domingo, 30 de abril de 2017

Día internacional do jazz

30 de abril: Día internacional do Jazz. Bó día para lembrar un deses shows que tivemos no local e facer un pouco de revival.
Hoxe escollemos unha das pezas de JAZZ STANDARDS WORKSHOP!, un trío formado polo compostelán Valentín Caamaño á guitarra, Alberto Ríal ao contrabaixo, e o mestre Paco Charlín á batería, naquela ocasión camuflado como Nilrahc Satrop para aporrear ben a gusto os tambores. 
Foi o 18 de novembro do 2011.


sábado, 29 de abril de 2017

Black Grooves Vol.48

Xa había dous meses que non tiñamos entrega de música negra. 
Aquí tedes algo máis de unha hora da sesión de onte mesmo, a núm#48 da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Xa ten bastante volume, pero metédelle máis!.

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 28 abr.2017)



jueves, 27 de abril de 2017

The Meltdown "The Meltdown"

Imos con algo de música negra para quentar a sesión de mañán.
Hoxe presentámosvos aos australianos The Meltdown, unha banda de soul e blues Melbourne. Son un sexteto no que destaca a voz de Simon Burke, e este é o seu álbum de debut. 
Practican unah mestura de soul con rock sureño, cun ollo posto nos sons orixinais da Motown e de Stax, e outro directamente nas bandas na música criolla de New Orleans, nunha mestura que habitualmente leva a comparalos cos Alabama Shakes, Father John Misty ou na etapa de blues alucinado do Dr. John, pero algún tramos dos seus temas parece sacado directamente dos primeiros traballos dos Black Crowes, aínda que mantendo sempre unha maior presencia da música negra nos seus rexistros, e achegándose a eses toques sureños só a través do blues.
Os dez temas do álbum presentan dúas partes ben marcadas, a primeira máis suave, con pezas abertamente soul, aínda que comeza coa espectacular 'Darkness into Light', unha especie de soul fronterizo que parece saído dun auténtico western, o tema máis pop do álbum 'Crooked County' cunha base rítmica que vos lembrar a outra cousa, 'Secret Life' é soul, é blues e hipnotiza cos seus coros gospel, igual que o tema final 'Colours in the Sky', ou as pezas nas que a voz de Burke levan o peso de todo o tema, coma a sentida 'Forever and always' ou 'Better Days' (que fora un dos seus singles publicados no 2016) con elementos máis rítmicos.
A outra parte do álbum é moito máis dinámica, 'Don't Hesitate' é a auténtica peza funk do álbum, unha  xoia rica en melodía, ritmo, metais, e coros, continúa á perfección coa tremenda 'How funny is Another Man's' outra peza con estructura de funk e r'n'b pero convertida en blues na maioría dos seus elementos. Chegando ao final 'Slow Fever' e outra mestura semellante, neste caso puro rhythtm'n'blues enriquecido e potenciado, e con 'The Other Side' se desquitan antes de rematar coa peza de blues e southern rock por excelencia do álbum. 
Xogan con tódo-los elementos ao redor da voz de Burke, e ainda que o cubren todo de elementos soul con maestría, fará seguro as delicias dos amantes do blues. Sobre toda nesa segunda metade do álbum moito máis rica e polivalente.


THE MELTDOWN "The Meltdown"
(Hope Street Recordings, 2017)




Priests "Nothing Feels Natural"

Comezamos coas recomendacións discográficas desta semana.
O primeiro que vos traemos e o álbum de debut de Priests. Son un cuarteto de Washington DC, con varias demos e un EP do 2014, e chegamos a eles por recomendación de Dischord. En febreiro deste ano lanzaron este "Nothing Feels Natural", un lp de 10 temas de punk, post todo, con moito pop, moito noise, moito lo-fi, algo de surf e moito ritmo por encima de todo. Comezan con 'Appropriate', unha marabilla de post-punk que nos devolve á mellor época do xénero de finais dos 70s nos seus primeiros dous minutos, pero que logo alongan máis alá dos cinco minutos coma se estivesen posuídos polos Sonic Youth. Seguen con 'JJ', pop con toques surf e a mesma rítmica post punkda anterior, e aínda na segudna canción e xa non te podes quitar da cabeza esa voz de Katie Alice Greer. Na segunda parte do álbum suben a intensidade, aumentan as pistas de guitarra e saturación, e os temas volven a alongarse con 'Nothing Feels Natural' ou 'Pink White House', e para rematar as máis revival do álbum, 'Puff' e 'Suck' que nos remiten directamente a moitas das bandas dos post-punk da súa época orixinal. Fresco coma poucos nestes meses, e con media hora que pasa voando. Recomendado!.

PRIESTS "Nothing Feels Natural"
(Sister Polygon Records, 2017)




miércoles, 26 de abril de 2017

"Ruta de tiendas de discos independientes"

Unha das curiosidades do Record Store Day deste ano foi a edicion exclusiva do libro "Ruta de tiendas de discos independientes. 366 días al año haciendo diggin'" que recolle todas e cada una das 85 tendas de discos que participan do RSD en España.

V.A. "Ruta de tiendas de discos independientes".
(66 rpm Edicions, 2017)


Así o presentaba Eduardo Iquierdo en Mondosonoro a semana pasada:

El Record Store Day es un día magnífico. Más allá de las –reconocidas por sus organizadores- inevitables perversiones provocadas por la propia industria discográfica, dedicar un día a las tiendas de discos y conseguir que estas se llenen de público ávido de capturar novedades y disfrutar de actividades lúdicas como actuaciones en directo o pinchadas de DJ’s debe ser, de todas, todas, algo a destacar y a celebrar. Y es que en el fondo se trata de eso. Una celebración de vida, me atrevería a decir. Porque en el fondo lo que hacemos es festejar que esos pequeños reductos de esos artefactos extraños, que giran a treinta y tres revoluciones por minuto y que tanto nos gustan, siguen ahí. Contra viento y marea. Sobreviviendo. Acumulando años y anécdotas. Vivencias que, a menudo, avanzan en paralelo a las de sus propios dueños que las han convertido definitivamente en un modo de vida.

Por todo esto era de justicia darles voz, a través de un libro, a ellos. A esas personas que encontramos día a día detrás de un mostrador o colocando discos en una estantería para, frecuentemente, indicarnos el camino. Confesarnos por qué no reciben un disco, donde han colocado la última novedad del grupo X o cuando llegará esa remesa de elepés de segunda mano en el que probablemente encontremos aquella copia que llevamos años persiguiendo. Y ahí está 66rpm. Dispuesta a capturar al vuelo nuevas ideas para convertir esa voz en libro con cara y ojo (nótese el guiño a la portada). Propietarios y dependientes de nuestras tiendas favoritas que nos cuentan los discos que más venden, la recomendación que no les falla nunca, el músico que más representa el espíritu de su tienda o aquella anécdota que no pueden olvidar. Aventuras que suponen lo mejor del volumen por lo que ahí va otra idea para 66rpm ¿Qué tal un volumen solamente sobre ellas? Piénsenlo. Mientras, nosotros esperaremos al próximo 22 de abril para, libro en mano, dirigirnos a nuestras tiendas de cabecera y aplaudir cuando veamos que siguen ahí. Se lo merecen.

martes, 25 de abril de 2017

Los Tiki Phantoms & Los Wavy Gravies

E máis recomendacións de música en directo. 
Este fin de semana LOS WAVY GRAVIES estarán acompañando a LOS TIKI PHANTOMS nas súas dúas datas en Galicia: 

- Venres 28 en Vigo na Fábrica de Chocolate.
- Sábado 29 na Coruña na Sala Mardi Grás.
Xa imos avisando con tempo para que non quededes sen entradas!



lunes, 24 de abril de 2017

The Fuzztones! 3 datas en Galicia


Esta semana temos de novo en Galicia aos Fuzztones!! 
Da man de El Beasto, esta mesma noite na Coruña, o mércores en Vigo, e o xoves en Ourense. Se os tedes a tiro, non vo-los perdades.


domingo, 23 de abril de 2017

Día do Libro


Feliz día do libro a todos!!! sería terrible que nestes non saiades a buscar libros, a mercar libros, a regalar libros en toda a sorte de feiras que comezan esta semana e sobre todo nas vosas librarías habituais. 
E tamén é unha boa ocasión para repasar as ducias de libros que vos temos recomendado no blog dos RifRocKerZ: todos nesta etiqueta.

viernes, 21 de abril de 2017

Record Store Day 2017

Este sábado celébrase o Record Store Day, o día das tendas de discos, un dos máis bonitos do ano, que chega a súa décima edicion neste 2017.
Atoparedes a programación oficial en establecementos de todo o estado na súa web do Record Store Day Spainademáis de outras moitas actividades, descontos e edicións que se organizan sen tanta previsión. 
Nós xa estivemos aforrando para encargar unhas cantas edicións especiais das que se lanzan para este día!!
Achegádevos á vosa tenda de discos habitual, e a mercar música!! 
E se é para regalar mellor aínda!!


jueves, 20 de abril de 2017

The Optic Nerve "Lotta Nerve"

Sempre que estou moitos días de vacacións na casa aproveito para recuperar vinilos que levo demasiado tempo sen escoitar. Durante a semana santa foron moitos os que estiven recuperando, xa vos irei recomendando.
Un deses álbumes é o "Lotta Nerve" dos neoirquinos The Optic Nerve, unha banda chea de talento pero de carreira efímera na segunda metade dos anos 80. Formáronse en 1985, e adicáronse a recuperar algún dos sons máis puristas dos 60s, na órbita dos Byrds ou Bob Dylan na súa vertente folk, e dos Blues Magoos ou Strawberry Alarm Clock no garage e na psychodelia. Ahí estaban Tom Ward, ou Elan Portnoy e Ira Elliott que compaxinaban a banda cos Fuzztones. O purismo da súa proposta impideu que encaixara en ningún movimento da época, e disolvéronse a finais de 1988 tras publicar tan só dous 7'': "Ain't that a Man" no 1986 e "She's Leaving Yesterday Behind" no 1988, pero deixando moitas gravacións sen publicar.  
En 1994 o selo Get Hip reuniu os seus singles e recuperou outros masters de temas orixinais que nunca antes foran editados, o resultado foi este "Lotta Nerve" con 13 temas fantásticos que redescubriron a unha banda que xa non existía, aínda que claro, co éxito da edición volveron, pero esa historia xa é moito menos interesante. Ahí están os temas dos seus primeiros singles, comezando pola fantástica 'Ain't that a Man', pezas máis alucinadas coma 'What's She Trying To Do' e a miña favorita 'I See the Thuth'. Uns imprescindibles que non encaixaron na súa época.

THE OPTIC NERVE "Lotta Nerve"
(Get Hip Recordings, 1994)



The Black Angels "Death Song"

Comezamos coa recomendacións desta semana.
Uns que volven con novo traballo son os texanos The Black Angels. Hai anos estaríamos emocionados, pero despois de catro anos sen sacar álbum moitas outras bandas colleron o seu relevo na psychodelia máis contundente. O seu anterior disco "Indigo Meadow" do 2013 foi unha auténtica maravilla que rebaixaba toda a brasa anterior e rebuscaba máis nos sons máis escuros e orixinais dos 60s. Desta vez tentan algo semellante pero o resultado non é o mesmo. Co título "Death Song" completan o xogo de palabras en referencia á Velvet Underground que sempre foi máis que evidente, pero afástanse más desa esencia cun son que pretende actualizarse. Coma mostra 'Currency' o tema que abre o álbum e que foi o single de presentación, que comenza lento e denso coma nas súas primeiras entregas, que vai crecendo e remata coma un cañonazo máis habitual en bandas coma os Thee Oh Sees, 'I'd Kill for her' é das máis dinámicas do disco e aínda que con velocidade más rápida do que nos teñen acostumado tamén é outro pelotazo con moitas señas marca da casa. Máis adiante deslumbran con 'Comanche Moon', case inspirado nas tonadas dos 13th Floor Elevators, i é que no 2014 lanzaron un 7'' autoproducido co mesmísimo Roky Erickson ("Thank Good for Civilization / Bo Diddly's A Headhunter"), e partir de ahí o disco convértese nun auténtico tostón innecesario, ás veces polas cancións, ás veces polo son que non parece o máis axeitado no formal... por momentos ata con pretensión de baile ('Medicine'). Pero coas do inicio xa é bastante. 
Metédelle unha escoita e xa me diredes.

THE BLACK ANGELS "Death Song"
(Partisan Records, 2017)




miércoles, 19 de abril de 2017

Dead Wood 15-04-2017

O sábado pasado volvían os DEAD WOOD ao Rif-Rock na súa xira Spirit Away Tour, coa que continúan a presentación do seu single "Spirit Away b/w CBA Blues" con Ulomanía Coop.

Apareceu a familia Dead Wood ao completo, incluído  o insustituíble mestre da zanfoña Javi Sueiro. Coma sempre un concerto baseado nos seus propios temas, algún xa un auténtico hit, e como van crecendo as pezas máis novas ('Weirdo Cabaret', 'Old Stone Bridge', 'Boneyard' ou 'Brother in Law'), e por suposto co protagonismo dos temas do seu 7''. Cara o final un par de versións habituais do seu repertorio, e un par de intervencións memorables do Sheriff Lorre, con ameaza incluída a Ulomanía coop. Enormes coma sempre, gracias cracks, e ata a próxima!.

Xa tedes subido o concerto comleto na nosa canle de youtube, e nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) e aquí todo seguido en lista de reprodución:



Dead Wood, concerto pt1






Dead Wood, concerto pt2


Dead Wood, concerto pt3


Dead Wood, concerto pt4






martes, 18 de abril de 2017

Breakin' Bones e Dead Wood en The Lost Refuge

Máis novas de Ulomanía.
Na entrega desta semana do programa THE LOST REFUGE da emisora online Rock Therapy Radio de León, soaron de novo dúas referencias de Ulomanía Coop.
O programa arrancou directamente con tres temas do "Pura Maldad" dos Breakin' Bones ('Puerto Hurraco', 'Straight to Hell' e 'La Piel del Diablo'), e xa cara o final soaron tamén os Dead Wood, de novo 'Spirit Away' no minuto 51:50, pero mellor que lle metades unha escoita ao programa completo.


Trash#19

Aínda tiñamos pendente unha sesión da semana pasada.
Aquí vai case unha hora de sesión da entrega mensual de Trash! do venres 7. 
Todo da nosa basura preferida... Metédelle volume!!

Psych.Munstaphà "Trash#19"
(sesión Rif-Rock 7 abr.2017)
faite con trash#19 aquí.


domingo, 16 de abril de 2017

Dead Wood

Ahí tedes ós Dead Wood de volta no Rif-Rock!!
Catro meses despois da presentación do single con Ulomanía Coop naquela inesquecible sesión vermú, volveron na súa xira Spirit Away Tour. Nesta ocasión en quinteto, co Sheriff Lorre, Doble M, Rufus el Guarro, Michi Calambres e Javi Casmans na zanfona. Menudo show nos ofreceron!
Gracias cracks!! sempre quedamos con ganas de máis...


sábado, 15 de abril de 2017

Esta noite DEAD WOOD en directo

Esta noite volven DEAD WOOD ao Rif-Rock! 
Continúa a súa xira Spirit Away Tour, presentando o seu single "Spirit Away b/w CBA Blues" lanzado por Ulomanía Coop. 
Será este sábado 15 de abril. Non vo-lo perdades!!


viernes, 14 de abril de 2017

Dead Wood "Spirit Away b/w CBA Blues"

A estas alturas non nos podemos crer que quede algún despistado sen coñecer o debut dos DEAD WOOD con Ulomanía Coop. Pero por se acaso, ahí vai outra crónica desta pequena xoia.

DEAD WOOD
"Spirit Away b/w C.B.A. Blues"
(Ulomanía Coop., 2017)

Logo da ano e medio rodando, chega o esperado debut dos Dead Wood.  Un single en vinilo de sete pulgadas con "Spirit Away b/w C.B.A. Blues", nunha edición limitada de 250 copias numeradas, que ademáis foi a primeira referencia do selo Ulomanía Coop. 
Son só dous temas que sirven de mostra da vesatilidade da banda sen perder o seu son característico, coa voz e guitarras acústicas do Sheriff Lorre, as percusións delirantes de Mr Bam Bam, e o salvaxe facer coas cordas de Breo Gun e Doble M. 
Na cara A 'Spirit Away', como expoñente dunha das principais liñas da banda, deixándose levar pola música de raiz nortemaricana máis primitiva. É a busca do espiritu dos devanceiros, perdido co paso dos anos e as xeracións, polo afastamento do contacto directo entre home e natureza, de ahí profundidade dos coros, e a rica sección de cordas, con guitarras acústicas,  banjo e baixo, que se solapan unhas a outras e se ceden o protagonismo continuamente.
Na cara b, 'CBA Blues', unha rareza da banda, unha peza de blues urxente, cruda e sinxela, que nos leva aos antecedentes maís garaxeiros da banda, e que fala de outra das súas debilidades, o básquet. Unha road movie que, por suposto, é outra historia de perdedores. Por 'CBA blues' se coñecía aos xogadores da liga estadounidense CBA, a máis antiga do mundo, pero sempre unha liga menor á sombra doutras competicións, sendo a máis espectacular e a máis innovadora, os equipos percorrían miles de kilómetros para xogar ante un puñado de espectadores por soldos mínimos. De ahí o ritmo de tobogán que pode lembrar a frat rock e o hot rod, todo enriquecido co slide de Doble M e a armónica de Michi Calambres.
Todo gravado no KSF Estudio da Illa de Arousa coa produción de Victor "Karallada" García, e lanzado coa ilustración e deseños de Rubén Suárez.
E isto só é o comezo de todo o que nos teñen que amosar, o primeiro do moito material que se publicará nos próximos meses en distintos formatos. Atentos! 

The Black Lips 'Squatting in Heaven'

Xa levabamos tempo con gañas de material novo dos Black Lips. E por fín aquí temos o primeiro adianto do  seu próximo álbum "Satan's graffiti or God's art?" (Vice Music) con saída para o 5 de maio. O tema 'Squatting in Heaven' para que nos vaiamos preparando para o que parece outra volta de torca e deixarnos con gañas de máis.


jueves, 13 de abril de 2017

Os Breakin' Bones en El Sótano de Radio 3

Esta semana soaron os BREAKIN' BONES en El Sótano de Radio 3
O pasado martes (11 de abril) Diego RJ enganchou a sección de Perrotti coas novidades pinchando o tema 'Straight to Hell' do seu ep "Pura Maldad" e sonou coma unha auténtica apisonadora. 
Escoitádeo completo, pero se non tedes tempo, están no min. 38:40.
Outra vez as referencias de Ulomanía Coop colándose no noso programa de radio favorito, a ver se repiten pronto.



miércoles, 12 de abril de 2017

esta semana de mércores a sábado!!

Nestes días de Semana Santa, aproveitamos as vacacións para abrir de mércores a sábado! Dende esta mesma noite PartiAllNite cos RifRocKerZ na cabina.
E o sábado rematamos a semana cos Dead Wood en directo.
Non vo-lo perdades!!


The Clash "The Clash"

O fin de semana pasada cumpríanse 40 anos do lanzamento dun dos álbumes fundamentais para o punk británico e todo o que veu despois. The Clash debutaban cun álbum homónimo. Joe Strummer e Mick Jones en plena forma, lanzando trallazos de punk combativo combinado co pop e o rock dos 50s, e introducindo todos eses sons xamaicanos a ritmo de ska e reggae. Era outra cousa distinta a todo o anterior, e todo o que aínda tiñan que amosarnos...
Un álbum que comeza con 'Janie Jones', 'Whtie Riot', a versión punk reggae party do 'Police & Thieves' de Lee Scratch Perry, e a miña favorita da banda 'London's Burning'. E só era o comezo. Un imprescindible.

THE CLASH "The Clash"
(CBS Records, 1977)




martes, 11 de abril de 2017

Bala "Lume"

Hai un mes que saiu o segundo largo de Bala e aínda non vo-lo recomendamos!
Se vos gustou o seu debut "Human Flesh", este "Lume" é a súa confirmación e vai moito máis alá. Máis contundente, máis intenso e máis rápido. Son nove temas con 25 minutos de pura tralla, que abren con 'Colmillos' que te pode boar a cabeza na primeira escoita, baixan volocidade en aumentan ritmo en 'Upside Down' e 'Omertá', para volver con 'Vitamina' a toda velocidade, a contundencia de 'Luces' e rematan ben contundentes con 'Flapper' 'Vives' e 'Humo' sen dar un só momento de tregua. 
Recomendado, pero con coidado que queima.
Podedes mercalo e escoitalo completo no bandcamp de Matapadre.

BALA "Lume"
(Matapadre, 2017)



lunes, 10 de abril de 2017

Sáb.15: DEAD WOOD en directo

Esta semana volven DEAD WOOD ao Rif-Rock! 
Continúa a súa xira Spirit Away Tour, presentando o seu single "Spirit Away b/w CBA Blues" lanzado por Ulomanía Coop. 
Será este sábado 15 de abril. Non vo-lo perdades!!


jueves, 6 de abril de 2017

Guided by Voices "August by Cake"

Novo álbum dos Guided by Voices!! Un trallo tremendo co que conmemoran o 30º aniversario dende o seu comezo, pero que ademáis fai o álbum número 100 composto polo incansable Robert Pollard! 
Por iso este "August by Cake" non podía ser un álbum máis. Trátase do primeiro álbum dobre da carreira do Pollard, con 32 temas e máis de 70 minutos de duración. Polo contido, o de sempre, xa sabedes, power pop intenso, temas a medio facer, lo-fi, melodías perfectas, e cando lle mete ben de guitarras roza a perfección. Ou os amas ou non podes con eles, pero desta vez parece que selle adicaron tempo para facer un auténtico discazo, dos máis rítimicos e guitarreiros da súa carreira. Por non tolear demasiado cos temas recoméndovos tres para comezar 'Absent the Man', 'Escape to Phoenix' e 'Sudden Fiction'.
A única pega que lle podo poñer: a portada, beben para celebralo, aínda que a min gustaríame máis un collage coma os de toda a vida da banda. O resto fantástico. Noraboa Pollard & cía!! Un discazo.
Sae mañán mesmo.

GUIDED BY VOICES "August by Cake"
(Guided by Voices Inc., 2017)



Flamin' Groovies 'Slow Death'

Temazo para este fin de semana. 
Sempre está ben recuperar este 'Slow Death' dos Flamin' Groovies, pero ademáis con este vídeo aínda máis.
'Slow Death' foi composta por Roy Loney e Cyril Jordan en 1971, logo da publicación do fantástico "Teenage Head" (Kama Sutra, 1971), pero aquel mesmo ano Loney abnadonou a banda, sendo sustituído por Chris Wilson na guitarra e voces. Os Flamin' Groovies tiveron un parón importante, e non publicaron ningún álbum máis ata o "Shake Some Action" (Sire Recs) en 1976, agás dous singles que lanzou United Artists en 1972 cando a banda apenas tiña actividade e con aqueles temas que estaban gravados e aínda non viran a luz. Ahí estaba 'Slow Death' que se publicou nun 7'' xunto con 'Tallahassie Lassie'.

En realidade o recuperamos, porque esta semana publicouse na web Dangerous Minds un audio do 'Slow Death' en directo en San Francisco de 1971, interpretado aínda por Roy Loney (audio soundcloud aquí), ademáis do video en directo na TV xa con Wilson no seu lugar. Dous documentos fantásticos.


miércoles, 5 de abril de 2017

Los Wavy Gravies

E máis recomendacións.
LOS WAVY GRAVIES estarán en directo en Vigo, o sábado 8 de abril en La Pecera dende as 22:30h. Unha sesión dobre que comeza en horario de tarde cos Family Folks. Un planazo se estades por Vigo.


Isi Vaamonde & Sito Suárez

Recomendación para este fin de semana.
Isi Vaamonde en directo, acompañado por Sito Suárez nas guitarras, e algunha sorpresa maís. Este venres 7 de abril no Pub Brothers. 23:30h.
O poster sobre foto de Julián Callejo.


The Limboos "Limbootica"

Xa está aquí o novo traballo de The Limboos! un auténtico discazo que que supera con creces as espectativas. "Limbootica" (Penniman Records) saíu o mes pasado, e son once novos temas desa trituradora de rhythm'n'blues que xa é marca da casa, ao que engaden toques de swing, boogaloo, calypso e un pouco máis de rock para conseguir esa mestura explosiva de baile, con nova formación respecto ao anterior e coa produción de Mike Mariconda.
Abre coa enorme 'I don't buy it' que xa fora o adianto do álbum, e tamén inclúen 'I'm a fool', que xa aparecera como cara b do seu 7'' do ano pasado (con 'I need your Lovin' na cara A), 'Been whole a lot of time' é outro pelotazo que segue a mesma liña de coros blues e case gospel, as instrumentais 'Crazy Rhumba' ou 'Rough Trip', ademáis de temas enfocados directametne a movelas cadeiras coma 'Calypso Drunk', 'Danzón#13', '(Uh Huh) No Business Next To Mine', e cara o final 'No troubles' en plan clasicazo de blues, e para rematar 'Lies' para deixarnos con gañas de máis ata a seguinte entrega.
Podedes escoitalo completo no seu bandcamp, pero mellor que vos fagades co voso exemplar xa, porque voan. Menudo discazo, recomendación obrigada!!


THE LIMBOOS "Limbootica"
(Penniman Records, 2017)



martes, 4 de abril de 2017

Programación Abril2017

Aquí tedes a programación completa do Rif-Rock para este mes de abril:

· Venres 7 abr: Trash!
· Sábado 15 abr: DEAD WOOD en directo 23:45h.
· Sábado 22 abr: PTOOFF! 
· Venres 28 abr: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!

Ademáis en Samana Santa, estaremos de mércores a sábado co horario habitual. 
Non vo-lo perdades!!


Ven.28: Black Grooves!


Sáb.22: Ptooff!

En abril teremos nova sesión de Ptooff na nosa cabina.
Escolleu a obra "Neon Door" de Gavin Turk para ilustra-lo poster, nós nin idea de por donde van os tiros. Teredes que vir para comprobalo.


Sab.15: DEAD WOOD en directo

Este mes volven DEAD WOOD ao Rif-Rock! na súa xira Spirit Away Tour, presentando o seu single "Spirit Away b/w CBA Blues" publicado por Ulomanía Coop. 
Será o sábado 15 de abril, en plenas vacacións de semana santa. 
Non vo-lo perdades!!


Ven.7: Trash!


lunes, 3 de abril de 2017

Lonnie Brooks

Lonnie Brooks (Lee Baker Jr.)
1933 - 2017

foto: Kirk West Photography

Où Sont Les Femmes? 2017


Coa sesión sorpresa do venres pasado damos por rematado co material desta edición de Où Sont Les Femmes? na que houbo cancelacións de última hora, cambios de data e bonus tracks, na que finalmente participaron cinco das nosas mellores amigas para facerse cargo da selección musical do Rif-Rock durante todo o mes de marzo: Marinocha, Bimba Pop, Pau Pau a Go-Gó!, Reckless Daughter e RoccoDj.
Podedes ir repasando o material, posters, fotos e as dúas sesións que polo momento nos enviaron, seguindo a etiqueta Où Sont Les Femmes?.
Se queredes ir directamente ás sesións, aquí tedes a de Marinocha do 4 de marzo, e a de Pau Pau a GoGó! do sábado 18, se aparece algunha máis actualizaremos
Todo un pracer organizar programácións coma esta.
Moitas grazas ás protagonistas. O próximo ano máis!.