martes, 31 de julio de 2012

'Lonely Boy' por DrisFari...

Impresionante documento!!!!
En medio dos sucesivos concursos de clipmetraxes que están promovendo The Black Keys para que os fans realicen versións apócrifas dos seu hit 'Lonely Boy' para gañar viaxes ós seus concertos e todo iso... aquí tedes a peza maestra que DrisFari enviou ó último concurso Lonely Boy Project, 100% grabado no Rif-Rock!!! gran realizador, e gran bailarín, coa colaboración de Marinocha e todo baixo a dirección de Denis... vós diredes que vos parece, eu casi morro coa risa... lástima de non estar presente na rodaxe!!! que grande eres H.


60 Festa do Albariño

Hoxe martes comezamos... ata o domingo da Festa do Bigote. 
6 días seguidos de RifRocKerZ. De martes a domingo dende as 23:00h.
Que comece o Albariño de barbudos!!!


lunes, 30 de julio de 2012

4ª Festa do Bigote: bases do concurso

Bigotudos!!! frikis!! aspirantes a Super Erre!!! RifRocKerZ todos!!! 
e os que non poidades traballar o seguinte luns... 
xa só queda unha semana: este 5 de agosto, Domingo do Albariño, celebraremos no Rif-rock a solemne 
4ª edición da FESTA DO BIGOTE
Que comece o Albariño de barbudos!!!


E aquí están as bases do concurso para a 4ª Festa do Bigote:

Festa do Bigote comeza oficialmente no Rif-Rock despois dos fogos do domingo que clausuran as festas do Albariño (5 de agosto, ou sexa que para os tikismiquis, como é despois da medianoite pois na madrugada do dia 6). 

Prégase a tódo-los asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non, o que non leve o mostacho posto acudirá únicamente baixo a súa responsabilidade, a organización non se fai responsable do que lle poida pasar na súa cara ou na roupa...

Este ano teremos novamente dúas categorías a concurso: 
Mostacho Absoluto, e o Bigote Falso.

Categoría do MOSTACHO ABSOLUTO (campión dos mostachos): 
- todo pelo natural na cara do suxeito participante. 
- valorarase tamaño, lonxitude e orixinalidade.

Categoría de BIGOTE FALSO:
- inclúense nesta categoria os mostachos falsos: pintados ou postizos.
- coma na categoría anterior, preferiblemente na cara.

Nas dúas categorías, os disfraces, pinturas, complementos, performances e demáis elementos extras non teñen porqué puntuar estrictamente na votación, pero seguro que axudan a suxestionar ó xurado.
A entrega de premios se celebrará aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa aínda durará un par de horas máis) tra-la deliberación do xurado, que estará formado polos responsables do Rif-Rock e Cambados(TK). 

Os aspirantes deberán estar no local durante a deliberación así como para a recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación.

* E por suposto: A organización resérvase o dereito de retirar, suspender ou modificar o concurso e modificar o contido das presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza calquera circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable.

** Para reclamacións, denuncias de complot e demáis percances, mellor que o traides todo de casa por escrito, que igual o día seguinte xa non nos lembramos...

Se hai máis novas seguiremos informando neste blog dos RifRocKerZ ou no noso facebook.


sábado, 28 de julio de 2012

The Voorhees

Que grandes The Voorhees, gracias ós tres polo concerto de onte!!! cojonudo, así da gusto cumplir anos... para os videos e demáis imos a esperar a despois das festas...


jueves, 26 de julio de 2012

Este fin de semana THE VOORHEES en concerto

Este fin de semana rematamos co programa do 13º Aniversario:

Venres 27 de xullo:

THE VOORHEES 
en concerto dende as 23:30h.
directamente dende Camp Crystal Lake!!

Sábado 28 de xullo:
sesión de COMOMEPOS "Unleashed Selections"

Non vo-los perdades!!!


miércoles, 25 de julio de 2012

Reportaxe sobre o SPJ no Faro de Vigo

Hoxe mesmo no Faro de Vigo publicouse co gaio do Día de Galicia un suplemento especial, gran parte del esta adicado ó Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (SPJ) dirixido por Paco Charlín, e de toda a gran escena do jazz galego que puxeron en marcha e que reivindica como fundamental... 
non atopei o suplemento na web, así que aquí vos deixo as dúas primeiras páxinas, pero hai un par delas máis eh?

[Para ve-las ampliadas picade aquí: paxina1 - paxina2]




Dia da patria

e que isto siga sin ser lectura obrigada nas escolas...


Motörhead "Bomber"

E xa que estamos con Motörhead, ahí vai o álbum que máis me marcou desta banda, por suposto por se-lo primeiro que chegou ás miñas mans, da súa primeira época, "Bomber" o seu terceiro álbum de 1979, de cando aquelo de que Motörhead ía sela banda de rock máis sucia do mundo!! Outros teredes os vosos clásicos, pero para min 'Dead man tell no tales', 'Poison', 'Stone Dead forever' e 'All the aces' sempre serán as miñas. Lemmy ís God!!

MOTÖRHEAD "Bomber"
(Bronze Recs, 1979)


faite con Bomber e o resto da súa discografía en Warriors of Metal.


martes, 24 de julio de 2012

"Lemmy. The Movie"

Hai un par de semanas puiden ver na tv esta maravilla que levaba tempo querendo facelo... trátase do documental "Lemmy" sobre Lemmy Kilmister, o mítico lider de Motörhead, e que máis alá de facer un repaso cronolóxico dos éxitos e fracasos da súa carreira musical, en realidade fai unha especie de repaso ó modo de vida dunha estrela do rock dos de antes, da vella escola, dos que conseguen con toda naturalidade recrea-lo seu particular universo neste planeta coma se fora un tipo normal... Está dirixido por Greg Olliver e Wes Orshoski, que en realidade se adicaron a seguir a Lemmy e compartir estancias con el ó longo de tres anos, na súa casa, no seu bar, no seu barrio, de xira, contando o asunto con Hawkind, e ata dirixindo un tanque vestido cun auténtico uniforme das SS... e finalmente foi estrenado na edición do festival SXSW do 2010. 
Podedes botarlle un ollo a unha boa reseña sobre "Lemmy" en Jot Down, e descargalo por moreas de sitios, tremendo!!!


LEMMY, The Movie (49% motherf**ker, 51% son of a bitch).
2010 USA. dir: Greg Olliver e Wes Orshoski.

Aquí o tedes subtitulado en castelán en oito partes (déixovos a primeira e seguide) 
e aquí o tedes completo e versión orixinal:


lunes, 23 de julio de 2012

Venres 27 THE VOORHEES en concerto!!!

Este Venres (27 xullo) non perdades o último concerto do noso 13º Aniversario, en directo dende Camp Crystal Lake, chegan THE VOORHEES!!!


domingo, 22 de julio de 2012

4ª Festa do Bigote (faltan dúas semanas)

Señoras, señores: faltan dúas semanas!!! 
4ª FESTA DO BIGOTE
como xa sabedes será o domingo do Albariño, 5 de agosto. Nesta semana publicaremos a polémicas bases, q xa sabedes que logo non serven para nada...


viernes, 20 de julio de 2012

Este fin de semana: Marinocha Vs Jomitallas, e Cacatone!!!

Este fin de semana continuamos co noso programa do 13º Aniversario.
Esta mesma noite (Venres 20) sesión que enfrontará na nosa cabina ós membros do clube imposible de pop MARINOCHA Vs. JOMITALLAS.
E mañán (Sáb.21) o rhythm'n'blues elegante e os calambrazos trogloditas de MICHI CACATONE.
Non vo-lo perdades!!!



jueves, 19 de julio de 2012

RifRocKerZ de Verán #3


RifRocKerZ de Verán #2


RifRocKerZ de Verán #1


CAN "The Lost Tapes"

Hai un par de meses xa vos anunciaba a chegada do box set con grabacións inéditas de CAN, pois ben, por fin caeu nas miñas mans!!! fenomenal!!!

The Lost Tapes é unha caixa con tres volumes que conterán temas inéditos atopados nos seus propios estudios de Weilerswist, cando todo o seu material foi trasladado tra-la súa donación ó Museo do Rock Alemán. Son temas comprendidos entre os anos 1968 e 1977, e seleccionados polos propios Irmin Schmidt and Daniel Miller, e maioritariamente se tratan de temas compostos para bandas sonoras que foron descartados, ou que directamente os proxectos foron cancelados, e completado con uns cantos temas en directo, así que xa vos podedes imaxinar que tirarán máis pola súa vea psicodélica que polo kraut puro e duro (co cal os menos fanáticos do motorik estarán encantados). Nas sesións participan Holger Czukay, Michael Karoli, Jaki Liebezeit, Irmin Schmidt, e inclúen tamén ós seus dous cantantes Malcom Mooney e Damo Suzuki. 


CAN "The Lost Tapes (Box Set)"
(Spoon/Mute Records, 2012)


facédevos coas Lost Tapes en NewAlbumReleases.

Los Straitjackets "That 70s Single"

Agora sí que xa parece que chega o verán, o Rif-Rock comeza a abrir días de semana, e sae un novo single de Los Straitjackets!!! "That 70s Single" que inclúe dous temas, na cara a 'Surf#49' que e unha versión do 'Funk#49' de James Gang, e pola cara b outro cover nesta ocasión do 'Rainy Night in Georgia' moito máis de relax... Xa non están no seu mellor momento, pero segue a ser obrigatorio segui-lo seu traballo.

LOS STRAITJACKETS "That 70s Single"
(Spinout Recs, 2012)


facédevos con Surf#49 en NosotrosSomosLosMuertos3.


martes, 17 de julio de 2012

XX Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra


THE WALNUT no Rif-Rock

Nas anteriores entradas xa tedes subido o concerto completo de THE WALNUT do pasado sábado, no que foi o primeiro prato forte do noso programa do 13º Aniversario do Rif-Rock. Rubén, Jaime, moitas gracias outra vez polo show. e lástima do accidente de última hora co ukelele, que nos quedamos sen un par de temas máis...
Ofrecéronnos un bo repaso de clásicos recentes do folk norteamericano coma Ben Harper, Jack Johnson ou Eddie Vedder, pasando por Incubus ou Mother Love Bone, e outros xa eternos coma Bruce Hornsby ou o final co sempre refrescante tema de Baywatch... 
E coma é habitual, para os que o perdíchedes, ou non vos deu a gaña de vir, ou para os que queirades voltar a escoitalo, aquí o tedes todo repartido en catro entradas [pt.1 - pt.2 - pt.3 - pt.4] ou todo seguido nunha lista de reproducción: The Walnut (Rif-Rock 14 xullo 2012).


The Walnut (concerto pt.1)


The Walnut (concerto pt.2)


The Walnut (concerto pt.3)


The Walnut (concerto pt.4)


lunes, 16 de julio de 2012

e comezamos a abrir os xoves

Sábado estupendo, Gracias a The Walnut polo show e a todos por vir!! a Kurco, á mestra reposteira e ós q as 7 de mañan tentaban cantar baixiño... nas próximas horas xa teremos subidos tódo-los vídeos do concerto, e o seguinte fin de semana máis... que por certo xa comezaremos a abrir os xoves eh???



viernes, 13 de julio de 2012

13º Aniversario: THE WALNUT en concerto

Este fin de semana comezamos co programa do noso 13º Aniversario!!!

Esta mesma noite (venres 13) comezamos cunha sesión lixeira, para ir quentando, 'Jason vai de Camping'.

e mañan sábado (14 xullo) apartires das 23:30h. 
THE WALNUT en concerto!!!
e despois sesión de Kurco SoundSystem

Non vo-lo perdades!!!


The Walnut nos 'Venres Arousa' de La Voz


jueves, 12 de julio de 2012

Jason vai de Camping...

Mañan comezamos co aniversario, de primeiro prato, unha sesión de quencemento, "Jason vai de camping", porque como cada venres 13 Jason Voorhees sempre volve a Camp Crystal Lake, así que aquí tedes un exhaustivo repaso de tódo-los irresponsables campistas que van a facerlle compañía... ayyyysss cabesiñas!!!

50 anos dos Rolling Stones

miércoles, 11 de julio de 2012

Mission of Burma "Unsound"

O mundo necesita a Mission of Burma, e máis coa que está caendo (podedes atopar case toda a súa discografía neste mesmo blog) e así os catro de Boston volven con bo criterio, unha vez máis con cada corte que ben podería pasar a converterse nun manifesto de acción. Acabo de facerme con el, así que nin podedes imaxinar as gañas que teño de destripalo...


MISSION OF BURMA "Unsound"
(Fire Records, 2012)


faite con Unsound en NewAlbumReleases.


The Stone Roses "Turns into Stone"

Agora que volven ós escenarios The Stone Roses, e este mesmo fin de semana actúan en Benicassim, é bo momento para recuperar este álbum apócrifo da súa discografia, que cumpre precisamente 20 anos. Digo apócrifo porque tralo éxito do seu álbum de debut, as disputas legais sobre os deireitos en medio da renegociación no novo contrato para o seguinte disco con Silverstone Records, a banda non podía publicar máis material co seu nome (ata que firmaron con Geffen para publicar o segundo álbum no 94), pero sen embargo Silverstone continuou publicando singles e material inédito, remixes e demáis. Este "Turns into Stone" de 1992 é unha compilación de caras-b, e distintas mesturas dos temas do seu álbum de debut, maiormente producidos e mesturados entre Peter Hook e John Leckie, e ahí stán difentes tomas de 'Elephant Stone', 'Mersey Paradise', 'Standing Here', ou as tremendas edicións extendidas do 'One Love' e de 'Fools Gold',  que logo se encargaron de fusilar mil e unha veces en novas recopilacións e reedicións, pero que conseguiron que as orixinais souberan a pouco...


THE STONE ROSES "Turns into Stone"
(Silverstone, 1992)


faite con Turns into Stone.

martes, 10 de julio de 2012

descarga sesión 'Marinocha de Malahostia'

Por fin!!! aquí está a selección que nos enviou Marinocha (aka Mia Wallas) da súa sesión do pasado día 30, e que por uns problemas técnicos tivemos que retrasar unha semana o de compartila con todos. Aquí a tedes, con 13 temas, que ó final non foron tan cabreados como parecía...


MARINOCHA "...de Malahostia"
(sesión Rif-Rock 30 de xuño 2012)
faite coa sesión de Marinocha!!!



Marinocha de Malahostia en acción...


lunes, 9 de julio de 2012

Breakin' Bones: álbum en breve...

Boas novas que nos envían os amigos BREAKIN' BONES

"Si Eddie Cochran viviese, estaría pensando en hacerse con el primer disco de Breakin' Bones, editado en breve por Producciones pollos y medios pollos".

Asi que agardamos impacientes!!! e seguramente vos poderedes facer co voso exemplar no Rif-Rock.


Esta semana comezamos co 13º Aniversario

Esta semana comezamos co programa dos noso 13º Aniversario.

O Venres 13 coa sesión "Jason vai de camping"

e o Sábado 14 teremos en concerto a THE WALNUT 
seguidos de KURCO SOUNDSYSTEM

Non vo-lo perdades!!!


viernes, 6 de julio de 2012

4ª Festa do Bigote, falta un mes

Falta xusto un mes, así que ahí vai un novo aviso, para que non digades que logo non vos dou tempo... 4ª Festa do Bigote!!


10 agosto: Afrobeat, Highlife & Voodoo Rhythm (Fela Kuti sesión intermitente)

E xa vos imos adiantando actividades para o mes de agosto, que xa haberá unhas cantas, para comezar coa resaca das festas, un pouco de afrobeat para ir recuperando o ritmo despois do Albariño, e conmemora-los 15 anos do pasamento do xigante Fela Kuti.
(o fondo do cartel, é por suposto de Basquiat eh?)


Albariño 2012

presentado o cartel da 60 Festa do Albariño.


The Men 'Open your Heart'

Esta semana non puidemos actualizar con normalidade o blog por motivos técnicos, pero xa vos compensaremos nas próximas semanas, pera retoma-la actividade ahí vai este video dos neoiorquinos The Men, que foi do que máis estivemos escoitando nesta semana...

jueves, 5 de julio de 2012

videoclips de Cans 2012 no Ultramarinos

Esta noite no Ultramarinos de Compostela, teremos a oportunidade de ver a selección completa do apartado de videoclips no Festival de Cans 2012. Unha oportunidade estupenda para os que nos perdimos o certame...