martes, 31 de diciembre de 2013

Fin de Ano no Rif-Rock: Cuatro Fotos e dj Jaleo!!

Seguramente xa estades todos enterados, pero por si algún aínda non ten plan para esta noite de Fin de Ano, seguro que non atoparedes nada mellor que pasala no Rif-Rock...

CUATRO FOTOS & dj JALEO!! 
unha mestura explosiva!!!

Cuatro Fotos e o seu fotomatón estarán no Rif-Rock!! para que fagades a mona todo o que queirades, fotos, videos, e demáis trasnadas... 
e dende a cabina, a música a cargo de dj JALEO, que moitos anos despois volta coas súas seleccións nesta noite tan sinalada...
e uns cantos dos habituais da nosa cabina tamén se apuntaron para pinchar un rato, así que máis non se pode pedir!
Abriremos a iso das 00:30h. e todo o show estará preparado sobre as 02:30h.!! 
Non vo-lo perdades, festaza asegurada... y lo sabes!! weah!!
e por suposto: FELIZ ANO A TODOS!!


lunes, 30 de diciembre de 2013

The Frowning Clouds "Whereabouts"

Xa hai varias que nos vos recomendamos un álbum, así que para o último 'Album da semana' deste ano apuntamos ben alto. 
Así que imos cunha das nosas bandas favoritas do momento. Saído este mesmo mes, o segundo largo dos australianos The Frowning Clouds, un dos traballos polos que estabamos agardando con máis ganas. "Whereabouts" son 14 temas que continúan a perfección aquel "Listen Closelier"  do 2010 co que marabillaron ó mundo. Con ese rhythm'n'blues de ritmo preguiceiro coma se non tiveran outra cousa que facer, garage de baixa intensidade, ou como eles mesmo dixeron falso jazz, e coma en tódo-los seus temas cunhas melodías que non poderás sacar da cabeza en moito tempo. Discazo para rematar o ano!!

THE FROWNING CLOUDS "Whereabouts"
(Antifade Recs / Saturno Recs, 2013)


faite con Whereabouts no blog Music from OZ.


Foxy Freire no Encontro

Recomendación para esta mesma noite...
se estades ociosos e queredes unha boa liada pre-fin de ano, tedes ós FOXY FREIRE en directo na Cervexería Encontro de Barrantes dende as 22:15h.. 

Descarga de rock 70's con Virxilio da Silva, Paco Charlín e compañía... Non atoparedes mellor plan a golpe de luns!!



domingo, 29 de diciembre de 2013

Sáb 4: Marinocha en... Guerrilla Girls!!

O próximo sábado teremos a primeira sesión do 2014, e coma é habitual nos últimos anos, a encargada será Marinocha, para comezar ben forte, apuntade o sábado 4 de xaneiro, en plan Guerrilla Girls... Über Alles!!


sábado, 28 de diciembre de 2013

descarga Black Grooves!!

E para ir rematando o ano e que non se nos acumule o traballo, aquí tedes xa a sesión de onte mesmo, a última sesión para descargar, da última entrega do ano da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! cunhas cantas versións moi curiosas. O ano que ven máis Black Grooves!!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!" (NSFSeries Vol.16)
(sesión Rif-Rock 27 decembro 2013)


viernes, 27 de diciembre de 2013

esta noite... Black Grooves!!


"Free Angela and All Political Prisoners" documental sobre Angela Davis

Xa que o cartel da sesión de hoxe das Black Grooves vai ilustrado coa mítica Angela Davis, ven perfecto recomendarvos o documental que este mesmo ano se estreou coa súa historia: Free Angela and All Political Prisoners de como unha xove profesora de UCLA e activista política se veu implicada nun secuestro, tiroteo, mortos... e pasar a estar na lista dos 10 máis buscados polo FBI nos tempos de Nixon. Unha figura imprescindible na loita dos dereitos civís da nación negra nos USA.
Ademáis, toda a banda sonora do documental está composto e seleccionado por Vernon Reid, de Living Colour. Non vo-lo perdades!!

Free Angela and All Political Prisoners.
dir: Shola Lynch
USA 2013, documental



jueves, 26 de diciembre de 2013

Singles2013 o sábado 11 de xaneiro

Xa temos cartel para sesión que sempre adicamos a repasar do ano anterior. A sesión Singles2013 será o sábado 11 de xaneiro con Kurco Vs. Munstaphà dende a cabina, unha noite para destripa-los mellores singles, álbumes e bandas do 2013. Para o cartel estivemos a voltas con Bárcenas, Walter White vs Heisenberg e cousas semellantes, pero finalmente aquí tedes a opción gañadora: Nadezhda Tolokónnikova das Pussy Riot.
E dende este fin de semana xa comezaremos a publicar o noso resumo do ano, listas e demáis cacharrada habitual desta época. Podedes seguilo todo na etiqueta singles2013.


última entrega de Libro de Notas


Unha das peores novas que recibimos neste final de ano foi o do fin da web Libro de Notas (ver entrada do 29 de outubro) e a semana pasada publicaron o seu último número. Logo de todo o mes de decembro sen actividade, o venres 20 lanzaron máis de 40 artigos e columnas, todo en orde aleatorio para que poidamos estar ben entretidos unha tempada, logo dunha dura fin de semana e a primeira tanda de festas chegan uns cantos días de normalidade para retomar estas lecturas que quedaron pendentes.

Ademáis vaia por diante que estiven moi tentado a enviarlles unha última columna dos Ventrílocuos Impostores para facer a miña entrega número 45 na web, pero tras varios borradores sempre tiña un tufo a resumo nostálxico e finalmente optei por desistir. Seguro que co tempo me arrepentirei, pero nestes días non quería escribir nada a modo de final... por que eu estou seguro de que Alberto e Marcos xa estarán argallando novos proxectos...

Como colaborador e como lector foi máis que un pracer, gracias xefes!! 

E por suposto, todos vós que leedes esto espero que xa estedes devorando todos eses artigos da última entrega de Libro de Notas.


miércoles, 25 de diciembre de 2013

David Falcón & Sharknados 'Let's Wade in the Water'

Imos a tardar un pouco en subir tódo-los videos do concerto do sábado pasado de David Falcón, no que estivo ben acompañado de uns cantos amigos, asi que alomenos aquí tedes un para calmar ós máis impacientes...
Versión acústica do Let's Wade in the Water de Marlena Shaw, xunto con Andrea Area e Manu Méndez, co que comparte novo proxecto, The Sharknados, e sona así de estupendo...


Germán Coppini

Germán Coppini 
(1961-2013)



en fin de Ano... CuatroFotos & Dj Jaleo!!!


martes, 24 de diciembre de 2013

Bo Nadal!!!

Boas Festas a todos!!! 
e lembrade, esta noite abrimos despois da media noite...


"Commando" autobiografía de Johnny Ramone

Outro libro estupendo por se non vos aclarades cos regalos de nadal! a autobiografía de Johnny Ramone, recén saída en Malpaso Ediciones, que a presentan así:

John Cummings, alias JOHNNY RAMONE (1948-2004), pasará a la historia de la música popular como fundador de una banda empedernida. Una cuadrilla de rufianes, para ser exactos. Antes de ese estruendo había sido un chico con aficiones tan benignas como el lanzamiento de televisores desde azoteas, la destrucción de ventanas a ladrillazos o el derribo de pacíficos viandantes con fines delictivos. El rocanrol lo apartó del mal camino para conducirlo a un éxito que, sin embargo, no borró ni sus raíces ni su agreste chulería. Pasó de las calles a los escenarios conservando intacto el espíritu pendenciero que distinguiría a los Ramones y los llevaría en 2002 al salón donde se exhiben las famas del rock. Dos años después moriría de cáncer: era la tercera baja del grupo.

Johnny nunca economizó hostias y no las escatima en estas páginas, donde asistimos, por ejemplo, al memorable puñetazo que le arreó a Malcolm McLaren por dirigirle la palabra a su novia. Tampoco se ahorra coces para juzgar a algunos músicos ilustres de su tiempo (que acaban despellejados). Commando es la historia de Johnny y la peripecia de los Ramones contadas con la salvaje honestidad de quien jamás se mordió la lengua. El volumen contiene decenas de fotos inéditas y un pintoresco surtido de materiales complementarios: desde una evaluación de los discos ramonianos hecha por el propio Johnny a varias páginas de sus legendarios «libros negros» pasando por unas listas donde consigna sus muy insólitas preferencias. Esta obra no descansa en paz.

John Cafiero & Johnny Ramone
"Commando, La Autobiografía de Johnny Ramone"
(Malpaso Ediciones, 2013)



lunes, 23 de diciembre de 2013

domingo, 22 de diciembre de 2013

David Falcón (& friends)

Estupendo o concerto de onte de David Falcón, un par de horas ben acompañado de amigos para un repertorio no que houbo de todo, xunto con Alberto Chaves, Kike Barreiro e con dous membros da súa nova formación The Sharknados, Manu Mendez e Andrea Area. 
Gracias artistas, e por suposto a todos por vir, así da gusto rematar coa música en directo por este 2013...


viernes, 20 de diciembre de 2013

Sábado 21: DAVID FALCÓN en concerto!!

Mañán (Sábado 21 dec.) volve a música en directo ó Rif-Rock. O protagonista será David Falcón, que repasará moitos dos seus propios temas, e de seguro que moitas versións acompañado de uns cantos amigos. 
Non vo-lo perdades, este sábado dende as 23:30h, o último concerto do 2013!


anteriores concertos de David Falcón

Tamén podedes ir repasando os anteriores concertos de David Falcón no Rif-Rock como solista. Aquí vos deixo os dous, de decembro do 2011 e e maio do 2012:


jueves, 19 de diciembre de 2013

descarga demo de David Falcón (maio de 2012)

Este Sábado volve David Falcón ó Rif-Rock como solista para presentarnos os seus temas en directo, con colaboracións e demáis... pero para ir quentando o asunto aquí vos deixo a mequeta de 6 temas que lle editamos dende o Rif-Rock en maio do 2012 e que pertencían ó seu proxecto Pictures in Stereo

DAVID FALCÓN (demo promo Rif-Rock maio 2012)
[pistas mp3 a 320 kbps + deseños, todo nun rar de 54,8 mb]
descárgao dende mega ou mediafire.






en fin de ano... dj JALEO & CUATRO FOTOS!!

Xa non prolongamos máis a sorpresa... 
Aquí tedes o que estabamos preparando para a noite de Fin de Ano
CUATRO FOTOS & dj JALEO!! 
unha mestura explosiva!!!

Cuatro Fotos e o seu fotomatón ("a fábrica de sorrisos") estarán no Rif-Rock!! para que fagades a mona todo o que queirades, fotos, videos, e demáis trasnadas... 
e dende a cabina, a música a cargo de dj JALEO, que moitos anos despois volta coas súas seleccións nesta noite tan sinalada... 
Abriremos a iso das 00:30h. e todo o show estará preparado sobre as 02:30h.!! 
Non vo-lo perdades, festaza asegurada!!!! weah!!


miércoles, 18 de diciembre de 2013

a primeira sesión do 2014: Guerrilla Girls de Marinocha!!

Aínda estamos pendentes de unha última sorpresa máis para rematar o ano, pero mentres seguimos metendo datas na programación de xaneiro do 2014, e xa temos día para a primeira sesión do ano, e coma é habitual no últimos ano, a encargada será Marinocha, para comezar ben forte o 2014, apuntade o sábado 4 de xaneiro, en plan Guerrilla Girls... Über Alles!!


martes, 17 de diciembre de 2013

Circus Devils "When Machines Attack"

O segundo traballo dos Devils Circus deste 2013 foi "When Machines Attack" é moito máis escuro e contundente, e ademáis ten un formato lineal, de álbum conceptual, todo un relato do apocalipsis através duns persoaxes disparatados cheo de ruidos mecánicos e cambios de ritmo imposibles.
A súa banda sonora perfecta para un filme de terror imaxinario.

CIRCUS DEVILS "When Machines Attack
(Happy Jack Rock Records, 2013)




Circus Devils "My Mind has seen the White Trick"

O outro dos proxectos paralelos de Robert Pollard ó marxe dos GBV son Circus Devils, o que é o seu proxecto máis experimental e menos accesible. Formados xa en 2001 por Robert Pollard e os irmáns Tim e Todd Tobias, e dende entón levan publicados 12 referencias entre álbumes e eps. 
Este ano publicaron dous novos traballos consecutivos no mes de outubro, o primeiro deles foi este "My Mind has seen the White Trick" cheo de pasaxes ambientais que se alternan con ruidismo, bases de free-jazz, temas de histrionismo puro cheos de músculo e potencia, pero no que por riba de todo predominan as letras... atrevédevos cos Circus Devils.

CIRCUS DEVILS "My Mind has seen the White Trick"
(Happy Jack Rock Records, 2013)



Robert Pollard "Blazing Gentlemen"

E a semana pasada chegaba este novo álbum de Robert Pollard, "Blazing Gentlemen". Son outros 16 temas que funcionan como a continuación perfecta do "Honey Locust Honky Tonk", pero con pezas máis elaboradas, máis power-pop, máis guitarreiras, na mellor liña dos GbV, perfecto para ir rematando o ano...

ROBERT POLLARD "Blazing Gentlemen"
(GBV / Fire Recs, 2013)





Robert Pollard "Honey Locust Honky Tonk"

Robert Pollard e os seus Guided by Voices son unha das miñas grandes debilidades. Este ano os GBV nos deixaron un discazo a comezos de ano, e uns cantos 7'', pero mentres agardamos polo seu novo álbum a comezos do 2014, a actividade de Pollard non quedou ahí. Cos Boston Spaceships en descanso, tivo tempo para publicar dous novos álbumes máis en solitario "Honey Locust Honky Tonk" e "Blazing Gentlemen", o recopilatorio "Cock Blocking The Romantics. Happy Jack Rock Records Singles Collection" que recolle os temas publicados por Pollard en 7'' independentes nas súas series mensuais entre 2007 e 2008, e outros dous álbumes cos Circus Devils.

En xullo chegaba este "Honey Locust Honky Tonk" é outra xoia ás que nos ten acostumado, 17 temas en 34 minutos que pasan voando, con guitarras lentas e melodías perfectas, temas redondos, outros como é habitual simples borradores que funcionan á perfección.

ROBERT POLLARD "Honey Locust Honky Tonk"
(GBV, Fire Recs, 2013)


escoitádeo en NewAlbumReleases.


lunes, 16 de diciembre de 2013

este sábado: David Falcón en concerto!!

Este sábado temos cita importante, a última dose de música en directo do 2013 no Rif-Rock, con David Falcón en concerto, e algunhas sorpresas máis que xa ten preparadas. Lembrade, Sábado 21 dende as 23:30h. e con entrada libre coma sempre. Non vo-lo perdades!!


domingo, 15 de diciembre de 2013

Thee Headcouteiros recomendan...

Tremenda a sesión de onte!! todo Billy Childish con The Headcouteiros, xa vos avisaremos da próxima entrega!!. Pero para poñer un pouco de orde, aquí tedes cinco álbumes da carreira de Childish recomendados por cada un dos tres:

os cinco de Comomepos:

The Headcoats "Conundrum
(1994 Super Electro Sound Recordings) 

Billy Childish & Don Melchior "Devil in the Flesh"
(1998, Sympathy for the Record Industry) 

Billy Childish & Holly Golightly "In Blood"
(1999, Wabana Ore Ltd.)

Wild Billy Childish & The Musicians of the British Empire 
"Punk Rock At The British Legion Hall"
(2007, Damaged Goods) 

The Vermin Poets "Poets of England"
(2010, Damaged Goods) 



os cinco de Cacatone:

The Milkshakes "Fourteen Rhythm & Beat Greats"
(1982, Big Beat Records) 

Wild Billy Childish & Big Russ Wilkins "Laughing Gravy"
(1987, Empire Records)

Thee Mighty Caesars "John Lennon´s Corpse Revisited"
(1989, Crypt Records)

Thee Headcoatees "Have Love Will Travel"
(1992 Vinyl Japan)

Wild Billy Childish & The Buff Medways "Medway Wheelers"
(2005, Damaged Goods)


os cinco de Munstaphà:

Pop Rivets "Empty Sounds from Anarchy Ranch"
(1979, Hipocrite Music)

The Delmonas "Delmonas 5!"
(1986, Empire Records)

Wild Billy Childish & The Blackhands "Play: Capt'n Calypso's Hoodoo Party"
(1988, Hangman Records)

Billy Childish "Torments Nest"
(1993, Ay Carramba! Rekkids)

The Chatham Singers & Billy Childish "Juju Claudius"
(2009, Damaged Goods)




viernes, 13 de diciembre de 2013

Sáb.14: Thee Headcouteiros! unha noite adicada a Billy Childish!

Mañán sábado (14 e decembro) vai a ser unha data moi especial. En colaboración coa xente de Comomepós Produccións, imos adicar toda a noite ó mestre, gurú e poeta Billy Childish!! con Comomepos, Cacatone e Munstaphá dende a cabina convertidos en Thee Headcouteiros!. 
E o mellor de todo é que isto só será a primeira de máis entregas...


Billy Childish no escenario






jueves, 12 de diciembre de 2013

Billy Childish vs...



Pintor, novelista, e por encima de todo poeta, Billy Childish o xenio de Chatham que en medio de todo isto aínda tivo tempo para crear un movimento artístico (os Stuckistas!) e tamén publicar máis de 100 discos con estas formacións, que por suposto soarán o sábado, e uns cantos poemas tamén, claro...

Billy Childish / Wild Billy Childish
Thee Headcoats 
The Stuckists
The Vermin Poets 
The Musicians Of The British Empire
The Delmonas 
The Pop Rivets 
Thee Milkshakes
Thee Mighty Caesars
Thee Headcoatees 
Thee Headcoats Sect
Thee Stash 
The Buffets
The Blackhands
The Deltamen
The Singing Loins
The Chatham Singers 
The Chatham Forts (CTMF)
The Buff Medways
The Friends of the Buff Medway Fanciers Association
The Spartan Dreggs
Armitage Shanks

ademáis das incontables colaboracións entre as que destacamos con Dan Melchior, con Holly Golightly, co mítico Sexton Ming ou Big Russ Wilkins.


Poet, painter, singer, dreamer: Billy Childish

E aquí outro reportaxe, xa o último, sobre Billy Childish, para a web do xornal The Guardian, no que o califican como o máis grande e enigmático artista británico...


"Billy Childish, confessions of a Sunday Painter"

Aquí tedes outra reportaxe sobre Billy Childish, tocándo tóda-las súas paixóns... e explica o victorian punk e sobre todo o movimento que mesmo formou, Stuckism!



"Boaters on the Spree" de Billy Childish

Esta peza audiovisual amosa a Billy Childish sinxelamente no traballo, coas mans na masa, pintando a súa seríe 'Boaters On the Spree' un tras doutro, durante un día completo, para a súa exposición "The Soft Ashes of Berlin Snowing on Hans Fallada's Nose" na galeria Neugerriemschneider de Berlin (do 5 de outubro ó 13 de novembro do 2010).

Dirixido por Gustov Claudius para Wild Pig in Whistable en agosto do 2010.



"Wild Billy Childish" reportaxe pola ENTR de Berlin


The Stuckists, o manifesto!

LOS STUCKISTAS
(fundado en 1999)

"Son pegadas tus pinturas,
tu eres pegado!
Pegado! Pegado! Pegado!"
Tracey Emin

Contra el conceptualismo, hedonismo y el culto del ego–artista.

1. Stuckismo es la búsqueda para la autenticidad. Quitando la máscara de la ingeniosidad y admitiendo donde estamos, el Stuckista permite a ello / ella la expresión sin censuras.

2. La pintura es el medio del autodescubrimiento. Contrata a la persona completamente con un proceso de acción, emoción, pensamiento y visión, revelando a todos éstos con íntimos y implacables anchura y detalles.

3. Stuckismo propone un modelo de arte que es holístico. Es un encuentro del consciente y inconsciente, pensamiento y emoción, espiritual y material, privado y público. Modernismo es una escuela de la fragmentación — un aspecto del arte se aísla y se exagera al detrimento del conjunto. Ésta es una distorsión fundamental de la experiencia humana y perpetra una mentira egocéntrica.

4. Artistas que no pintan no son artistas.

5. El arte que tiene que estar en una galería a ser arte no es arte.

6. El Stuckista pinta cuadros porque pintar cuadros es lo qué importa.

7. El Stuckista no se fascina por los premios que brillan, pero es sinceramente enganchado al proceso de la pintura. El éxito para el Stuckista es salir de la cama por la mañana y pintar.

8. Es el deber del Stuckista explorar su neurosis y inocencia con la fabricación de pinturas y visualizarlas en público, de tal modo enriqueciendo a la sociedad dando forma compartida a la experiencia individual y una forma individual a la experiencia compartida.

9. El Stuckista no es un artista en carrera sino algo un amateur (amare, Latín, amar) que toma riesgos en la tela más bien que ocultar detrás de objetos preconfeccionados (e.g. una oveja muerta). El amateur, lejos de estar en segundo lugar al profesional, está en la vanguardia de la experimentación, obstaculizada por la necesidad de ser vista como infalible. Los saltos del esfuerzo humano son hechos por el individuo intrépido, porque ello / ella no tiene que proteger su estatus. Desemejante del profesional, el Stuckista no teme fracasar.

10. La pintura es misteriosa. Crea mundos dentro de los mundos, dando acceso a las realidades psicológicas no vistas en que habitamos. Los resultados son radicalmente diferentes de los materiales empleados. Un objeto existente (e.g. una oveja muerta) bloquea el acceso al mundo interior y puede seguir siendo solamente parte del mundo físico que habita, sea páramo o galería. El arte preconfeccionada es una polémica del materialismo.

11. El Pos-modernismo, en su tentativa adolescente de imitar el listo y ingenioso en el arte moderno, se ha mostrado que se perderá en un cul–de–sac de la idiotez.Cuál estaba una vez un proceso investigador y provocativo (como el Dadaísmo) ha llevado a la ingeniosidad para la explotación comercial. El Stuckista llama para un arte que esté vivo con todos los aspectos de la experiencia humana; se atreve a comunicar sus ideas en el pigmento primitivo; y se experimenta posiblemente como no en absoluto listo!

12. Contra el jingoísmo del Arte Británico y del ego–artista. Stuckismo es un non–movimiento internacional.

13. Stuckismo es anti 'ismo'. El Stuckismo no se convierte en un 'ismo ' porque Stuckismo no es Stuckismo, es stuck!

14. El Arte Británico, al ser patrocinado por Saachis, por el conservadurismo del flujo vigente y el gobierno Laboral, marca una burla de su demanda a ser subversivo o de vanguardia.

15. El esforzar constante de los ego–artistas para el reconocimiento publico resulta en un temor constante del fracaso. El Stuckista arriesga al fracaso voluntariosa y conscientemente por atreverse a transmutar su ideas por los reinos de la pintura. Mientras que el miedo al fracaso de los ego–artistas inevitablemente causa una auto aversión subyacente, los fracasos que el Stuckista encuentra contrata ello / ella a un profundizante proceso que conduzca a la comprensión de la futilidad de todo el esforzarse. El Stuckista no se esfuerza — cuál debe evitar a quién usted es y a donde usted está — el Stuckista engancha con el momento.

16. El Stuckista da para arriba a la tarea laboriosa de jugar juegos de la novedad, del choque y del truco. El Stuckista ni mira al revés ni para adelante pero se engancha con el estudio de la condición humana. El Stuckista aboga por el método sobre la ingeniosidad, realismo sobre la abstracción, contenido sobre el vacío, humor sobre el gracejo y pintura sobre la presunción.

17. Si es el deseo del Conceptualista siempre a ser listo, entonces es el deber del Stuckista siempre a ser incorrecto.

18. El Stuckista se opone a la esterilidad del sistema de la pared blanca de las galerías y llama para que las exposiciones sean sostenidas en hogares y museos mohosos, con acceso a sofás, mesas, sillas y tazas de té. Los alrededores en los cuales el arte es experimentado (más bien que visto) no deben ser artificiales y vacuos.

19. Crímenes de la Educación: en vez de promover el adelanto de la expresión personal con procesos apropiados del Arte y de tal modo enriquecer a la sociedad, el sistema escolar del Arte se ha convertido en una burocracia pareja, cuya motivación primaria es financiera. Los Stuckistas llaman para una política abierta de admisión a todas las escuelas de Arte basada en el trabajo del individuo sin importar su expediente académico, o carencia del mismo.

Llamamos más lejos para la política de entramparse estudiantes ricos y no talentosos del país y del extranjero, que se pare inmediatamente.

También exigimos que todos los edificios de las universidades estén disponibles para la enseñanza para adultos y el uso recreacional de la población indígena del respectivo área de captación. Si una escuela o universidad no puede ofrecer beneficios a la comunidad que invita, entonces no tiene ningún derecho de ser tolerada.

20. El Stuckismo abraza a todo lo que denuncia. Denunciamos solamente el que para al punto de partida — El Stuckismo comienza al punto de parada!

Billy Childish
Charles Thomson
4.8.99

Los siguientes se han propuesto al Departamento de Investigación para la posible inclusión como Stuckistas honorarios:
Katsushika Hokusai
Utagawa Hiroshige
Vincent van Gogh
Edvard Munch
Karl Schmidt–Rotluff
Max Beckman
Kurt Schwitters





miércoles, 11 de diciembre de 2013

o próximo sábado: David Falcón en concerto!

e lembrade, o próximo sábado 21 de decembro, o último concerto do 2013 no Rif-Rock: David Falcón en directo, non vo-lo perdades!!


Jamaican Roots para o 17 de xaneiro

A semana pasada vos anunciábamos gran parte da programación deste mes de decembro2013, incluíndo para o venres 20 a sesión Jamaican Roots, pero coa saturación de cousas que temos este mes (ademáis xa vos podo adiantar que aínda queda algunha cousa máis por anunciar) e como xa estamos adiantando cousas para comezar o ano, deixamos esa sesión xa para o 2014... será o venres 17 de xaneiro, Pure Dynamite!.


martes, 10 de diciembre de 2013

este sábado... todo Billy Childish (Thee Headcouteiros)

Este sábado outra proposta da nosa cacharrería cultural favorita, Comomepos Produccións presenta a Thee Headcouteiros! unha noite adicada ó noso mestre e gurú Billy Childish!! con Comomepós, Cacatone e Munstaphá na cabina, e xa sabedes moito lo-fi...


lunes, 9 de diciembre de 2013

descarga sesión de Marinocha "Über Alles"

E aquí tedes outra máis recente, do 19 de outubro: Marnocha über Alles!!

MARINOCHA "Über Alles"
(sesión Rif-Rock 19 outubro 2013)
descarga ÜberAlles aquí.



descarga sesión de Marinocha "Gas Mask"

E antes de remata-lo ano ahí van un par de sesións de Marinocha que tiñamos pendentes de subir. Esta primeira do 20 xullo, aínda no programa do noso 14º Aniversario, con máscara de gas incluída...

MARINOCHA "Gas Mask"
(sesión Rif-Rock 20 xullo 2013)
descarga GasMask aquí.



domingo, 8 de diciembre de 2013

Lino Silva "La Mosca"

Mentres Lino Silva se recupera do seu accidente, apareceu o xoves en Cambados nunha visita relámpago á inauguración de súa exposición o xoves en ExpoSalnés. Por suposto moi recomendable, pero ademáis serviu de presentación do seu novo libro "La Mosca" un poemario renovado e cheo de ilustracións e pinturas. Apurade a facervos con un, que voan...

viernes, 6 de diciembre de 2013

Revista Luzes

Unha das boas novas deste mes é a saída a rúa dun novo proxecto que xa se viña xestando dende hai algún tempo. A Revista Luzes, dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro. Dende esta semana xa podedes atopa-los exemplares en numerosos puntos de distribución. 


Toda a info da publicación na web (
revistaluzes.com) e tamén podes seguila no seu facebook.

Se vos sirve, este é o seu manifesto:

<<Estamos un tanto ás escuras. Cada sociedade, en cada momento, ten a súa visión do mundo, que se concreta nunha literatura, nunha música, nuns medios de comunicación. Un periódico, a prensa, dicía Arthur Miller, é unha nación mirándose a si mesma. Nós pensamos que o que vemos non nos gusta, ou nos nos recoñecemos niso. Quitado a quen lle interese a capacidade dalgunha xente de chegar ás máis altas cotas da miseria con tal de expoñela ante centos de milleiros de persoas. Ou a quen lle preste a habilidade das clases dirixentes de contrarrestar as propias carencias poñendo en evidencia as dos rivais.
Pretendemos unha publicación que recolla a mellor tradición do xornalismo. Aquel que estabelece que as historias hai que contalas tal como foron e co alento que se precise, non como conveña ou onde caiban. Que os temas que hai que tratar non son os que interesan aos editores nin aos periodistas, senón aos lectores, que son os verdadeiros donos dun medio de comunicación. Pero tamén sabemos que nós somos como somos, e o que pretendemos non é satisfacer a demanda do que xa se quere, senón incrementar a oferta do que non hai. Prendamos as Luzes do xornalismo>>.


jueves, 5 de diciembre de 2013

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Sáb 21: DAVID FALCÓN en concerto!!

E para o final deixamos a dose de música en directo deste mes. 
Será o sábado 21 de decembro, con David Falcón como protagonista e algunha sorpresa máis que xa está preparando. 
Sábado 21 dende as 23:30h. e con entrada libre coma sempre...


Ven.27: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!


martes, 3 de diciembre de 2013

Ven.20: Jamaican Roots

Xa facía moito tempo que non facíamos unha sesión adicada ós vellos son xamaicanos, será o venres 20, Jamaican Roots, pure Dynamite!: ska, rocksteady, dunk, dub... e moito Laurel Aitken...


Sáb.14: Thee Headcouteiros, todo Billy Childish!

E seguimos adiantándovos a programación deste mes...
O Sábado 14 teremos unha nova proposta da man de Comomepós Produccións: Thee Headcouteiros! toda unha noite adicada ó xenio Billy Childish, con Comomepós, Cacatone e Munstphá, no que promete vai se-la primeira entrega dunha serie...


domingo, 1 de diciembre de 2013

XXV Purple Weekend

Se aínda estades facendo plans para unha escapada na ponte de decembro, eu vos recomendaria como tódo-los anos o Purple Weekend de León, e máis este ano que chegan á súa XXV edición, cos Black Angels e The Attention, pero sobre todo por Lala Brooks acompañada dos Allnight Workers!!