lunes, 30 de diciembre de 2013

The Frowning Clouds "Whereabouts"

Xa hai varias que nos vos recomendamos un álbum, así que para o último 'Album da semana' deste ano apuntamos ben alto. 
Así que imos cunha das nosas bandas favoritas do momento. Saído este mesmo mes, o segundo largo dos australianos The Frowning Clouds, un dos traballos polos que estabamos agardando con máis ganas. "Whereabouts" son 14 temas que continúan a perfección aquel "Listen Closelier"  do 2010 co que marabillaron ó mundo. Con ese rhythm'n'blues de ritmo preguiceiro coma se non tiveran outra cousa que facer, garage de baixa intensidade, ou como eles mesmo dixeron falso jazz, e coma en tódo-los seus temas cunhas melodías que non poderás sacar da cabeza en moito tempo. Discazo para rematar o ano!!

THE FROWNING CLOUDS "Whereabouts"
(Antifade Recs / Saturno Recs, 2013)


faite con Whereabouts no blog Music from OZ.


No hay comentarios: