Whiteys.. Black Grooves!! recuperando algunhas rarezas menos habituais e algúns dos sons máis actuais en plan Black Dynamite...

martes, 17 de abril de 2012

Paco Charlín Grupo, mañan no Ultramarinos

Recomendación especial para mañán para os que estedes por Compostela. Concerto de PACO CHARLÍN GRUPO, no pub Ultramarinos dende as 22:30h. (entrada única 5€). Con Charlín, acompañado por Virxilio da Silva e Max Gómez, e unha vez máis co saxofonista de Kansas Logan Richardson. Non vo-lo perdades!!

PACO CHARLÍN GRUPO
Pub Ultamarinos (Casas Reais, 34 - Santiago) Mércores 18 abril 2012.
Logan Richardson, saxo
Virxilio da Silva, guitarra
Max Gómez, bateria
Paco Charlín, contrabaixo




lunes, 16 de abril de 2012

"Listen Whiteys! The Sounds of Black Power 1967-74"

Listen Whitey! é o proxecto de Pat Thomas, que ven de presentar o pasado mes. En primeiro lugar chegou o libro, titulado "Listen Whiteys! The Sights and Sounds of Black Power 1965-75" (Fantagraphics, 2012), que é un volume exhaustivo que percorre o movimento de loita dos afroamericanos polos seus dereitos civís, en tódo-los seus espectros, con especial atención por suposto no Black Panther Party, a nivel político, social, relixioso, e todo vinculado através das súas repercusións culturais e as súas distintas correntes e contradiccións. Un claro exemplo é a foto da cuberta, co fundador dos Black Panther Huey P. Newton sostendo o 'Highway 61 Revisited' de Dylan. 
Sobre Newton vos recomendo novamente o documental "Huey, Black Panthers" de Agnès Varda -podedes velo aquí- que documenta a campaña de protestas iniciada tra-la súa detención por unha falsa acusación de asasinato dun policia, e tamén é o protagonista dunha das míticas fotos do partido, que tamén empregamos para unha sesión en maio do ano pasado 
Pero volvamos a Listen Whitey!, como complemento ó libro Light in the Attic lanzou o volume recopilatorio dos sons máis representativos do movimento seleccionados por Thomas, son 16 temas acotados entre 1967 e 1974, moitos deles nunca antes publicados en formato dixital, ou perdidos en 7'' e álbumes descatalogados, ademáis de un par de fragmetos de discursos que xa son parte da historia. Entre eles están por suposto Gil Scott-Heron, The Last Poets, The Lumpen (que era a banda 'oficiosa' dos Black Panther), Elaine Brown, LeRoi Jones ou Roy Harper, e como engadidos aparece o tema de Bob Dylan adicado a outra figura do partido 'George Jackson' (aínda que boto moito en falta a presencia de Archie Shepp, un dos músicos máis comprometidos coa causa e con pezas tamen adicadas ó Brother George Jackson e a diferentes episodios do movimento) e do mesmo xeito aparecen Lennon e Yoko Ono cantando por Angela Davis... que  como documentación das múltiples repercusións culturais cecais esté moi ben, pero escollida entre 16 temas igual vai moi forzado... Así que vos podedes imaxinar que xa temos liada para outra sesión esta fin de semana.

va "Listen Whiteys! The Sounds of Black Power 1967-1974"
(Light in the Attic, 2012)


faite con ListenWhitey en Neutrino Music.

video promocional do álbum:

The Dustaphonics na Coruña

Para esta noite vos recomendamos, así a golpe de luns, o concerto dos Dustaphonics no Mardi Gras de A Coruña. Dende as 22h. 
Se vos colle preto non vo-los perdades!!


viernes, 13 de abril de 2012

Spiritualized "Sweet Heart, Sweet Light"

Hai varias semanas que escoitara que o novo traballo dos Spiritualized era inminente. Dende entón levo repasando toda a súa discografía e dende os tempos dos pioneiros Spacemen 3, e cada vez me gustaron máis. O anterior "Songs in A&E" do 2008 foi un dos meus discos de cabeceira por moito tempo. Agora chega este "Sweet Heart, Sweet Light" no que xogan a tódo-los paus que os converten en moito máis que banda de space rock por excelencia. Este novo traballo é menos contundente e macarra que o anterior, máis melódico e máis pop, pero cheo de guitarras espesas, distorsión por un tubo cando toca e pezas orquestais que fan un contrapunto perfecto, coma sempre. Despois de escoitar o single de avance ('Hey Jane') xa me gustou, pero saber que contaron novamente para un tema co meu querido Dr.John (menudo temazo 'Heading for the Top' composto a medias entre Dr.John e Jason Pierce) aínda me tranquiliza máis. Sen dúbida o mellor que levo escoitado neste 2012, así que xa sabedes: imprescindible, recomendación obrigatoria!!! Iso sí, está claro que o das portadas nunca será o seu punto forte...

SPIRITUALIZED "Sweet Heart, Sweet Light"
(Double Six / Fat Possum, 2012)
faite con Sweet Heart en Indiecaciones.

David Falcón: nova web

David Falcón presentounos esta semana unha nova web: DavidFalconTK dende a que acceder a todo o seu traballo e novas, acceso ós seus temas, e ó seu proxecto semanal Pictures in Stereo. Ademáis está a traballar no que será o seu primeiro Ep e prepara novos concertos (e xa vos adianto que seguramente o próximo mes o poderedes ver en directo novamente no Rif-Rock).

martes, 10 de abril de 2012

QVEK "Pretty Mind EP"

Como cada mes deste 2012 chega un novo ep de QVEK. Chámase "Pretty Mind" e o propio Carlos no-lo presenta así na súa nova web (qvek.tk): Xa está aquí o EP de abril, e sona mal coma sempre. Chámase PRETTY MIND polo primeira canción que me pareceu a máis cundente. Ten un rollito máis de estiramento de cordas e bailes lofi/sensuales/brutos. Bon Appétit. Ademáis con video clip incluído!. 
E tampouco deberiades deixar pasar un cover que nos presentou o mes pasado dun dos nosos temas favoritos: Mongoloid de Devo, que sona así según Qvek:

Así que aquí tedes, e coma sempre para que o descarguedes no seu bandcamp.

QVEK "Pretty Thing EP"
(Qvek, autoed. 2012)



La Habitación de Felucas se despide


Hai un par desemanas, Felix puxo fin a un dos proxectos máis destroyer dos últimos tempos: La Habitación de Felucas, unha das tres partes da web OPA Chavales. Ademáis de contarnos outras moitas cousas, pola súa casa pasaron moitas bandas co requisito imprescindible de tocar en directo no seu dormitorio... Nesta última entrada de despedida deixa agradecementos á súa maneira, e o que é o mellor de todo, prometendo máis guerra... E aquí nos deixa un video resume parte da súa actividade:

Untitled from la habitacion de felucas on Vimeo.

próximamente... Muerte por Cowbell


sábado, 7 de abril de 2012

The Cra$h Converters

Menudos cracks THE CRA$H CONVERTERS!!! 
e o concertazo que se marcaron o xoves... Gracias Artistas!!!

*(e que dicir da pase en primicia de Muerte por Cowbell¿¿??)

Nos próximos días uns cantos vídeos...


jueves, 5 de abril de 2012

Esta noite THE CRA$H CONVERTERS en concerto!!

Esta noite retomámo-la música en directo neste 2012. O que xa non teño tan claro é que coas últimas novas, o show desta noite se axuste os parámetros das Jazzerz Live Series. THE CRA$H CONVERTERS está formado por tres clásicos dos directos do Rif-Rock, Isidro, Sito e Piti, ós que se lles une o ilustre pianista Miguel Costas na súa faceta máis underground, para dar vida a unha nova cara do universo paralelo de 'Incomodo', e transfórmanse desta vez nunha retorcida trituradora de vellos clásicos do blues, e da psychodelia, pero tamén de algunha peza non tan lonxana, para deixalas bastante irrecoñecibles.

Esta noite (xoves 5) dende a media-noite...
Non vo-lo perdades!!!!

Rolling Over 2012 (OGrove)

miércoles, 4 de abril de 2012

Galician Bizarre II (faltan 40 dias...)

Hoxe comeza a campaña de financiación do Galician Bizarre II, mediante crowdfunding (micropatrocinio), isto é que mercades a vosa copia por adiantado, en diversas modalidades dende 10€ como aportación mínima por un exemplar, ou por paquetes incluíndo que o Sr.Anido vaia a tocar á túa casa. Tedes 40 días para face-las vosas reservas. Non o deixedes escapar.
Toda a info na web do proxecto e no seu facebook.

E o que é máis importante: difúndeo!!!


Que é e que non é?
Galician Bizarre non é nin pretende ser unha escena musical nin un coletivo nin unha empresa de xestión musical. Despois dun primeiro volume e desde o máis absoluto underground xuntámonos periodicamente artistas das diferentes bandas galegas con etiqueta bizarre, para sacar discos e facer concertos dos grupos do país que máis nos fan vibrar dentro dunha ampla gama de estilos pero cun trasfondo similar: galegos e bizarros. Somos xente que comparte experiencias musicais no mesmo lugar, na mesma época e con certa tendencia cara ao bruterío musical.

Que queremos facer (e faremos)?
Editar un disco compilatorio de 18 cancións inéditas compostas e interpretadas por 18 bandas galegas. Farase unha tirada mínima de 525 copias en vinilo de 12”.

Que bandas participarán nesta edición?
Como saberás (e senón contámoscho), a presente é a segunda entrega do compilatorio Galician Bizarre e unha das súas características diferenciais é que non recunca ningunha das bandas que participaron no primeiro disco de 2010. Os grupos participantes no Galician Bizarre II cunha canción inédita cada un serán: Alarido Mongólico (A Coruña / Ferrol),Carrero Bianco (Ferrol), Christ Divides (Vigo), Fantasmage (Vigo), Fluzo (Compostela),Lobishome (Montalvo), Los Televisores (Poio / Chantada), Los Thyssen (O Grobe),Mano De Obra (A Coruña), Mullet (Lugo), Pastillas Mamut (Lugo), QVEK (Louro / Londres), Sr. Anido (Milladoiro), Terbutalina (Ventín / Esteiro / Muíño do Vento), Tetra & Freek (Compostela), Tora Tora Tora! (Pontevedra), Trajano! (Dodro / Madrid) e Wild Balbina (Vigo).

Como o imos financiar?
O financiamento do disco e das copias levarase a cabo mediante un sistema de crowdfunding ou micropatrocinio. Se estás interesad@ en facerte cunha copia e apoiar activamente a iniciativa deberás mercar o disco de xeito anticipado ao prezo reducido de 10 euros, converténdote en coprodutor/a do proxecto. Cómpre que quede claro tamén que ningunha banda nin participante cobrará un peso polo seu traballo. O recaudado por medio do sistema de crowdfunding irá destinado única e exclusivamente á fabricación das copias. Unha vez fabricadas, faremos que chegue o pedido ao teu fogar ou ao lugar indicado da túa aldea, pobo ou cidade para que o recollas. Ollo! Non se venderán máis discos que os anticipados, polo que se queres adquirir unha copia só poderás facelo de xeito anticipado. Os discos sobrantes irán encamiñados á súa propia difusión e ao uso e difrute das bandas participantes. Por outra banda, con este sistema de financiamento será posíbel fixar a oferta de copias á demanda real delas, sendo a cantidade mínima para a viabilidade do proxecto 250. É dicir, se non se venden 250 copias o proxecto non irá adiante e os cartos cos que o apoiaches volverán automáticamente á túa conta bancaria.


martes, 3 de abril de 2012

Paul Weller "Sonik Kicks"

Moito se está a falar deste novo álbum de Paul Weller 'The Modfather', que si o seu reverso electrónico, que si agora xa é máis moderno ca nunca... a min gustoume moito unha revista británica que titulaba 'Paul Weller meets Kraut'. E tras varias semanas dándolle voltas a este "Sonik Kicks" podemos resumir que todo é certo. En realidade atopamos ó mesmo Weller de sempre coa mesma fórmula nos seus temas, pero con novas ferramentas, bases programadas, moitos efectos e xogos de mestura (de ahí a comparación coas instrumentacións de NEU!) e por suposto unha rítmica moito máis contundente do habitual, pero que a diferencia de outros clásicos que hai dez ou quince anos se lanzaron ó sonido electrónico como táboa de salvación á súa falta de ideas, aquí Weller sabe manter o equilibrio entre as súas boas cualidades compositivas e as posibilidades das máquinas. Moita novidade pero as súas melodías características se manteñen perfectamente recoñecibles, mesturando o seu bó facer de rock, soul e pop, así que nesta ocasión podemos decir que o sr. Weller acertou de cheo, nun álbum con 14 temas que un tras doutro é pegadizo e ben estructurado na secuencia, 'Green', 'The Attic', 'Dragonfly' ou 'That Dangerous Age' sirven de exemplos perfectos do que posiblemente sexa o seu álbum máis equilibrado da súa carreira en solitario. Ademáis conta coas colaboracións de Noel Gallagher, Graham Coxon e tamén da súa muller acompañándoo nos coros. O álbum xa chegou ó nº1 en UK, como case tódo-los seus discos, así que con todo isto non o deberiades deixar pasar...

PAUL WELLER "Sonik Kicks"
(Island/Universal, 2012)



Fóra de Control #1



Hoxe presentámosvos unha nova publicación: Fóra de Control, é un folleto mensual, de actualidade musical e opinión galego, en galego e gratuíto, e nun formato que vos será moi familiar... descárgao imprímeo e difúndeo!!


Neste primeiro número: [ENTREVISTAS] KELTOI & SECRET ARMY [NO CAIXÓN] MOL [NOVAS CARAS] SOBREDOSIS [UN BERRO] REFORMA LABORAL [DISCOS] GUNDOWN, FIGHT TO LIFE & SAMESUGAS [AXENDA] [NOVAS] E ALGO MÁIS...


Descargao no blog FóradeControlzine ou directamente aquí.
e axuda a difundilo!!


The Cra$h Converters, agora en cuarteto!!!

Novas de última hora para o concerto deste Xoves:
A trituradora de blues THE CRA$H CONVERTERS, convírtense nesta semana en cuarteto, coa incorporación do pianista Miguel Costas, que se une ó power trio orixinal formado por Isidro Dozo 'Incomodo' ó baixo e voces, Piti na percusión e Sito Suárez coas guitarras.
Será o Xoves 5 de abril, apartires das 23:50h.
Non vo-lo perdades!!!