jueves, 20 de abril de 2017

The Black Angels "Death Song"

Comezamos coa recomendacións desta semana.
Uns que volven con novo traballo son os texanos The Black Angels. Hai anos estaríamos emocionados, pero despois de catro anos sen sacar álbum moitas outras bandas colleron o seu relevo na psychodelia máis contundente. O seu anterior disco "Indigo Meadow" do 2013 foi unha auténtica maravilla que rebaixaba toda a brasa anterior e rebuscaba máis nos sons máis escuros e orixinais dos 60s. Desta vez tentan algo semellante pero o resultado non é o mesmo. Co título "Death Song" completan o xogo de palabras en referencia á Velvet Underground que sempre foi máis que evidente, pero afástanse más desa esencia cun son que pretende actualizarse. Coma mostra 'Currency' o tema que abre o álbum e que foi o single de presentación, que comenza lento e denso coma nas súas primeiras entregas, que vai crecendo e remata coma un cañonazo máis habitual en bandas coma os Thee Oh Sees, 'I'd Kill for her' é das máis dinámicas do disco e aínda que con velocidade más rápida do que nos teñen acostumado tamén é outro pelotazo con moitas señas marca da casa. Máis adiante deslumbran con 'Comanche Moon', case inspirado nas tonadas dos 13th Floor Elevators, i é que no 2014 lanzaron un 7'' autoproducido co mesmísimo Roky Erickson ("Thank Good for Civilization / Bo Diddly's A Headhunter"), e partir de ahí o disco convértese nun auténtico tostón innecesario, ás veces polas cancións, ás veces polo son que non parece o máis axeitado no formal... por momentos ata con pretensión de baile ('Medicine'). Pero coas do inicio xa é bastante. 
Metédelle unha escoita e xa me diredes.

THE BLACK ANGELS "Death Song"
(Partisan Records, 2017)




No hay comentarios: