jueves, 27 de abril de 2017

Priests "Nothing Feels Natural"

Comezamos coas recomendacións discográficas desta semana.
O primeiro que vos traemos e o álbum de debut de Priests. Son un cuarteto de Washington DC, con varias demos e un EP do 2014, e chegamos a eles por recomendación de Dischord. En febreiro deste ano lanzaron este "Nothing Feels Natural", un lp de 10 temas de punk, post todo, con moito pop, moito noise, moito lo-fi, algo de surf e moito ritmo por encima de todo. Comezan con 'Appropriate', unha marabilla de post-punk que nos devolve á mellor época do xénero de finais dos 70s nos seus primeiros dous minutos, pero que logo alongan máis alá dos cinco minutos coma se estivesen posuídos polos Sonic Youth. Seguen con 'JJ', pop con toques surf e a mesma rítmica post punkda anterior, e aínda na segudna canción e xa non te podes quitar da cabeza esa voz de Katie Alice Greer. Na segunda parte do álbum suben a intensidade, aumentan as pistas de guitarra e saturación, e os temas volven a alongarse con 'Nothing Feels Natural' ou 'Pink White House', e para rematar as máis revival do álbum, 'Puff' e 'Suck' que nos remiten directamente a moitas das bandas dos post-punk da súa época orixinal. Fresco coma poucos nestes meses, e con media hora que pasa voando. Recomendado!.

PRIESTS "Nothing Feels Natural"
(Sister Polygon Records, 2017)




No hay comentarios: