viernes, 31 de agosto de 2012

Esta noite, THE FORD BRONCOS na pr.Alfredo Brañas

Esta noite, festaza por todo o alto para despedi-lo verán na Praza de Alfredo Brañas cunha boa dose de rock'n'roll, os protagonistas serán os xermanos THE FORD BRONCOS, inmersos na xira de presentación do seu terceiro álbum "54°33’10°13’" (Hazelwood/Rough Trade, 2012), e que nos ofrecerán a súa divertida descarga de speedcountry & stomp 'n' roll, non vo-lo perdades, tremendo concerto, espectáculo asegurado!!! 
Venres 31 de agosto, dende as 22:30h.


David R. Valeiras en concerto

E por fin tedes aquí o concerto completo de David R. Valeiras, non é que o asunto leve retraso, pero é que había moito fan impaciente preguntando a diario polos videos... 
Pois aquí está, o concerto completo do pasado Venres 24 de agosto, noutra entrega heterodoxa das Jazzerz Live Series, e como vos prometéramos, retorcido, incisivo e aínda moito máis divertido. 
Son un total de 11 temas, con dúas versións dos seus ídolos Krahe e Ricky López, e o resto composicións propias. Un auténtico fenómeno. Unha vez máis gracias a David, a Comomepos Produccións polo duro traballo, e por suposto a tódo-los aistentes. 

Nas entradas previas téde-lo repartido en tres partes [pt.1 - pt.2 - pt.3] e aquí todo en lista de reproducción David R. Valeiras (Rif-Rock 24 agosto 2012).



David R. Valeiras (concerto pt.1)


David R. Valeiras (concerto pt.2)


David R. Valeiras (concerto pt.3)



jueves, 30 de agosto de 2012

The Allnight Workers, esta noite na Cidade da Cultura

Esta noite comeza a conta atrás do programa Atardecer no Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago, que durante todo o verán, e iso sí, con nula difusión, se levan sucedendo concertos bastante interesantes e de balde.

Os protagonistas desta noite serán os nosos amigos The Allnight Workers, mentres agardamos a saída do seu segundo traballo "Do it again, please" (Grabaciones de impacto), temos unha ocasión estupenda para desfrutalos de novo en directo.
Non vos perdades a súa descarga de rhythm'n'blues!!!


THE ALLNIGHT WORKERS
Xoves 30 agosto 2012, 21:00h.
Cidade da Cultura, Praza Exterior



Sebadoh "Secret EP"

E se Dinosaur Jr volven con novo álbum, o seu baixista Lou Barlow tamén retorna coa súa outra banda, Sebadoh, xunto con J.Loewenstien, que certamente nos interesa moito máis, e así nos traen material novo tras case 14 anos de silencio. Sebadoh sempre foron unha das miñas referencias así que estou encantado. "Secret EP" son cinco temas que funcionan como adianto do que será o seu próximo álbum, programado para os 2013, dende o seu bandcamp xa nos anuncian que este traballo é autoeditado e totalmente independente, e só poderedes atopar o cd nos seus concertos, así que tirade do bandcamp. A portada polo momento, terrible, pero xa teño unhas gañas locas de que chegue ese novo álbum...

SEBADOH "Secret EP"
(Sebadoh, 2012)


Pero xa tamén podedes facervos con SecretEP en NewAlbumReleases.


Dinosaur Jr. "I Bet on Sky"

Novo álbum de Dinosaur Jr. Saldrá aínda en 15 días pero xa o podedes atopar pola rede, a ver que vos parece...

DINOSAUR Jr. "I Bet on Sky"
(Jagiajuwar, 2012)


faite con I bet on sky en Novedades en Música Cuántica.


miércoles, 29 de agosto de 2012

Keith Project "demo"

Os habituais do local, xa sabedes que de vez en cando, membros de bandas interesadas en tocar ou en difundir o seu traballo, nos deixan no Rif-Rock as súas maquetas. Reordenando os discos dos últimos meses atopeime con este. O mes pasado un rapaz francés achegouse polo local a tomar algo e deixounos esta maqueta do seu grupo. A banda é KEITH PROJECT, e son de Guingamp, na Bretaña francesa. Esta demo contén catro temas contundentes e cunha producción bastante elaborada, cercanos ó stoner pero con moitos máis matices, seguro que a moitos vos gustarán...
Aquí tedes o seu myspace

KEITH PROJECT "demo"
(autoprod.K.P. 2012)




martes, 28 de agosto de 2012

A xira de 'A Máquina do Tempo' na TVG

Segue a xira de presentación do novo proxecto de Juan Carballo e Ramón Nuñez, o disco libro "A Máquina do Tempo" coma sempre ilustrado por Nuria Díaz. Unha mágoa que a súa data en Cambados coincidira co noso concerto no Rif-Rock de David R. Valeiras, pero en calqueira caso, este Venres (31 de agosto) tedes unha nova oportunidade de velos na comarca, será no Encontro de Barrantes dende as 23:00h.
Consulta toda a info na súa web: A Máquina do Tempo.
E aquí vos deixo o a entrevista que lles fixeron na TVG o pasado venres no Continental:

                               

Vuelta 2012


Hoxe mesmo comeza a semana máis importante da Vuelta a España 2012, coas etapas galegas e asturianas, que serán decisivas, pero sobre todo a que nos importa é a de mañan, a contrarreloxo Cambados-Pontevedra. Eu terei que vela por tv, pero con envexa sana de todos os que estedes polas rúas da vila, e por suposto animando ó amigo Veloso, ó que tivemos o pracer de montarlle a parcarta encargada polo VagoViños:


'Pussy Riot Liberdade' no Obradoiro


lunes, 27 de agosto de 2012

Pussy Riot "Kill the Sexist EP"

Esta é unha desas ocasións nas que non fai falla ningún tipo de presentación dunha banda, cada día nos xornais e na tv, polas terribles consecuencias da súa intervención na reconstruída Catedral do Cristo Salvador de Moscova. Pussy Riot son a extensión musical do colectivo Voina (Война) das que podedes ver múltiples de actuacións na web, e nos serve para indignarnos dende casa, pero tamén debería facernos reflexionar e decatarnos de que o desproporcionado das represalias na outra esquina de europa, cecais non estén tan alonxadas do que tería pasado aquí nun caso similar, e de que aínda que a miudo acaban pasando, sempre está ben recuperar o espíritu do Non pasarán que Nadezhda Tolokonnikova se encargou de lembrarnos coa súa camiseta. 
O ep "Kill the Sexist" é de marzo deste ano, xusto despois dos acontecementos da catedral, compartímolo hoxe por que a semana pasada foron varios os que tiñan curiosidade por escoitalo, pero máis aló do musical, debería facernos abri-los ollos e reaccionar para non ir no mesmo camiño da Rusia de Putin...

Liberdades ás Pussy Riot!! 
visita obrigatoria: Free Voina.

PUSSY RIOT "Kill the Sexist EP"
(Война, 2012)
faite co ep Killthesexist en RockdelMundoEntero.


Venres 31: THE FORD BRONCOS na praza Alfredo Brañas (festa fin de Verán)

Este Venres 31 de agosto, festaza por todo o alto para despedi-lo verán na Praza de Alfredo Brañas cunha boa dose de rock'n'roll, os protagonistas serán os xermanos THE FORD BRONCOS, inmersos na xira de presentación do seu terceiro álbum "54°33’10°13’" (Hazelwood/Rough Trade, 2012), e que nos ofrecerán a súa divertida descarga de speedcountry & stomp 'n' roll, non vo-lo perdades, tremendo concerto, espectáculo asegurado!!! dende as 22:30h.


sábado, 25 de agosto de 2012

David R. Valeiras

Pero q enorme o de onte de David R. Valeiras!!! a estas horas aínda non paro de rir.... e que profesionales os de Comomepos Producións, (coristas incluídos) moitas gracias fenómenos! e a todos por vir, claro.
Nos próximos días fotos e videos.


viernes, 24 de agosto de 2012

Esta noita DAVID R. VALEIRAS en concerto!!

Este noite (Venres 24 de agosto) voltamos coa música en directo no Rif-Rock, o protagonista será o ourensano DAVID R. VALEIRAS, que chega por cortesía de Comomepos Producións, quenes directamente nos presentan ó cantautor: 

"Chegado dende Ourense, David R. Valeiras ven coas súas dúas únicas armas: a súa guitarra e o seu kazoo. De verborrea incontrolable e serio semblante, mostrará as súas múltiples caras a través do seu repertorio. E é que este fillo bastardo de Javier Krahe non se anda con rodeos".


Retorcido, incisivo e divertido, non vo-lo perdades!!
Será este Venres 24 de agosto, coma sempre dende as 23:30h.



entrevista a David R. Valeiras en La Voz de Galicia

Aquí tedes a entrevista con David R. Valeiras que publicaron hoxe no Viernes de Arousa de La Voz de Galicia, presentando o concerto desta noite no Rif-Rock.
*(novamente, o da foto non é el, que cruz ten este rapaz co marketing!!)

jueves, 23 de agosto de 2012

The Phantom Keys "Gloria's Nightmare / Just a little beat" novo 7''

Tralo seu retorno editorial con "The Real Sounds of..." The Phantom Keys volven á carga cun novo 7'', con dous temas grabados nas mesmas sesións que o álbum, trátase de 'Gloria's Nightmare' un tema propio moito máis psicodélico (un guiño ó reverso de Gloria's Dream, supoño) e 'Just a Little Beat' que é unha versión do clásico R&B de Rosco Gordon. O meu xa o teño na casa, así que non vos conformedes con escoitalos no bandcamp.
Encárgao na web de Folc Records.

THE PHANTOM KEYS "Gloria's Nightmare / Just a Little Beat" 7''
(Folc Records, 2012)







miércoles, 22 de agosto de 2012

Nick Waterhouse "Time's All Gone"

O primeiro lp de Nick Waterhouse está a ser unha das sensacións da tempada. Este xoven de San Francisco é un obsesionado do rhythm'n'blues  e o soul orixinal máis purista, chegando a empregar mesas analóxicas auténticas dos míticos estudios dos selos Chess ou Stax. Despois de producir varios traballos lanzouse co seu propio material, primeiro varios 7'' (algún 8'') e tra-lo ep do ano pasado ("Is that clear") a comezos de verán publicou o seu primeiro lp, este fantástico "Time's All Gone", que inclúe tres temas do anterior ep 'Is that Clear', 'Some Place', e a versión dos Them 'I Can only give you everything' en clave Motown, e que completa con outras sete xoias do xénero, máis escuras e rítmicas como 'Say I wanna Know', 'Dont forget it' ou as dúas partes do 'Time's All Gone'. Tremendo, do mellor que escoitei en bastante tempo!!!

NICK WATERHOUSE "Time's All Gone"
(Innovative Leisure, 2012)


facédevos con Time's All Gone en La Taberna Cavernícola.


concurso dos Breakin' Bones

Xa queda moi pouco para a saída do primeiro álbum dos psychobillys vigueses BREAKIN' BONES, e nun alarde de mercadotecnia nos propoñen un concurso de fotos coas camisetas do grupo, o premio por suposto un exemplar do seu álbum, ahí o tedes:

"Hemos decidido crear un concurso en el que premiaremos las mejores fotos en las que los retratados posen con la camiseta de Breakin´Bones, el premio...pues una copia de nuestro flamante disco, os invitamos a enviar estas imágenes a: breakin.bones@yahoo.es antes del 11 de septiembre".



martes, 21 de agosto de 2012

presentación de Hugin e Munin

E máis actividades para o Venres 24, unha presentación á que nos convidan as librarías Contos e Ramón Cabanillas, trátase das novas publicacións da editorial Hugin e Munin.



A Máquina do Tempo no Continental

Este Venres 24 presentación no Continental de "A Máquina do tempo", un disco libro de Juan Carballo, Ramón Núñez e Nuria Díaz.
Visita a web A Máquina do Tempo.


lunes, 20 de agosto de 2012

Venres 24: DAVID R. VALEIRAS en concerto

Este Venres voltamos coa música en directo no Rif-Rock, o protagonista será o ourensano DAVID R. VALEIRAS, que chega por cortesía de Comomepos Producións, quenes directamente nos presentan ó cantautor: 
"Chegado dende Ourense, David R. Valeiras ven coas súas dúas únicas armas: a súa guitarra e o seu kazoo. De verborrea incontrolable e serio semblante, mostrará as súas múltiples caras a través do seu repertorio. E é que este fillo bastardo de Javier Krahe non se anda con rodeos".

Retorcido, incisivo e divertido, non vo-lo perdades!!
Será este Venres 24 de agosto, coma sempre dende as 23:30h.


jueves, 16 de agosto de 2012

Xoves!!! dende as 23:00h... máis RifRocKerZ!!!


Zen Guerrilla 'Trouble Shake'

David Falcón. descarga demo

Esta é a demo promocional que en maio deste ano editamos no Rif-Rock para regalar ós asistentes ó concerto de DAVID FALCÓN. Nesta demo atoparedes cinco temas, todos de composición propia, e grabados en maio do 2012, os tres últimos pertencen ó seu blog Pictures in Stereo. Para un orixinal, xa sabedes, estivérades alí, pero para os que non, aquí tedes o enlace para descargalo, en mp3 a 320kbps e as portadas e deseños en tamaño orixinal. Que o desfrutedes, e difundídeo pola rede!!!





descarga "Afrobeat & Voodoo Rhythm Vol.3"

Aquí tedes unha selección de pouco máis de unha hora da sesión intermitente do pasado venres coa que conmemorábamos os 15 anos sen Fela Kuti, aquí tedes nunha pista once cortes de Fela Kuti en varias etapas da súa carreira, El Rego, The Uhuru Dance Band, Mahotella Queens, Oneness of Juju, Bra Sello ou Phillip Malela entre outros... ahí vai:

Psych.Munstaphà "Afrobeat, Highlife & Voodoo Rhythm Vol.3"
(sesión Rif-Rock 10 agosto 2012)
faite con Afrobeat#3


Venres 24: David R. Valeiras en concerto

E para que o fin do verán non se faga moi duro xa estamos programando unhas cantas historias, en primeiro lugar, unha nova entrega dos acústicos das Jazzerz Live Series, e nesta ocasión tampouco é jazz, pero xa sabedes que polo formato acústico van con esta etiqueta... 

O protagonista será DAVID R. VALEIRAS, un ourensano que chega ó Rif-Rock da man de Comomepos Producións, quenes directamente nos presentan ó artista: "Chegado dende Ourense, David R. Valeiras ven coas súas dúas únicas armas: a súa guitarra e o seu kazoo. De verborrea incontrolable e serio semblante, mostrará as súas múltiples caras a través do seu repertorio. E é que este fillo bastardo de Javier Krahe non se anda con rodeos".

Será o próximo Venres 24 de agosto, coma sempre dende as 23:30h.




David R. Valeiras

miércoles, 15 de agosto de 2012

Venres 17: Entroido de Verán

e despois de aprazamento xa temos todo listo...
Venres 17 agosto

ENTROIDO DE VERÁN 
na Praza Alfredo Brañas 
dende as 19:00 cucañas e xogos para nenos
e dende as 22:00 DJs na praza

organizan: A Leria, Rif-Rock, Fico's, Brothers e Penkito
Nion fatedes!!!


Living Colour 7''

E uns cantos 7'' máis para a colección...


martes, 14 de agosto de 2012

Hüsker Dü "Land Speed Record"

E deixando ó marxe ás novidades, agora unha reliquia coa que me acabo de facer por fin!!! o primeiro álbum dos meus queridos Hüsker Dü, en vinilo na súa edición orixinal de 1982, e ademáis tirado de precio e nun estado impecable, máis non se pode pedir!!! "Land Speed Record" é o álbum de debut da banda de Minneapolis, un album grabado en directo en agosto de 1981, que lonxe do son posterior da banda, é hardcore furiose e superacelerado, con 17 temas en 26 minutos, grabado cun 2 pistas, que a comezos de 1982 foi publicado por New Alliance Records, o selo de Mike Watt (dos Minutemen), e que logo sería reeditado por SST en 1987, durante os anos que a banda pertenceu á discográfica. Segundo o propio Bob Mould, o álbum é producto do excesos coas anfetas... en fin, unha marabilla que por fin é miña!!!

HÜSKER DÜ "Land Speed Record"
(New Alliance/SST Recs/Reflex music, 1982)


facédevos con Land Speed Record en download.f60s.



Redd Kross "Researching the Blues'

Este é sen dúbida o disco máis agardado da tempada, e ata da última década!!! Volven REDD KROSS, quince anos despois do "Show World" (Universal, 1997), e logo de máis de oito anos anunciando a saída inminente dun novo álbum, confirmar retrasos, cambiarlle o nome unha ducia de veces e de desmentir todo o anterior unha e outra vez. Por fin está aquí "Researching the Blues", e coma se nada, coma se fora a continuación de donde o deixaron e listo... power pop marca da casa dos seus últimos traballos, riffs impecables e melodías inesquecibles que comezan desta vez coma un cañonazo con 'Researching the Blues' (o mellor do álbum con moita diferencia), 'Stay away from downtown' (o single de presentación, o clip o tedes abaixo) e 'Uglier', para seguir con 'Dracula's daughters' e 'Meet Frankenstein' moito máis divertidas pero a cousa xa comeza a baixar, e segue xa máis plano no que é a cara b do lp, pero é que os irmáns McDonald sempre foron insuperables creando temazos, pero nunca diron coa fórmula para abordar un álbum completo, "Neurótica" (de 1987) é o máis completo e aínda así poderían sobrarlle un par de temas... pois aquí é unha cuestión ó menos de estructura, donde a cara a é o reencontro cos Redd Kross máis grandes, e a b un recheo de medios tempos que chegan a aburrir, así que quedádevos co bo do asunto, e a ver se os temos de novo de xira por aquí preto.

REDD KROSS "Researching the Blues"
(Merge Recs. 2012)


facédevos con researching the blues en NewAlbumReleases.


lunes, 13 de agosto de 2012

Venres 17 agosto: Entroido de Verán na praza Alfredo Brañas

Finalmente o ENTROIDO DE VERÁN que se ía celebrar mañán martes 14 na praza Alfredo Brañas, hai que deixalo para o Venres 17, por que para o martes o tempo igual se parecía demasiado ó de febreiro e a gracia non sería a mesma... vémonos o Venres!!!
Organizado por Rif-Rock, A Leria, Fico's, Penkito e Brothers.


viernes, 10 de agosto de 2012

Esta noite: Afrobeat, Highlife & Voodoo Rhythm (sesión de homenaxe a Fela Kuti)


Esta noite, toca facerlle unha homenaxe ó xigante Fela Kuti dende a cabina do Rif-Rock. O pasado 3 de agosto cumpríanse 15 anos do seu pasamento, así que preparádevos para unha sesión intermitente chea de afrobeat, highlife e ritmos vudú, con gran presencia do xenio nixeriano.
(repasa outras entradas con artigos libros e álbumes de Fela Kuti neste blog)



jueves, 9 de agosto de 2012

Fela Kuti 'Beasts of No Nation'

Mañán venres será a ocasión de rendirlle unha homenaxe ó descomunal Fela Kuti dende a cabina do Rif-Rock, pero desta vez non imos compartir un deses clásicos do afrobeat que tanto nos gustan, desta vez imos cara o final. Normalmente se identifica a última etapa da carreira de Fela Kuti, como un período menor no musical, e certamente coa xigantesca banda Egypt'80 tivo un certo retorno ó highlife da súa mocidade, con temas alongados de máis, que se facían eternos sen a rítmica dos anteriores Africa 70. Un Fela Kuti xa bastante enfermo, pero cada vez máis popular ó redor do mundo, aínda gardaba algún recurso. O seu maior éxito desta época foi sen dúbida a suite 'Beasts of No Nation' que era unha dura denuncia do apartheid na que acusaba directamente a Margaret Thatcher, Ronald Reagan e ó presidente sudafricano Pieter Willen Botha. Era 1989.



voltamos ós xoves

Despois da semana de festas, voltamos ó noso horario habitual, de xoves a sábado, así que esta noite máis RifRocKerZ!!!


miércoles, 8 de agosto de 2012

THE VOORHEES en concerto

Por mor do retraso ocasionado pola semana do Abariño, por fin xa tedes subido nas anteriores entradas tódo-los vídeos do concerto que clausuraba o programa do 13º Aniversario do Rif-Rock o venres 27 de xullo, e os encargados foron THE VOORHEES, power trío formado por Isidro 'Incomodo', Piti e o mestre Karlos Abal, que para esta ocasión prepararon un repertorio de clásicos de todo tipo, cuns cantos temas estrela inspirados en clásicos de terror, coma o impresionante horror-shock 'Murder in the Graveyard' de Screaming Lord Sutch, a versión reprise do 'Sympathy for the devil' dos Rolling Stones, ou Mr.Big, eternos da tv coma os Adams e os Munsters como escusa para longos desenrolos, incunables como a revisión do 'In the Pines' de Leadbelly, ou temas de bandas sonoras coma Urge Overkill ou Shivaree, e máis recentes coma o 'Bad Things' de Jace Everett para True Blood, e ata o 'Drácula Ye-yé' de Pajares vía Dr.Explosion...
Gracias de novo ós tres, tremendos coma sempre!!!

Nas anteriores entradas o tedes en tres partes [pt.1 - pt.2 - pt.3] e aquí todo seguido nunha lista de reproducción The Voorhees (Rif-Rock 27 xullo 2012).



The Voorhees (concerto pt.1)

The Voorhees (concerto pt.2)


The Voorhees (concerto pt.3)






liberdade para Pussy Riot!!!!


St. Maria, Virgin, Drive away Putin
Drive away! Drive away Putin!
(end chorus) 

Black robe, golden epaulettes
All parishioners are crawling and bowing 
The ghost of freedom is in heaven 
Gay pride sent to Siberia in chains 

The head of the KGB is their chief saint
Leads protesters to prison under escort 
In order not to offend the Holy 
Women have to give birth and to love 

Holy shit, shit, Lord's shit!
Holy shit, shit, Lord's shit! 
(Chorus)

St. Maria, Virgin, become a feminist 
Become a feminist, Become a feminist 
(end chorus) 

Church praises the rotten dictators
The cross-bearer procession of black limousines 
In school you are going to meet with a teacher-preacher 
Go to class - bring him money! 

Patriarch Gundyaev believes in Putin
Bitch, you better believed in God 
Belt of the Virgin is no substitute for mass-meetings 
In protest of our Ever-Virgin Mary! 
(Chorus)

St. Maria, Virgin, Drive away Putin 
Drive away! Drive away Putin! 
(end chorus)




Ven 10: Afrobeat, Highlife & Voodoo Rhythm (sesión de homenaxe a Fela Kuti)

O pasado 3 de agosto cumpríanse 15 anos do pasamento do xigantesco Fela Kuti, e unha vez pasadas as festas, xa toca facerlle unha nova homenaxe, será este venres 10, cunha sesión intermitente chea de afrobeat,   highlife e ritmos vudú, con gran presencia do xenio nixeriano.
(repasa outras entradas con artigos libros e álbumes de Fela Kuti neste blog)


martes, 7 de agosto de 2012

4ª Festa do Bigote, resumo

Xa pasou a 4ª Festa do Bigote
Festaza!!! moitas gracias a todos por vir, e participar, incluso algún/ha sin saber de que iba todo esto ata que entrou e se topou co que había dentro... 
Nesta edición moita xente, máis que nunca e poucos bigotes dignos de concurso, tanto que ata a implacable xuíza delegada de Cambados(tk) case declara a categoría absoluta como deserta. E sen embargo houbo moito máis nivel na categoría de postizos, e iso sí, cada vez máis disfraces, o que nos obrigará a establecer un novo premio para a edición do 2013.

Os galardoados desta edición foron:
- Premio Bigote Absoluto / Campión dos Mostachos: Eulogio Romero.
- Premio ó Bigote Postizo: María Daporta.
- Premio especial do xurado ó mellor atrezzo: Anaí López.
- Gran Premio de Honra 2012: Otto Balboa.

Todos recibiron a correspondente placa conmemorativa e un poster firmado polo gran Mister R, que unha vez máis quedou sen premio, pero máis que reconfortado ó recoller o Gran Premio de Honra do pequeno Otto, que obviamente non estaba alí para recollelo e supoño que pola mañan tería un super biberón especial...

Aquí vos deixo o video coa entrega de premios, que desta vez non foi presidida polo mestre Óscar, que tivo que delegar a dirección e presentación do show en Marinocha, que por suposto rematou aclamada polas masas...


e aquí tedes os catro galardoados deste ano, para o resto das fotos buscádeas no álbum de facebook.





Unha vez máis gracias a todos por participar!!! e xa podedes ir preparando algo para a 5ª Festa do Bigote!! será o Domingo 4 de agosto do 2013!!

sábado, 4 de agosto de 2012

4ª Festa do Bigote

Xa non avisamos máis!!! mañan 5 de agosto, Domingo do Albariño, 
4ª edición da Festa do Bigote!!!
despois dos fogos, nos faltedes bigotudos!!!+


viernes, 3 de agosto de 2012

Faltan dous días para a Festa do Bigote

Día 4 da semana do Albariño, xa só quedan dous días para unha nova edición da Festa do Bigote... todos contra Super R!!!


miércoles, 1 de agosto de 2012

Outono Capitol Rock Festival 2012

Dende esta semana xa tedes as entradas á venda para a edición do Outono Capitol Rock Festival de Compostela... Rif-Rock colabora co Festival, así que nuns días tamén poderedes ter máis info no noso local.